Seleccionar página
GranerO Delmas por Ana Santos

GranerO Delmas por Ana Santos

GranerO Delmas

Pilar Delmas Filgueira

O sábado 10 de abril inaugurouse O GranerO Delmas, un espazo Coworking creativo no centro da cidade nas Galerías Oliva nº2, local 15.

Pilar Delmas Filgueira é a responsable desta iniciativa que ten a intención de recuperar o impulso do arte, da creatividade e da cultura nun espazo cómodo no acceso.

O GranerO Delmas conta con diferentes espazos, na parte superior para facer obradoiros e charlas e na parte inferior para traballar en grupo ou individualmente, posúe ademais un espazo para a fotografía e moitas paredes para expoñer obras dos artistas que queiran. 

Estes días pódesen ver obras e tamén adquirilas de artistas como Carmen Hermo, Antón Sobral, Marisa Codón Vega, Tino Canicoba, Soledad Pite, Pedro Ávila, Alberto Pena ou a propia Pilar Delmas.

Se queres máis información do coworking podes escribir un correo electrónico a Pilar Delmas a granerodelmas@gmail.com

,Quen é Pilar Delmas Filgueira ?

Pilar é unha muller que tiña xa claro desde os 4 anos, que o seu era o arte e soñaba cun espazo como o que acaba de inaugurar. Estudou en Madrid na Escola de Artes Aplicadas e Oficios Artísticos da rúa La Palma. Afincada en Pontevedra desde 2004, é tamén pintora e restauradora.

O seu traballo sempre estivo relacionado coas artes plásticas pero ao chegar a Pontevedra viuse un pouco perdida de aí xurdiu a idea de crear un espazo que funcionase como un punto de encontro para creadores.

Ana Santos Solla

Ana Santos Solla

Profesora de Educación Física

Nacín en Pontevedra no ano 1960, miña infancia estivo moi ligada a Santa María de Xeve, a terra da miña nai, son a terceira de 8 irmáns, a maior das rapazas, a máis vella como me dicían de pequena.

Sempre me gustou o deporte e estudei INEF en Madrid, estiven 34 anos no IES Valle Inclán impartindo Educación Física, alí foi onde coñecín ao resto dos meus compañeiros que agora me acompañan neste proxecto. Decidín xubilarme para dar un novo rumbo á miña vida e levar a cabo este tipo de iniciativas como @ devellabella que pretende que o envellecemento activo convértase en embelecemento persoal e poder achegar a miña experiencia nesta etapa da vida. Defínome como docente vocacional e gústame participar en proxectos que me inspiren e motiven. Nós os maiores aínda temos moita guerra que dar, espero que este blogue motívevos a querer colaborar connosco.

máis artigos

Do 19 ao 25 de abril 2021

Do 12 ao 18 de abril 2021

Do 5 ao 11 de abril 2021

Do 29 de marzo ao 4 de abril 2021

Do 22 ao 28 de marzo 2021

Do 15 ao 21 de marzo 2021

Elena Ramos Rascado por Ana Santos

Antonio Lois Pérez

Xosé Manuel Gulías Márquez

Carmen Varela Villamarín

♥♥♥ síguenos ♥♥♥

Mª Xesús López Escudeiro por Ana Santos

Mª Xesús López Escudeiro por Ana Santos

Coincidín con Mª Xesús nunha viaxe a Francia. Ela ía co seu instituto, A Xunqueira I, e fiquei marabillada cos relatos das súas Viaxes, en especial dunha que fixera a Vietnam.
María Xesús López Escudeiro naceu en Santiago de Compostela en 1950.
Foi a única muller entre cinco irmáns e sempre botou en falta unha irmá.
Máis tarde sabería que, antes dela nacer, a súa nai tivera unha nena que morreu de meninxite e que levaba o seu mesmo nome.
O seu pai era militar e a familia materna era moi relixiosa, pero a nai non quixo que a nena fosé a colexios de monxas.
Aprendeu as primeiras letras na escola de Socorrito, na rúa de Santa Cristina. Despois andou na de dona Emma, unha escola feminina cuxo referente masculino era o Peleteiro. Os constantes abusos por parte das profesoras, os castigos físicos e as expulsións ao corredor ás alumnas fixeron que a nai optase por cambiala para o IES Rosalía de Castro onde faría a preparatoria e todo o bacharelato.

Era boa estudante e a súa materia preferida eran as matemáticas, pero en quinto tivo que elixir entre ciencias ou letras e unha mala experiencia cos profesores de matemáticas e física fixeron que se inclinase polas letras. Mesmo un profesor de filosofía, Gonzalo Anaya, dicíalle á nai que fose por ciencias que era moi boa alumna.

A nai non quixo que a nena fora a colexios de monxas

María Xesús López Escudeiro

Ese profesor, Gonzalo Anaya, marcouna de maneira especial porque non era o típico academicista. Facía razoar ás alumnas e que abriesen as súas mentes. Firme defensor dos ideais da ILE, facía das súas clases unha aula de aprendizaxe para a vida. Lembra que en clase de lingua, con Balduino (alcume cariñoso das alumnas) había campionatos de busca rápida de palabras no dicionario e que sempre gañaba ela, menos unha vez na que o profesor a ridiculizou cando respostou “billa” á definición de “grifo” que el acababa de dar. Na súa casa sempre se lle chamaba “billa” ao “grifo”.

Quería estudar psicoloxía pero debía desplazarse a Salamanca e optou por filosofía e letras. A súa nai quería que fixese maxisterio e empezouno examinándose por libre. Estudou os dous anos de comúns de filosofía e letras e xa en terceiro decantouse por filoloxía francesa.

