Seleccionar página
A chegada das redes sociais por José Cerdeira

A chegada das redes sociais por José Cerdeira

A rede informática Internet nace en 1989 e dende esa data ata o día de hoxe o cambio que está producindo na sociedade global é verdadeiramente espectacular, podemos velo nos cambios tecnolóxicos e nas redes sociais. A comunicación actual a nivel global non ten nada que ver coa do ano no que botou a camiñar esta ferramenta poderosísima e os seus “brazos” correspondentes.

O Estado ten un competidor para saber de nós, para controlar os nosos movementos. Google, Apple, Facebook, Amazon… usan un “telescopio monumental” sobre a nosa actividade máis minuciosa. Cando a próxima intelixencia artificial e a tecnoloxía 5G estean entre nós, a organización da sociedade e da política van ser completamente distintas, diferentes, moi afastadas das de hoxe.

A primeira revolución na información, a Escritura, a segunda, a Imprenta e a terceira Internet. Nas dúas primeiras son moi doados de discernir os extraordinarios cambios que produciron en todas as actividades dos diferentes campos do laborar diario, a guerra, o pensamento, a industria, a relixión, os descubrimentos da ciencia… Internet é un novo universo no que temos que “navegar” moi ben, a contracorrente, para sacudirnos ao “Gran Irmán” que nos vixía; as grandes multinacionais, os grandes poderes financeiros, o capitalismo global e… o Estado. Eles están nunha situación de privilexio neste novo universo, como o estiveron nos precedentes.

 Entrando xa en materia do que verdadeiramente significa a época de Internet (e o que pasará no futuro, porque verdadeiramente estamos nos inicios e a conformación do novo espazo social, político, sociolóxico, tecnolóxico…, aínda terá un longo percorrido, pero, iso si, continuo) o escritor, periodista, sociólogo, xeopolítico, un dos líderes máis importantes do movemento antiglobalización: Ignacio Ramonet, director de Le Monde diplomatique (en español), descríbenos os novos tempos nos que Internet é a actriz principal:

         “Vivimos en un universo en el que nuestra privacidad está muy amenazada; estamos más vigilados que nunca mediante la biometría o las cámaras de videoprotección, mucho más de lo que imaginó el mismísimo George Orwell en su novela distópica 1984. Además, la robótica, los drones y la inteligencia artificial amenazan con crear un ecosistema del que el ser humano podría acabar siendo expulsado; sin hablar de la “crisis de la verdad” —en materia de información—, sustituida por las fake news, la postverdad, las nuevas manipulaciones o las verdades alternativas. En este punto el futuro podría estar acercándose más rápido de lo que pensamos a nuestro pasado más aterrador”.

    Por outra parte non cabe dúbida de que hoxe podemos conectarnos con calquera persoa de calquera parte do mundo ao instante e ter acceso a plataformas do coñecemento de forma instantánea tamén. Explícao moi ben Ramonet:

  “Sobre el aspecto emancipador de la actual revolución digital, lo más notable es la “democratización efectiva de la información”. Un ideal que constituía una reivindicación fundamental, y en cierta medida un sueño, desde la revuelta social de mayo de 1968 —es decir, el deseo de que los ciudadanos se apoderaran de los medios de comunicación y sobre todo de información— en cierta medida se ha realizado. Hoy en día con el equipamiento masivo de dispositivos ligeros de comunicación digital (teléfonos inteligentes, computadoras portátiles, tabletas y otros) los ciudadanos disponen, individualmente, de una potencia de fuego comunicacional superior a la que poseía, por ejemplo, en 1986, el primer canal de televisión de alcance planetario, Cable News Network (CNN). Es mucho más barato y fácil de operar. Cada ciudadano es ahora lo que antes se llamaba un mass media. Mucha gente lo ignora o no conoce el poder real del que dispone. Hoy, frente a las grandes corporaciones mediáticas, ya no estamos desarmados. Otra cosa es saber si estamos haciendo un uso óptimo del superpoder comunicacional del que disponemos.”

