Seleccionar página

« 8 Mulleres»

8

Luns| Marzo

A inauguración terá lugar no local do Ateneo Santa Cecilia, o luns 8 de marzo, ás 20.30 da tarde

 Contaremos coa destreza das mans de 8 mulleres de Marín que amosaranos unha pequena mostra do seu traballo.

 Para homenaxear a todas estas mulleres empregamos como imaxe da exposición a Maud Wagner (1877-1961, Estados Unidos), a que se sitúa como primeira muller tatuadora profesional da historia, unha profesión destinada tradicionalmente aos homes. 

Disciplinas como a cerámica, a encadernación artística, a fotografía, a decoración de teza, o coiro, a xoiería, a cestería, a tapicería ou o soutache; cubrirán as paredes do noso local durante estas dúas semanas e a cal animámosvos a asistir.

 Laura Villanueva (Cerámica)

  • Ana Varela (Encadernación artística) 
  • Maribel Rosales (Fotografía)
  • Dini Martínez (Decoración en teza)
  • More (Coiro)
  • María Iglesias (Xoiería)
  • Pili Campos (Cestería/Tapicería)
  • Marta Carballo (Soutache

A exposición poderase visitar dende o 9 de marzo ata o 20 de marzo, en horario de 17.00 a 20.00, de martes a venres, e sábados de 11.00 a 13.00

«This Is Not a Burial, It’s a Resurrection«

9

Martes| Marzo

This Is Not a Burial, It’s a Resurrection 2019   VOSE 120 minutos

Dirección Lemohang Jeremiah Mosese Lesotho

Nas montañas de Lesotho, unha viúva de 80 anos chamada Mantoa espera impaciente o regreso do seu fillo, despois de traballar este durante un tempo nas minas de Sudáfrica. Pero o que descobre é que o seu fillo faleceu. Terriblemente doída pola noticia e perdendo ao único membro que quedaba da súa familia, decide arranxar todos os papeis e as contas pendentes para ser enterrada no cemiterio local. Os seus plans complícanse cando descobre que os oficiais da provincia decidiron recolocar o pobo para inundar a área, co fin de construír unha presa. Mantoa, con todo, opta por defender o legado espiritual da súa comunidade.

19:30   Teatro principal

«Faladoiros Literarios Feministas«

10 

Mércores| Marzo

Asistencia en liña en directo ou en diferido, sen necesidade de ir ao centro asociado.

10 de marzo de 2021
De 19:00 a 20:30 h.
Centro Asociado da UNED en Pontevedra

«A illa das mentiras«

10

Mércores| Marzo

A illa das mentiras. (Paula  Cons): A madrugada do 2 de xaneiro de 1921 o vapor Santa Isabel, que se dirixía a Bos Aires con 260 personas a bordo, afúndese diante da accidentada e dura costa da illa de Sálvora en Galicia.  Pola ausencia de homes na illa, tres mozas, María (Nerea Barros), Xosefa (Victoria Teijeiro) e Cipriana (Ana Oca), deciden ir ao rescate salvando a 48 persoas. Un acto heroico que pagarán moi caro. Tras estes feitos, un xornalista arxentino, León (Darío Grandinetti), acode a Sálvora para cubrir a noticia do naufraxio. Pero pouco e pouco comproba que esa noite sucederon demasiadas e terribles casualidades na illa.

Mércores 10 de marzo no Salón García da Casa da Cultura de Vilagarcía.