Tamén empezou a viaxar a Francia nos veráns, a primeira vez a un campamento de traballo en Carcassonne onde viaxou coa súa amiga Conchita.

Na casa Dixo que ía a un curso coas monxas. No campamento non aprendeu nada de francés pero serviulle para abrir a mente en moitos sentidos.

Os dous veráns seguintes foi de au pair cunhas familias de París que veraneaban unha na Rochelle e outra na Bretaña. Alí aproveitaba para ler libros do curso seguinte. Lembra Moderato Cantabile e L’amant, ambos de Marguerite Duras. Era inmersión lingüística total xa que convivía as vintecatro horas coa familia francesa.

Ao final do verán, ao rematar o traballo, ficaba uns oito días en París con tres amigas, para disfrutalo e coñecelo a fondo. Como non tiñan moito diñeiro vivían na casa dunha coñecida que lles prestaba unha portería pero tiñan que acceder a ela de noite.

Ao rematar a carreira, foise de lectora a Blois, no val do Loira, ao lycée Augustin Thierry. Alí estivo un ano e pediu e foille concedida unha prórroga, pero renunciou e volveu para comenzar a traballar como profesora nun instituto: ao final de outubro de 1973, unha amiga comentoulle que había unha praza en Ondarroa, Bizkaia, e que se quería ir. Foi e Estivo dous anos moi feliz, mais sempre pensando en voltar á terra.
Un feito que asombrou a súa estadía en Bizkaia foi o asasinato a mans da garda civil de Luis Arriola o 24 de maio de 1975 (enlace á notícia), un alumno cuyo único delito era ir pola rúa cantando en euskera. Eses anos foron moi intensos e mudaron a súa visión do nacionalismo.

En octubro do 75 enteirase de novo por unha amiga da existencia dunha praza en Monforte e como xa empezaran as clases tivo que pedir o traslado. Foille concedido e, despois dun tempo en que a praza foi ocupada por outra profesora, puido por fin dar as súas clases. Ao ano seguinte aprobou as oposicións e foise para Sarria porque xa o amor chamara á súa porta.
Coñeceu a Alberto na presentación da revista Cuadernos de pedagogía organizada polo sindicato do ensino UTEG (Unión de traballadores do ensino galego). Ela non tiña coche e el ofereceuse a levala ata Sarria e aí xurdiu o frechazo. Pasaron once anos en Sarria onde el era profesor de bioloxía e ela de francés. Alí aprendeu a valorar a riqueza do interior de Galicia, as paisaxes de montaña en toda a súa inmensidade. Tiñan unha asociación cultural, Ergueitos, que foi pioneira na iniciación ao coñecemento dos cogomelos. Tiñan tamén un teatro de guiñol e contaban cun guía de excepción, O poeta Manuel María, nas diferentes excursións que organizaban pola zona. El ofrecíase de xeito desinteresado sempre que llo pedían. Desde entón conservan lazos de amizade coa xente de alí.

Entre os anos 2017 e 2019 dirixiu o programa Vivas e visibles, organizado pola concellaría de igualdade. Tamén o comisariado da exposición Esquecidas, con Jaime Félix López Arias. Isto foi moi gratificante porque era a primeira vez que se organizaba en Sarria un programa deste tipo.
Como o seu pai, xa viúvo, estaba a fazerse maior, decidiron aproximarse a Santiago. Obtivo primeiro praza en Carril, onde estivo dous anos e despois, en Pontevedra, no IES Xunqueira I. Tardou en incorporarse á vida social de Pontevedra porque todos os fins de semana os pasaba en Santiago, pero recoñece que Pontevedra sempre lle gustara. Os seus pais casaran en Santa María e adoraba o casco histórico.
Entre os anos 2001 e 2007 exerceu como Concelleira polo BNG no Concello de Pontevedra nas áreas de Cultura, Educación, Normalización lingüística e Igualdade. Como non quería renunciar ao ensino, estivo compaxinando ambas funcións ata que chegou un momento en que xa non puido e decidiu deixar o ensino. Tamén polo BNG foi delegada da Xunta de Galicia en Pontevedra, levando Patrimonio e Cultura e deportes desde 2007 a 2009. Despois volveu ao instituto ata a xubilación en 2013.
Desde entón participa no programa Memoria das mulleres, do Concello de Pontevedra. En 2015, Xunto con Helena Torres e Montse Fajardo elaborou a exposición Do Gris ao Violeta. Actualmente dirixe o roteiro Pontevedra en feminino e imparte charlas sobre As mulleres pioneiras, heterodoxas e rebeldes.
A xubilación supúxolle non ter horários, viaxar e levar a vida ao seu ritmo. Aínda que lle gustaba moito o ensino recoñece que agora tamén está moi ben. Ten tempo para ler, ir ao cine, gozar das amizades, etc.
O primeiro que fixo ao se xubilar foi ir á Arxentina un mes cunha amiga, unha viaxe que desexaba moito facer. Segue estando no BNG, pero colaborando en segunda liña. Di que hai que deixar sitio para as novas xeracións que aporten ideas innovadoras.
Un libro que lle gusta é Lecturas fáciles de Cristina Morales ou Carrusel de Berta Dávila e, por suposto, Follas novas de Rosalía De Castro.
Unha película, O que arde, de Óliver Laxe
Da mocidade de hoxe en día di que ten máis acceso á información, pero que deben saber facer un bo uso dela.