    O feito de ter acceso a este  potente universo e poder conectar con quen sexa e onde sexa no momento, poder procurar no buscador de Google calquera cousa, a que sexa! da que ignoramos o seu significado e que precisamos sabelo xa é cuestión de poñer o nome no buscador e ter de forma inmediata unha correcta información. Non é necesario acudir a ningún dicionario en papel, apoiando o móbil na man e tecleando xa está, xa o temos.  O lado negativo provócano o abuso, o exceso, o seu gran poder de control e desorde das mensaxes e mentiras prefabricadas creadas polas redes sociais ( Facebook, Twitter, Tinder…) evaporándose a transmisión da realidade dos feitos, é dicir, facendo que a verdade sexa relativa. Que llo pregunten a Trump!

     Novamente botamos man de Ignacio Ramonet para que dunha forma clara e concisa nos amose a realidade destes comportamentos:

   Así que podríamos, en efecto, decir que por una parte, las redes sociales y las mensajerías de nuevo tipo (Twitter, Facebook, Instagram, Telegram, Signal, Snapchat, WhatsApp, Zoom, TikTok y otras) han ampliado indiscutiblemente el espacio de nuestra libertad de expresión, pero a la vez han multiplicado al infinito las capacidades de manipulación de las mentes y de vigilancia de los ciudadanos. Es clásico. Podríamos afirmar, parafraseando a Marx, que la Historia es la historia de las innovaciones tecnológicas. Cada innovación tecnológica aporta una solución a un problema, y a su vez, como ya subrayamos, cada solución crea un nuevo problema. O sea, siempre que se produce un salto hacia adelante en las tecnologías de la comunicación, nos hallamos efectivamente ante un progreso en materia de capacidades de expresión, y también, ante un peligro de confusión, de confrontación y de nuevas intoxicaciones mentales. Es normal. En ese aspecto no hay nada nuevo. Todo poder que posee el monopolio de la expresión pública se desespera ante cualquier aparición de una tecnología comunicacional democratizante que amenaza su uso solitario de la palabra. Piénsese, de nuevo, en la invención de la imprenta en 1440, y el pánico de la Iglesia y del trono ante una máquina que les arrebataba de repente el monopolio de la verdad.”

 Malia o matizado e exposto en liñas anteriores, grazas a Internet e ás redes sociais moitas sociedades espertaron do seu letargo pasivo e submiso e  conseguiron meter en verdadeiros apuros a certos países que exercían un enorme poder sobre as súas cidadanías. Para mostra “as primaveras árabes” ou os movementos dos indignados en España que foron a semente doutros partidos políticos que lograron romper o bipartidismo reinante desde o comezo da democracia en 1977, como exemplo Unidas Podemos que mesmo chegou ao goberno, e outros como Cidadáns que por unha mala actuación dalgúns dos seus dirixentes non puideron estar onde está Podemos. Non nos esquezamos do movemento”Occupy Wall Stret” en Estados Unidos.

O correo electrónico, a mensaxería e o teléfono intelixente xogaron un papel primordial. As ditaduras de Túnez e Exipto  cambalearon ante a explosión de descontento das súas cidadanías apoiándose nestas novas tecnoloxías. O mesmo pasou en Libia e Siria, as cales desembocaron en guerras civís. A partir de aí, as auténticas redes sociais (Facebook, Twitter) xogaron un papel contraemancipador da cidadanía por parte do poder político e financeiro e outro papel moi activo na espionaxe e en facer caer gobernos. É unha loita política no ciberespazo..

Hoxe en día o uso das redes sociais é espectacular. Ante esta nova realidade, estamos abocados a ser dominados por esta posverdade que nos fai claudicar en deixar de ser nós con carácter crítico, cuestionador, emancipador e ser suxeitos activos no camiño dunha sociedade máis humana, máis colectiva.

O capitalismo globalizador, neste novo universo de Internet, dá a impresión de ter todas as de ganar, facéndonos consumir nas redes, entreternos, xogar… ao mesmo tempo que damos, non sendo moi conscientes, todos os datos da nosa personalidade a través dos distintos “consumos” que realizamos ao “Gran Irmán”, que sabe todo de nós e nos manexa á perfección. Ofrécenos a gratuidade e a cambio convértenos nun produto.

 Ignacio Ramonet regálanos unhas “pingas” de esperanza:

        Sí, las redes sociales son el medio dominante hoy, como lo fueron en otras épocas la televisión, la radio, el cine o la prensa. Es una revolución considerable, como no la ha habido jamás en el campo de la comunicación. Repetimos, todo cambio importante en el ámbito de la comunicación acaba fatalmente por tener repercusiones decisivas en lo social y lo político. No hay excepciones. Desde la invención de la escritura hasta Internet, pasando por la imprenta.

