Xulio Simón Rúa por Ana Santos Solla -devellabella-

Xulio Simón Rúa por Ana Santos Solla -devellabella-

Coñecín a Xulio no Culturgal do 2021, presentounos  Xulio Couxil, colaborador en Radio Cornellá do programa Sempre en Galicia, coñecín así unha emisora que falaba en galego en Barcelona e puña voz aos emigrantes galegos en Cataluña.

A historia de vida de hoxe é a de Xulio Simón Rúa

Xulio Simón Rúa naceu en 1956 nunha casa a carón da chamada Porta Falsa da muralla de Lugo. O seu avó paterno, Sergio, tiña alí unha taberna. No teito había uns ganchos onde colgaban os xamóns pero tamén cando alguén perdía tres partidas seguidas ao tute facían un boneco de papel e colgaban o do perdedor.  O seu avó levaba moi mal perder. Lembra con agarimo as historias arredor desa taberna que lle contaba e que logo apareceron publicadas no libro “Contos populares da provincia de Lugo”  do Colexio de Fingoi, onde traballaban daquela Carballo Calero e Bernardino Graña

xulio e a nai
Xulio coa súa nai

É fillo de Xulio Simón Casal e Dolores Rúa Rodríguez, ambos os dous mestres, ela dunha aldea de nome Rioxoán, situada entre o nacemento do Eo e o do Miño, no concello de Pol en Lugo e o pai de Vilamartín de Valdeorras. Ao quedaren as terras anegadas por un encoro,  a familia de seu pai viuse obrigada a emigrar a Lugo. Alí, na Escola de Maxisterio seu pai coñeceu a Dolores.

É o fillo maior de catro irmáns, dous varóns e dúas mulleres. Aínda que naceu en Lugo, criouse en Rioxoán, onde seus pais eran os mestres e vivían na casa dos avós maternos.

na praia
Na praia no colo de seu pai 1957
os 4 irmáns
Quico, Sela, Dolores e Xulio na praia
pais de Xulio
Voda dos pais

Lembra agora as verbas do seu profesor en Barcelona, Basilio Losada “ Que pobre é o home que non ten unha aldea na súa memoria”. El, grazas a tela na súa memoria, pode lembrarse dos carballos, freixos, castiñeiros…, hoxe substituídos por un inmenso eucaliptal.

Foi á escola dos seus pais cando estaban separadas as nenas dos nenos, pero eles acordaron dividir os cursos en función das idades, os pequenos para a nai e os grandes para o pai,  sen importar o sexo. Alí estivo ata os 9 anos.

Ao ir facer o ingreso ao Instituto de Lugo advertiulle seu pai: “Se che toca un profesor que se chama Alonso Montero podes falarlle en galego”, iso fíxolle pensar, que pasa con esta lingua que non pode falarse con calquera e quen é ese profesor co que si se pode falar?

Xulio e o autobus
Bus de liña, excursión da escola do pai
Xulio aldea
Escola de Rioxoan Xulio diante ano 1962

Empezou o bacharelato no instituto da cidade e quedaba na casa dos tíos ata que suprimiron a escola de Rioxoán e os pais foron para Lugo. Nalgunha ocasión deulle clase Alonso Montero de lingua e literatura e de vez en cando explicáballe cousas en galego. Dende 1962 Alonso xa era militante do PCE, sendo represaliado en varias ocasións.

Condicionado polo sitio e pola profesión dos pais decidiu facer Maxisterio, foi o primeiro curso en que a ensinanza foi mixta, menos en Educación Física. Decantouse pola especialidade de Ciencias Sociais. Cando estaba no último ano de carreira presentouse voluntario para facer a mili e así poder escoller destino. Fixo o campamento en Parga, Lugo e a mili na Coruña, onde o deixaban ir durmir á casa dos avós paternos. Estivo no cuartel de Intendencia preto da Torre de Hércules. Como non tiña destino, pasaba moitas horas acompañando aos da banda de música.

na mili 1976
Xulio en Lugo facendo a mili 1976

Dábanlle permiso para ir aos exames en Lugo e así rematou a carreira. Como tiña compañeiros que atoparan traballo de mestres en Barcelona, marchou para alí e tamén conseguiu traballo nunha escola pública, tendo que facer uns exames en catalán. Pasou por varios destinos vivindo preto de Cornellá, onde se constituíu a Asociación Rosalía de Castro. Alí cada ano convócase un certame de poesía co que colabora e tamén cun programa de radio na emisora municipal Radio Cornellá,  todos os sábados de 18 a 20 horas.

O seu primeiro destino foi nunha aldea, Casserres, na comarca do Berguedà, estaba na montaña e  corría o ano 1981 co golpe militar de Tejero. Daba clase a 4º de primaria, as fins de semana marchaba a Barcelona a casa duns amigos. Unha compañeira mestra regaloulle un seiscentos.

Casa de Corvite de Rioxoán
Casa de “Corvite” de Rioxoán
escola de rioxoan coa nai
Excursión coa escola de Rioxoan coa súa nai
con Avelino Pousa
 Xulio con Avelino Pousa Antelo.1962

Marchou despois a Sabadell ao colexio Joan Maragall, un barrio moi conflitivo e con moita emigración. Nestes momentos xa vivía en Cornellá con dous compañeiros de León. Daba cursos máis altos 7º e 8º de EXB; tamén alí estivo 1 ano. Obrigado a concursar todos os anos, o seguinte destino foi Sant Boi de Llobregat no colexio “Ciutat Cooperativa” que estaba pegado ao Psiquiátrico; era fácil ver aos internos en pixama andar polas rúas, tiñan un réxime moi laso.  Ás veces ía cos alumnos ao teatro e a facer algunhas actividades a ese centro.

Nesa escola estaban 4 mestres de Lugo e alí pasou tres ou catro anos ata que aprobou as oposicións.  O seu destino definitivo foi Viladecáns onde estivo dous anos.

Estando neste destino soubo que había na Universidade Central de Barcelona un Departamento de Galaico Portugués que dirixía o profesor Basilio Losada e matriculouse en Filoloxía. Convalidáronlle dous anos e entrou xa en terceiro. Tamén fixo a especialidade de Educación física en Barcelona.

Seguía colaborando con radio Cornellá todos os sábados.

Xulio en Barcelona
coche de xulio

Nesa época empezouse a correr a voz de que ía ser difícil cambiar de comunidade e pediu a zona do Salnés para volver a Galicia. Déronlle Dena e quedou moi feliz pensando na praia e o bo tempo… ata que chegou o inverno…, cando puido pediu unha licenza de estudos para marchar a París durante un ano, alí estivo no “Colexio España” no Boulevard Jourdan. O Colexio de España en París, fundado en abril de 1935, é unha institución dependente da Secretaría xeral de Universidades do Ministerio de Universidades de España. A súa función é difundir a ciencia, a arte e a cultura española e fomentar os intercambios internacionais.

Volveu antes de rematar o ano por que a súa nai enfermou, tivo que presentar un traballo da súa estadía e volveu ao colexio de Dena.

Esta non foi a súa primeira incursión en París, lembra que con 21 anos fora nun Ford Fiesta cun amigo e levaban anotado un teléfono dun coñecido; cando chamaban saltaba o contestador e unha voz dicíalles algo que non entendían, durmiron no coche varios días comendo o xamón que levaban ata que un día coñeceron un portugués que lles dixo que a mensaxe que oian no teléfono era que mudara o número e dábanlle o novo. Por fin conseguiron ir á casa do coñecido da familia.

Aquí sábese ben o pouco que vale un home” deixou escrito Novoneyra.

Xulio Simón Rúa

Cos compañeiros de Dena fixo algunhas viaxes, tamén coa sua muller a Goa, Costa Rica, Uganda, California…

Coñeceu a súa muller, Atala, en Lugo,  ela traballaba en FP, trasladouse a Cambados e xa comezaron a vida xuntos. Teñen unha filla, Sabela, de 25 anos que é logopeda en Marín.

Atala
Atala en Oporto
Xulio e Sabela
Sabela Simón coa cadela Meiga
Xulio e a sua filla
 Xulio coa súa filla Sabela

En Dena deu clase de Educación física ata a súa xubilación no ano 2017. Xubilouse porque tiña moitas cousas que quería facer.

Con amigos percorreu media Europa en bicicleta: cada ano, durante 15 días elixían un país e facían sobre 1000 km; voaban ata o país e logo facían de 90 a 100 km diarios.  Así percorreu Irlanda, Eslovenia, Austria, Holanda, Dinamarca, Escocia, o Camiño Francés desde a fronteira gala…. Escribiu un libro“Os mosteiros de Galicia en bicicleta de montaña”  con Carlos Dopazo, editado por Xerais no ano 1998

Xulio Simón
Xulio en Austria
mosteiros de Galiza
Equipo da Xulipedia en Ponte da Lima 2022
Equipo da Xulipedia en Ponte da Lima 2022 .Francisco Becerra, Luis Losada e Javier Prado, abaixo Tono Barros, Xulio e Laura Goldar

A Xulipedia, pensa que debeu nacer cando colaboraba en Radio Cornellá e procuraba relacionar feitos da literatura galega coa portuguesa e a catalá. Era unha cousa sinxela que pouco a pouco foi medrando. As fontes eran os libros xa que internet non existía.

É un anuario cultural que comeza en 1851 cando naceu Curros Enriquez e remata en 2004 cando morre Manuel María e Luisa Villalta.

No ano 2007 ofrécella aos xornais e asociacións e non lle fixeron moito caso así que parou e limitouse a completala.

Gústalle ler pero agora sobre todo lectura epistolar e cousas relacionadas coa Xulipedia, unha wiki á que lle dedicou infinidade de horas; nestes momentos está a ler a correspondencia de Castelao.

Gústalle a cetrería, ten unha aguia de Harris de 6 anos, unha das rapaces mais intelixentes, ten un sitio para gardala pero case sempre a deixa solta e volve pola noite para comer na casa. Chámase Merlín.

Toca un pouco a guitarra e vai desde hai uns meses á asociación a Pedreira a cantos de taberna.

Xulio e Merlín
Con Merlín a súa aguia de harris

Dúas das súas películas preferidas son Blade runner e Cowboy de medianoite. Non ten redes sociais nin tempo para elas, tampouco interese.

Ten unha horta ecolóxica e autosuficiente e vive nun sitio privilexiado vendo a ría en toda a súa extensión, en Combarro, moi pretiño de Pontevedra; unha vila que a pesar do turismo conserva a esencia de vila mariñeira, coa súa arquitectura do pan (hórreos), do mar (peiraos, ramplas) e a relixiosa (cruceiros, igrexas). Non é difícil velo tomando unha caña no Tinta Negra. Un dos seus lugares preferidos é a montaña do Courel. “Aquí sábese ben o pouco que vale un home” deixou escrito Novoneyra.

Xulio e Alonso Montero
Xulio con Alonso Montero
Neira Vilas
Xulio con Neira Vilas e Sabela

O seu desexo é que a súa obra sexa recoñecida, que se difunda e sexa de utilidade. Pero non é de soños importantes;  como escribiu Rosalía “Tembra cando no mundo sintas unha dicha imensa: val máis que a túa vida corra cal corre a iauga serena”.

Xulio é un home moi ocupado, como algúns dos que xa nos xubilamos, ten citas importantes ás que acudir, un horto que regar e moitos libros que ler e sobre todo moitas ganas de que a xulipedia sexa unha ferramenta de consulta útil para moita xente.

Xulio Simón
Ana Santos Solla

Ana Santos Solla

Profesora de E.F.

Son Ana Santos, nacín en Pontevedra no ano 1960, a miña infancia estivo moi ligada a Santa María de Xeve, a terra da miña nai, son a terceira de 8 irmáns, a maior das mozas, a máis vella como me dicían de pequena. Sempre me gustou o deporte e estudei INEF en Madrid, estiven 34 anos no IES Valle Inclán impartindo Educación Física alí foi onde coñecín ao resto dos meus compañeiros que agora me acompañan neste proxecto. Decidín xubilarme para dar un novo rumbo á miña vida e levar a cabo este tipo de iniciativas como @devellabella ue pretende que o envellecemento activo convértase en embelecemento persoal e poder achegar a miña experiencia nesta etapa da vida.

Nós os maiores aínda temos moita guerra que dar, espero que este blogue motívevos a querer colaborar connosco.

máis artigos

♥♥♥ síguenos ♥♥♥

Guillermo Campos Piñón por Ana Santos -devellabella-

Guillermo Campos Piñón por Ana Santos -devellabella-

Coñecín a Guillermo na cafetería “Blanco y negro” de Pontevedra, presentóunos Xaime Toxo, alí habitualmente toma o café cos amigos pola mañá.

A historia de vida de hoxe é a de Guillermo Campos Piñón.

Guillermo Campos Piñón naceu o 1 de febreiro de 1945 en Cotobade, fillo de Benito Campos García de Viascón (mestre nacional e emprendedor, desde radiotécnico a axente comercial), e de Argentina Piñón Maceira de Xesteira (Almofrei) tamén no mesmo Cotobade, de familia comerciante, posuían un ultramarinos  e “de todo”), referente nunha ampla bisbarra coñecido como a dos Piñón. Ou “os da Tenda” máis localmente.