Come mellor desde que ten máis tempo para ela e como restaurantes recomenda O Saudade e O Padal da Santiña.
Camiña todos os días unha media dunha hora e gústalle facelo soa. Tamén lle gusta ir á Praia e ás clases de Pilates que tivo que deixar por vertixe. Agora a única actividade con horario fixo que ten son as clases de pandeireta.
Acabamos o noso café no Carabela, un lugar tranquilo que lle gusta moito. Chus é unha persoa comprometida co feminismo, coa memoria histórica e co nacionalismo. Autora de publicacións sobre a didáctica da língua francesa, estivo na directiva da Asociación de profesores de francés de Galicia.
Quen diría que non naceu aquí? Eu creo que Pontevedra xa ten Filla adoptiva. Grazas por compartir comigo esta mañá e, aínda que penses non merecelo, a túa vida interésanos e inspíranos.

máis artigos

Do 19 ao 25 de abril 2021

Do 12 ao 18 de abril 2021

Do 5 ao 11 de abril 2021

Do 29 de marzo ao 4 de abril 2021

Do 22 ao 28 de marzo 2021

Do 15 ao 21 de marzo 2021

Elena Ramos Rascado por Ana Santos

Antonio Lois Pérez

Xosé Manuel Gulías Márquez

Carmen Varela Villamarín

♥♥♥ síguenos ♥♥♥

Do 19 ao 25 de abril 2021

Do 19 ao 25 de abril 2021

«O demo entre as pernas» 

19

Luns/Abril

O demo entre as pernas Arturo Ripstein 2019 – 147′

Todos os días Beatriz é vítima de insultos, vexacións e humillacións por parte do seu celoso esposo, pero non foxe do seu lado porque crearon unha codependencia e, polo menos ela, non concibiría a súa vida doutra maneira. A muller, a forza de sentirse vexada, sente desexada e sobre todo desexable. Quere comprobalo. Por iso unha noite sae de casa sen rumbo algún cun só propósito: sexo. O seu regreso a casa desata a hecatombe.

As 19:00 VOSE  Auditoro Municipal da praza do Rei

Cineclube Lumière

«Luz obscura» 

20

Martes /Abril

Luz obscura Susana de Sousa 2017 – 77’

Cantos membros dunha familia vense arrastrados pola rede da policía política tras o arresto dun prisioneiro político? Como se lle dá forma a alguén que desapareceu sen ter unha existencia histórica? Tomando como punto de partida as fotografías feitas pola policía política portuguesa (1926-1974), Luz escura pretende mostrar o efecto que ten un sistema autoritario na intimidade dunha familia, revelando á vez áreas de opresión que moldean o presente.

As 20:30 VOSE  77′

Teatro Principal

«Bel canto» 

20

Martes /Abril

Bel canto Paul Weitz 2018 – 102’

Unha cantante de ópera mundialmente coñecida é secuestrada como refén, xunto a outras persoas, cando un rico empresario xaponés convídaa a actuar para el en Sudamérica

As 19:00 VOSE  

Auditorio Municipal do Concello de Vigo

«Hvítur Hvítur Dagur» 

21

Mércores /Abril

Hvítur, hvítur Dagun (un branco, branco día) Islandia 109’ 2019

Nunha remota cidade islandesa, un xefe de policía retirado comeza a sospeitar que un home tivo un romance coa súa esposa, quen recentemente morreu nun accidente automobilístico. Aos poucos, a súa obsesión por descubrir a verdade acumúlase, mentres comeza a poñerse en perigo a si mesmo e aos seus seres queridos  

As 19:30 VOSE  109′

Cineclube Ádega

«Un vrai bonhomme» 

28

Venres/Abril

Tom, un adolescente tímido e sensible, chega novo a un instituto. Para axudarlle a integrarse, decide escoitar os consellos de Léo, o seu irmán maior e un verdadeiro mestre. Léo está decidido a facer de Tom un tío enrolado, pero o seu omnipresencia vólvese rápido unha carga negativa.

En el auditorio municipal de Vigo

Gratuito hasta completar el aforo.

«Campo de sementes”

15

Xoves| Abril

A Facultade de Belas Artes de Pontevedra continúa celebrando o seu 30 aniversario coa colectiva «Campo de sementes» na Fundacion Rac Roson Arte Contemporaneo, onde participa o profesorado máis novo da facultade con docentes de longa carreira.
Artistas: Xoan Anleo, Mª Covadonga Barreiro, Natividad Bermejo, Marcos Covelo, Basilisa Fiestras, Elena Lapeña, Juan Carlos Meana, Marina Núñez, Juan Carlos Román, Javier Tudela.
Comisarios: Xosé M. Buxán Bran e Sara Donoso.
Lugar e datas: Fundación Rac. (C/ Padre Sarmiento, 41 Pontevedra) Do 15 de abril ao 14 de maio de 202. De mércores a venres de 16.30 a 20.30 horas
Toda a info na web!!

De mércores a venres de 16:30 a 20:30

Fundación RAC

«4 Proxectos”

12

Luns| Abril

Mónica Alonso (A Fonsagrada, Lugo, 1970) centra a súa primeira mostra individual no MARCO nunha única peza, baixo o título A maxia do colibrí. 6 casos desesperados. Unha obra que naceu en 2015, durante a estadía da artista en México, e que precisou de todo este tempo para madurar, escribirse e reescribirse. Nese ano Alonso presentou en México a obra O colibrí vermello, que está no xerme deste proxecto, vencellado coas historias e rituais máxicos asociados ao colibrí nas culturas precolombinas, e moi en liña co interese da artista sobre as relacións entre ciencia e superstición.

Sobre o seu proxecto específico para o MARCO, sinala Rosendo Cid: “A partir do título albíscase a intención chave deste proxecto expositivo, desviándome do meramente descritivo para afondar no feito mesmo de todo acto creativo como mero ocorrer, como acontecemento, sendo consciente de todo aquilo que aconteza antes de que a peza estea completada pero que igualmente está implícito cando se finaliza.”