– 19,15h charla coa actriz VictoriaTeijeiro

– 20,00h proxección do filme

19:15   Salón García 

«José Suárez. 1902-1972»

2

Martes| Marzo

 As imaxes de autor de José Suárez, un fotógrafo absolutamente singular dentro da fotografía galega, centrarán a próxima exposición temporal do Museo de Pontevedra. A mostra antolóxica “José Suárez. 1902-1972” poderá visitarse no Edificio Castelao desde o próximo 2 de marzo ata o 18 de abril e recollerá 150 fotografías nunha proposta expositiva dos comisarios Xosé Luís Suárez Canal e Manolo Sendón que achega ao público a obra dun dos máis vangardistas e orixinais fotógrafos galegos do século XX. A mostra percorre toda a traxectoria profesional do autor a través da exhibición dunha selección de 150 fotografías, máis un número importante de cartas, documentos, libros e catálogos que axudan a dar unha visión de conxunto da súa biografía profesional. Para a súa mellor comprensión, presentarase dividida en tres grandes seccións á súa vez subdivididas en series fototográficas ilustradas con pequenos textos de diversos autores ao redor do seu traballo.

Ata o 18 Abril

Museo de Pontevedra

«Papiromates. Matemáticas + Creatividade = Papiroflexia »

3

Mércores| Marzo

Esta exposición reúne pezas de papel realizadas mediante a técnica do origami para pór de manifesto a relación entre as matemáticas e a papiroflexia. Na realización destas pezas, de valor case escultórico, non se usaron pegamento nin tesoiras, tan só o pregado do papel.

COMISARIO | JORGE PARDO

 Descubre que é o padrón de cicatrices e a súa importancia á hora de deseñar novos modelos, como o origami modular constrúe corpos xeométricos, ensamblando figuras de papel idénticas, ou como nas teselacións un mesmo motivo se repite numerosas veces, cubrindo un plano a través de centos de pregos. A exposición tamén repasa as achegas de algúns nomes propios relevantes no campo da papiroflexia coma o da pregadora galega Covadonga Blanco, papiroflecta, gran matemática, docente e divulgadora.

En colaboración con Escuela Museo Origami de Zaragoza (EMOZ).

Exposición con todas as medidas de seguridade pertinentes para que poidas volver gozar da arte e da cultura como o fixeches sempre.

HORARIO: LUNS a VENRES 17.30 a 20.30 e SÁBADOS 11.00 a 14.00 e 17.30 a 20.30 h

  • ENTRADA: Gratuíta
Ata o 29 de Maio

Afundación

«Al cantar brilla«

5

Venres| Marzo

Do 5 de marzo ao 27de abril

Facultade Belas Artes

«Búsqueda activa«

5

Venres| Marzo

Do 5 de marzo ao 15 de abril

Espacio Matrioska

«Os roteiros da forma»

26

Venres| Febreiro

A Consellería de Economía, Empresa e Innovación organiza xunto coa Fundación RAC a exposición Os roteiros da forma, unha mostra colectiva na que participan 14 obradoiros rexistrados no Rexistro Xeral de Artesanía de Galicia e que se pode visitar en Pontevedra. A exposición, impulsada pola Fundación Artesanía de Galicia, forma parte dun proxecto de divulgación conxunto no que se busca ensinar as propostas máis contemporáneas da artesanía galega, no marco do cal xa se realizou a finais do ano pasado a exposición Feito de estrelas, unha retrospectiva da obra do ebanista artesán Frank Buschmann. Os roteiros da forma teñen o obxectivo de reflectir as converxencias entre a artesanía e as artes visuais contemporáneas. A exposición recolle a pluralidade de formatos, linguaxes e asociación recollidos en márcaa Artesanía de Galicia, compoñendo unha panorámica rica en matices onde o peso da tradición se hibridase á complicidade do presente. A mostra propón un percorrido versátil onde se fusionan técnicas e procesos mixtos, onde a materia prima indica a súa relevancia e expresa a modo de imaxe un coñecemento multidireccional. Poderase visitar na sede da Fundación RAC Rosón Arte Contemporánea (Padre Sarmiento, 41) en Pontevedra, en horario de mércores a venres de 16:30 a 20:00 horas, con posibilidade de realizar unha visita guiada da man da comisaria da mostra, Sara Donoso, previa inscrición no mail info@fundacionrac.org. 

