Viaxe ao deserto por Sara Valenzuela Viz

Viaxe ao deserto por Sara Valenzuela Viz

Viaxe ao deserto

Sara Valenzuela Viz

Foi unha semana de viaxe, pero a verdade é que moi intensa. Voamos de Madrid a Marrakech onde pasamos unha primeira noite, no lugar de encontro cos outros viaxeiros, porque  se trataba dunha viaxe organizada.

Cando chegamos a Marrakech, o primeiro que fixemos foi comer algunha cousa lixeira e ir á praza, todo en Marrakech xira arredor de “Jamaa el Fna”. Miles de persoas e cada vez máis turistas reúnense neste espazo público ao atardecer que se enche de cor, cultura e negocios; contacontos, profesores expoñendo as súas ensinanzas, encantadores de serpes, bailaríns, pintadoras de tatuaxes de henna, odontólogos, vendedores de zumes de froitas, acróbatas, escritores de cartas, pequenos restaurantes que se van montando, portadores de auga… un número infinito de actividades e xente que se xunta e ateiga a praza o zoco contiguo e as súas rúas circundantes. É impresionante a cantidade de xente que se reúne alí.

Saber máis

Marrocos 3
Marrocos 2
Marrocos 1
Sara Valenzuela Viz

Sara Valenzuela Viz

Profesora de Historia

Nacín na parroquia de Santirso de Manduas, en Bandeira.

Aos nove anos mandáronme estudar a Santiago e alí pasei uns cantos anos da miña vida, xa que logo fixen Filosofía e letras e liciencieme en Xeografía-Historia.

Exercín de profesora percorrendo moitos centros educativos das catro provincias, penso que de aí vén o que me gusta viaxar.

Levo en Pontevedra 27 anos, nesta fermosa cidade coñecín a unha parte dos integrantes do blog devellabella, no IES Valle Inclán e tamén no Frei Martín Sarmiento. Con eles vivín moitas aventuras, dende a nosa dedicación común ao teatro a festas diversas relacionadas co noso traballo, e sempre me sentín en total confianza.

Levo xubilada dous anos e procuro aproveitalo ao máximo, sobre todo facendo viaxes.

Neste proxecto vou poñer o meu graniño de area, e espero que sexa do voso agrado

EEUU parte 1ª

EEUU parte 2ª

EEUU parte 3ª

máis artigos

♥♥♥ síguenos ♥♥♥

Viaxe a Normandía: Vernon, Giverny e Rouen por Ana Santos

Viaxe a Normandía: Vernon, Giverny e Rouen por Ana Santos

Vernon, Giverny e Rouen

Ana Santos Solla

Preparamos esta viaxe con pouco tempo, o máis importante os tíckets da casa de Monet en Giverny que os sacamos por internet e así aforramos a cola que había cando chegamos.

Saímos de Porto ás 12:00 da mañá, deixaramos o coche no aparcamento 5 días 37 euros, o voo custounos 155 euros levando só unha maleta de cabina.

Chegamos a París a CDG e xa tiñamos localizado o RER B para ir a Châtelet e de alí a gare Saint Lazare de onde saía o tren para Vernon, pero non podía ser todo tan bo, resulta que había unha maleta abandonada, sei que é habitual, e quedamos atrapadas no aeroporto durante unha hora sen poder saír, o positivo e que puidemos mercar o billete de transporte por 12,60 deica a estación. O traxecto entre o RER B  e o metro 14 ata Saint lazare tardou unha hora, alí buscamos trens normandos e había unha cola tremenda para entrar, o seguinte saía ás 18:21, conseguimos chegar ao despacho de billetes ás 18:13, non tivemos que correr xa que a vía 24 quedaba en fronte e puidemos chegar tranquilamente. Unha hora de ruta e catro paradas para chegar a Vernon, apenas meteramos nada no estómago e estabamos famentas, fomos ao apartamento a 600 metros da estación e saímos cear con destino a algún dos 3 restaurantes que tiñamos marcados, xa sabemos que os franceses cean cedo, os dous primeiros estaban completos e fomos ao terceiro, Le Quatorze, onde puidemos cear tranquilamente, ao saír demos unha volta polo beira do Sena, camiñamos ata o vello muíño, a fortificación, a noite estaba preciosa e Vernon pareceunos máxico, despois de máis de unha hora de paseo volvemos ao apartamento, ducha quentiña e a durmir….

Ler máis

Vernon
Adriana mais eu
Rouen
Ana Santos Solla

Ana Santos Solla

Profesora de Educación Física

Son Ana Santos, nacín en Pontevedra no ano 1960, a miña infancia estivo moi ligada a Santa María de Xeve, a terra da miña nai, son a terceira de 8 irmáns, a maior das mozas, a máis vella como me dicían de pequena. Sempre me gustou o deporte e estudei INEF en Madrid, estiven 34 anos no IES Valle Inclán impartindo Educación Física alí foi onde coñecín ao resto dos meus compañeiros que agora me acompañan neste proxecto. Decidín xubilarme para dar un novo rumbo á miña vida e levar a cabo este tipo de iniciativas como @devellabella ue pretende que o envellecemento activo convértase en embelecemento persoal e poder achegar a miña experiencia nesta etapa da vida.