A historia dos seus bisavós e avós maternos é en si moi peculiar, foron os antigos fundadores do comercio, que non tiveran descendencia directa, os que propiciaron o encontro -as redes sociais de antes- entre senllos sobriños. Así acabaron casando Filomena Maceira Torres, que era de Rubín (A Estrada), e Guillermo Piñón Martínez, que serían os avós do noso entrevistado, continuadores do negocio familiar sen renunciar a un paso pola emigración a Salta (República Arxentina) do varón. Morreu novo, con 50 anos -este neto débelle seu nome, na súa memoria- deixando seis fillos, cinco varóns e a púbere Arxentina Cándida, segunda dos irmáns, continuadora co irmán maior do negocio familiar (o seguinte instalaríase en Borela), o resto profesionais ou empregados.

Guillermo 1

Benito e Arxentina, instalados na casa familiar na Xesteira, tiveron 3 fillos, aínda que a máis vella morreu pouco despois de nacer, inmediatamente viría Guillermo e aos catro anos Benito, Nito para os amigos. Os pais tiveron tamén  unha longa  vida, de amor e entrega, desenvolvida na contorna orixinal cotobadesa salvo algún destino inicial máis afastado,  e súa relación de proximidade coa achegada capital da provincia.

 Guillermo estudou os primeiros anos na escola do seu pai en Loureiro, alí estivo ata andados os 9 anos, cando o  matricularon para iniciar o bacharelato no colexio dos PP Paules en Marín, en réxime de internado. Iso supuxo un cambio emocionalmente traumático: volvía a casa só nas vacacións, agás algún domingo sinalado, cando seu pai, que tiña moto, convertía  a visita festiva para comer fóra do colexio, nunha entrañable “fuga” ata a aldea. Apenas catro ou cinco horas fóra da gaiola entre  ida, xantar caseiro,  e volta. Aquel sacrificio paterno inda o emociona sete décadas despois…

Guillermo na poza
Na poza do Couto 1952
Guillermo nos paules 1954
Guillermo nos pais Paules en setembro de 1954

Tivo a sorte de vivir a vida rural creativa e  intensamente -como desde a xuventude, a urbana- nunha familia relativamente acomodada en tempos de ditadura e autarquía, pero con tenda na casa,  sen máis mágoas que as propias da opresión política e nacional-católica, que se levaron con cautela e respecto: combinábase baixo aquel teito,  a autóritas do docente, con exemplaridade e rectitude o practicismo comercial e servizos  complementarios (correos, teléfono –o público veu despois, pero habíao na casa por mor de seren vixiantes da liña  eléctrica de Fenosa- punto de recollida do leite, entre outros) e os labores agropecuarios domésticos de relativo peso comparativo: creación do curral, cultivos de horta, cereal, etc, ata media ducia de vacas e algún outro rumiante menor..,  para o que se axudaban dun criado, sobre o que pivotaba o principal das tarefas externas, máis algunha xornaleira nos picos do traballo da terra. Tivo como modelo unha familia convencional pequeno burguesa e rural de mediados dos cincuenta do século pasado, numerosa, seria, honrada, laboriosa, solidaria, con formación e principios.

Na casa comíase máis ca ben para aqueles tempos, a “despensa” doméstica puña ao alcance da dieta diaria complementos máis alá  do autoconsumo aldeán, de xeito que bocados excepcionais como a carne fresca festiva, ou as pescadas e ollomoles das celebracións sinaladas, alternaban cos da despensa autóctona ou ata  exóticos como o chiculate habitual nas merendas ou moi reservado para minorías turrón navideño, as galletas ou o marmelo. Na mesa diaria marcaba as secuencias a estacionalidade: o que daba “a casa” máis xurelos, sardiñas, rapantes, fanecas, marucas, cariocas, bacallau, etc., etc., algunha vez ata vieiras,  que “subían” desde Marín nas súas burras, as peixeiras das pertas Bora e Mourente ou Xeve…. Viu cambiar máis dunha vez  vieiras por pan de millo, aquela dualidade caseira daba oportunidades exclusivas para acceder a novos productos no mercado, foi dos primeiros da súa xeración en probar a foránea Pepsi Cola… Impactos e referencias que asentaron na memoria culinaria,  e despertaron o aprecio pola diversidade alimentaria daquel cativo aberto a toda novidade que se movera.

 A nai de Guillermo, Arxentina Piñón, foi moi boa cociñeira, manexou ata gastalo o Picadillo, recetario  que lle legou e que hoxe constitue unha das xoias da súa respectable biblioteca gastro. “Bordaba” os peixes grandes e o vacun ao forno, o carneiro, as cremas e outras larpeiradas legadas na tal  “La Cocina Práctica”, a “biblia”da culinaria galega… A “cultura do viño”, veulle polas orixes e coñecementos do pai e do avó paterno, cuxo berce en Viascón acabaría herdando. Á casa do Valiño, onde vivía o avó,  levábao Benito con certa frecuencia, alí devecía pola abundancia de froitas (que Satiro gardaba para o neto, nunca faltaban grandes mazás ben conservadas), aprendeu o ininterrumpido ciclo da viña (cultivo insignia no predio na matriz dos Campos, onde se alternara o traballo agropecuario co de obra civil a pequena escala, e observou os propios ritos do viño, como nexo de amizade, celebracións e xenerosidade… Entre este legado hedonista de Viascón  e o austero que deixara a avoa materna Filomena na Xesteira, forxáranse sen sabelo, non só as querencias, tamén a vocación e a praxe daquel neno que vinte anos despois entregouse ao estudo, coñecemento, práctica e divulgación do feito e da cultura gastronómica, a súa circunstancia e entorno xeográfico.

Guillermo Campos estivo nos Paules ata os 12 anos, odiaba a falta de liberdade, sufría moito cada vez que tiña que volver ao colexio logo dunhas vacacións, a palabra era “desgarro”. Apesar de todo, integrouse, aqueles paseos semanais pola vila e praias marinenses proporcionáronlle outras miradas enriquecedoras, ten lembranzas positivas tanto externas como académicas: do  padre Eguren (un “maestro” filósofo co que non perdeu relación, ata o punto de que anos máis tarde acabaría oficiando a voda en Loureiro), os padres Velayos (repartidor de material escolar) ou Marcos (repartidor de coscorróns), negativo do pai Rodrigo, un auténtico maltratador de alumnos: pegaba con vara, que debía ser de buxo pola dureza, coma se mazara o liño.., “aperturista” do P. Francisco Carballo, décadas despois destacado militante do BNG. Non lembra de ningun caso de agresión de tipo sexual.

Guillermo e o futbol
Con 12 anos. Xogar ao fútbol é outra das súas paixóns

As materias que máis lle gustaban sempre foron a literatura, a xeografía e a historia; nonf entendía as matemáticas e iso frustábao, tardou moito tempo en comprendelas… “e cando as entendeu,  xa era tarde para dedicarlles tempo”, porque a xeometría tamén lle atraía. Certo cartesianismo, aplicado para o si ou para ou non, aos conceptos de maquetación e concepción da comunicación a través das páxinas xornalísiticas, andarian xestándose tamén por aquelas experiencias, como logo veremos.

 No verán en que tocaba afrontar  o terceiro curso de bacharelato, comentoulle ao pai que non aguantaba outro ano de internado, a gaiola  impedíalle voar, e as alas púberes  de Guillermo seguían devecendo  por espazos abertos. Pediulle ao seu pai que o cambiara de colexio. 

Acabou matriculándoo no Inmaculada Concepción de Pontevedra, un colexio segrar e libre  (“devecía por unha formacion civil, pero agás con don Francisco Cerviño, non atopei o que buscaba”) que  presumía de controlar ferreamente os alumnos que “se distraían”. Así que na negociaciòn co fillo en  “idade do perú”, unha cousa pola outra: gañou deixando lonxe o internado, cedeu no control docente; pasando a vivir, en vez de en pensión estudiantil, a unha casa de familia que acollía xente de ben (por certo, eran os avós do hoxe colega no Diario  Rodrigo Cota, na rúa Altamira 4 de Pontevedra). Testemuña visual da violencia de “aquel don Angel” teórico xefe de estudos, mais frouxamente secundada por  “aquel don Blas”,  director, practicantes dunha metodoloxía marcada polo principio de  a letra con sangre entra”, levada a extremos de sufrimento e medo (“non te librabas, inda que eu fun zafando…”), que chegaron a afastar a mozos dos estudos.

Guillermo, guitarra
 Guillermo con 16 anos

Alí rematou o bacharelato. Gustáballe xa a comunicación seu soño principal era ser xornalista pero daquela, as opcións que tiña eran ir a Madrid, destino preferido, ou a Zaragoza, onde había Escuela de Periodismo cunha residencia para fillos de mestres, así  era economicamente posible. Pero non era ese o destino devecido, de xeito que, moi arraigado en Pontevedra desde os 13 anos, tendo a docencia no segundo nivel vocacional,  optou por iniciar a carreira de Maxisterio (despediu a vella edificación de entrepanos de ladrillo vermello da Avenida de M. Ríos, e rematou no novo da avenida de Bos Aires), mantendo o proxecto de matricularse por libre en Xornalismo en Madrid, que dirixiu un pontevedrés, Manuel Blanco Tobío, nado en  Lérez.

non entendía as matemáticas e iso o frustraba, tardou moito tempo en comprendelas… ”.

Guillermo Campos Piñón

 Por medio un anecdótico módulo de electricidade na Maestría Industrial da actual Rúa do Rouco, rozando a maioría de idade xa comezaba a dar os seus primeiros pasos no xornalismo, pronto se encargou da corresponsalía no seu Cotobade natal para o Diario de Pontevedra, esporádicos comentarios ao socairo da actualidade, o costumismo de raiz etnográfica (os froitos, as comidas e os labores do campo e do mar, as celebracións festivas e romeiras, vamos, os recursos e produtos turísticos que dicimos hoxe, outros vestixios que apuntaban maneiras e  que acabarían configurando profesionalmente a este divulgador, proclamado en 2020 (edición de setembro de Tapas, cos “Forbes” gastronómicos), entre os 35 críticos e comunicadores gastro  máis influentes de España, o único en Galicia.

promoción da escola de maxisterio 1962
Promoción da escola de Maxisterio co profesor D. José Araujo. Entre outros, Antonio Soto (Éste si que foi a xornalistas a Madrid, diante abrazado por Valiño), Ignacio Valiño(con lentes de sol), Couceiro(Agachado), Guillermo (detrás de Valiño, a dereita do profesor) 1962

É un tempo de´pescudas  e  búsquedas no que vai sumando experiencias: docencias particulares puntuais, tal que as inherentes á carreira, as prácticas formativas que fixo na Casa Tutelar de Menores de Pontevedra. Sempre se entregou con paixón ás súas responsabilidades, ata nas provisorias; así,  nesta institución dependente do Tribunal Tutelar de Menores, como axudante do entón director Manuel Filgueira González (curmán do vello profesor) foille aprobado un procedimento mediante o que, en función do bon comportamento xeral e de aproveitamento na aula, o interno era incentivado con días de vacacións en familia por Nadal (antes inexistentes). Foi unha experiencia inédita nos reformatorios da época, que contribúe á socialización de rapaces  marxinais, despertou interese polo estudo e a integración familiar, e no grupo, para o que se serviu tamén da práctica participativa do fútbol, unha pasión persoal, chegou a probar no Marín C.F., puideron os estudos. Tamén na Tutelar agromou a vea comunicadora, aproveitando as gardas por visitas dominicais para facer unha folla ocasional, con aqueles pregos de papel de barba convertidos en edición artesá para a vida interna. Non conserva ningún exemplar –que escribía a máquina, alí aproveitou o maxisterio mecanográfico de Manolo Castejón, administrativo do Tribunal, católico practicante e persoa amiga- daquelas primeiras ocorrencias convertendo en impactos as vivencias do propio centro…

Viría depois, coa “mili” no horizonte interruptor da planificación persoal, a etapa entre o antes e o despois, cos primeiros vaivéns laborais. Collerían peso os traballos administrativos (moi breve no sector privado) de longo percorrido na Delegación provincial de Educación, (o primeiro como “auxiliar temporero” do Patronato de Igualdad de Oportunidades, as famosas becas do PIO), na que acabaría sendo funcionario de carreira, por oposición aberta. Aquela mesma querencia polo medio rural e as súas riquezas lévao a publicar na revista Alforja, que editaba o que despois se chamaría Iryda (Ministerio de Agricultura), por traballos de apoio as concentracións parcelarias e demais accións dirixidas á modernización do campo; daquela era director provincial do servizo Manuel Baena Farriols, unha voz pública que desde a súa pulcra estoicidade como alto funcionario técnico, alentoulle aquela vertente xornalística. Tanto así, que chegou a presentarse a unhas oposicións ao corpo de Extensión Agraria, a nivel estatal en Madrid, sen acadar praza, pero sí coñecementos que reforzaron o seu posicionamento como divulgador especializado. Nese contexto coñece tamén a Mario Orjales, un dos pais do PSG con quen se sentiu identificado. Segue sendo un “pexego” sentimental…

 Trúfanse, pois, os longos meses do servizo militar, que ten a sorte de cumprir ao completo no cuartel de Artillería,  da súa irrenunciable Pontevedra. Coincidiu que pecharon o cuartel de Parga, Lugo (temido polo clima, onde os reclutas galegos pasaban o periodo iniciatico de instrución) pero o Exército de Terra non puido inaugurar a tempo as flamantes instalacións de Figueirido que o substituían, de maneira que aquela promoción fixo o campamento e o servizo propiamente dito, na “confortbiilidade” dun acuartelamento urbano, en Campolongo. “Celebrámolo, fora a alma civil, os do reemprazo de 1966”.