Salvador Cidrás (Moaña, 1965) e Juan Cidrás (Vigo, 1968) forman, dende 2015, un colectivo artístico que investiga o medio cerámico e téxtil dende unha perspectiva escultórica e pictórica, respectivamente. “O noso traballo céntrase na forma e o concepto de ‘aberrante’, aquilo que se aparta do que se considera normal, natural ou correcto, en oposición ao que se aferra –a convención– ou o que é formal. As pezas maniféstanse capaces de establecer relacións entre elas e mudar, xa sexa a través da forma, a cor ou a súa instalación no espazo.”

Mar Vicente (Lugo, 1979) propón un proxecto específico para os espazos do MARCO, en sintonía cun traballo que se caracteriza pola economía de elementos cromáticos e compositivos, e pola experimentación coa forma vencellada á transformación do soporte pictórico. O punto de partida é o cadrado, que a artista desenvolve cara a terceira dimensión. O cubo, como o seu volume máis directo, adopta actitudes non convencionais que, xunto á iluminación cambiante e o punto dende onde se observa, afectan á percepción dos volumes e dos espazos.

Do 12 de abril ao 12 de setembro. 

«Etérea”

16

Venres| Abril

Na exposición « Etérea«, Din Matamoro toma como punto de partida unha soada premisa de Kandinsky: “O branco é o gran silencio cheo de cousas posibles”. Esta mostra reúne unha selección da súa obra dos últimos anos, centrada no estudo da cor, acompañada doutras pezas de épocas anteriores que, como todo o traballo deste artista, implica todo un ensaio sobre a percepción, os seus mecanismos e emocións. A intención é que a súa obra véxase íntima, completa, que o espectador poida sentir a aparición e a aproximación lenta da cor na súa mirada, a enerxía interior que hai detrás da pel de cada pintura, gardando entre elas un espazo xeneroso. Pinturas que se moven, que non se conxelan no tempo despois de ser pintadas, que conservan un latexado, unha enerxía que se despraza #ante a mirada, sutilmente, como a luz cenital ao longo do día, ou a luz e as cores que se moven nas pantallas de cinema. Se nos paramos a contemplar, a cor cambiará de intensidade e descubriremos o seu carácter íntimo, certo misterio, a súa forza interior e, a un tempo, o tráxico cósmico no que o ser humano non é máis que un eco, unha resonancia.

Do 16 de abril ao 12 de setembro. 

«Tambo”

17

Sábado| Abril

Tambo: a illa soñada, a illa posible’, é o nome da iniciativa desenvolvida polo Concello de Poio e que se celebrará nos claustros do Mosteiro o próximo 17 de abril. Será unha xornada que virará ao redor do enclave que terá como atractivo principal unha exposición ideada polo arquitecto Sergio Portela que consta de 21 paneis informativos con detalles sobre as características e historia da illa. O proxecto achega tamén propostas para facer realidade no futuro un plan de usos para as diferentes construcións existentes en Tambo, poñendo en valor as súas riquezas ambientais e patrimoniais. A xornada contará tamén cunha mesa redonda, prevista para as 11 horas, nas que tamén tomarán parte o historiador Xosé Fortes, o profesor da facultade de Ciencias do Mar Mariano Lastra, o doutor en xeografía Gonzalo Méndez e, como representante da Asociación Irmandade Illa de Tambo, Claudio Quintillán. Pola tarde, a partir das 16.30, terá lugar outro coloquio no que se debaterá sobre os retos e oportunidades que presenta o lugar. Ambas as charlas serán retransmitidas por streaming e para seguilas só é preciso solicitar unha clave a través do correo electrónico participa@concellopoio.gal . «Ofrecer á cidadanía unha visión integral sobre a Illa de Tambo e vos seus grandes recursos desde ou punto de vista patrimonial, histórico e turístico», é o obxectivo desta xornada que fora programada para o último trimestre do ano 2020 pero que tivo que ser aprazada pola pandemia.

De 10:30 a 13:00 e de 16:30 a 19:00

Concello de Poio

«Al cantar brilla«

5

Venres| Marzo

Do 5 de marzo ao 27 de abril

Facultade Belas Artes

devellabella_suelo

«No chan/En el suelo»

19

Venres| Febreiro

Fundación Laxeiro

Policarpo Sanz 15 Vigo

«En el suelo» é unha exposición de Ignacio Pérez- Jofre na que o artista presenta diferentes obras sobre papel realizadas nas rúas de Vigo coa técnica de frottage, mediante a que transfire ao soporte as terras do lugar, que actúan como pigmento que rexistra as tramas dos diferentes deseños das beirarrúas da cidade de Vigo.

O proxecto é o resultado da investigación na que a obra se constrúe a partir dos percorridos urbanos e que, neste caso, adoptan o recurso da pegada como proceso de construción da obra. Existe na obra, unha preocupación pola trama, abordada no seu aspecto práctico, como adoito deseñado para non escorregar; estético, con todas as connotacións estruturais e arquitectónicas implícitas nos deseños xeométricos; e poéticas, coa transformación dos motivos xeométricos do pavimento da cidade en metáfora da organización urbana, coa que o artista ofrece unha reflexión sobre a vida nas sociedades regulamentadas. Este modo de presentación acentúa o carácter urbano, de aspecto case industrial, dunha obra que transforma en motivo pictórico as diferentes tramas das beirarrúas da cidade, mediante un procedemento de reprodución da imaxe ausente de xesto, no que a representación icónica é substituída pola indexación, pola transferencia física de elementos da realidade. Aínda que Ignacio Pérez- Jofre defínese principalmente como pintor, a súa dilatada actividade artística comprende, ademais de obra pictórica, performance, acción, instalación, fotografía, e vídeo arte. 