En cualquier país, las redes obligan a todos los demás medios de masas (prensa escrita, radio, cine, televisión) a tener que repensarse. Hay un darwinismo mediático en marcha. El medio que no se adapte al nuevo ecosistema desaparecerá. Adaptarse no quiere decir que los otros medios deben hacer lo que hacen las redes. No. Las redes son también el territorio, ya lo dijimos, de la manipulación, de la intoxicación, de las fake news, de las “verdades emocionales”, de las “verdades alternativas”, de los relatos conspiracionistas. La prensa escrita, por ejemplo, debe concentrarse en sus cualidades: la calidad de la escritura, la brillantez del relato, la originalidad de la temática, la realidad del testimonio, la autenticidad de la información, la inteligencia del análisis y la garantía de la verdad verificada”

Un é pesimista ante esta nova era que empezamos a vivir, porque no fondo está, creo, moi ben deseñada polos grandes poderes económicos ocultos, que son unha minoría, pero cun poder inmenso, son os que dirixen o mundo. Como imos contrarrestar este dominio se cada día estamos máis engulidos, máis submisos, con menos forza, con menos vontade de ser nós mesmos, de ser os auténticos autocreadores da nosa formación humanista, intelectual, técnica… e de emanciparnos dos grandes poderes devoradores de todo o humano?

Internet é un campo onde o capitalismo nos ha levar “ao seu rego”, xa  o está facendo con gran facilidade.

  Miguel Benasayag, psicanalista e epistemólogo franco-arxentino, autor de tres libros, entre outros xa publicados: La tiranía del algoritmo, El cerebro aumentado, El hombre disminuido, elogio del conflicto, escrito coa súa compañeira Angélique del Rey, describe que a tiranía do algoritmo elimina a singularidade do ser humano, suprime o conflito, o debate. Desmaterializa e descorporiza, convértenos en datos binarios inscritos en chips, paralízanos e alinéanos no individual.

A actual política ten un poder insignificante ante as grandes empresas da información, empresas que poden bloquear as contas dos presidentes do Imperio. Non podemos minimizar o seu poder de anular os seres humanos.

 Non somos quen aínda de enfrontarnos a esta revolución dixital, non para prescindir dela senón para que non nos destrúa como seres pensantes. Matiza Miguel Banasayag que non nos decatamos de que nada pode cambiarse se nos conformamos coa pequena política de palacio.

  Confusión e incertidume, certa esperanza, certo pesimismo, unha inferior ilusión invádenos.  O tempo dirá, pero deberiamos estar ben atentos para non deixar de ser nós mesmos. Que non nos guíen!

José Cerdeira Soto

José Cerdeira Soto

Topógrafo

Estou xubilado desde o ano 2004 e vivo en Pontevedra desde 1982.

Nacín en Soutelo de Montes, no Concello de Forcarei, no ano 1946 e xa no 63 entrei na empresa na que transcorrería toda a miña vida laboral Dragados y Construcciones, onde me formei como topógrafo, profesión que exercín ata a miña xubilación.

Pasar a formar parte das “clases pasivas” non se converteu nunha situación traumática para min, ao contrario, enchín as miñas horas de lecer de múltiples actividades para as que, cando traballaba, non tiña tanto tempo: a lectura, a implicación en diversas iniciativas culturais, sociais e políticas;a participación no voluntariado da Cruz Vermella, ir á universidade de maiores, ser moi activo nas redes sociais, etc.

A miña intención é seguir facendo cousas e aprendendo outras, deica o último suspiro.

máis artigos

Do 19 ao 25 de abril 2021

Do 12 ao 18 de abril 2021

Do 5 ao 11 de abril 2021

Do 29 de marzo ao 4 de abril 2021

Do 22 ao 28 de marzo 2021

Do 15 ao 21 de marzo 2021

Elena Ramos Rascado por Ana Santos

Antonio Lois Pérez

Xosé Manuel Gulías Márquez

Carmen Varela Villamarín

♥♥♥ síguenos ♥♥♥

A democracia de EE.UU. en perigo por José Cerdeira

A democracia de EE.UU. en perigo por José Cerdeira

Non é doado  facer unha análise improvisadamente do porqué EE. UU. chegou á situación á que chegou o día 6 de xaneiro coa  toma do Capitolio, cando se estaba certificando a vitoria de Biden na Cámara dos Representantes e unha auténtica turba enlouquecida, disposta ao peor,  asaltouno.