Por aquela segunda década da segunda metade do século XX, a sección “Bocetos”, un comentario ao socairo dos acontecementos do país, acabaría tendo unha certa presenza no Diario de Pontevedra, en colaboracions frecuentes nos anos inmediatamente anteriores en forma de enquisas urbanas ou coberturas puntuais de actos, xeralmente sen firma, ata que en maio de 1969 entra na plantilla do periódico como redactor de Local, substituíndo a un veterano, Avelino García Sprinter, “fichado” por La Voz de Galicia para inaugurar a súa delegación en Pontevedra. Estreouse,  só ante o perigo, na “ponte” de Corpus.

Guillermo no Diario
Na redacción do Diario de Pontevedra 1969

Aquel primeiro contrato significou un cambio xeodésico persoal, definitivo. A consolidación do profesional  como primeiro factor de peso, a oportunidade de desenvolver iniciativas e exercicio totalmente profesionalizado do xornalismo, no marco dun entorno social co que se sentía comprometido o mozo Guillermo, pero tamén, coa práctica e aceptación de empresa e lectores, traduciuse na postergación da carreira en Madrid. Descubriu que a titulación académica que tiña era base suficiente, para sumar  a experiencia dunha redacción, máis  un amplo abano de lecturas metodoloxicamente escollidas –materias troncais de xornalismo, ensaio, divulgación, literatura especializada- permitían profundizar na temática de traballo e abondaban para encarrilar os recursos e facultades comunicativas que atesouraba, de xeito que mudou o marco formalmente académico pola auto-formación selectiva a través de cultura inmaterial e demais recursos formativos  alimentadores dun empirismo practicado e avaliado pola sociedade. Aqueles cinco anos na redacción do Diario foron unha escola de vida e unha reválida cotiá sobre as posiilidades propias na profesión, con entrañables compañeiros e mestres como Amador Larriba, á sazón secretario da cooperativa e xefe de Deportes (“meu valedor” á hora da selección contratual, gran persoa), a cultura do “mestre” Manolo Cuña Novás e a súa achega ao coñecemento, ata as excentricidades de Pedro Rivas, ocorrente titulador e crítico mordaz, enriqueceron a bagaxe daquel entusiasta  reporteiro e escrutador da cidade e a súa circunstancia.

Presenza física de tarde, con saídas,  na redacción, desde as 4 ata que as planas saían camiño da rotativa máis dun cuarto de xornada despois..: sucesos (esperábase a última hora do día), política, cultura e lecer, sociedade (a reportaxe, a entrevista, os impactos do día…), cubría de xeito cotián concello e goberno civil, a política da época, campo no que acertou a anticipar -a veces “ocultas” en acrósticos ou no famoso “entre liñas”- novas confirmadas posteriormente.

Festa dos periodistas 1970
Festa dos periodistas 1970: Aldamiz Echevarria, Ricardo Gª-Borregón, Rodríguez Fraiz (cura), pai de Pio Cabanillas, Benigno de la Torre, Amador Darriba, Guillermo, Emilio de la Torre, Piruco Estévez, Pedro Rivas, jose Luis Adrio, Tito Ageitos, Balbino Fuentes Mora, Sprinter, Luis Portas, Nando, entre outros

Asentado no oficio, incorporadas colaboracións fixas e diarias  como comentarista no informativo provincial de Radio Pontevedra –don José e Jorge Hermida como directores en sucesión,  e Fuentes Mora como xefe de programación e creador do “novidoso” informativo  Contra reloj- Guillermo decidiu casar, pouco antes  dos 25 anos, pasando a asentarse definitivamente na capital, no barrio de San Antoniño que entonces agromaba a partir de catro casas de vello, entre elas a súa vella pensión). Na rúa Casimiro Gómez criaron os tres fillos, Guillermo Ernesto (actual veterinario de Poio), Teresa del Rosario (procuradora dos tribunais en Madrid) e María (titulada en Empresariais especializada en marketing de idiomas, continuadora da empresa familiar de edición e comunicación). Casou con Sita (Teresa) Fraguas Barros, a quen coñecera como alumna do seu pai en Cotobade, en Nadal de 1969. Cando accedeu ao parvulario a máis nova das pequenas, Sita incorporouse ao traballo administrativo na secretaría do primeiro instituto da Xunqueira, despois traballou na do Sánchez Cantón, e finalmente xubilouse no Edificio Administrativo de Campolongo.

 Diante das novas responsabilidades, e diante da precariedade do traballo na cidade, con só dous medios de comunicación con plantillas reducidas, decidiu facer (“apuntalamento de independencia persoal”) unhas oposicións á Administración Civil do Estado, que apuntaban modernización despois da “longa noite de pedra”. No temario había moita materia que coñecía de maior ou menor perfil por mor daquela curiosidade innata practicada na primeira xuventude: as 250 pulsacións por minuto que esixían en mecanografía eran cousa de apretar no adestramento,de procedemento administrativo non sabía nada pero si do funcionamento das oficinas (civís e militares); da complicada administración do estado, estaba posicionado tanto que o seu campo de traballo no Diario repartíase entre o goberno civil, deputación, concellos, delegacións ministeriais e de xustiza, etc… Preparouna en dous meses. Superou a oposición, pero por unha praza máis en Galicia a flamante familia  non puido evitar ter que elixir Oviedo, en xaneiro de 1972, cidade e compañeiros acolledores.

Faro no 1979
Compañeiros do Faro de Vigo e prensa viguesa en 1979. Entre outros Arnesto(de vermello) Joaquin Rollán, Viqueira, Guillermo(con barba), Rodrigo Varela..

En abril está de volta. Casualidades favorables (un cometido aprendido naquel destino que había que crear en Pontevedra) fixeron que  en 3 meses volvera a cidade da súa paixón en comisión de servizos, e funcións de xefe de negociado: tivo a honra de asesorar na provincia as concentracións escolares do ensino privado, un traballo paciente de agrupamento atomizado en pequenas escolas domésticas xunto aos colexios relixiosos e segrares), ademais da distribución de equipamento aos flamantes pero escuálidos  colexios públicos nos que se implantaba a EXB. Xornada matinal na delegación de Educación á fronte da tal  unidade de centros, emanada da dignificante  Lei Xeral de Educación de 1970”. O seu traballo na delegación encheuno de satisfaccións xa que daba apoio social e resolvía os problemas da xente, tocaba aplicar a lei de Villar PalasíA Educación Xeral Básica será obrigatoria e gratuíta para todos os españois. Quen non prosigan os seus estudos en niveis educativos superiores, recibirán, tamén obrigatoria e gratuitamente, unha formación profesional do primeiro grao” foi a gran revolución do ensino en España. Salváronse así, centos de iniciativas “domésticas”na provincia.

A volta a Pontevedra, implica unha reorganízación, xa posicionado nun presente no que o pluriemprego formaba parte da perspectiva habitual, e cun futuro que se abría a dúas actividades troncais, e a multiplicadas ofertas de colaboracións esóxenas e endóxenas. Pero non volve ao Diario de Pontevedra. Unha oferta mellor de La Voz de Galicia, os brazos abertos do entón delegado José Luis Adrio e a impronta xornalística entón establecida polo inesquecible director don Francisco Pillado Rivadulla, representan un acicate para un xornalista con miras profesionais. 

Cidade de Pontevedra
Queizán e Peláez Casalderrey entregándolle o premio e diploma de honra de Pontevedra, anos 80. Do Concello e da Deputación.

Contrato por un ano, cese do director no ínterim, aires de mudanza e liña editorial, de xeito que un posicionamento ideolóxico persoal nun acto público –moito tivo que ver, unha fugaz corresponsalía de El Pueblo Gallego, transformado pretendidamente os anobados Medios de Comunicación do Estado, pero ainda dirixido por un fascista-  abortou a continuidade na Voz. A súa participación fundacional en Teima, inesquecible revista política promovida polo socialismo e nacionalismo galego, marcaron demasiado o seu compromiso co país, ao que non renunciou despois desde posicións galeguistas e socialdemócratas…

Continuaron e chegaron  nunha breve transición colaboracións fixas, ademais de en Radio Pontevedra (hai quen lembra hoxe en día a glosa En cuatro palabras– publica un comentario diario en  Faro de Vigo – entón dirixido por don Manuel Santaella, que acababa de suceder a Cunqueiro- achegando o comentario de actualidade sobre as informacións que elaboraban os De la Torre, o vello Benigno e seu filllo Emilio. Paralelamente a súa primeira etapa como corresponsal de El Correo Gallego, e atende a crónica de actualidade diaria desde a capital da provincia para Radio Popular de Vigo –entón facho progresista e galeguista- da que é corresponsal durante 25 anos. E chega, coa década dos oitenta,  a segunda grande oferta profesional como xornalista: incorporarse á plantilla do Faro, nun proceso adiantado de reforzamento da delegación de Pontevedra sendo xa director outro grande colega, X. F. Armesto Faginas. Leva, principalmente,  a crónica laboral e a deputación –marcando un fito, xunto co delegado de La Voz López Torre: “abriran plantándose alí” a información presencial, antes só comunicados oficiais sen taquígrafos herdados do dominio Antonio Puig).

 Guillermo atesouraba por aqueles anos un posicionamento respectable como xornalista de alcance e primeira referencia como especialista en gastronomía, era “el gallego” no contexto do “gremio” español.  Coñece nos setenta avanzados a Paco López Canís  quen  transfiormara en Madrid unha revista de automovilismo nunha de gastronomía e viaxes, así naceu Club del gourmet.,revista decana de prensa especializada en España, e á vez nai da primeira das guías de España: a Gourmetour, orientación e crítica gastro máis influente naquelas décadas ca Michelín. Propuxéronlle colaborar, e viu oportunidade para o mexillón nun momento en que agromaban as primeiras noticias sobre a toxina, os mexilloeiros pedíranlle axuda a Campos, e este aproveitou para centrar o problema de consumo a nivel nacional. Pagáronlle por aquel informe máis ca unha semana de traballo. Lembra con frecuencia aquela viñeta de Castelao que marcou a súa conduta; a dos namorados ao pé do cruceiro, cando ela pregunta: “Manoliño…¿e se fora rica, habíasme de querer máis?, e respóndelle o mozo: “non che teño por que querer menos”…

En 1985, asentado na delegación do Faro de Vigo como segundo responsable, prodúcese unha inédita e imprevisible folga de médicos no Hospital Provincial.  Un conflito de elites co mozo Mariano Rajoy de Presidente da Deputación que tutelaba o centro. Asunto informativamente delicado pola entidade dos protagonistas, as relacións político-empresariais entre os  medios e o ente, agravado pola dureza posicional e verbal adoptada polo colectivo en reivindicación. Os comunicados eran durísimos, incluso con delicadas alusións persoais, ata o punto de que o noso redactor optou por gardar todos os pronunciamentos dos galenos, subraiando os parágrafos publicados e os que semellaban alusións estritamente persoais. Menos mal porque o seu traballo foi posto en tea de xuízo dende a presidencia institucional e o seu centro de traballo; comunicáralle verbalmente  o despido. Non se produciu porque o director X.F.Armesto, coñecedor da documentación atesourada, defendeu o “impecable traballo xornalístico do redactor” diante do conselleiro delegado, don Javier Vázquez Sánchez-Puga, cunha cabaleirosa resolución: non só a continuidade como redactor (non a cobertura que atinxe á deputación), mais si a súa promoción interna que se traduciu no nomeamento de coordinador do nacente suplemento ConSumo gusto.  Mantívose semanalmente dous anos ata que o comprou o xornal Prensa Ibérica, que decidiu suprimilo, se ben lle ofreceu a Guillermo ascendelo a delegado en Pontevedra.