Ata o 2 Maio

Fundación Laxeiro

devellabella_suelo

«Emilia Pardo Bazán»

9

Martes| Marzo

Museo de Pontevedra

sala do Edificio Castelao

Este ano dedicaremos o Día da Muller á escritora Emilia Pardo Bazán, a propósito da celebración do cen aniversario da súa morte, e por tratarse dun exemplo dunha muller defensora da igualdade que se soubo abrir camiño nun mundo dominado por homes, sendo hoxe unha figura imprescindible da cultura da España da Restauración.

Invitámosvos a coñecer algúns aspectos curiosos da súa biografía a través dunha selección de fondos artísticos, documentais, gráficos e bibliográficos do Museo, que se exporán na semana dedicada á esta celebración a partir do 9 de marzo. Esta pequena mostra situarase na sala do Edificio Castelao onde se atopa a obra do pintor coruñés Joaquín Vaamonde Cornide de quen foi mecenas.

Ademais, o departamento de Educación ofrece visitas comentadas para as que é necesaria inscrición e que estarán suxeitas ás medidas sanitarias vixentes (aforo máximo de 4 persoas máis o guía) que podería variar en función das posibles modificacións da normativa.

Visitas comentadas

  • Realizaránse todos o mércores ás 18 h ata o 12 de maio, día en que se cumpre o cen aniversario da súa morte

Inscrición

  • A través do correo electrónico: museo@depo.gal (a atención aos correos é de luns a venres de 8:30 a 14:30).
Ata o 12 Maio

Museo de Pontevedra

«A vida lenta«

11

Xoves| Marzo

Sede Afundación de Vigo Calle Policarpo Sanz, 13, Vigo

Do 11 de marzo ata o 29 de maio

Sede Afundación de Vigo

«Papiromates. Matemáticas + Creatividade = Papiroflexia »

3

Mércores| Marzo

Esta exposición reúne pezas de papel realizadas mediante a técnica do origami para pór de manifesto a relación entre as matemáticas e a papiroflexia. Na realización destas pezas, de valor case escultórico, non se usaron pegamento nin tesoiras, tan só o pregado do papel.

COMISARIO | JORGE PARDO

 Descubre que é o padrón de cicatrices e a súa importancia á hora de deseñar novos modelos, como o origami modular constrúe corpos xeométricos, ensamblando figuras de papel idénticas, ou como nas teselacións un mesmo motivo se repite numerosas veces, cubrindo un plano a través de centos de pregos. A exposición tamén repasa as achegas de algúns nomes propios relevantes no campo da papiroflexia coma o da pregadora galega Covadonga Blanco, papiroflecta, gran matemática, docente e divulgadora.

En colaboración con Escuela Museo Origami de Zaragoza (EMOZ).

Exposición con todas as medidas de seguridade pertinentes para que poidas volver gozar da arte e da cultura como o fixeches sempre.

HORARIO: LUNS a VENRES 17.30 a 20.30 e SÁBADOS 11.00 a 14.00 e 17.30 a 20.30 h

  • ENTRADA: Gratuíta
Ata o 29 de Maio

Afundación

máis artigos

Do 19 ao 25 de abril 2021

Do 12 ao 18 de abril 2021

Do 5 ao 11 de abril 2021

Do 29 de marzo ao 4 de abril 2021

Do 22 ao 28 de marzo 2021

Do 15 ao 21 de marzo 2021

Elena Ramos Rascado por Ana Santos

Antonio Lois Pérez

Xosé Manuel Gulías Márquez

Carmen Varela Villamarín

♥♥♥ síguenos ♥♥♥

Xosé Álvarez Castro por Ana Santos

Xosé Álvarez Castro por Ana Santos

Xosé naceu en Cons, Mourente, no ano 1953. Era o maior de dous irmáns. Seu pai, ebanista, inculcoulle desde moi novo o hábito do traballo. Súa nai, moi traballadora, facíao estudar na casa porque na escola había demasiados nenos. Tiñan vacas (Cuca e Pinta), segaba na herba, tiraba do arado e non foi ata os sete anos que acudiu a escola pública no Pazo con D. Fernando Quinteiro Filgueira, curmán de Filgueira Valverde, veciño daquel lugar. Lembra mirarlle ao mestre unha revista en portugués “un tiro de espingarda puxo fin a sua vida” referíndose á morte de Hemingway. Iso quedoulle como anécdota. Lembra que na escola pegaban moito aos nenos e había castigos físicos: poñerse de xeonllos, ser golpeados coa vara, etc…

Aos 9 anos marchou para o instituto de Pontevedra para examinarse de ingreso. O seu ídolo indiscutible foi D. Mariano, profesor de ciencias naturais. Con el ían ás Palmeiras recoller plantas e flores. Sempre eran clases prácticas cunha base teórica. Iso marcouno moito a el e a moitos compañeiros.

“A sua lúa de mel foi polo norte de España en tenda de campaña, ían cos días xustos porque tiñan que vir a plantar os repolos

Xosé Álvarez Castro

Cando saíu do instituto fixo maxisterio por ciencias e aprobou as oposicións. Marchou á mili a facer o campamento a Almería e despois enviárono a Melilla e puido escoller destino. Elixiu onde estivera o seu avó, en cabalaría, en carros de combate.

Ao volver da mili en 1976 era propietario provisional dunha praza de mestre en Salceda de Caselas que se converteu en definitiva ao ano seguinte. Por esas datas coñeceu a súa muller, Marisé, nuns cursos de iniciación ao galego que impartía un compañeiro. Casaron no ano 1979 e teñen 2 fillos. Como ela tamén era mestra puideron optar ao dereito de consorte e obter o mesmo destino en Dorrón a onde se desprazaron. 