Ata o 26 de Marzo

Fundación Rac Roson

«Galicia, de Nós a nós»

24

Mércores| Febreiro

Comisariada por Afonso Vázquez-Monxardín Fernández e Ana Acuña Trabazo, Galicia, de Nós a nós nace co espírito de servir como elemento que aglutine e reforce unha personalidade galega actual propia, ilustrada, universalista e aberta ás correntes de pensamento mundiais, como foi a emanada daquela iniciativa editorial nos anos vinte e trinta; ademais dar a coñecer en detalle unha revista que é un dos referentes imprescindibles da cultura galega do s. XX.

Galicia, de Nós a nós reúne máis de 300 pezas na mostra máis completa e ambiciosa sobre a Xeración Nós e convértese nunha das citas culturais imprescindibles. Exhibe obras procedentes de Francia, Alemaña e Portugal que poñen o foco nas conexións internacionais da revista e dos seus impulsores, abrindo unha vía para subliñar a dimensión de universalidade e apertura da cultura galega. Tamén para destacar o legado do grupo de intelectuais galeguistas que contribuíron decididamente nas primeiras décadas do século XX ao desenvolvemento, renovación e internacionalización da lingua e da cultura galega.

Despois de estar na Cidade da Cultura, esta mostra chega a Ourense con algunhas novidades e aportacións da cidade que foi o gran xérmolo desta xeración, clave para entender a idea de Galicia.

devellabella_suelo

«No chan/En el suelo»

19

Venres| Febreiro

Fundación Laxeiro

Policarpo Sanz 15 Vigo

«En el suelo» é unha exposición de Ignacio Pérez- Jofre na que o artista presenta diferentes obras sobre papel realizadas nas rúas de Vigo coa técnica de frottage, mediante a que transfire ao soporte as terras do lugar, que actúan como pigmento que rexistra as tramas dos diferentes deseños das beirarrúas da cidade de Vigo.

O proxecto é o resultado da investigación na que a obra se constrúe a partir dos percorridos urbanos e que, neste caso, adoptan o recurso da pegada como proceso de construción da obra. Existe na obra, unha preocupación pola trama, abordada no seu aspecto práctico, como adoito deseñado para non escorregar; estético, con todas as connotacións estruturais e arquitectónicas implícitas nos deseños xeométricos; e poéticas, coa transformación dos motivos xeométricos do pavimento da cidade en metáfora da organización urbana, coa que o artista ofrece unha reflexión sobre a vida nas sociedades regulamentadas. Este modo de presentación acentúa o carácter urbano, de aspecto case industrial, dunha obra que transforma en motivo pictórico as diferentes tramas das beirarrúas da cidade, mediante un procedemento de reprodución da imaxe ausente de xesto, no que a representación icónica é substituída pola indexación, pola transferencia física de elementos da realidade. Aínda que Ignacio Pérez- Jofre defínese principalmente como pintor, a súa dilatada actividade artística comprende, ademais de obra pictórica, performance, acción, instalación, fotografía, e vídeo arte. 

Ata o 2 Maio

Fundación Laxeiro

«Educación en feminino»

18

Xoves| Febreiro

A vicerreitoría do campus de Pontevedra inaugurará o próximo 18 de febreiro, ás 12,00 h., a exposición Educación en feminino: un paseo pola historia.

Esta III Exposición de pósteres, elaborados polo alumnado da materia Teoría e historia da educación escolar da Facultade de Formación do Profesorado de Lugo, fai unha aproximación ao labor de trinta e dúas educadoras de todos os tempos e xeografías.

Entre elas atópanse Hipatia de Alexandría, Ellen Key, as irmás Agazzi, Emma Goldman, Marta Mata e Josefina Aldeoca, así como as galegas Juana de Vega, Concepción Arenal, Antía Cal e Camino Pereiro. A través desta mostra, recóllense aspectos relevantes das biografías e do exercicio profesional destas mulleres que impulsaron novas propostas pedagóxicas, metodoloxías, recursos etc. As súas iniciativas pioneiras supuxeron unha renovación do sistema escolar, que acabaría tamén por trasladarse ao conxunto da sociedade.