  Rexeitou a oferta. A crise laboral co Faro resolveuse, e aceptou a oferta de Jose Manuel Rey Nóvoa  director de  El Correo Galego para abrir con  el a delegación en Pontevedra, á fronte da que permanecería 23 anos. Para o novo destino levou a cabeceira ConSunmo gusto, Galicia por diante… as plasmación da bagaxe hedonista de Galicia para gozar do país con propostas para  unha fin de semana, desde as festas gastronómicas e báquicas, acontecementos costumistas ou históricos, a súa relación etnográfica, a alimentación como cultura, ata as  demais peculiaridades comarcais do coñecemento e o lecer. Saía os venres, nel colaboraron grandes firmas, a primeira a do seu mestre na literatura e coñecemento gastro D. Antonio Odriozola, ao que lle creou unha peña de amigos, inda en vida do recordado polígrafo, o seu mestre literario (e compañeiro de músicas sinfónicas).

premio xerais
Cea profesional nos premios xerais con Arnesto Fajines 1988
Pregoeiro do entroido Pontevedra
Pregoeiro no entroido pontevedrés 1989
cabaleiro 1990
Cabaleiro do vinho de Porto, anos 90 co doutor Olaizabal (presidente do Instituto do Vinho do Porto) o chef Rivera e Joao Guterres comenciante de vinhos

Este suplemento foi unha semente. Entrado  o goberno tripartito con González Laxe á fronte da Xunta de Galicia, o docende e a sazón director xeral de Consumo, o vigués  Jose Mª García Picher,  quéreo fichar para o seu equipo, na ansia por desenvolver conciencia de discernimento consumista entre os escolares. Coñecíanse, un  como director escolar ou político, outro como funcionario administrativo, pero para o caso, pola concepción divulgativa da temática no Faro de Vigo. A negociación, rexeitada por Guillermo a opción política, resólvese na vía administrtiva, mediante un convenio entre ámbalas dúas consellerías (Educación e Industria) polo que a primeira “achega o funcionario idóneo” en  comisión de servizos e a segunda pon os medios para desenvolver o que se chamou  Programa de Formación do Consumidor na Escola Galega; á fronte o noso comunicador especializado, e un pequeno equipo solvente e  interdisciplinar, destinado a concienciar ao estamento docente na conveniencia de introducir conceptos de consumo discerniente para o alumnado, especial subliñado na atención ao etiquetado e a nutrición equilibrada. O obxectivo de saída era que en cada centro houbera un profesor motivado por  esta temática e introducila na transversalidade académica. Vaia visionarios!.

 O Programa interrompeuse ao gañar as eleccións Manuel Fraga quen nomea un novo director do ramo pero xunguindo Comercio e Consumo, o lugués Francisco García-Bobadilla Prósper. Campos pon o “seu” Programa a disposición do novo director xeral, disposto a volver á súa praza ´auxiliar en Educación, nunca volvería xa…. O Programa queda en espera permanente (á fin no esquecemento), pero Paco Bobadilla ofrécelle outro xeito de chegar á sociedade coas inquedanzas consumistas, e ofrécelle que dirixa desde a súa comisión de servizos, unha revista que chegue, oriente e incentive o movemento asociativo e a concienciación en asuntos do consumo da sociedade galega. Así nace Cosumidores, que se mantén durante toda a primeira lexislatura conservadora.

 Eran tempos de construír un país e no eido de consumo a actividade promovida pola revista e as súas dinámicas “revolucionan” e axudan a crear un corpus social, traducido na organización do primeiro congreso galego de Consumo, a súa colaboración para o internacional de Lille (Francia) ata a integración da internacionalmente novidosa estrutura da transfronteiriza Axencia Galego-Portuguesa de Información ós Consumidores, con sede central en Santiago para a Eurorrexión e senllas e únicas delegacións en Guimarâes (Portugal) e Pontevedra, da que Guillermo, na súa condición de funcionario agregado á consellería, é nomeado xefe. Ubicouse, en local cedido polo concello, daquela presidido por F.J. Cobián, no “chalet Fontoira”.

ribeira sacra
Promocionando a Ribeira Sacra
Xurado da feira do Albariño de Cambados
Xurado da festa do Albariño de Cambados  1987
xornadas de gastronomia 1990
I Encontro gastronómico de Vigo, co alcalde Soto e grandes divulgadores españois, Antonio de Senillosa, Eléxpuru,Canís de costas.

Configurábase unha etapa de actividade persoal profesionalmente plena e ata frenética -a dúas bandas principais, a funcionarial e a xornalística, ben e certo que organizada cun notable grao de optimización-atenta a canto se movía no eido do consumo en Bruxelas, as nacentes directivas comunitarias (anticipou unhas cantas) e a revolución eno-gastro no resto de España, pois na década dos oitenta agromaron e puxéronse os pilares do posicionamento que hoxe en día gozamos tanto na gastronomía como na despensa alimentaria, e as novas pespectivas no conxunto do sector turístico cara a calidade. E todo iso desde unha tese e meta confluentes: volcado no compromiso co país, laboriosa achega do granciño de area á Galicia excelente… Nese contexto e necesaria organización, créase N.P. pequena empresa de comunicación a través da que se desenvolven os traballos informativos de carácter privado, e pouco despois o S.F.P./H.G.T., un seminario permanente de formación e promoción das profesións hostaleiras, que canalizan e desenvolven iniciativas esóxenas ás administracións públicas.Aínda busca tempo para sumarse a directiva presidida polo doutor Bustelo, en calidade de secretario do Ateneo de Pontevedra.

 Cando, na segunda lexislatura de Fraga, Paco Bobadilla pasa a responsbilizarse da Secretaría Xeral de Turismo (xa dependente da Presidencia) proponlle ao xornalista-funcionario o anovamento da comisión de servizos, para aproveitar para a Administración a un profesional especializado, xa conectado coas elites do xornalismo turístico-gastronómico e consumidor, pouco ou nada desenvolvido comunicativamente en Galicia. Campos, por esa recta final do século XX, lidera a especialidade en Galicia co Consumo gusto na prensa diaria e outras colaboracións públicas, pois resulta ser a referencia desde Galicia na prensa especializada española: corresponsal da revista decana Club de Gourmets, selecciona as propostas do noroeste para a guía Gourmetour (a máis prestixiada das de gastronomía e turismo nese tempo) colaborador habitual da colega tamén madrileña  Vino y Gastronomía que edita Luis Magaña, El País-Aguilar, Revista Tiempo, ou Comer y Beber, Bouquet, El Pipiripao de Barcelona, etc, etc. Escribe, viaxa, organiza, conferencia, pregoa, atende a actualidade diaria (tarefa que desenvolve cos colaboradores directos), como Victoriano Castro xuntos desde NPI.

As duas décadas finiseculares e a de asentamento do novo século concentran e compendian todo un legado de iniciativas, moitas delas sen precedentes en Galicia. Tocoulle ser un innovador, estar alí no momento oportuno, tivo e aproveitou a oportunidade de plasmar na súa querida Galicia correntes observadas noutras latitudes que ían por diante, plasmar ao modo de Galicia tendencias, no seu ámbito, estudiadas noutras latitudes de avangarda .

Así, incorpora a Galicia, a través dos por el creados Campionato Galego de Cociñeiros, a promoción e evolución das profesións hostaleiras (ese incardínase no concurso internacional Bocuse d’Or, considerado o campionato do mundo, a través do Campionato de España: constituíu a revolución da cociña galega tradicional, o descubrimento e pulo dos novos valores, os que hoxe representa, estrelados ou non, a cociña moderna. Inmediatamente creou, coa nacente asociación galega do ramo (AGASU) os Campionatos de Galicia de Sumilleres desta especialización, completada a continuación co impulso a creación de AMAIGA, cos campionatos de Xefes de Sala-maitres. Tiveron a súa versión para estudiantes de F.P.(a través deles, comenzaron as prácticas de estudantes en cociñas profesionais, hoxe oficialmenmte consolidadas) e situaron en todos os estamentos dos respectivos podios nos campionatos de España a profesionais galegos (varios campións e subcampións de España) , incluído un representante no Bocuse. A promoción dos profesionais foi inxente e sen precedentes nin exclusión de actividades máis concretas, como os concursos de coctelería, repostería e outros.

En 1995 ven a luz dous grandes proxectos xornalísticos, fitos  referentes: crea para a Xunta de Galicia, como entidade editora, unha cabeceira propia chamada Andares Gozosos, a xoia da súa coroa turístico-xornalística  no plano institucional. O encargo da administración turística galega é dispor dunha revista que proxecte a Galicia excelente na comunidade española e interncional do sector, e así se mantén un quinquenio unha publicación trimestral, coidadosamente impresa, con contidos e firmas de prestixio en Galicia e España, escrita en castelán con resumos en inglés; foi considerada a mellor revista institucional  de turísmo no Estado. Outra xoia, pero como proxecto privado inicialmente en partner con CEHOSGA,  é mais pragmático, pero resultou cohesionador na empresa interintersectorial:  xa hai unha nova maneira de crear e falar na cociña, no hotel, na produción alimentaria,  na industria fornecedora, na hostalería e na xestión e comecialización turística, e así nace a revista especializada HG&T (Hostalería, Gastronomía e Turismo) HG&T (Hostalería, Gastronomía e Turismo) que se mantén hoxe en día, a punto de cumprir 30 anos de presenza nos mercados que se complementan, e de xeito independente, como sempre, coa súa redacción  en Pontevedra. As Galas do Turismo e a Gastronomía de Galicia promovidas por todo o país pola revista, constituíron o punto de encontro de maior relevancia en tal intersectorial, con representacións profesionais de ata 700 persoeiros, foron o punto de encontro do “quen é quen” intersectorial…..

Andares gozosos
REcopilatorio HGT
portada consumo gusto
Portada do nº 1 de Consumo Gusto. 1985

A bagaxe de coñecementos que, á fin, se reflicten nas publicacións e demais traballos de Guillermo Campos, enraizan na previa documentación (empezando por unha nutrida biblioteca especializada), nas viaxes e experiencias que buscou ou lle brindou a propia actividade profesional, esa achega empírica que considera imprescindible (“para unha divulgación ou crítica solvente, hai que coñecer previamente a intra-historia,  coñecer referencias sólidas, para comparar, por exemplo, platos semellantes de diferentes autores, porque sen iso dificilmente se pode ter un criterio obxectivo e solvente; igual pasa cos viños, ata coas paisaxes, ou os museos…”).

Guillermo non é de redes sociais incluso relativiza os datos de Internet canto faltan referencias sólidas: non son de fíar, dime, unha das súas teimas é a procura do rigor, a fonte é fundamental.

 A súa peregrinación levando polo mundo noticia da despensa galega colleu dimensión alá polo 1979, cando recibiu o primeiro encargo do entón conselleiro de Pesca Rodríguez Peña,  para promocionar 3 produtos galegos da flamante acuicultura (ostra, mexillón e rodaballo) en restaurantes de referencia en Madrid, Sevilla, Valencia e Barcelona; durante unha semana percorreu esas cidades, de tanto avión perdeulle o medo as alturas. Outras provincias españolas e portuguesas, tamén francesas, alemás e italianas,  souberon da súa mensaxe a través da participación en  simposios, certames, congresos e centos de encontros profesionais a adegas, conserveiras, salóns, feiras (promoveu con Posada e Cabezas a primeira Alimentaria da Semana Verde de Galicia) ou industria (da chacinaría á de equipamentos), xurado de premios nacionais  entre outras experiencias sobre produtos e recursos turísticos. Coincide tamén coa irrupción no medio televisivo, pois crea o primeiro de divulgación da cociña galega no canal galego da  Televisión Española (Xantares Galegos, sendo director Manolo Lombao, percorrendo os restaurantes destacados do país con Manolo Yañez cámara ao lombo) e, trala nacente Televisión Galega, o tamén pioneiro programa na prime time do mediodía,  Artesa, chamado polo entón responsable de contidos Cachi Villanueva, hoxe alto executivo de Mediaset.

Ao final dos 80 leva ao Ritz  de París a imaxe de Galicia, con Roberto Crespo e Pepe Solla. Volvería  a Francia en varias ocasións, a principal por mor dos campionatos dos Sabores Rexionais que preconizaba a Comunidade Europea. Tamén a Londres, en dúas ou tres ocasións. E é único representante galego, formando parte da delegación española que encabezaba o colega Carlos Delgado, no congreso fundacional de Slow Food internacional en Venecia.