Nós os maiores aínda temos moita guerra que dar, espero que este blogue motívevos a querer colaborar connosco.

Arxentina

máis artigos

♥♥♥ síguenos ♥♥♥

Arxentina de norte a sur por Ana Santos

Arxentina de norte a sur por Ana Santos

Arxentina de norte a sur

Ana Santos Solla

Arxentina, unha viaxe soñada e que case queda en soño, foi a casualidade de ter amigos que si que pensaban marchar, anoteime sen saber nin as datas nin canto ía custar, tiña confianza en Pepi, a amiga que estivo 6 meses preparando a aventura. Seriamos 4, Pepi, o marido o fillo e eu.

Tiñamos todo reservado de antemán, os apartamentos, os voos internos, as entradas e viaxes en catamarán, quedaban algunhas cousas que non puidemos facer desde aquí.

Saímos desde Madrid, deixamos o coche no aparcadoiro do aeroporto, 27 días por 73 euros, con Iberia, o voo costounos 1.453 Euros, mercamos asentos máis cómodos na saída de emerxencia e corredor pero hai que dicir que non vale a pena os 80 euros de máis que pagamos.

Un voo de 12 horas faise longo cos asentos tan pequenos que ten, ademais non podías saír ao corredor camiñar porque era demasiado estreito, en fin despois de 13 horas chegamos a Bos Aires, alí estaba esperándonos un taxista, recomendado por un parente que nos cobrou 60 euros máis peaxes polos 30km ata a cidade, dicir que a volta xa tiñamos un de confianza que nos cobrou a metade, chegamos ao apartamento que era moi céntrico para deixar as maletas e comezar a patear a cidade. Pincha no pdf da dereita para ler a viaxe completa

arxentina1
perito moreno
Arxentina 2
Ana Santos Solla

Ana Santos Solla

Profesora de Educación Física

Son Ana Santos, nacín en Pontevedra no ano 1960, a miña infancia estivo moi ligada a Santa María de Xeve, a terra da miña nai, son a terceira de 8 irmáns, a maior das mozas, a máis vella como me dicían de pequena. Sempre me gustou o deporte e estudei INEF en Madrid, estiven 34 anos no IES Valle Inclán impartindo Educación Física alí foi onde coñecín ao resto dos meus compañeiros que agora me acompañan neste proxecto. Decidín xubilarme para dar un novo rumbo á miña vida e levar a cabo este tipo de iniciativas como @devellabella ue pretende que o envellecemento activo convértase en embelecemento persoal e poder achegar a miña experiencia nesta etapa da vida.

Nós os maiores aínda temos moita guerra que dar, espero que este blogue motívevos a querer colaborar connosco.

Marsella

máis artigos

♥♥♥ síguenos ♥♥♥

Viaxe por España, 2ª parte por Manolo Gulias

Viaxe por España, 2ª parte por Manolo Gulias

Viaxe por España, 2ª parte

Manolo Gulías Márquez

VIAXE XULLO 2021 DE 9 DÍAS POR ESPAÑA (SEGUNDA PARTE)

 O domingo saímos de Zaragoza pola A-23 con rumbo a Teruel, pero coa idea de visitar antes a cidade de Albarracín e así o fixemos, antes de chegar a Teruel desviámonos pola A-2515 cara Cella e máis adiante, xa na estrada A-1512 pasamos por Gea de Albarracín ata chegar ó noso destino a iso das dez e cuarto da mañá. Hai dous bos aparcamentos na entrada de Albarracín, ó lado do río Guadalaviar, alí deixamos o coche e fomos por información á Oficina de Turismo que queda fronte ó aparcamento.

Albarracín é a entrada da serra do mesmo nome, unha zona montañosa case inaccesible, alí nacen os ríos Tajo, Júcar, o seu afluente Gabriel, o Gallo, o Guadalaviar que pasa pola cidade e logo vaise chamar Turia…

Pero o máis chamativo de Albarracín, sen contar as mansións señoriais, os seus castelos ou a catedral, son as intrincadas rúas adaptadas á difícil topografía do terreo.

Pincha no PDF da dereita para ler a viaxe completa

Albarracín
Teruel
Cuenca
Manolo Gulias Márquez

Manolo Gulias Márquez

Docente

Xosé Manuel Gulías Márquez naceu en Pontevedra en 1952, pero foi bautizado en Forcarei de onde eran seus pais. En 1983 aprobou as oposicións por ciencias logo fixo a especialidade de galego e daba as clases nesa lingua. O seu último destino levouno ao instituto onde estudou, é dicir ao Valle Inclán, non podía estar máis feliz xa que despois de case 20 anos non tivo que volver coller o coche. Neste instituto estivo 18 anos ata que con 65 xubilouse, porque xa tiña o tempo de servizo e xa tocaba. Colabora con nós relatando as súas viaxes.