Trump o instigador desta máis que fanfurriñada, anima a esta turba para el poder seguir no poder; engana á citada turba co conto da fraude nas eleccións, xa que se demostrou por vía xudicial que o proceso electoral non tivera ningunha mancha que opoñer ao resultado das urnas. Obviou a Constitución dunha forma imperturbable, cunha cara dura que pon os  pelos de punta a calquera persoa.  

 Por se fose pouco, non esperou á toma de poder do vencedor das eleccións e marchou para a súa residencia privada en Florida.

 

A primeira pregunta que é lóxico facer, é : Como este home, tan narcisista, tan primario  cunha personalidade patolóxica, pode chegar a ser presidente dos EE. UU.? A resposta  temos que ir buscala aos anos setenta que foi cando se produciron cambios na sociedade norteamericana coa implantación dun neoliberalismo atroz, na que se adelgaza o estado social e se dá renda solta a un individualismo comercial, negociante, insolidario socialmente, e  anos máis tarde, a unha globalización desapiadada, que analizaremos un pouquiño máis abaixo.

A linguaxe corporal delata de forma clara e concisa a Trump, persoa autoritaria ao máximo, un home sen unha visión panorámica mínima da vida política, un ser ambicioso, que despreza a prensa, que nega a existencia do coronavirus e que non toma a máis mínima medida contra esta tremenda pandemia, que rexeita o cambio climático, a OMS, o Tratado de Libre Comercio,  a apertura que existía no eido nuclear con Irán, tamén a apertura existente cara a Cuba, que protexe a Arabia Saudí, mantén  tormentosas  relacións con diversos países e que anula a Corte Penal Internacional, a que quere erixirse nunha xustiza universal.

Unha das cousas deste patolóxico  personaxe que estarrece a xente con sentido común é a súa obsesión polo logro  dunha extrema dereita mundial. Unha infraestrutura baixo a dirección dun personaxe como Steve  Bannon, encargado de intentar réximes de extrema dereita a nivel planetario, léase Hungría, Polonia, Brasil… e así mesmo partidos políticos semellantes  a Vox  en España.

 O seu discurso é extremadamente xenófobo, coa maioría dos votos procedentes da esfera masculina, xa maduros, obreiros principalmente brancos procedentes do campo. Son as vítimas da globalización, sen reconversión profesional posible e que quedaron á intemperie -polo tanto moi manexables para un personaxe tan demagogo como Trump-  a súa frustración foi alentada polo magnate  contra as minorías negras  ou latinas, contras as  que  se desatou un odio  que levaba a acusalas de sacarlles o traballo.

A supremacía branca foi  a que desencadeou  unha gran persecución psicolóxica, unha gran repulsa sen precedentes e o colmo da crueldade contra estas minorías afroamericanas e latinas foi a construción do famoso muro na fronteira de México, visitado por Trump o día antes de marchar para comprobar como ían as obras. Maior crueldade non é posible!

Nunha entrevista ao famoso  sociológo e lingüista Noam Chomsky da que se fai eco a revista dixital CXT,  este argumenta o seguinte:

“Hace 15 años escribí un libro titulado Estados fallidos, que se centraba sobre todo en Estados Unidos, pero que generalizaba sobre otras sociedades occidentales. Lo que han hecho, bueno, antes ya tenían muchos problemas, pero lo que ha hecho occidente en los últimos 40 años es participar en un proyecto, que está muy bien para las personas que lo han diseñado, de hecho, ellas viven en el paraíso, pero que es un desastre para casi todos los demás. Se llama neoliberalismo. En los años 70 prosperó realmente con Reagan y Thatcher. El diseño estaba bastante claro desde el principio, como podemos ver en los resultados actuales, que son muy parecidos a lo que ellos adelantaron. La riqueza se ha concentrado hasta unos niveles extraordinarios, mientras que la población en general se ha quedado estancada, degradada. Por ejemplo Estados Unidos, donde actualmente un 0,1%, no un 1%, sino un 0,1% posee un 20% de la riqueza, y aproximadamente la mitad de la población tiene un patrimonio neto negativo, es decir, más pasivos que activos, así que más o menos un 70% vive al día, de nómina a nómina. Si se produce cualquier imprevisto, pues mala suerte. Las prestaciones también han disminuido considerablemente”