Paris 1989

En 1990 viaxou a Bos Aires, Santiago de Chile e Montevideo nunha misión do goberno galego, que levou ao cono sur americano os aires novos da oferta turistico-gastronómica galega, da que formaron parte os hostaleiros e restauradores que conformaban a elite do noso país. Volvería a América en máis dunha ocasión por mor de puntuais participacións promocionais como Venezuela, Brasil, ou México, ademais de promoción da imaxe gastro galega polo Mediterráneo. Desde Marrocos ata o Mar Rojo (Tel Aviv, con representacións lusas, un campo de traballo e irmandade deste profesional que segue a pensar en transfronteirizo)… Por ese tempo, dirixe tamén a revista institucional da Rede de Paradores de España, coincidindo ca presidencia de Paco Bobadilla (na década precedente sentaron as bases da nova hostaleria e o turismo en Galicia) un binomio que funcionou, desde a profesionalidade,  sen interferencias ideolóxicas, país por diante.

con Pierre Gamaire
Con Pierre Gagnaire en Paris 2000. A seu lado Oscar Caballero referente en Francia como crítico gastronómico
Jose Andrés
Con Jose Andrés en Samos
nas Palmas Luis Betónica, Mario Hdez Bueno 2010
Nas Palmas Luis Betónica (el pipiripau), Mario Hdez Bueno 2010

A súa aposta máis salientable  no remate desa “trintena marabillosa” desenvólvese en  Nova York, no 2007 cun socio-colega  vasco, Mikel Zeberio: argallaron a Semana da Gastronomía Galega no salón VIP da sede da ONU, para o que seleccionou cociñeiros que agora son referentes, como  os pontevedreses  Torres Cannas, Pepe Solla, o santiagués Marcelo Tejedor , o ourensán  Francisco Domínguez, os coruñeses José Antonio Rivera ou o falecido  Roberto Crespo, o lugués  Jorge García ou Sacha Ormaechea (de nai galega, afincado en Madrid), ademais do tamén coruñes xefe sala Alfredo Castrelo. Houbo actividades complementarias, de impacto promocional, como a chef table, instalada na cociña do comedor de delegados da ONU, na que sentaron 22 invitados, fundamentalmente representantes dos principais medios de comunicación de Nova .Entregáronse máis de 3 meses na organización.

 Estaba no poder o chamado goberno bipartito, presidido polo socialista Emilio Pérez Touriño, e á fronte da dirección xeral de Turismo o nacionalista Ruben Lois, un dos grandes teóricos do turismo galego desde a  USC. Nesa mesma etapa, creou outra pegada de referencia, neste caso formativa, sendo conselleiro de Traballo  Ricardo Varela: desenvolve os primeiros Masters enogastronómicos con sedes en Santiago e Pontevedra: un sobre a cociña do peixe, outro sobre o servizo do viño; foron o xerme de moitas iniciativas individuais que achegan novas dimensións sectoriais hoxe en día, e “estreáronse” en Galicia as figuras sectoriales máis destacadas do momento..

grupo nove
Grupo Nove 2002. Pepe Solla, Guillermo Campos, Os irmáns Vieira, Crujeiras, Marcelo… e tamén cociñeiras do grupo Xantares
restauradores galegos 2003
Restauradores galegos para coñecer a Michael Brass.2003
recorte prensa grupo Nove
Recorte prensa grupo Nove 2002

No cambio de século fundou a Asociación Galega de Xornalistas e Escritores de Turismo (AGAXET), integrándoa na federación española  (Fepet) da que foi vicepresidente. Acadou a súa xubilación laboral aos  66 anos, no 2011, pero mantivo e mantén a inquedanza intelectual, achegando consello e dirección desinteresada, e experiencia á editora de HG&T (a única revista no estado que mantén catas comparativas de produtos gastro), ademais dunha colaboración semanal tamén desinteresada no magazine dos venres en Radio Pontevedra, no que regala visión actual de tantas experiencias deste polifacético profesional centrado na gastronomía como práctica cultural. ¿Sería o mesmo se, máis de trinta anos atrás, aceptara aquela proposta do tándem ex-ucedista Pepe Rivas-Eladio Portela para integrarse no pretendido e non nato PP de Galicia no intento de crear un partido nacionalista de centro dereitas? (Non aceptou, a pesar da tentación de entrada, como terceiro na candidatura ao Congreso, secretario provincial de transformado partido…).

Bobadilla
Bobadilla, súa sucesora en turismo e seu parangón en Porto e Norte, pechando con Maria Campos.
Feira franca 2007
Feira franca 2007 coa capa da irmandade dos viños galegos
Xantares galegos
Cea profesional nos premios xerais con Arnesto Fajanes 1988
Familia
Guillermo coa sua familia

Un soño “real”, si lle queda sen cumprir: é, quizais, ter introducido aínda máis cultura culinaria e consumista entre os profesionais –ten algún libro escrito, entre eles Xantares para o século XXI, un documento entre séculos-, o coñecemento a fondo da historia e realidade da nosa despensa e recetario, contra a incultura e desarraigo de moitos cociñeiros co acervo identitario galego, que non se debe, como se fai, ignorar para evolucionar. Sempre é tempo de educar máis na “arte de vivir” desde este equibrio da moita experiencia, gustaríalle espallar máis as claves da boa vida, xa case escurecida polo esnobismo. Hai que emular máis ao “bon vivant” .

Sei que hai moitas cousas que nos quedan sen falar, porén  estas pinceladas da súa vida serven de esbozo dunha vida chea e comprometida coa nosa terra, con rigor, emoción e moito,moito traballo.

Quedo cunha das moitas citas que me regalou “Un anuncio non te vende, pero preséntate

Se queres saber máis de Guillermo preme aquí

Guillermo Campos
Guillermo en Arroelo, como sempre, traballando.
Ana Santos Solla

Ana Santos Solla

Profesora de E.F.

Son Ana Santos, nacín en Pontevedra no ano 1960, a miña infancia estivo moi ligada a Santa María de Xeve, a terra da miña nai, son a terceira de 8 irmáns, a maior das mozas, a máis vella como me dicían de pequena. Sempre me gustou o deporte e estudei INEF en Madrid, estiven 34 anos no IES Valle Inclán impartindo Educación Física alí foi onde coñecín ao resto dos meus compañeiros que agora me acompañan neste proxecto. Decidín xubilarme para dar un novo rumbo á miña vida e levar a cabo este tipo de iniciativas como @devellabella ue pretende que o envellecemento activo convértase en embelecemento persoal e poder achegar a miña experiencia nesta etapa da vida.

Nós os maiores aínda temos moita guerra que dar, espero que este blogue motívevos a querer colaborar connosco.

Marisol Mato

máis artigos

♥♥♥ síguenos ♥♥♥

Marisol Mato Taboada por Ana Santos

Marisol Mato Taboada por Ana Santos

Sempre admirei ás mulleres pioneiras que non tiveron medo a marchar de Galicia para formarse e logo voltaron para innovar e facer da nosa profesión, a Educación Física, unha materia tan importante como as demáis.

A historia de vida de hoxe é a de Marisol Mato Taboada.

Marisol Mato Taboada nació en Lalín, porque su madre era de allí, pero  ya vivía en Pontevedra en 1937.

Sus padres Manuel Mato Castro y Laura Taboada Barreira,  él de Noceda era sastre, ella de Bendoiro era modista. Dicen que la pretendía Laxeiro, gran amigo de Manuel pero se casó con él.

Al casarse se vinieron para Pontevedra y se establecieron en la calle Isabel II poniendo una sastrería, ellos vivían en el piso superior.  Cuando enfermó su padre, de tifus, pusieron ultramarinos.

Fueron 2 hermanas, Soledad y Victoria Angélica a la que le lleva 3 años.

Cuando tenía 3 años se escapaba de casa para ir al parador donde antes había una escuela cuya maestra era la madre de Nené, sus padres la dejaban ir cuando quisiera, la vida se hacía en la calle.

Marisol aos 3 anos
Marisol aos 3 anos en 1940.
Mollabao 1948
Marisol coa guitarra en Mollabao en 1948
portocelo 1951
En Portocelo 1951

A los 6 años fue a la escuela que había  en la Casa das Campás, colegio de las hermanas Méndez, donde tres maestras, represaliadas, Canducha, Mº Luisa y Mª Mercedes fueron las mejores profesoras que tuvo, eran fuera de lo normal, leían el Quijote en voz alta, los sábados hacían un espectáculo de cuentacuentos donde  a cada uno  le tocaba contar dos cuentos. Fue la base de su educación, allí la prepararon para el ingreso que hizo con 9 años y se fue al instituto, de esta nueva etapa recuerda a García Alén, Filgueira…etc. no tenían EF y le gustaba mucho la Geografía y la Lengua, los dos últimos años los hizo en la academia Minerva, encima de Los castellanos en la calle García Camba esquina calle de la Oliva, allí le dio clase Carlos Villar del que aún  recuerda sus clases de Arte en San Bartolomé y D. Raúl en Religión. En la academia eran una gran familia donde los mayores compartían y enseñaban a los más pequeños, se socializaba mucho.

Marisol 2
Ano 1950 en el Instituto
Marisol declamando
 Marisol,en la Normal, declamando 1953
Marisol 1953
S. Bartolomé 1953 con D. Raul y Carlos Villar

Al finalizar el bachillerato se matriculó en la Normal, Escuela de Magisterio, allí Mercedes Silva. la Corrosca, le dio clase de EF., Asunción Catón, de Lengua les enseñaba poesía y a declamar, ella la animó a que siguiera estudiando, Rosina de Gondomar les daba música, Rosón Geografía y moral: “nadie da lo que no tiene

Marisol 1957
Marisol bailando
marisol bailando 2

Cuando estaba en 2º hicieron unas prácticas cerca de Vigo y con los informes se dieron cuenta de que tenía cualidades. Como al acabar tenía 19 años y no podía opositar hasta los 20 le dijeron que hiciera un curso de EF en Las Navas del Marqués en Ávila, ella dijo que no, pero Ana Martín le dijo que iba con ella. Se lo contó a su padre y éste la animó.

La sociedad de aquella época venía de la postguerra y los padres, mayoritariamente, querían que sus hijas estudiaran para salir de la penuria, no se vivía concienciado en política, la juventud era muy sana y trató de pasar esos valores a las siguientes generaciones.

disfraces navas

Navas del Marqués era un castillo, gestionado por la Sección Femenina que hacía de residencia universitaria con internado femenino, de Pontevedra estaban Ana Martín y ella, las habitaciones eran de 6 y les enseñaban orden, historia, latín, gregoriano, deportes, música, aprendió toda la nomenclatura y dibujos de los ejercicios. El profesorado eran sólo mujeres, hizo grandes amigas y se le abrió la mente a otras culturas de otros pueblos.

Recuerda que en la comida como no le gustaban las lentejas se las cambiaba a Ana Martín por las alcachofas.

Marisol en Navas
 Marisol en Navas del marqués 1957
Marisol en Navas del marqués 1957
Marisol y Ana Martín
 Marisol  y Ana Martín en  1957

Hacían deportes de equipo como baloncesto, balonmano y voleibol. Se vino en 1957 recién cumplidos los 20 años y la mandaron a trabajar ese verano a los albergues.

Como no le gustaban las lentejas se las cambiaba a Ana por las alcachofas.

Marisol Mato Taboada

En septiembre empezó a dar clase en el Instituto de Pontevedra, preparaba representaciones para final de curso, la música y la obra la ponía Filgueira, ella preparaba la ejecución con las alumnas, la ropa la hacían las madres.

año 1961
Pardilla, Cuquejo, Carmen Cuerpo, Marisol, Loli Tamames. 1961
Marisol y Augusto 1962
Marisol con sus padres, su hermana y Augusto 1962

Conoció a Augusto viniendo de Vigo en el tren de madera, ella venía de trabajar en el albergue de Gondomar, él venía de celebrar que un compañero había aprobado la oposición. Ella cayó rendida de cansancio y él quería entablar conversación, eso le sentó como un tiro y se puso seria y él se echó a reír. Al llegar le dijo -te acompaño a casa -ni hablar, se despidieron ahí. Pero en las fiestas de la Peregrina Los Rivas Fontán se acercaron con otros y los presentaron, ya no volvieron a separarse más.

Gondomar 1962
Marisol 7ª empezando por la izquierda en Gondomar 1962
Marisol en Gondomar 1962
Gondomar 1962, colgada de la barandilla Loli Tamames

En 1961 se casó con Augusto Caldera Márquez, él había ganado una plaza por méritos en Guinea y allá se fue,  sus hijos mayores César y África nacieron allí. En 1963 se nombra a doña Marísol Josefa Mato Taboada Profesora del Instituto Nacional de Enseñanza Media Mixto de Santa Isabel de Fernando Poo.

Augusto y Marisol
Con Augusto en Guinea 1962
Marisol y Rosa Valera
Con el presidente de Guinea Rosa Valera y Marisol 1962
Teresianas de guinea
Marisol con las madres Teresianas
Marisol y su casa en Guinea
Marisol en Guinea
casa de Marisol
haciendo EF
Clases de Educación Física en Guinea
escuela de la sección femenina
En Guinea recepción con el Presidente
Presidentes autonómicos
Marisol con los presidentes autonómicos

Cuando fueron a Guinea lo hicieron en el barco Santa María, en el cual la mitad eran para pasajeros y la otra mitad carga. Tuvieron que atracar en Nigeria, donde estaban con revueltas políticas y se pasaron dos días dentro del camarote sin salir por los disturbios a bordo. Cuando llegaron a Bata en Nigeria el pueblo les encantó y los trataron de maravilla.

Allí coincidieron con la familia Pontanilla y los armadores Touza de Marín, ambas familias los  arroparon mucho y les está muy agradecida.

El material escolar era casi mejor que en España, ella daba clase a los chicos, que les enseñaban a servir, a las chicas en las escuelas se les enseñaba a cocinar y coser. Los chicos antes habían tenido profesores militares.Unos y otras se juntaban en la clase de Educación física.

