Non é doado  facer unha análise improvisadamente do porqué EE. UU. chegou á situación á que chegou o día 6 de xaneiro coa  toma do Capitolio, cando se estaba certificando a vitoria de Biden na Cámara dos Representantes e unha auténtica turba enlouquecida, disposta ao peor,  asaltouno.

Trump o instigador desta máis que fanfurriñada, anima a esta turba para el poder seguir no poder; engana á citada turba co conto da fraude nas eleccións, xa que se demostrou por vía xudicial que o proceso electoral non tivera ningunha mancha que opoñer ao resultado das urnas. Obviou a Constitución dunha forma imperturbable, cunha cara dura que pon os  pelos de punta a calquera persoa.  

 Por se fose pouco, non esperou á toma de poder do vencedor das eleccións e marchou para a súa residencia privada en Florida.

 

A primeira pregunta que é lóxico facer, é : Como este home, tan narcisista, tan primario  cunha personalidade patolóxica, pode chegar a ser presidente dos EE. UU.? A resposta  temos que ir buscala aos anos setenta que foi cando se produciron cambios na sociedade norteamericana coa implantación dun neoliberalismo atroz, na que se adelgaza o estado social e se dá renda solta a un individualismo comercial, negociante, insolidario socialmente, e  anos máis tarde, a unha globalización desapiadada, que analizaremos un pouquiño máis abaixo.

A linguaxe corporal delata de forma clara e concisa a Trump, persoa autoritaria ao máximo, un home sen unha visión panorámica mínima da vida política, un ser ambicioso, que despreza a prensa, que nega a existencia do coronavirus e que non toma a máis mínima medida contra esta tremenda pandemia, que rexeita o cambio climático, a OMS, o Tratado de Libre Comercio,  a apertura que existía no eido nuclear con Irán, tamén a apertura existente cara a Cuba, que protexe a Arabia Saudí, mantén  tormentosas  relacións con diversos países e que anula a Corte Penal Internacional, a que quere erixirse nunha xustiza universal.

Unha das cousas deste patolóxico  personaxe que estarrece a xente con sentido común é a súa obsesión polo logro  dunha extrema dereita mundial. Unha infraestrutura baixo a dirección dun personaxe como Steve  Bannon, encargado de intentar réximes de extrema dereita a nivel planetario, léase Hungría, Polonia, Brasil… e así mesmo partidos políticos semellantes  a Vox  en España.

 O seu discurso é extremadamente xenófobo, coa maioría dos votos procedentes da esfera masculina, xa maduros, obreiros principalmente brancos procedentes do campo. Son as vítimas da globalización, sen reconversión profesional posible e que quedaron á intemperie -polo tanto moi manexables para un personaxe tan demagogo como Trump-  a súa frustración foi alentada polo magnate  contra as minorías negras  ou latinas, contras as  que  se desatou un odio  que levaba a acusalas de sacarlles o traballo.

A supremacía branca foi  a que desencadeou  unha gran persecución psicolóxica, unha gran repulsa sen precedentes e o colmo da crueldade contra estas minorías afroamericanas e latinas foi a construción do famoso muro na fronteira de México, visitado por Trump o día antes de marchar para comprobar como ían as obras. Maior crueldade non é posible!

Nunha entrevista ao famoso  sociológo e lingüista Noam Chomsky da que se fai eco a revista dixital CXT,  este argumenta o seguinte:

“Hace 15 años escribí un libro titulado Estados fallidos, que se centraba sobre todo en Estados Unidos, pero que generalizaba sobre otras sociedades occidentales. Lo que han hecho, bueno, antes ya tenían muchos problemas, pero lo que ha hecho occidente en los últimos 40 años es participar en un proyecto, que está muy bien para las personas que lo han diseñado, de hecho, ellas viven en el paraíso, pero que es un desastre para casi todos los demás. Se llama neoliberalismo. En los años 70 prosperó realmente con Reagan y Thatcher. El diseño estaba bastante claro desde el principio, como podemos ver en los resultados actuales, que son muy parecidos a lo que ellos adelantaron. La riqueza se ha concentrado hasta unos niveles extraordinarios, mientras que la población en general se ha quedado estancada, degradada. Por ejemplo Estados Unidos, donde actualmente un 0,1%, no un 1%, sino un 0,1% posee un 20% de la riqueza, y aproximadamente la mitad de la población tiene un patrimonio neto negativo, es decir, más pasivos que activos, así que más o menos un 70% vive al día, de nómina a nómina. Si se produce cualquier imprevisto, pues mala suerte. Las prestaciones también han disminuido considerablemente”

Non cabe dúbida de que a concentración de riqueza nunhas clases determinadas produce uns lobbys que exercen unha enorme presión sobre os gobernos correspondentes que ceden ante a súa forza, o que supón  que o verdadeiro poder non está na clase política dirixente. Os sindicatos non teñen implantación sólida xa que a lexislación norteamericana está deseñada para eliminar os dereitos laborais e construír un espazo global no que as nacións fican difuminadas na súa operatividade social de certa xustiza distributiva, o que viría ser a  socialdemocracia antes do final da Guerra Fría, especialmente en Europa.

