Viaxe a Turquía

Nunha tarde de principios de agosto do ano 2014 collemos un avión da compañía Turkish airlines no aeroporto de Santiago de Compostela para que nos levara a Estambul e recorrer parte de Turquía facendo unha viaxe de 10 días. Aínda que a viaxe foi moi interesante, a cousa empezou con mal pé, na escala que fixemos no aeroporto de Bilbao comunicáronnos que había que esperar máis de dúas horas debido ás tormentas que se estaban a dar na zona do aeroporto de Estambul. Así comeza a viaxe de Manolo Gulias e a súa muller Concha. Saber máis

Manolo Gulías Márquez

Manolo Gulías Márquez

Profesor

José Manuel Gulías Márquez naceu en Pontevedra en 1952, pero foi bautizado en Forcarei de onde eran seus pais. En 1983 aprobou as oposicións por ciencias logo fixo a especialidade de galego e daba as clases nesa lingua. O seu último destino levouno ao instituto onde estudou, é dicir ao Valle Inclán, non podía estar máis feliz xa que despois de case 20 anos non tivo que volver coller o coche. Neste instituto estivo 18 anos ata que con 65 xubilouse, porque xa tiña o tempo de servizo e xa tocaba. Colabora con nós relatando as súas viaxes.

Nueva York

máis artigos

♥♥♥ síguenos ♥♥♥