2020 : CENTENARIO DA APARICIÓN DA REVISTA NÓS

O 30 de outubro de 1920 editouse en Ourense o primeiro número da Revista Nós (Revista mensual da cultura galega, órgao da Sociedade Galega de Pubricaciós Nós). Estamos, xa que logo, a celebrar o primeiro centenario desta publicación, o fito cultural máis importante para a cultura galega do S XX.

A revista estaba ligada ao pensamento nacionalista e contaba con contidos maioritariamente ligados á cultura galega. Así en Primeiras verbas (O editorial do primeiro número) Podemos ler:

“É a ansia qu’oxe sinte Galizia de vivir de novo, de voltar ó seu ser verdadeiro e inmorrente, a evidencia lumiosa do mañán, o que nos fai sair… Os colaboradores de Nós poden ser o que lles pete… con tal de que poñan por riba de todo o sentimento da Terra… a orgulosa satisfaición de seren galegos.”

Seguir lendo

CASTELAO E NÓS. CASTELAO EN PONTEVEDRA

Non vai ser o noso cometido realizar aquí unha exposición e/ou análise da vida e obra de Castelao polo miúdo. Non é que esta figura tan sobranceira da nosa cultura non dea para escribir libros enteiros, como de feito xa se fixo, senón que pensamos que non é esta nin a ocasión nin o lugar para facelo. De todos xeitos os que vos quededes con ganas de saber máis podedes acudir a unha copiosa bibliografía sobre o escritor, artista gráfico e político que saciará a vosa curiosidade.

O motivo de que nos ocupemos del reza ben no título.

Ler máis

Manuel Lastra Galiano

Manuel Lastra Galiano

Profesor de galego

Son Manuel Lastra Galiano. Nacín hai case sesenta e un anos en Salcedo, ao lado de Pontevedra.

Sempre me gustou a literatura polo que decidín estudar Filoloxía e facerme profesor. O curso pasado puxen fin á miña etapa de docente despois de exercer durante trinta e sete anos, trinta deles no IES Valle Inclán desta cidade.

Penso que a xubilación non debe implicar o cese da vida activa. Ao contrario, agora podo dedicarme á realización de moitas actividades lúdicas e culturais que tiña aprazadas pola falta de tempo.

A publicación deste blog responde a esta ansia de manterme activo. Xunto cos meus compañeiros, espero que as propostas que vos fagamos sexan do voso agrado.

Relato O gato

máis artigos

♥♥♥ síguenos ♥♥♥