Ante el cariz que estaban tomando los acontecimientos en el país, aprovechando que venía de vacaciones a España con los niños en 1968  se quedó porque ya no pudo regresar.

profesorado de 1974
Profesorado de 1974
profesorado 77
Mercediñas, Carmen Gamallo, Sara Candendo, Nené, Pilar Gamallo, Raida Lusquiños, Marisol, Corrosca, Loli Tamames. 1977
promoción 47-54
Promoción 1947-54

En Pontevedra tuvo que pedir escuela y le dieron Dena, allí estuvo 3 meses hasta que la nombraron en 1970 en el Aneja, allí estuvo 18 años enseñando EF coincidió con Ana Martin. Fueron las dos primeras plazas ocupadas por maestras. Luego estuvo en el Álvarez Limeses hasta su jubilación a los 65 años. En Pontevedra nació su tercera hija, Alejandra, que fue mi alumna en el IES Valle Inclán. 

alumnos

Ahora jubilada ayuda a sus hijos a cuidar a los nietos, le gusta mucho la playa, pero no a las horas de calor, disfruta yendo al teatro y a escuchar música sobre todo de coros.

Su artista favorita es Lola Herrera y Marlon Brandon, su amor platónico.

Hablamos de viajes, Argentina, Palma de Mallorca, Marbella, El País Vasco, que le encantó, Barcelona, Andorra…

Desde la muerte de su marido, hace ya 5 años sigue viajando con amigas, Roma, Polonia, perdió Estambul por coincidirle con el COVID y se lamenta de no haber ido.

con sus hijos
Familia 1962
familia mato
Familia Caldera Mato 2017

Cuando era joven leía a Agatha Christie, ahora prefiere las historias que le digan algo le gusta Carmen Posadas, Pérez Reverte, Javier y Manuel Marías, lee en este momento “El silencio de la ciudad blanca” de Eva García Sáenz de Urturi y “El pazo de Lourizán” de Lola Fernández Pazos

No tiene ningún sueño sin cumplir considera que todo lo que quiso lo consiguió.

Fueron compañeros suyos Rafael Úbeda, Aramburu, Raida Lusquiños

Recientemente fixéronlle unha entrevista no Diario de Pontevedra xunto a súa inseparable Ana Martín, e unha homenaxe o día da carreira da muller. Marisol gracias por contarnos a túa vida e seguir así de vital e alegre.

Foto de David Freire para el Diario de Pontevedra

con Ana Martín, foto del diario de Pontevedra
Marisol y Ana Martín en abril 2023. Foto de David Freire
Ana Santos Solla

Ana Santos Solla

Profesora de E.F.

Son Ana Santos, nacín en Pontevedra no ano 1960, a miña infancia estivo moi ligada a Santa María de Xeve, a terra da miña nai, son a terceira de 8 irmáns, a maior das mozas, a máis vella como me dicían de pequena. Sempre me gustou o deporte e estudei INEF en Madrid, estiven 34 anos no IES Valle Inclán impartindo Educación Física alí foi onde coñecín ao resto dos meus compañeiros que agora me acompañan neste proxecto. Decidín xubilarme para dar un novo rumbo á miña vida e levar a cabo este tipo de iniciativas como @devellabella ue pretende que o envellecemento activo convértase en embelecemento persoal e poder achegar a miña experiencia nesta etapa da vida.

Nós os maiores aínda temos moita guerra que dar, espero que este blogue motívevos a querer colaborar connosco.

Isabel García Uria

máis artigos

♥♥♥ síguenos ♥♥♥

Isabel García Uría por Ana Santos

Isabel García Uría por Ana Santos

A Isabel coñecina no ximnasio, eu fun a súa monitora de aeróbic fai xa moitos anos. Agora coincidimos moitas veces en actos culturais sobre todo de poesía onde ela tan ben se manexa.

A historia de vida de hoxe é a de Isabel García Uría

avoa materna de Isabel
Avoa materna de Isabel
avó materno
Avó materno de Isabel
avoa paterna de Isabel
Avoa paterna de Isabel

Isabel naceu en Bilbao en 1951. Seus pais vivían en Santoña, mais á súa nai diagnosticáranlle parto  de risco  (perdera o seu primeiro fillo ao nacer) e decidiu dar a luz nunha clínica desta cidade vasca na que tiña familia. Alí pasou Isabel os tres primeiros meses de vida.

 Seus pais tiñan orixes diferentes. A súa nai, Pilar Uría Fernández, naceu en Pinzales, perto de Gijón, o seu pai, Jenaro García Vay, en Valladolid. A parella coñecérase en Gijón onde Pilar tiña unha tenda de ultramarinos a medias cunha irmá. Jenaro pertencía á garda civil de mar e estaba destinado no Musel, porto da cidade. Era cliente da tenda e aos poucos fóronse namorando. O noivado durou sete anos porque non acababan de darlle permiso a Jenaro para casar debido a que na familia de Pilar houbera republicanos. Por fin, despois dos informes positivos por parte do párroco, puideron celebrar a voda en 1948. No ano seguinte tiveron o primeiro fillo que morreu  ás poucas horas.

Isabel uría 1952
Isabel aos 6 meses en 1952.
Voda dos pais de Isabel
Voda dos pais de Isabel, Pilar Uría e Jenaro García Vay
Nai de Isabel
Pilar Uría Fernández

Cando Isabel tiña tres anos a familia foise a Luarca. A nena xa sabía ler, aprendera co seu pai quen tamén lle ensinaba a recitar poesías, de feito participou nun festival e saíu no xornal.

 Cando chegou a etapa escolar, Isabel comezou na Graduada de Luarca pero asistiu só quince días porque caeu enferma de tosferina e a súa nai foi con ela e o seu irmán  á casa da avoa en Pinzales para que curase co ar do campo. Seu pai desprazábase cada quince días para estar con elas.

 Pasou o derradeiro trimestre do ano e a principios de 1958 marcharon a San Esteban de Pravia,  debido a un novo destino de Jenaro. Como non encontraron vivenda ( daquela escaseaba) establecéronse nunha vila pesqueira  situada en fronte e separada pola desembocadura do río Nalón, alí non había escola e Isabel e o seu irmán xogaban todo o día na rúa cos fillos dos mariñeiros.

Isabel García en 1955
 Isabel no ano 1955
Isabel García en 1958
Ano 1958 co seu irmán
primeira comunión de Isabel García 1959
1ª comuñón Ano 1959
Isabel García en 1960
 Isabel no ano 1960

Conta que foi unha das épocas máis felices. Jenaro era o seu mestre daqueles anos, ensinoulle matemáticas, lingua, xeografía, historia e ciencias naturais. Uns meses despois asistiu ás clases particulares que comezou a impartir unha muller na súa casa. Ía co seu irmán dúas horas tres veces á semana porque seu pai foi trasladado de novo a Barcelona onde estivo un ano. Pasados tres meses  a súa nai foi reunirse con el e Isabel xunto co seu irmán quedaron en Pinzales, na casa da avoa materna. Alí integrouse na vida labrega, coidou as vacas, foi á sega co seu tío e encantáballe subir no carro cando estaba cargado de herba e tumbarse nela a percibir o aroma. Os pais deixaron a avoa encargada de vixiar para que fixeran un feixe de deberes que lles deixaran postos e que leran varios contos.

Cando regresaron de Barcelona despois duns meses, foron vivir a Marín por un tempo breve.

 Outra vez os móbeis no camión e outro lugar. A Isabel encantábanlle os novos comezos en sitios descoñecidos onde imaxinaba que viviría aventuras como as das historias que lía.

 Pasaron uns escasos catro meses e establecéronse en Vigo. A protagonista deste relato cumprira once anos e como tiña que facer o bacharelato, os seus pais matriculárona por libre no instituto Santa Irene para facer o ingreso. Aprobou e a partir de entón a súa vida sofre unha mudanza radical xa que empeza a estudar coas monxas, primeiro coas Xosefinas e logo coas Carmelitas.

 Acostumada á liberdade que tivera, non entendía aquela disciplina absurda que lle impuñan e cuestionaba todo o que as monxas lle mandaban facer, especialmente o de estar tantas horas na capela entre rezos, misas, rosarios e novenas. Cando estaba en cuarto de bacharelato enfrontouse á superiora por un castigo que considerou inxusto e expulsárona aínda que como era final de curso deixáronlle ir facer os exames finais. Os seus pais, moi desgustados, obrigárona a estar na cama quince días. Para entreterse ela lía e escoitaba a radio.

uniforme 1963
O seu primeiro uniforme. Vigo 1963

Despois de deixar as monxas foi ao Instituto feminino de Vigo, rematou o bacharelato con boas notas e fixo o PREU para entrar na universidade. Durante estes anos tamén estudaba piano no conservatorio  alentada polo seu proxenitor moi afeccionado á musica (tocaba de oído a harmónica e a bandurria).

 Ao instituto ía moi contenta, os profes queríana ben e lembra con agradecemento a algúns deles: Mouriño de literatura, Ovidio de ciencias, Melón de arte, Piñeiro de latín, Capilla de filosofía.

Dende nena dicía que quería ser médico pero na casa sacáronlle a idea da cabeza porque lles parecía unha profesión moi sacrificada e como tamén lle gustaba a literatura animárona a estudar Filosofía e Letras coa especialidade de Filoloxía Románica.

Pontevedra non lle gustaba nada, estaba porca, chea de coches, gris e cheiraba fatal.

Isabel García Uría

En outubro de 1970 Jenaro e Pilar levárona no seiscentos que tiñan daquela, xunto cunha amiga, para a pensión que lle buscaran en Santiago. Alí coñeceu a Libertad, filla dun exiliado que lle abriu os ollos sobre a verdadeira historia do golpe de estado franquista e a puxo ao día na política e noutros aspectos da vida dos que nunca se falaba na súa casa. O primeiro ano foi moi pouco á súa facultade pero si a de Medicina, ás clases de Echeverri. Tamén se adicou a facer turismo por Galicia en auto stop e a asistir a asembleas e manifestacións. Fíxose amiga dos irmáns Vaamonde (Suso o cantautor, Araceli, Luís) e a súa conciencia política foi medrando

En Salinas 1970
Salinas 1970
de noiva con Carlos 1972
Con Carlos 1972

O ano anterior á súa partida para Santiago coñecera a Carlos en Pontevedra e comezaron a mocear. Daquela esta cidade non lle gustaba nada, estaba porca, chea de coches, gris e cheiraba fatal, pero fora a ela porque as súas amigas empeñáranse en coñecer a boite do Universo e o destino quixo que alí encontrara ao pai dos deus fillos. No último ano de carreira casou con el e foron de viaxe dando a volta a España e a Mallorca. Establecéronse en Pontevedra, lugar de traballo de Carlos.

En 1975 naceu a súa filla Tatiana e Isabel alternaba o coidado da nena coas clases particulares que daba na casa. No curso 76/77 chamouna a directora do Instituto de Vilagarcía para cubrir unha baixa. Ao ano seguinte entrou como interina en Lalín. Alí marchou coa nena que aínda non cumprira os tres anos e dadas as condicións precarias nas que vivían, compartindo piso, nunha casa fría e vella, a nena sempre estaba enferma e tivo que resignarse a deixala en Pontevedra ao coidado das tías paternas que xa se fixeran cargo do seu pai.

 En 1979 naceu o seu fillo Alexandre e despois dos tres meses de baixa maternal tivo que deixalo tamén en Pontevedra para incorporarse de novo a Lalín de onde viña en días alternos e a fin de semana.

 No curso 80/81 veu para Pontevedra ao Valle Inclán para dar galego. Opositou en Madrid en xullo do 82 e aprobou, quedando no mesmo centro no ano de prácticas.

voda de Isabel 1974
Voda con Carlos, o vestido foi deseño propio 1974
orla de Isabel 1975
Foto da orla 1975
voda 1974
Cos amigos o día da voda en 1974
Co seu fillo Alex 1979
Co seu fillo Alex 1979
Co seu pai e seu fillo 1979
Isabel co seu pai e seu fillo 1979

En 1983 separouse de Carlos e no curso seguinte foi con destino provisional ao Barco de Valdeorras. Chegara a un acordo co seu exmarido para que os nenos quedaran en Pontevedra coa condición de que  puidera velos e levalos con ela cando quixera e así o fixeron. Despois do primeiro ano da separación sempre tiveron unha boa relación entre eles e coas familias, de feito moitas veces comían xuntos cos fillos.

 Logo de continuar varios anos con destinos provisionais no Sánchez Cantón e en Cambados, conseguiu destino definitivo no Torrente Ballester de Pontevedra co cargo de vicedirectora. Neste centro estivo dende o ano 90 até o 97 en que decidiu examinarse en Madrid para as prazas do exterior, aprobou e marchou a Brasil como asesora lingüística da Embaixada de España, con praza en Sao Paulo. Posteriormente estivo como profesora no Colexio español. Foi unha época marabillosa, de experiencias interesantísimas e de viaxes por todo o país e Sudamérica (Arxentina, Uruguay, Bolivia Paraguay…). Os seus fillos, tamén grandes viaxeiros, aproveitaron e foron para coñecer o país así como Carlos e a súa nai. Pasaban uns días con ela e logo adicábanse a facer turismo.