Non cabe dúbida de que a concentración de riqueza nunhas clases determinadas produce uns lobbys que exercen unha enorme presión sobre os gobernos correspondentes que ceden ante a súa forza, o que supón  que o verdadeiro poder non está na clase política dirixente. Os sindicatos non teñen implantación sólida xa que a lexislación norteamericana está deseñada para eliminar os dereitos laborais e construír un espazo global no que as nacións fican difuminadas na súa operatividade social de certa xustiza distributiva, o que viría ser a  socialdemocracia antes do final da Guerra Fría, especialmente en Europa.

O verdadeiro paso á globalización prodúcese despois da Guerra Fría.  A grande burbulla tecnolóxica ten lugar na etapa de Clinton na  Casa Branca e fai desaparecer os ciclos económicos. Os atentados do 11S, no mandato de George Bush, producen un cambio total cara á globalización e diríxense a unha sociedade da mentira ben feita, que se deu en chamar  “posverdade”, unha sociedade baseada na emoción do instante, que Busch, Clinton e Obama foron acentuando progresivamente; foise pasando da reflexión da realidade “ ao conto do relato” desde as técnicas dos poderes políticos e económicos.

Todo isto produciu unha alta desigualdade social mediante o mercado libre dos inversores a nivel global, o que hoxe se denomina os fondos voitres.

 O 20% da poboación, a rica, a dos fondos voitres, a  do armamento militar, a dos grandes negocios dos seguros privados -xa que en EE. UU. non existe a Seguridade Social-, a dos negocios de provocar guerras e xustificar o armamento militar para usar   nesas guerras e volver de novo a fabricar máis armamento  para  usar nas mesmas e en novas guerras e así mesmo para vendelas;  o negocio, grande negocio, das armas persoais da cidadanía -xa que hai liberdade total para quen queira levalas-. Todo isto e máis dá lugar a esa sociedade do 0,1%  que dispón do 20% da riqueza do país e que paga  o contribuínte de a pé  por medio de impostos fiscais  elevados .

Ao mesmo tempo que ese 20% vive nunha burbulla elitista e financeira, o 80% da poboación vive francamente mal, sen apenas dereitos laborais, sen Seguridade Social, en auténticos nichos de pobreza inasumibles e moi enganada, dirixida pola “posverdade” o que lle quita  o poder de emancipación intelectual e profesional; existe paro, moito traballo precario e moita xente que  depende da caridade. Unha parte significativa da sociedade  é inculta e está “colonizada” por unha proliferación de seitas relixiosas .

A mencionada sociedade do 80% é o caldo de cultivo para un gran farsante demagogo, un poderoso adiñeirado con grandes negocios inmobiliarios, para enganar a cidadanía e facerse co poder   na Casa Branca, coa presidencia dos Estados Unidos.

 Roberto Montoya, periodista e escritor, un dos asesores de Viento Sur,   transcribe uns  fragmentos do discurso de Trump o día da súa toma  de posesión  como Presidente de EE.UU, o 20 de novembro de 2017:

 «Washington floreció, pero la gente no compartió esa riqueza. Los políticos prosperaron, pero se perdieron trabajos y las empresas cerraron. El ‘establishment’ se protegió a sí mismo, pero no a los ciudadanos de nuestro país.

Las victorias de ellos no fueron las victorias de ustedes; los triunfos de ellos no fueron sus triunfos; y mientras ellos celebraron en la capital de nuestra nación, las familias con dificultades económicas tenían poco que celebrar en todo nuestro país.

 Todo eso cambia aquí mismo y ahora mismo, porque este momento es su momento: les pertenece a ustedes. Les pertenece a todos los que se reunieron hoy aquí y a todos los que nos ven a lo largo de Estados Unidos. Los hombres y mujeres olvidados de nuestro país ya no serán olvidados. Todo el mundo los escucha ahora”

 A estratexia de Trump tivo como obxectivo colonizar a mente do 80% da xente e seguramente porán en marcha, el e os seus fieis, un gran movemento que se especula que pode chamarse o Partido Patriota.