Poderá visitarse de luns a venres, de 10,00 a 14,00 h. e de 16,00 a 20,00 h., na vicerreitoría do Campus de Pontevedra (Casa das Campás).
Entrada de balde.

«Elas escribiron a historia»

9

Martes| Febreiro

Xa podes visitar na páxina web da Biblioteca Pública de Lugo  a exposición virtual «Elas escribiron a historiaAs primeiras xornalistas» da Secretaría Xeral de Igualdade da Xunta de Galicia.A exposición “Elas escribiron a historia. As primeiras xornalistas” recoñece o papel das precursoras galegas da comunicación na loita pola igualdade entre mulleres e homes.

A mostra repasa a traxectoria de Sofía Casanova, Concha Castroviejo, Emilia Pardo Bazán, Filomena Dato Muruais, María Luz Morales, Mercedes Vieito Bouza, Pura Vázquez Iglesias, Concepción Arenal, Clara Corral Aller, Virginia Felicia Auber, María Vinyals e Avelina Valladares Núñez.

Mirar de nuevo. La mujer contra el tiempo

2

Sábado| Xaneiro

Co título “Mirar de nuevo. La mujer contra el tiempo” inaugurase en Agalería esta nova exposición que pretende ser unha chamada de atención e un punto de inflexión sobre a forma na que ata agora mostramos e pensamos a historia do arte.

No noso presente, as artistas mulleres cobraron unha maior influencia e reescriben a historia para construír novas liñas de tempo e relacións entre obras, movementos e décadas. Esta exposición, que inclúe obras de artistas mulleres pertencentes a Colecciones ABANCA e Afundación xunto a obras convidadas de destacadas coleccións privadas, e pretende contribuír a darlle a volta e trastornar a narrativa hexemónica, axudando a diminuír esa desigualdade que levou á arte realizada por mulleres a unha inxusta ausencia.

Álava, Chechu – Almeida, Helena – Alonso, Mónica – Blanchard, María – Cabellut, Lita – Cáccamo, Berta – Calvo, Carmen – Colmeiro, Elena – Dans, María Antonia – De La Calzada, Paz Díaz, María Xosé – Dolron, Desiree – Fernández, Almudena – Fernández, Ana – Funke, Helen Lamas, Menchu – Mallo, Maruja – Medal, Tatiana – Minguillón, Julia – Moure, Antía –  Neshat, Shirin – Nogueira, Sandra – O´keefe, Georgia – Pereira, Pamen – Rae, Fiona – Rey, Bea – Sevilla, Soledad – Sighicelli, Elena – Solano, Susana – Valesaka, Soares.

Visita virtual

Ata o 28 de Marzo

Galería ABANCA

«Os teus ollos din o que a túa boca cala»

2

Martes| Marzo

MARCO, en Vigo, acolle ata o 4 de abril a exposición Os teus ollos din o que a túa boca cala, de Celeste Garrido, na que poden verse pezas das súas series Nupcial e Infancias Rotas.

A miña nai era modista. Cando eu era pequena observaba aqueles vestidos baleiros que estaban agardando a que viñesen buscalos. Eu imaxinábame dentro deles. Víaos alí pendurados, no alto, como vestidos imperiais, como nas esculturas gregas. E pensaba en habitalos. Eu traballo co corpo pero sen o corpo porque a idea é que cadaquén poida habitar mentalmente as pezas, meterse dentro deses vestidos. O vestido é ademais a indumentaria por antonomasia da muller.

Ata o 4 de abril

MUSEO MARCO DE VIGO

máis artigos

Do 19 ao 25 de abril 2021

Do 12 ao 18 de abril 2021

Do 5 ao 11 de abril 2021

Do 29 de marzo ao 4 de abril 2021

Do 22 ao 28 de marzo 2021

Do 15 ao 21 de marzo 2021

Elena Ramos Rascado por Ana Santos

Antonio Lois Pérez

Xosé Manuel Gulías Márquez

Carmen Varela Villamarín

♥♥♥ síguenos ♥♥♥

Español