Escapada a Portugal

Esta viaxe foi moi pensada e planeada, era xa para o verán, por mor do Covid 19 foise aprazando , e como seguiamos co bicho en Galicia e non tanto en Portugal , decidimos levalo adiante.Alugamos unha casa no Bairro do Casal, situada na vila de Murça, preto de Vila Nova de Foz Coa. Estivemos tres días, chegamos moi tarde, case ás nove da noite,  levabamos algo para cear, fixemos unha ensalada, e coa  neveira da casa que estaba chea de víveres: queixo, xamón, froita, viño, augas … amañamos unha cea estupenda e, de paso, organizamos o día seguinte.  saber máis

Sara Valenzuela Viz

Sara Valenzuela Viz

Profesora de Historia

Nacín na parroquia de Santirso de Manduas, en Bandeira.

Aos nove anos mandáronme estudar a Santiago e alí pasei uns cantos anos da miña vida, xa que logo fixen Filosofía e letras e liciencieme en Xeografía-Historia.

Exercín de profesora percorrendo moitos centros educativos das catro provincias, penso que de aí vén o que me gusta viaxar.

Levo en Pontevedra 27 anos, nesta fermosa cidade coñecín a unha parte dos integrantes do blog devellabella, no IES Valle Inclán e tamén no Frei Martín Sarmiento. Con eles vivín moitas aventuras, dende a nosa dedicación común ao teatro a festas diversas relacionadas co noso traballo, e sempre me sentín en total confianza.

Levo xubilada dous anos e procuro aproveitalo ao máximo, sobre todo facendo viaxes.

Neste proxecto vou poñer o meu graniño de area, e espero que sexa do voso agrado

Bretaña

máis artigos

♥♥♥ síguenos ♥♥♥