Croacia

máis artigos

♥♥♥ síguenos ♥♥♥

Viaxe por España 1ª parte por Manolo Gulias

Viaxe por España 1ª parte por Manolo Gulias

Viaxe por España, 1ª parte

Manolo Gulías Márquez

RUTA PREVISTA E FEITA NO MES DE XULLO DO ANO 2021

 O mércores, día 7 de xullo de 2021, a iso das oito e media da mañá, saímos no coche con dirección a Santiago de Compostela. Dende Santiago, pola estrada que leva por Arzúa e Melide continuamos cara Lugo, e bordeando a cidade, continuamos ata Piedrafita do Cebreiro, que sería a nosa primeira parada. Encontramos unha néboa que non se vía un burro a tres pasos, pero aí polas once conseguimos chegar ás pallozas e á igrexa de Santa María. Había bastante xente, uns a pé e outros en bicicleta, facendo o Camiño de Santiago, co día que estaba non lles tivemos a menor envexa.

Son curiosas as pallozas coa planta ovalada, paredes baixas de pedra e tellado de palla, intúese que estaban preparadas para o frío e o mal tempo en xeral. Visitamos a que é museo etnográfico na que se ven as estancias onde convivían animais e persoas e logo fomos á igrexa prerrománica, do século IX, de santa María a Real.

Pincha no PDF da dereita para ler a viaxe completa

San Marcos
Zaragoza, el Pilar
León
Manolo Gulias Márquez

Manolo Gulias Márquez

Docente

Xosé Manuel Gulías Márquez naceu en Pontevedra en 1952, pero foi bautizado en Forcarei de onde eran seus pais. En 1983 aprobou as oposicións por ciencias logo fixo a especialidade de galego e daba as clases nesa lingua. O seu último destino levouno ao instituto onde estudou, é dicir ao Valle Inclán, non podía estar máis feliz xa que despois de case 20 anos non tivo que volver coller o coche. Neste instituto estivo 18 anos ata que con 65 xubilouse, porque xa tiña o tempo de servizo e xa tocaba. Colabora con nós relatando as súas viaxes.

Croacia

máis artigos

♥♥♥ síguenos ♥♥♥

Fin da viaxe aos EEUU, 3ª parte por Sara Valenzuela

Fin da viaxe aos EEUU, 3ª parte por Sara Valenzuela

Viaxe aos EEUU 3ª parte

Sara Valenzuela Viz

Fin da Viaxe: Thomson Springs, Rangely, Cheyenne, Denver, Houston.

Fin da viaxe. É o 11 de Xuño e dende Gramby viaxamos a Thomson Springs,

Un paseo moi interesante pero nun día infernal.

Pola tarde chegamos ao noso destino, unha vila pantasma, onde pasamos tres días Thompson Springs, casas abandonadas e algunhas casas móbiles espalladas; esta vez estivemos nun hotel, o único da zona “Hotel Desert Moon”, foi construído no ano 1936, é de de madeira, un antigo hotel de mineiros, e que hasta hoxe se mantivo practicamente igual, tiña 6 cuartos pequenos con lavabo e dous baños comúns para os diversos hóspedes. Ao lado do hotel un patio cuberto cheo de po, alí coñecemos a Sam e Lucy unha parella de moteiros duns 70 anos que estaban de camiño, ao día seguinte ían cara California pero sen destino nin programa, sen paradas previstas, levaban boa parte das súas vidas montados nas súas motos viaxando dun lado para o outro por todos os USA, tamén coñecemos a dúas rapazas que nos lembraron a Telma e a Louise, unha película da que se rodou parte nesta zona, pero coa que máis falamos foi  con Rebeca coa que coincidimos tres días no Desert Moon, cóntanos que está xubilada e que leva meses viaxando por EEUU, visitando parques naturais e pequenas cidades, vén de Arizona pero vai camiño de Santa Fe, a capital de Novo México, contounos que non ten residencia fixa, nin fogar, que naceu en Oregón e traballou en varios estados e que agora busca un lugar onde establecerse e ter un domicilio, ten  o seu coche e o seu can como únicas propiedades. Visita á súa filla e á súa neta cando pode ou cando lle pide axuda, xa que ten unha neta. Intercambiamos números de teléfono e a día de hoxe estamos en contacto.  Felicitámonos as vacacións de Nadal e fai uns días propuxémoslle colaborar con De vella a bella; ía camiño do Desert Moon onde pasará uns días e comprometeuse a enviarnos un texto con fotos contando as súas impresións e as súas viaxes dentro dun par de meses.

Saber máis

Arches
Canyonlands
Denver