O verdadeiro paso á globalización prodúcese despois da Guerra Fría.  A grande burbulla tecnolóxica ten lugar na etapa de Clinton na  Casa Branca e fai desaparecer os ciclos económicos. Os atentados do 11S, no mandato de George Bush, producen un cambio total cara á globalización e diríxense a unha sociedade da mentira ben feita, que se deu en chamar  “posverdade”, unha sociedade baseada na emoción do instante, que Busch, Clinton e Obama foron acentuando progresivamente; foise pasando da reflexión da realidade “ ao conto do relato” desde as técnicas dos poderes políticos e económicos.

Todo isto produciu unha alta desigualdade social mediante o mercado libre dos inversores a nivel global, o que hoxe se denomina os fondos voitres.

 O 20% da poboación, a rica, a dos fondos voitres, a  do armamento militar, a dos grandes negocios dos seguros privados -xa que en EE. UU. non existe a Seguridade Social-, a dos negocios de provocar guerras e xustificar o armamento militar para usar   nesas guerras e volver de novo a fabricar máis armamento  para  usar nas mesmas e en novas guerras e así mesmo para vendelas;  o negocio, grande negocio, das armas persoais da cidadanía -xa que hai liberdade total para quen queira levalas-. Todo isto e máis dá lugar a esa sociedade do 0,1%  que dispón do 20% da riqueza do país e que paga  o contribuínte de a pé  por medio de impostos fiscais  elevados .

Ao mesmo tempo que ese 20% vive nunha burbulla elitista e financeira, o 80% da poboación vive francamente mal, sen apenas dereitos laborais, sen Seguridade Social, en auténticos nichos de pobreza inasumibles e moi enganada, dirixida pola “posverdade” o que lle quita  o poder de emancipación intelectual e profesional; existe paro, moito traballo precario e moita xente que  depende da caridade. Unha parte significativa da sociedade  é inculta e está “colonizada” por unha proliferación de seitas relixiosas .

A mencionada sociedade do 80% é o caldo de cultivo para un gran farsante demagogo, un poderoso adiñeirado con grandes negocios inmobiliarios, para enganar a cidadanía e facerse co poder   na Casa Branca, coa presidencia dos Estados Unidos.

 Roberto Montoya, periodista e escritor, un dos asesores de Viento Sur,   transcribe uns  fragmentos do discurso de Trump o día da súa toma  de posesión  como Presidente de EE.UU, o 20 de novembro de 2017:

 “Washington floreció, pero la gente no compartió esa riqueza. Los políticos prosperaron, pero se perdieron trabajos y las empresas cerraron. El ‘establishment’ se protegió a sí mismo, pero no a los ciudadanos de nuestro país.

Las victorias de ellos no fueron las victorias de ustedes; los triunfos de ellos no fueron sus triunfos; y mientras ellos celebraron en la capital de nuestra nación, las familias con dificultades económicas tenían poco que celebrar en todo nuestro país.

 Todo eso cambia aquí mismo y ahora mismo, porque este momento es su momento: les pertenece a ustedes. Les pertenece a todos los que se reunieron hoy aquí y a todos los que nos ven a lo largo de Estados Unidos. Los hombres y mujeres olvidados de nuestro país ya no serán olvidados. Todo el mundo los escucha ahora”

 A estratexia de Trump tivo como obxectivo colonizar a mente do 80% da xente e seguramente porán en marcha, el e os seus fieis, un gran movemento que se especula que pode chamarse o Partido Patriota.

Xa sentado na Casa Branca, Biden ten unha papeleta moi difícil para que poida voltar a serenidade a EE. UU. Non podemos esquecer que o novo presidente está na política desde que tiña apenas trinta anos, que foi vicepresidente con Obama oito anos e que se  implicou  na guerra de Irak. En resumidas contas,  é unha persoa do establishment e polo tanto contribuíu a crear un EE. UU. con fortes desigualdades sociais,  unha sociedade dividida, moi perigosamente polarizada.

  Que van facer Biden e o seu equipo?  Desaparecerá o trumpismo?  Non volverá? Biden procurará facer unhas reformas para intentar calmar as augas, porque non se cre que aplique as políticas da súa á esquerda, onde está Sanders, xa que implicaría ir contra os grandes negocios consolidados desa minoría do 0,1% .

Estaremos atentos.

                                                                                     José Cerdeira Soto

Webgrafia:

https://www.infolibre.es/noticias/opinion/plaza_publica/2021/01/18/la_traicion_democracia_115509_2003.html

https://vientosur.info/ya-esta-trump-se-fue-y-ahora-que/

https://www.elviejotopo.com/autor/carlos-fazio/

https://www.cuartopoder.es/ideas/opinion/2020/11/10/perdio-trump-biden-no-gano-es-la-geopolitica-manolo-monereo/

https://www.infolibre.es/noticias/opinion/plaza_publica/2021/01/21/los_significados_trump_115635_2003.html

https://vientosur.info/capitolio-fascismo-humo-y-alternativa/

https://www.infolibre.es/noticias/opinion/columnas/2021/01/20/go_hell_trump_115663_1023.html

https://www.infolibre.es/noticias/comunicacion_politica/2021/01/22/biden_sepulta_era_trump_siete_claves_discurso_para_historia_115739_2022.html

https://www.infolibre.es/noticias/opinion/columnas/2021/01/20/los_votantes_trump_empiezan_dejar_apoyarle_115682_1023.html

https://vientosur.info/estados-unidos-la-democracia-que-nunca-fue/

https://vientosur.info/

 

Historia de vida José Cerdeira

máis artigos

♥♥♥ síguenos ♥♥♥