Decidiu cursar pola UNED a licenciatura de xeografía e historia que cualifica como moi dura. Cando se inaugurou o instituto de Sanxenxo foi adscrito á praza de xeografía e historia.

Da súa estancia en Dorrón lembra que fixo cousas moi novidosas como radio na escola, clases no exterior para coñecer a fauna e flora local, obradoiros de xabróns, de papel… e sempre contou co apoio dos pais dos alumnos.

Continuou estudando e fixo o posgrado en educación ambiental, interesándose pola investigación en áreas de historia contemporánea, a república e o franquismo.

Grazas aos arquivos militares puido investigar, e dinos que eses arquivos son grandes descoñecidos malia seren máis accesibles do que a xente pensa.

Acaba de rematar unha publicación sobre a Resistencia e represión entre 1936-1951

Da mocidade de agora di que ten máis valores e que é moi distinta á de antes. O seu nivel de sinceridade é maior. Agora todos teñen dereito á educación, mentras que antes se non querías ou non valías poñíante a traballar. Hoxe todo o mundo estuda.

Pregúntolle como é como avó e ilumínanselle os ollos: “A verdadeira comunicación dáse entre avó e neta. Notas algo que non tiveches cos fillos, máis proximidade, cousa que non cría ter antes de telos”.

Xubilouse porque xa tiña os anos cotizados e non lle gustaba a burocracia que envolve o ensino. Papeis que non se traducen en nada, máis ben quitan tempo ao profesorado para reflexionar e iso matou a creatividade.

Na televisión gústanlle as reportaxes de viaxes pero detesta as tertulias. Encántalle ler. Cando tiña 9 anos estivo un mes na casa a causa dunha hepatite e un señor que era albanel prestoulle uns libros, En tinieblas de Rudyard kipling e Almas Mortas de Nikolái Gógol ambos os dous gustáronlle moito.

De pequeno lía novela e poesía. Agora le sobre todo historia e recomenda dous libros Soberanos e intervenidos de Juan Garcés e Armas, gérmenes y acero de Jared Diamond.

A radio (cadea SER) acompáñao durante todo o día e mesmo se cabrea con ela. Decote adoita asubiar e cantar e gústalle moito cociñar. Din que fai moi ben a pizza de cabaciño que cultiva na súa propia horta. Tamen ten espárragos e alcachofas e fai viño. É un granxeiro autosuficiente.

Le o Diario de Pontevedra na súa versión en papel e os demais xornais en dixital. Colabora con Nós diario e manda artigos para diferentes publicacións.

No cine, gústanlle os clásicos e se se ten que quedar cunha película sería Casablanca. As redes sociais utilízaas para grupos de traballo. Ten unha páxina Web coa asociación Cedofeita e un blog que se chama os anos do medo

É un pozo de sabedoría. Tanto che fala de cogomelos como de masonería, receitas, de tintes naturais, etc…

Ao alcalde e a todas as administracións lles faría unha suxestión: que fixeran o seguimento das obras que se fan, porque non se controlan na súa execución e non se manteñen e isto supón un gasto terrible.

Unha viaxe que recorda é a sua lúa de mel polo norte de España en tenda de campaña. Ían cos días xustos porque tiñan que vir a plantar os repolos.

Outra viaxe que desfrutou moito foi a volta de Grenoble en Francia e todas as vilas polas que pasou coma Périgord.

Se ten que quedar con alguén para falar ou tomar un café faino no Moderno pola tranquilidade e, para cear, antes tiñan unha tertulia os martes no Saudade.

Como recomendación dime que o mellor é ter iniciativas e divulgar o que un sabe. Aprendemos para ser transmisores e é a nosa obriga continuar para perpetuar a memoria.

Queda pendente, Pepe, esa pizza de cabaciño e xa falaremos dos obradoiros para facer con xente tan vellabella coma ti.

Xosé Álvarez Castro

Xosé Álvarez Castro

Historiador

Xosé Álvarez Castro (Pontevedra, 1953) é mestre, licenciado en Xeografía e Historia e máster en Educación Ambiental pola UNED. Na actualidade, xa xubilado, participa activamente no asociacionismo cultural (Cedofeita), de recuperación da memoria histórica (Sempre con Vós. Cidadanía pola Verdade) e renovación pedagóxica (Nova Escola Galega). É autor de numerosos artigos sobre historia, medio ambiente e didáctica en revistas como Cedofeita, Revista Galega de Educación ou Cuadernos de Pedagogía, entre outras, e participou como relator en diversos congresos. Ademais, é autor do blog «Pontevedra nos anos do medo» (anosdomedo.blogspot.com), dedicado á difusión da historia da represión na comarca pontevedresa. En 2011 a Fundación Alexandre Bóveda concedeulle o VI Premio Día da Galiza Mártir á recuperación da memoria histórica. En 2013 publica Pontevedra nos anos do medo. Golpe militar e represión (1936-1939) (Xerais).

máis artigos

Do 19 ao 25 de abril 2021

Do 12 ao 18 de abril 2021

Do 5 ao 11 de abril 2021

Do 29 de marzo ao 4 de abril 2021

Do 22 ao 28 de marzo 2021

Do 15 ao 21 de marzo 2021

Elena Ramos Rascado por Ana Santos

Antonio Lois Pérez

Xosé Manuel Gulías Márquez

Carmen Varela Villamarín

♥♥♥ síguenos ♥♥♥

Do 12 ao 18 de abril 2021

Do 12 ao 18 de abril 2021

«4 Proxectos”

12

Luns| Abril

Mónica Alonso (A Fonsagrada, Lugo, 1970) centra a súa primeira mostra individual no MARCO nunha única peza, baixo o título A maxia do colibrí. 6 casos desesperados. Unha obra que naceu en 2015, durante a estadía da artista en México, e que precisou de todo este tempo para madurar, escribirse e reescribirse. Nese ano Alonso presentou en México a obra O colibrí vermello, que está no xerme deste proxecto, vencellado coas historias e rituais máxicos asociados ao colibrí nas culturas precolombinas, e moi en liña co interese da artista sobre as relacións entre ciencia e superstición.