Brasil 1998
Isabel en Brasil 1998
Isabel co seu fillo en Brasil 1998
Isabel co seu fillo en Brasil 1998
Iguazú 1998
Iguazú 1998

Neses anos, o que máis apenaba a Isabel era que o seu pai, que morrera en 1995, non puidese coñecer todo aquilo, coas ganas que tiña de ir a América.

 Despois de catro anos no alegre e precioso país, regresou a Pontevedra, ao instituto de Monteporreiro. No ano 2006 examinouse outra vez para o exterior e marchou a Marrocos. Volveu ao cabo de un ano porque non lle gustaba a vida de alí nin o traballo, aínda que o país parecíalle precioso.

 Ocupou a súa praza de Monteporreiro até que se xubilou no ano 2011, farta da burocracia, informes, e traballo que non se ve.

 As viaxes sempre formaron parte da súa vida: Canadá, Estados Unidos, Cuba, India, Tailandia, Nepal, Xapón, Túnez, Exipto, Turquía, Usbequistán, Xordania, Namibia, Kenia, Tanzania, e case toda Europa, incluída parte de Rusia. Na actualidade segue viaxando. 

India 1994
 India 1994
Rhin 1996
Rhin 1996
Exipto 1989
 Exipto 1989
Rusia 1991
 Rusia 1991
Irán 2019
Irán 2019

Con respecto á súa afección a escreber, comezou a facelo na adolescencia influenciada por Bécquer e Juan Ramón Jiménez. Nunca pensou en publicar e o que escribía líallo aos amigos. Despois de xubilarse ia pola Fundación Cuña-Casasbellas e o seu presidente Miguel coñeceu os seus poemas e díxolle que llos publicarían ademais de adicarlle un día do Brumario Poético. Para Isabel supuxo unha emoción profunda e sempre lle estará agradecida a Miguel e á Fundación. Continuou escribindo e a participando en recitais e encontros poéticos que hoxe ocupan parte do seu tempo libre.

Ten publicados dous libros de poesía: “Gotas de Luz” e “A Realidad Extraviada”.

 Gústalle ler poesía, ensaio e algo de novela, sobre todo histórica. Tamén é afeccionada ao cine clásico e de autor.

 En 2017, trouxo a súa nai a vivir con ela porque xa era moi maior até que faleceu a finais do 2021.

 Vive soa coa súa cadeliña Xana (sempre amou aos animais) o que non quere dicir que se sinta soa xa que ten preto aos seus fillos aos que está moi unida e aos seus amigos.

la realidad extraviada

Isabel séntese agradecida coa vida por todas as experiencia que tivo, os amores que viviu e as xentes que coñeceu e sobre todo pensa que é moi afortunada por ter dous fillos aos que quere e admira, Tatiana e Alexandre e dos que está moi orgullosa.

 O tempo pasa e non nos decatamos. A conversa é fluída e moi interesante. Quedan moitas cousas no tinteiro desta vida que espera continuar enchendo de novos saberes e experiencias o futuro.

Isabel García Uría
Ana Santos Solla

Ana Santos Solla

Profesora de E.F.

Son Ana Santos, nacín en Pontevedra no ano 1960, a miña infancia estivo moi ligada a Santa María de Xeve, a terra da miña nai, son a terceira de 8 irmáns, a maior das mozas, a máis vella como me dicían de pequena. Sempre me gustou o deporte e estudei INEF en Madrid, estiven 34 anos no IES Valle Inclán impartindo Educación Física alí foi onde coñecín ao resto dos meus compañeiros que agora me acompañan neste proxecto. Decidín xubilarme para dar un novo rumbo á miña vida e levar a cabo este tipo de iniciativas como @devellabella ue pretende que o envellecemento activo convértase en embelecemento persoal e poder achegar a miña experiencia nesta etapa da vida.

Nós os maiores aínda temos moita guerra que dar, espero que este blogue motívevos a querer colaborar connosco.

Juan Mejuto

máis artigos

♥♥♥ síguenos ♥♥♥

Juan Mejuto Pérez por Ana Santos Solla

Juan Mejuto Pérez por Ana Santos Solla

Cando tiña 15 anos e estando nas Calasancias ofrecéronnos unha actividade nova, o baloncesto e así foi como coñecín a Juan, o noso adestrador, daquela época aínda conservo amizades e tamén rivais, que o foron só na cancha, o típico Calasancias, Doroteas, guerra a morte. A nosa historia de vida hoxe é a de:

Juan Manuel Mejuto Pérez naceu en Santiago de Compostela, nas Casas Reais nº 42, o 8 de maio de 1946, fillo de Manuel Mejuto Larrauri de Santiago e María del Carmen Pérez Martín natural de Melilla.

Seu avó Juan Mejuto Tomé foi xerente da ferretería Buján, en Santiago, de profesión era avogado, a súa avoa paterna era vasca. Seus avós maternos, malagueños.

Seus pais coñecéronse en Melilla, casaron e establecéronse en Santiago, foron 4 irmáns, dúas mulleres e dous homes, a maior Mari Carmen foi profesora de francés en  A Xunqueira 1 de Pontevedra.

Juan Mejuto
Juan, Escuela Inmaculada, Santiago.1957

De pequeno estudou na Inmaculada, de Santiago, estivo cinco anos, dende os 8 ata os 13 anos, logo fixo o bacharelato en La Salle.

Cando tiña 10 anos seus pais marcharon para Vigo a traballar e levaron aos fillos máis pequenos, Mari Carmen e Juan quedaron en Santiago cunha tía.

A sua materia favorita sempre foi a literatura, pero o profesor que mais lle gustaba era o de Matemáticas, o irmán Lorenzo.

Con 13 anos empezou a facer deporte, fútbol, baloncesto e xadrez, no colexio La Salle participaba nos xogos escolares e os de San Fernando do campionato da OJE, deixou o fútbol porque xogaban en Vistalegre e cando chovía o barro chegáballe ata os xeonllos.

Trasladouse toda a familia a Pontevedra e fixo o PREU no Instituto de Pontevedra, naquela época en Pontevedra non había equipo de baloncesto federado.

Con 18 anos empezou a traballar en ENCE de delineante.

Juan en La Salle
Colexio Lasalle 1962 Juan co balón
Juan 1963
 Colexio La Salle 1963. Juan co balón
carnet de baloncesto

No verán atopouse con Fis e compañía no Vergel xogando partidiños de baloncesto, e decidiron falar co directivo do Teucro, Germán de la Iglesia, para facer un equipo federado de baloncesto e conseguiron o apoio.

En 1964 naceu o Teucro de baloncesto e en marzo do 65 comezou traballar. Xogou no Teucro dous anos en 2ª división nacional e outros dous en liga provincial ata os 21 anos, desfíxose o Teucro de maiores e fichou polo Ademar de Vigo. Marchou a mili a Alcalá de Henares e quedou no CIR de instrutor coa compensación de traballar cada dous meses e tiña un de permiso que viña a Pontevedra e traballaba na fábrica .

Teucro de baloncesto
 Teucro de Baloncesto  1964. Julio Vilas,Candendo, Rocafort,Touza, Fis. Agachados: Molas, Juan Mejuto, Enrique Mejuto e Pucho

Estando na mili mercou a sua primeira máquina de fotos, unha instamatic de kodak, custoulle 200 pesetas, e dedicábase a fotografar todo, nunha desas mudanzas que fixo de casa tirou con todas as fotos vellas desa época.

Antes de ir a mili empezara a adestrar xuvenís e fixeron un equipo de baloncesto no Teucro

Juan na mili 1968
Na mili en Alcalá de Henares
TEUCRO
 Teucro Xuvenil, 1971
Arriba: Juan, Coté de la Riega, Martín Arce, Carlos, Genaro, Domingo Costas. Abaixo: Jaime Dobarro, Pedro Martín, Pichi Dapena, Manolo Ferrer e Luis

Coñeceu a Maribel, súa muller, no ano 1964, nos asaltos do Teucro, estiveron 7 anos de mozos e casaron no ano 1971.

Estando na mili mercou a sua primeira máquina de fotos, unha instamatic de kodak, custoulle 200 pesetas.

Juan Mejuto Pérez

Cando volveu da mili incorporouse á fábrica e seguiu adestrando os xuvenís, explícame que o baloncesto de infantís e xuvenís, nesa época en España era manexado por:

  1. A OJE no que estaba Fis e
  2. O Hesperia que dependía da Federación no que estaba el.
Eurobasket
1973 Eurobasket Barcelona, con Torrado
Ence 1975
1975 ENCE

No ano 1976 empezou a adestrar as Calasancias, aí foi onde o coñecín, estivo dous ou tres anos ata que formou un equipo federado chamado Trisca; adestraban 1 dia a semana unha hora, no pavillón municipal, pregúntolle que se lembra daquela época e dime que fun a primeira xogadora que tirei en suspensión, a mellor xogadora que tivo foi Begoña Arias, viña do cisne e tiña moi boa base.

Adestrou ao Cisne e ao Pontesa de rapaces (3º división) no 1977

Calasancias 1975
Calasancias 1975.  Arriba, Elda Besada, Montse Jaudenes, Meli Escudero, Juan, Marien e Begoña Gómez, Pachi,. Abaixo Yolanda, Belen, Isabel Lozano, Esmeralda, Ana Santos, Mari Carmen Grobas.
Calasancias 1976
Calasancias 1975. Arriba Begoña Gómez,Montse Jaudenes, Pachi, Marien Gómez. Abaixo Ana Santos, Isabel Lozano, Yolanda e Belen
Tronko club 1976
1976 Tronco Club. Arriba: Pichi Dapena, Carlos Cons, Domingo Costas, Alvaro Dobarro, J.M.Seoane,Abaixo: Jaime Dobarro, J.Carballa, Guillermo Busto, J.L.Ramos, Juan Mejuto.
calasancias 1977
Calasancias 1977 Arriba Begoña Gómez, Montse Jaudenes, Meli Escudero, Marien Gomez, Elda Besada, Maria Ameijeiras e Juan cos fillos. Abaixo Elena, Belen, Esmeralda, Ana Santos,Agrasar e Inocencia

Aínda que o baloncesto sempre foi a súa paixón, tivo que deixalo aos 43 anos por mor dunha embolia pulmonar, pasando de practicante a afeccionado, agora dedícase a pasear.

Ten dos fillos, Juan e Belén e tres netos Laura, Daniel e Sergio. Xubilouse no 2005 e goza indo aos partidos do RC Celta de Vigo do que é socio, e as veces vai a ver o Obradoiro.

Non ten tempo a aburrirse aínda que a pandeima fixo que non puidera saír tanto, agora retoma pouco a pouco a actividade fotográfica.

Calasancias 1978
Calasancias 1978.  Arriba,Anabel, Elda Besada,María Ameijeiras,Montse Jaudenes,Marien Gómez, Elena e Juan, Abaixo Silvia, Begoña Gómez, Belen, Nieves e Meli Escudero
Trisca 1979
Trisca-Celulosas 1979. Arriba Juan, Ana Garrido,Silvia, María Ameijeiras, Elda Besada, Begoña Gómez e Meli Escudero . Abaixo: Elena,Montse Jaudenes, Marien Gómez, Belen e Escudero
pontesa 1978
1978 Pontesa 3ª división Nacional.Arriba: Pazos, Fernando, Gerardo, Domingo, Juan, M.Benito, R.Carbó, F.Abilleira, Abaixo: Reguera, F.Blanco, Pires, Rosales, Salgado, Dapena
Trisca 1980
Trisca 1980 Martín, Elda Besada, María Ameijeiras, Meli Escudero, Begoña Gómez, Rosa Magdalena,M.J.Sabater e Juan. Abaixo Elena, Aurita Peleteiro ,Begoña Arias, Escudero, Marga Orcajo

De regalo de noivos tivo unha cámara de fotos, recoñece que foi Curro Volta o que lle meteu o gusanillo no corpo con iso da fotografía, logo comprou unha mellor e xa fixo máis dunha exposición, lembra unha no liceo casino sobre as camelias no ano 2014, e outras en Boiro, e na Pobra do Caramiñal…

Foi moi viaxeiro sobre todo a partires da xubilación, gustoulle moito a Rioja, Pais Vasco, Navarra, Castela e León, as illas, e un namorado de Portugal e dos portugueses, o país recorreuno por toda a costa varias veces. É dos que opina que primeiro hai que coñecer España antes de saír ao estranxeiro.