Xa sentado na Casa Branca, Biden ten unha papeleta moi difícil para que poida voltar a serenidade a EE. UU. Non podemos esquecer que o novo presidente está na política desde que tiña apenas trinta anos, que foi vicepresidente con Obama oito anos e que se  implicou  na guerra de Irak. En resumidas contas,  é unha persoa do establishment e polo tanto contribuíu a crear un EE. UU. con fortes desigualdades sociais,  unha sociedade dividida, moi perigosamente polarizada.

  Que van facer Biden e o seu equipo?  Desaparecerá o trumpismo?  Non volverá? Biden procurará facer unhas reformas para intentar calmar as augas, porque non se cre que aplique as políticas da súa á esquerda, onde está Sanders, xa que implicaría ir contra os grandes negocios consolidados desa minoría do 0,1% .

Estaremos atentos.

                                                                                     José Cerdeira Soto

Webgrafia:

https://www.infolibre.es/noticias/opinion/plaza_publica/2021/01/18/la_traicion_democracia_115509_2003.html

https://vientosur.info/ya-esta-trump-se-fue-y-ahora-que/

https://www.elviejotopo.com/autor/carlos-fazio/

https://www.cuartopoder.es/ideas/opinion/2020/11/10/perdio-trump-biden-no-gano-es-la-geopolitica-manolo-monereo/

https://www.infolibre.es/noticias/opinion/plaza_publica/2021/01/21/los_significados_trump_115635_2003.html

https://vientosur.info/capitolio-fascismo-humo-y-alternativa/

https://www.infolibre.es/noticias/opinion/columnas/2021/01/20/go_hell_trump_115663_1023.html

https://www.infolibre.es/noticias/comunicacion_politica/2021/01/22/biden_sepulta_era_trump_siete_claves_discurso_para_historia_115739_2022.html

https://www.infolibre.es/noticias/opinion/columnas/2021/01/20/los_votantes_trump_empiezan_dejar_apoyarle_115682_1023.html

https://vientosur.info/estados-unidos-la-democracia-que-nunca-fue/

https://vientosur.info/

 

Historia de vida José Cerdeira

máis artigos

Do 19 ao 25 de abril 2021

Do 12 ao 18 de abril 2021

Do 5 ao 11 de abril 2021

Do 29 de marzo ao 4 de abril 2021

Do 22 ao 28 de marzo 2021

Do 15 ao 21 de marzo 2021

Elena Ramos Rascado por Ana Santos

Antonio Lois Pérez

Xosé Manuel Gulías Márquez

Carmen Varela Villamarín

♥♥♥ síguenos ♥♥♥

«A cara oculta da emigración da muller galega a Bos Aires» por José Cerdeira

«A cara oculta da emigración da muller galega a Bos Aires» por José Cerdeira

A cara oculta da

emigración da muller

galega a Bos Aires

Quen máis quen menos ten ou tivo familia emigrada  a América. Eu conservo esa imaxe de pequeno na terra onde nacín e me criei, Soutelo de Montes (Forcarei). Lembro con moito agarimo unha pequeniña colección de selos que fixen eu mesmo cos das cartas que viñan do outro lado do océano, os veciños da miña avoa dábanmos pola ilusión que me facía. Veñen á miña lembranza, selos de EEUU, Venezuela,  Colombia,  Chile,  Brasil,  Cuba,  Ecuador,  Bolivia,  Paraguay, Uruguay, Arxentina, México, Perú….etc.

  A verdade é que  recordo ter e percibir sempre unha impresión seria da emigración en canto á formalidade coa que se facían as cousas e á ausencia de perigo de extraviarse na viaxe a terras tan distantes. Unha persoa “reclamaba” a outra e co pasaporte e papeleo da reclamación en regra  todo era sinxelo. Pero agora, debido á globalización, descóbrese que non todo era como se cría, descóbrense cousas que non se coñecían.

Efectivamente, a través dos medios impresos e audovisuais, tamén da xente que viaxa dunha forma cosmopolita dunha parte a outra do mundo e polo que nós mesmos coñocemos do tema, sabemos que neses países, neste caso a capital da Arxentina, houbo  trata de brancas e prostitución, cuxos proxenetas eran parte dos emigrantes que xa levaban tempo establecidos na cidade bonaerense e, por suposto, as “traballadoras” eran as mulleres galegas. Eses proxenetas,  dende ese mesmo lugar,  organizaban o “ seu negocio” en contacto con xente de aquí ou enviando a axentes dende Bos Aires, que ofrecian “ouro” e contratos fiticios.