Sobre o seu proxecto específico para o MARCO, sinala Rosendo Cid: “A partir do título albíscase a intención chave deste proxecto expositivo, desviándome do meramente descritivo para afondar no feito mesmo de todo acto creativo como mero ocorrer, como acontecemento, sendo consciente de todo aquilo que aconteza antes de que a peza estea completada pero que igualmente está implícito cando se finaliza.”

Salvador Cidrás (Moaña, 1965) e Juan Cidrás (Vigo, 1968) forman, dende 2015, un colectivo artístico que investiga o medio cerámico e téxtil dende unha perspectiva escultórica e pictórica, respectivamente. “O noso traballo céntrase na forma e o concepto de ‘aberrante’, aquilo que se aparta do que se considera normal, natural ou correcto, en oposición ao que se aferra –a convención– ou o que é formal. As pezas maniféstanse capaces de establecer relacións entre elas e mudar, xa sexa a través da forma, a cor ou a súa instalación no espazo.”

Mar Vicente (Lugo, 1979) propón un proxecto específico para os espazos do MARCO, en sintonía cun traballo que se caracteriza pola economía de elementos cromáticos e compositivos, e pola experimentación coa forma vencellada á transformación do soporte pictórico. O punto de partida é o cadrado, que a artista desenvolve cara a terceira dimensión. O cubo, como o seu volume máis directo, adopta actitudes non convencionais que, xunto á iluminación cambiante e o punto dende onde se observa, afectan á percepción dos volumes e dos espazos.

Do 12 de abril ao 12 de setembro. 

Alentejo 

13

Martes /Abril

Teatro principal de Pontevedra

Alentejo, sur de Portugal. Decenas de coros polifónicos amateurs a capella reúnense regularmente para cantar vellas cancións polifónicas e novas letras sobre a actualidade. Isto é «cante». Nacido nas tabernas e no campo, cantado por mineiros e campesiños, o «cante» transmitíase de xeración en xeración. Esta película é unha viaxe ao Portugal actual, descubrindo a música do «cante» e a vida dos intérpretes que parecen expresar a voz profunda da terra.  

Estreado o 24 de Abril no festival IndieLisboa 2014, onde obtivo o premio o mellor filme portugués, «Alentejo, Alentejo», de Sérgio Tréfaut, parte do cante para mostrar o Alentejo e os alentejanos na sua relación coa terra, co traballo, coas tradicións culturais, coas migracións. Comunidades marcadas por unha vida dura e por partillas que veñen de lonxe, mais que son tamén colocadas diante os conflitos da modernidade e a actualidade da crise.

As 19:30 VOSE  96′

Teatro Principal

«Na procura do medo esquecido”

14

Mércores| Abril

Se vos gustan as ilustracións e tódalas esas criaturas míticas que habitan nun recuncho do noso imaxinario, ven a presentación do catálogo de 

Juancho Debuxa Deseña

Podedes reservar a vosa praza dende agora a través do formulario:
https://docs.google.com/…/1FAIpQLSeZGDUmKy…/viewform…

ou na canle do Whatsapp 639300974.

As 19:30

Pazo de Mos

«José Suárez”

14

Mércores| Abril

O mércores 14, ás 13:00 h, Manuel Sendón, un dos comisarios da exposición ‘José Suárez 1902-1974’, ofrecerá unha visita guiada pola mostra. Unha oportunidade única para coñecer a traxectoria do fotógrafo galego máis internacional do século XX da man dun estudoso do seu traballo artístico. Prazas limitadas. . Inscricións en educacion.museo@depo.es

Ata 18 de abril

Museo de Pontevedra

«Andrés Suárez”

15

Xoves| Abril

O lado máis íntimo dun dos cantautores do momento: unha homenaxe á vida a traves dos ollos de todas as persoas e lugares que o rodean. Andres Suárez volve cun libro de relatos que debullan o seu lado máis intimista e poetico, para revolucionar o mundo que creou coas súas letras musicais. Tras o exito de máis alá das miñas cancións, regresa con esta compilación de cápsulas que tocan o corazón, contadas baixo o prisma de diversas miradas: a dun neno, a dunha camareira, a dun gran amigo que xa non está ou a dos fogos artificiais de Cedeira. A traves dos ollos é un canto á amizade, á solidariedade, á infancia e á inocencia: unha viaxe ao pasado en homenaxe aos días vividos.

«Les Nabis”

15

Xoves| Abril

Les Alliances françaises d’Espagne, d’Amsterdam, de Rotterdam, d’Utrecht, et de La Haye ainsi que l’Accueil d’Amsterdam et l’Accueil de La Haye sont heureux de vous convier à la deuxième conférence en ligne sur les incontournables de la culture française.