Trisca 1981
Trisca-1981. 
Trisca senior 1981
Trisca sénior 1981: Maite Méndez,Alonso, Juan, María Lareo, Begoña Gómez. Abaixo: Montse Jaudenes, Romina, Belén, X, María, Pili
Trisca 1981
Trisca-1981. Arriba Juan, Elda Besada María Ameijeiras, Rosa Magdalena, Mª José Sabater e Begoña Gómez Abaixo: Elena,Pilar,Begoña Arias,Marisa Blanco e Escudero
Trisca xuvenil 1988
Trisca xuvenil 1988. Arriba: Juan, Nacho Azuara, Jaime, Paco Plaza, Rafa, J.Millón, Chete Corrochano.  Abaixo: Moncho, Bruno, Raúl, J.Cumbraos, Juan Mejuto Jr, Lino

Tiña a espiña cravada de coñecer París, desde que a súa tía lle daba clases de francés, a os dez años, pero fíxoo, esa viaxe, cando se xubilou, e logo recuncou.

Como recuncho favorito ten calquera das catro prazas de Santiago que rodean a Catedral, o Obradoiro, a Quintana, Pratarías ou Azabachería, é santiagués por os catro costados.

Gústanlle as películas que teñan credibilidade, e algunhas como El golpe, la lista de Schindler o a serie el padrino, é capaz de velas varias veces, cando aparecen pola TV.

Juan tamén: Foi delegado da Federación Española de baloncesto en Pontevedra, e ademais dos calendarios das competicións fixo durante 15 anos as crónicas deportivas para o diario de Pontevedra, con a sinatura Basket.

Organizou cursos para árbitros e adestradores de baloncesto

Exposición de fotos no Liceo Casino de Pontevedra e en Boiro 2014.

Juan Mejuto

Fíxome moita ilusión coñecer un pouco máis polo miúdo a historia de vida de Juan do que gardo moi boas lembranzas, a súa xenerosidade e paciencia con nós na cancha, a perseveranza e bo humor sempre, moitas grazas Juan por amosarme un pouquiño máis de ti.

Ana Santos Solla

Ana Santos Solla

Profesora de E.F.

Son Ana Santos, nacín en Pontevedra no ano 1960, a miña infancia estivo moi ligada a Santa María de Xeve, a terra da miña nai, son a terceira de 8 irmáns, a maior das mozas, a máis vella como me dicían de pequena. Sempre me gustou o deporte e estudei INEF en Madrid, estiven 34 anos no IES Valle Inclán impartindo Educación Física alí foi onde coñecín ao resto dos meus compañeiros que agora me acompañan neste proxecto. Decidín xubilarme para dar un novo rumbo á miña vida e levar a cabo este tipo de iniciativas como @devellabella ue pretende que o envellecemento activo convértase en embelecemento persoal e poder achegar a miña experiencia nesta etapa da vida.

Nós os maiores aínda temos moita guerra que dar, espero que este blogue motívevos a querer colaborar connosco.

Nieves Fernández Barrio

máis artigos

♥♥♥ síguenos ♥♥♥

Nieves Fernández Barrio por Ana Santos Solla

Nieves Fernández Barrio por Ana Santos Solla

Recibimos un correo de Nieves dicindo que quería coñecernos, e porqué non tamén colaborar connosco, tivemos unha amena charla e de aí xurdiu esta historia de vida

María de las Nieves Fernández Barrio  naceu en Oviedo na rúa Uría, estaban alí porque seu pai traballaba de ferroviario e fora trasladado a esa cidade. Nace nun hospital e a súa nai vaina mimar e coidar con esmero logo de perder a outro irmán antes de nacer ela por unha neglixencia médica.

Seu pai, Gerardo Fernández Álvarez, oriúndo de Ponferrada, era ferroviario, quedou orfo con 7 anos.  A súa avoa paterna  tamén traballaba de gardabarreiras, e el pronto comezou a traballar de mozo de estación en Oviedo. A súa nai, Antonia Barrio Quiroga era de Xagoaza, o Barco de Valdeorras, e dedicábase a coidar dos seus irmáns, da casa, dos animais e tamén a axudar nos traballos dun muíño que rexentaban os seus pais. Antonia e Gerardo  coñecéronse en Xagoaza a través dun familiar que o convidou á festa do San Francisco, alí fixéronse mozos e casaron.

Nieves 1959
Nieves cos pais
Nieves cos seus pais 1959
Nieves 1961
O Pino 1961
tio Alberto
Co seu tío Alberto 1961

Establecéronse en Oviedo, e Antonia aprendeu a coser e bordar a máquina e co seu traballo axudaba a economía familiar. Nieves, recorda as continuas viaxes a Xagoaza, no Barco de Valdeorras,  a visitar os avós maternos e os tíos e tías, ás veces quedaban ata un mes e ía á escola co resto dos rapaces da aldea, alí na cunca que levaban dábanlle leite, o colacao tiñan que levalo da casa. Recorda con moita ledicia a súa etapa da infancia sempre asociada ao pobo de Xagoaza e mais concretamente  os días que pasaba no Mosteiro onde o seu tío Alberto, a  tía Paca e os seus primos Conchita e Tito a coidaban con moito agarimo e lle  ensinaban o que era o traballo do campo e o coidado dos animais. Ela aproveitábase da “sa rivalidade” que tiñan, por coidala, os seus avós cos seus tíos e primos conseguindo case todo o que lles pedía: subir en burro, no carro, ir coas ovellas, recoller os ovos do galiñeiro,  muxir as vacas…..algo que para unha nena de cidade era todo un descubrimento.

Nieves e Mariceli
Nieves e Mariceli 1963
Xagoaza 1963
 En Xagoaza 1963
Xagoaza
 En Xagoaza coas ovellas 1963

Aos 7 anos trasladaron a seu pai como mozo de tren a Ourense, logo iría escalando a interventor, xefe de estación e máis tarde a factor de circulación. En Ourense vivían no Pino, a 2,5km do centro urbano, e ía a unha escola que estaba nun 1º piso onde estudou primaria, logo foi ao colexio das Josefinas onde rematou o bacharelato, e máis tarde iría ao instituto Otero Pedrayo. Gustáballe estudar  e levaba boas notas.

Nieves co uniforme 1964
Co uniforme 1964
con conchita
No Monasterio con Conchita 
comunion neves
Primeira comuñón  1964 

Ao finalizar o instituto seu pai quería que fixera Medicina pero ela quería facer Psicoloxía. Unha amiga do Barco, María Dolores, pediulle que impartira clases para rapazas que estaban facendo un curso do PPO (Promoción Profesional Obreira) e ela foi partícipe ( di que nunca llo poderá agradecer o suficiente), de que conseguira unha praza de Auxiliar de Clínica no Hospital Nosa Señora do Cristal de Ourense, traballo que fixo que fose independente economicamente e poder estudar o que ela quería. Empezou Psicoloxía en Ourense á vez que traballaba. Rematado o primeiro ciclo da carreira marchou a Barcelona para continuar os seus estudos  despois de que lle concederan o traslado do seu traballo ao Hospital de Belltvitge de Barcelona. Polos seus horarios tiña que estudar na quenda nocturna, as clases eran en catalán pero non tivo pproblema co idioma xa que lía e falaba cos compañeiros en catalán para adaptarse e os profesores da Universidade déronlle tódalas facilidades para que entendera as clases e puidese facer os exames. Traballaba en Belltvitge e vivía en Sant Boi, apenas a 20 minutos en coche do traballo e a pouco máis da Universidade.

Barcelona
Bellviche 1981
Bellviche 1981

Rematou a carreira e pensou en volver a Ourense porque os seus pais estaban sós. Inicialmente veuse co traslado da súa praza de Auxiliar de Clínica  para o Hospital de Monforte e finalmente aprobou unha praza de Auxiliar de Clínica no Centro de saúde Mariñamansa, onde deixou este traballo ao pedir a excedencia para incorporarse a unha praza de Psicóloga no Concello de Ourense .

Embalse 1981
No embalse de Cachamuíña 1981
Nieves 1982
Nieves 1982

Abriu unha consulta privada, na Avenida da Habana, en Ourense, que compaxinou co seu traballo no Concello e volveu reencontrarse con José, un antigo compañeiro de facultade co que iniciou unha relación de parella. Pouco tempo despois, el foi  traballar a Vigo e ela aprobou unha praza de psicóloga  en Vilagarcía, comezando a convivir en Pontevedra. Pasados uns anos ela trasladouse de Vilagarcía ao Grove como psicóloga dunha Unidade de Drogodependencias  do Concello  que funcionalmente depende do Sergas.

Nunca botou en falta un irmán porque ten uns amigos marabillosos, a súa familia elixida, dos que se sente moi orgullosa.”

Nieves Fernández Barrio

Ao principio vivían en Pontevedra, pero pouco tempo despois, instaláronse nunha pequena parroquia mariñeira preto de Pontevedra, onde naceu o seu fillo Brais. Cando o neno tiña catro anos volveron de novo a Pontevedra porque andaban todos na estrada, onde viven dende hai 25 anos.

Traballou como psicóloga clínica e dirixindo o traballo de prevención de drogas con mozos, docentes, pais e nais;  empregando moito tempo do seu traballo en labores formativas como docente para ensinantes de distintos niveis, corpos e forzas de seguridade, escolas de familia…; formando parte dun grupo de traballo da Xunta creado para a elaboración de material didáctico para escolas e para a mocidade, e tivo a sorte de colaborar con proxectos comunitarios  de distinta índole.

Di que nunca botou en falta un irmán porque ten uns amigos marabillosos, a súa familia elixida, dos que se sente moi orgullosa.

Nieves e amigas 2006
Marisa, Nieves, Hilda e Mariluz 2006
Asturies 2020
En Asturias 2020
Con conchita nas médulas
Nieves e Conchi nas médulas 2022
Na Coruña
Festa hippie na Coruña 
Buenos ratos 2007
Buenos ratos 2007

Nieves xubilouse anticipadamente no ano 2020 tras a pandemia e sobrada de anos de cotización, algo desencantada polo empobrecemento dos recursos sanitarios e a  falta de recoñecemento institucional á saúde mental e máis concretamente á atención ós doentes con problemas de drogodependencias.

Encántalle ler, gústanlle as novelas, a poesía, a novela policíaca, as históricas non lle gustaban ata que leu Guerra e Paz. Algún dos libros que lle gustaron: “Un Púente sobre el Drina” de  Ivo Andric, “ Mapoulas, sardiñas e dinamita” de Daniel Palleiro  e “Los asquerosos” de Lorenzo Silva.

o mar
Vista do balcón

Desfruta vendo películas, especialmente comedias, de aventuras, documentais; aínda que sempre lle gustaron os finais felices, “La vida es bella” e  “Memorias de Africa” son dúas das súas favoritas.

As redes sociais  empréga as moi pouco,  prefire o contacto persoal e non perder o tempo nas redes.

Agora que está xubilada dedica o lecer a ver exposicións, ir ao cine, teatro,  ler, camiñar, almorzar amodiño é algo que desfruta moito porque nunca o puido facer durante a súa vida laboral. Gústalle coser e facer agasallos que saen das súas mans, vai a un club de lectura unha vez por semana, desfruta cociñando, sei que fai unha empanada de acelgas que teño que probar. Coidar da xente que quere, gozar  do tempo con eles faina moi feliz.

Xubilación 2022
O día da súa xubilación con Brais e José

Considérase unha muller afortunada do seu percorrido, vendo feliz o seu fillo coa súa vida, coa súa parella; desfrutando do tempo cos seus amigxs e facendo plans con José.

Viaxou por medio mundo pero queda coa viaxe a Chile, os Géiseres do Tatio en Antofagasta e os pingüíns de Chiloe. Unha visión recorrente cando quere evadirse é visualizar os flamencos no deserto chileno de   Atacama ,entre tanta seca a auga saía da terra e estaba inundada de color rosa.

Cando quere desconectar non lle fai falta ir moi lonxe, ela queda nun piso que ten na praia cun balcón con vistas á  ría onde ve os arroaces entrar e saír da ría, os pequenos barcos de pesca e os mexilloeiros.

Despídome de Nieves, coa que tiven unha asombrosa empatía, para que colabore connosco en algún artigo. Grazas pola túa xenerosidade e por falar tan ben o galego. Xa sabes onde atoparnos.

Nieves Fernández Barrio
Ana Santos Solla

Ana Santos Solla

Profesora de E.F.

Son Ana Santos, nacín en Pontevedra no ano 1960, a miña infancia estivo moi ligada a Santa María de Xeve, a terra da miña nai, son a terceira de 8 irmáns, a maior das mozas, a máis vella como me dicían de pequena. Sempre me gustou o deporte e estudei INEF en Madrid, estiven 34 anos no IES Valle Inclán impartindo Educación Física alí foi onde coñecín ao resto dos meus compañeiros que agora me acompañan neste proxecto. Decidín xubilarme para dar un novo rumbo á miña vida e levar a cabo este tipo de iniciativas como @devellabella ue pretende que o envellecemento activo convértase en embelecemento persoal e poder achegar a miña experiencia nesta etapa da vida.

Nós os maiores aínda temos moita guerra que dar, espero que este blogue motívevos a querer colaborar connosco.

Rafael Sánchez-Agustino, Fis

máis artigos

♥♥♥ síguenos ♥♥♥