   O artigo que lin estes días no diario Público:(Gallegas prostituidas en Buenos Aires:La cara oculta de la emigración) aborda esa temática, aínda que é verdade que certas declaracións incluídas nel poden provocar certa confusión, principalmente debido á cautela que mantén a historiadora e profesora Pilar Cagiao, pois ela cre que debera haber máis probas documentais. Porén, os testemuños, escritos e orais, que ela mesma ofrece tanto nas súas declaracións a Público como no capítulo Género y emigración:las mujeres inmigrantes gallegas  na Arxentina pertencente ao libro: A Galicia austral:la inmigración gallega en la Argentina  de Xosé Manuel Núñez Seijas, semellan bastante concluíntes. Así os de  Elisa Soriano, inspectora médica en dous trasatlánticos,que relata en La mujer y el niño no Boletín da Subdirección Xeral da Emigración:

 “El barco resulta ser una gran escuela de corrupción. Todos sabemos que la gente de mar, marineros, fogoneros, etc., son individuos de moral más que dudosa”.

E afirma que nos anos 20 as españolas foron un claro obxectivo das redes.

 Tamén cita a Luís Seoane, un dos homes clave no exilio bonaerense, poeta, ilustrador, pintor, impulsor de múltiples actividades culturais…,  que no poema: “Outro canto aos emigrantes” refírese aos “homes de orde” falando “dos propietarios de hoteles a tanto por hora  para os que o sexo é ouro”  e a propia Pilar Cagiao explica o que cre ela que Seoane entende por “homes de orde”:

 «Aquellos gallegos, que por supuesto los hubo, que se dedicaron al fomento de la prostitución de muchas gallegas recién arribadas al país en relación con redes de trata de blancas organizadas bajo el aspecto legal de oficinas privadas de colocaciones en las que se solicitaban sirvientas, gobernantas, preceptoras, cantantes, modelos o coristas»

Nese mesmo poema o autor galego fai referencia ao tango “Galleguita” interpretado por Gardel,  que reflicte maxistralmente o drama persoal das mulleres galegas:

“Sola y en tierras extrañas,

tu caída fue tan breve

que, como bola de nieve,

tu virtud se disipó…”

 Outra testemuña que, pola forma de escribir e puntualizar situacións, me xera credibilidade é a investigadora arxentina Irene Lopez. As verbas dedicadas por esta investigadora ao drama persoal das mozas galegas ao encontrarse cunha vida diferente ao chegar ao porto arxentino e a “ súa caída da virxindade” danlle un dramatismo forte, moi forte, ao que lle podiamos chamar “ ese lado escuro”.

  E qué dicir dos consellos que o escritor Xosé Costa Figueira lles dá ás mozas galegas para que non emigren debido ao perigo de caer na prostitución?  Non son tamén unha evidencia  da realidade desta situación?

  A prostitución e trata de brancas parece que foi, pois, unha triste realidade para as emigrantes galegas en Bos Aires, que sexa un lado escuro, non quere decir que non existise.

Enlace relacionado co artigo; considero moi interesante a súa lectura, para obter unha panorámica completa desta realidade da muller galega en Bos Aires.

Historia de vida de José Cerdeira

máis artigos

Do 19 ao 25 de abril 2021

Do 12 ao 18 de abril 2021

Do 5 ao 11 de abril 2021

Do 29 de marzo ao 4 de abril 2021

Do 22 ao 28 de marzo 2021

Do 15 ao 21 de marzo 2021

Elena Ramos Rascado por Ana Santos

Antonio Lois Pérez

Xosé Manuel Gulías Márquez

Carmen Varela Villamarín

♥♥♥ síguenos ♥♥♥

Cambio Climático & Pandemias por José Cerdeira

Cambio Climático & Pandemias por José Cerdeira

Leyendo ElDiario.es, medio digital alternativo, me he encontrado con este artículo escrito por el periodista, Raúl Rejón, columnista del citado diario digital.

El título del artículo en cuestión, es:”La ONU certifica que las mismas agresiones ambientales detrás del cambio Climático causan las pandemias como la COVI-19”. Tras el título, escribe el periodista  lo siguiente:

“La «explotación insostenible» de recursos que lleva a la alteración del clima y las extinciones masivas son el origen del surgimiento de nuevas enfermedades planetarias, concluye el análisis encargado por el Panel Intergubernamental de Biodiversidad de Naciones Unidas».