Découvrez avec notre conférencière Giulia Franceschini « Les Nabis », mouvement artistique certes fugace mais qui a eu une importance fondamentale à la fin de de XIXème siècle et sur beaucoup d’artistes du XXème siècle.
Vous pourrez accéder au lien de notre conférence sur alliancevigo.org

«Etérea”

16

Venres| Abril

Na exposición « Etérea«, Din Matamoro toma como punto de partida unha soada premisa de Kandinsky: “O branco é o gran silencio cheo de cousas posibles”. Esta mostra reúne unha selección da súa obra dos últimos anos, centrada no estudo da cor, acompañada doutras pezas de épocas anteriores que, como todo o traballo deste artista, implica todo un ensaio sobre a percepción, os seus mecanismos e emocións. A intención é que a súa obra véxase íntima, completa, que o espectador poida sentir a aparición e a aproximación lenta da cor na súa mirada, a enerxía interior que hai detrás da pel de cada pintura, gardando entre elas un espazo xeneroso. Pinturas que se moven, que non se conxelan no tempo despois de ser pintadas, que conservan un latexado, unha enerxía que se despraza #ante a mirada, sutilmente, como a luz cenital ao longo do día, ou a luz e as cores que se moven nas pantallas de cinema. Se nos paramos a contemplar, a cor cambiará de intensidade e descubriremos o seu carácter íntimo, certo misterio, a súa forza interior e, a un tempo, o tráxico cósmico no que o ser humano non é máis que un eco, unha resonancia.

Do 16 de abril ao 12 de setembro. 

«Ana Romaní”

17

Sábado| Abril

Como ven sendo habitual, na libraría Paz, os sábados temos un vermú literario, neste caso coa poeta Ana Romaní, estará acompañada por Antón Lopo e Susana Trigo

As 12:30

Libraría Paz

«Tambo”

17

Sábado| Abril

Tambo: a illa soñada, a illa posible’, é o nome da iniciativa desenvolvida polo Concello de Poio e que se celebrará nos claustros do Mosteiro o próximo 17 de abril. Será unha xornada que virará ao redor do enclave que terá como atractivo principal unha exposición ideada polo arquitecto Sergio Portela que consta de 21 paneis informativos con detalles sobre as características e historia da illa. O proxecto achega tamén propostas para facer realidade no futuro un plan de usos para as diferentes construcións existentes en Tambo, poñendo en valor as súas riquezas ambientais e patrimoniais. A xornada contará tamén cunha mesa redonda, prevista para as 11 horas, nas que tamén tomarán parte o historiador Xosé Fortes, o profesor da facultade de Ciencias do Mar Mariano Lastra, o doutor en xeografía Gonzalo Méndez e, como representante da Asociación Irmandade Illa de Tambo, Claudio Quintillán. Pola tarde, a partir das 16.30, terá lugar outro coloquio no que se debaterá sobre os retos e oportunidades que presenta o lugar. Ambas as charlas serán retransmitidas por streaming e para seguilas só é preciso solicitar unha clave a través do correo electrónico participa@concellopoio.gal . «Ofrecer á cidadanía unha visión integral sobre a Illa de Tambo e vos seus grandes recursos desde ou punto de vista patrimonial, histórico e turístico», é o obxectivo desta xornada que fora programada para o último trimestre do ano 2020 pero que tivo que ser aprazada pola pandemia.

De 10:30 a 13:00 e de 16:30 a 19:00

Concello de Poio

«Procura activa«

5

Venres| Marzo

Exposición “Procura activa”, de Bruno Alonso (urbru). A exposición que expón o artista é a primeira toma de contacto co público dun proxecto que irá crecendo con distintas píldoras/accións. Recolle os primeiros “Exercicios de Procura Activa” (E.B.A.), que convidan a reflexionar sobre o tempo, a fragmentación en cachitos, o equilibrio e a capacidade humana de facer, entender, compartir e relacionarse. O primeiro destes exercicios é unha pequena publicación, onde a acción de escribir convértese nun camiño de procura de bos hábitos, no que non deixan de aparecer túneles que conectan ideas, lugares e persoas cos seus respectivos cachitos. Esta acción escrita en formato “fanzine”, que o artista presentará na inauguración, serve de bastón de apoio para o resto de exercicios, enmarcándoos nun contexto entre o ritual e o experimento de laboratorio, e a través dos cales se van buscando respostas ás grandes preguntas de Quen somos? De onde vimos? Onde queremos ir?, sen chegar a conclusións pechadas, pero tomando conciencia dos lugares e persoas que se habitan, a pegada que xeramos e a importancia do agarimo e o coidado. Unha recompilación dos rexistros que quedan tras pasear, ás veces de maneira absurda, pero tentando xerar novas miradas. A exposición compoñerase dunha parede no interior do estudo coa obra do artista, unha publicación impresa xunto a un póster serigrafiado, ademais dunha intervención mural na fachada do estudo.

Ata o 15 de abril
Espacio Matrioska

«Galicia, de Nós a nós«

24

Mércores| Febreiro

Comisariada por Afonso Vázquez-Monxardín Fernández e Ana Acuña Trabazo, Galicia, de Nós a nós nace co espírito de servir como elemento que aglutine e reforce unha personalidade galega actual propia, ilustrada, universalista e aberta ás correntes de pensamento mundiais, como foi a emanada daquela iniciativa editorial nos anos vinte e trinta; ademais dar a coñecer en detalle unha revista que é un dos referentes imprescindibles da cultura galega do s. XX.

Galicia, de Nós a nós reúne máis de 300 pezas na mostra máis completa e ambiciosa sobre a Xeración Nós e convértese nunha das citas culturais imprescindibles. Exhibe obras procedentes de Francia, Alemaña e Portugal que poñen o foco nas conexións internacionais da revista e dos seus impulsores, abrindo unha vía para subliñar a dimensión de universalidade e apertura da cultura galega. Tamén para destacar o legado do grupo de intelectuais galeguistas que contribuíron decididamente nas primeiras décadas do século XX ao desenvolvemento, renovación e internacionalización da lingua e da cultura galega.

Despois de estar na Cidade da Cultura, esta mostra chega a Ourense con algunhas novidades e aportacións da cidade que foi o gran xérmolo desta xeración, clave para entender a idea de Galicia.

Español