 

 Estamos padeciendo una pandemia que  mantiene a la población de edad madura  con miedo y asustada, mientras que el sector  más joven muestra una actitud, en general, próxima a la incredulidad,  o quizás a resistirse a creer en la gravedad de lo que pasa porque no quiere que nadie les coarte  su libertad; esta parte de la población, por supuesto líbreme Dios de generalizar este comportamiento en toda la juventud, como tampoco  achacar el miedo solamente a las personas de edad madura, cree que esto atañe casi exclusivamente, sobre todo las muertes, a personas de la tercera edad avanzada y que ya la vacuna lo arreglará pronto, esto mismo también lo piensa mucha gente de otras edades.

Nos vendría bien a todos una visita a los centros hospitalarios para darnos cuenta de la   lucha titánica que están librando con la propia muerte médicos, enfermeros y enfermos.

El comportamiento de muchos intentando seguir con el botellón, fiestas en casas particulares, en locales en complicidad con los dueños, en terrazas, bares, sin poner la mascarilla en todo momento (salvo cuando se está ingiriendo líquido), incluso fumando, demuestra una falta de conciencia, de responsabilidad, que asombra, que indigna. Como el virus » no pica” , “no muerde”, está oculto, puede que sea todo mentira, y es que otra cosa no podemos pensar observando la actitud mencionada.  Pero este comportamiento está provocando, seguramente en gran medida, que el virus se siga expandiendo peligrosamente, que el contagio se aproxime a índices insospechados.

La vacuna lo arreglará todo, la humanidad vence a la naturaleza, puede con ella, se producirán daños colaterales pero es el IVA que tenemos que pagar, no pasa nada.

Os invito a leer lo sustancial de este artículo, en un estilo muy sencillo, comprensible y didáctico, que buena falta nos hace.

Lamentablemente, el contenido de la parte del artículo que aquí comento es fundamental para estar mentalizados de ello, cosa que no ocurre; creo que estamos viendo una imagen de nosotros mismos nada educada e instruida en valores sociales de solidaridad, de colectividad culta que piense por sí misma. Quizás todo se deba al deficiente sistema educativo que tenemos, que nos educa  en la especialidad y en la competitividad y no nos inculca ese amor a la naturaleza como miembros que somos de ella y que nos llevaría a convivir en armonía, cuidando, mimando el medio ambiente, respetando la biodiversidad y  la ecología.

Vamos derechos al desastre ecológico y no será porque no nos lo hayan advertido suficientemente ecologistas y científicos de esta área. Mientras tanto el cambio climático está aquí y no nos trae regalos, nos trae pandemias y más cosas negativas.

Cambio climático y pandemia son sinérgicos……

Entrevista a Jose Cerdeira

José Cerdeira Soto

José Cerdeira Soto

Topógrafo

Estou xubilado desde o ano 2004 e vivo en Pontevedra desde 1982.

Nacín en Soutelo de Montes, no Concello de Forcarei, no ano 1946 e xa no 63 entrei na empresa na que transcorrería toda a miña vida laboral Dragados y Construcciones, onde me formei como topógrafo, profesión que exercín ata a miña xubilación.

Pasar a formar parte das “clases pasivas” non se converteu nunha situación traumática para min, ao contrario, enchín as miñas horas de lecer de múltiples actividades para as que, cando traballaba, non tiña tanto tempo: a lectura, a implicación en diversas iniciativas culturais, sociais e políticas;a participación no voluntariado da Cruz Vermella, ir á universidade de maiores, ser moi activo nas redes sociais, etc.

A miña intención é seguir facendo cousas e aprendendo outras, deica o último suspiro.

máis artigos

Do 19 ao 25 de abril 2021

Do 12 ao 18 de abril 2021

Do 5 ao 11 de abril 2021

Do 29 de marzo ao 4 de abril 2021

Do 22 ao 28 de marzo 2021

Do 15 ao 21 de marzo 2021

Elena Ramos Rascado por Ana Santos

Antonio Lois Pérez

Xosé Manuel Gulías Márquez

Carmen Varela Villamarín

♥♥♥ síguenos ♥♥♥

Español