A rede informática Internet nace en 1989 e dende esa data ata o día de hoxe o cambio que está producindo na sociedade global é verdadeiramente espectacular, podemos velo nos cambios tecnolóxicos e nas redes sociais. A comunicación actual a nivel global non ten nada que ver coa do ano no que botou a camiñar esta ferramenta poderosísima e os seus “brazos” correspondentes.

O Estado ten un competidor para saber de nós, para controlar os nosos movementos. Google, Apple, Facebook, Amazon… usan un “telescopio monumental” sobre a nosa actividade máis minuciosa. Cando a próxima intelixencia artificial e a tecnoloxía 5G estean entre nós, a organización da sociedade e da política van ser completamente distintas, diferentes, moi afastadas das de hoxe.

A primeira revolución na información, a Escritura, a segunda, a Imprenta e a terceira Internet. Nas dúas primeiras son moi doados de discernir os extraordinarios cambios que produciron en todas as actividades dos diferentes campos do laborar diario, a guerra, o pensamento, a industria, a relixión, os descubrimentos da ciencia… Internet é un novo universo no que temos que “navegar” moi ben, a contracorrente, para sacudirnos ao “Gran Irmán” que nos vixía; as grandes multinacionais, os grandes poderes financeiros, o capitalismo global e… o Estado. Eles están nunha situación de privilexio neste novo universo, como o estiveron nos precedentes.

 Entrando xa en materia do que verdadeiramente significa a época de Internet (e o que pasará no futuro, porque verdadeiramente estamos nos inicios e a conformación do novo espazo social, político, sociolóxico, tecnolóxico…, aínda terá un longo percorrido, pero, iso si, continuo) o escritor, periodista, sociólogo, xeopolítico, un dos líderes máis importantes do movemento antiglobalización: Ignacio Ramonet, director de Le Monde diplomatique (en español), descríbenos os novos tempos nos que Internet é a actriz principal:

         “Vivimos en un universo en el que nuestra privacidad está muy amenazada; estamos más vigilados que nunca mediante la biometría o las cámaras de videoprotección, mucho más de lo que imaginó el mismísimo George Orwell en su novela distópica 1984. Además, la robótica, los drones y la inteligencia artificial amenazan con crear un ecosistema del que el ser humano podría acabar siendo expulsado; sin hablar de la “crisis de la verdad” —en materia de información—, sustituida por las fake news, la postverdad, las nuevas manipulaciones o las verdades alternativas. En este punto el futuro podría estar acercándose más rápido de lo que pensamos a nuestro pasado más aterrador”.

    Por outra parte non cabe dúbida de que hoxe podemos conectarnos con calquera persoa de calquera parte do mundo ao instante e ter acceso a plataformas do coñecemento de forma instantánea tamén. Explícao moi ben Ramonet:

  “Sobre el aspecto emancipador de la actual revolución digital, lo más notable es la “democratización efectiva de la información”. Un ideal que constituía una reivindicación fundamental, y en cierta medida un sueño, desde la revuelta social de mayo de 1968 —es decir, el deseo de que los ciudadanos se apoderaran de los medios de comunicación y sobre todo de información— en cierta medida se ha realizado. Hoy en día con el equipamiento masivo de dispositivos ligeros de comunicación digital (teléfonos inteligentes, computadoras portátiles, tabletas y otros) los ciudadanos disponen, individualmente, de una potencia de fuego comunicacional superior a la que poseía, por ejemplo, en 1986, el primer canal de televisión de alcance planetario, Cable News Network (CNN). Es mucho más barato y fácil de operar. Cada ciudadano es ahora lo que antes se llamaba un mass media. Mucha gente lo ignora o no conoce el poder real del que dispone. Hoy, frente a las grandes corporaciones mediáticas, ya no estamos desarmados. Otra cosa es saber si estamos haciendo un uso óptimo del superpoder comunicacional del que disponemos.”

    O feito de ter acceso a este  potente universo e poder conectar con quen sexa e onde sexa no momento, poder procurar no buscador de Google calquera cousa, a que sexa! da que ignoramos o seu significado e que precisamos sabelo xa é cuestión de poñer o nome no buscador e ter de forma inmediata unha correcta información. Non é necesario acudir a ningún dicionario en papel, apoiando o móbil na man e tecleando xa está, xa o temos.  O lado negativo provócano o abuso, o exceso, o seu gran poder de control e desorde das mensaxes e mentiras prefabricadas creadas polas redes sociais ( Facebook, Twitter, Tinder…) evaporándose a transmisión da realidade dos feitos, é dicir, facendo que a verdade sexa relativa. Que llo pregunten a Trump!

     Novamente botamos man de Ignacio Ramonet para que dunha forma clara e concisa nos amose a realidade destes comportamentos:

   Así que podríamos, en efecto, decir que por una parte, las redes sociales y las mensajerías de nuevo tipo (Twitter, Facebook, Instagram, Telegram, Signal, Snapchat, WhatsApp, Zoom, TikTok y otras) han ampliado indiscutiblemente el espacio de nuestra libertad de expresión, pero a la vez han multiplicado al infinito las capacidades de manipulación de las mentes y de vigilancia de los ciudadanos. Es clásico. Podríamos afirmar, parafraseando a Marx, que la Historia es la historia de las innovaciones tecnológicas. Cada innovación tecnológica aporta una solución a un problema, y a su vez, como ya subrayamos, cada solución crea un nuevo problema. O sea, siempre que se produce un salto hacia adelante en las tecnologías de la comunicación, nos hallamos efectivamente ante un progreso en materia de capacidades de expresión, y también, ante un peligro de confusión, de confrontación y de nuevas intoxicaciones mentales. Es normal. En ese aspecto no hay nada nuevo. Todo poder que posee el monopolio de la expresión pública se desespera ante cualquier aparición de una tecnología comunicacional democratizante que amenaza su uso solitario de la palabra. Piénsese, de nuevo, en la invención de la imprenta en 1440, y el pánico de la Iglesia y del trono ante una máquina que les arrebataba de repente el monopolio de la verdad.”

 Malia o matizado e exposto en liñas anteriores, grazas a Internet e ás redes sociais moitas sociedades espertaron do seu letargo pasivo e submiso e  conseguiron meter en verdadeiros apuros a certos países que exercían un enorme poder sobre as súas cidadanías. Para mostra “as primaveras árabes” ou os movementos dos indignados en España que foron a semente doutros partidos políticos que lograron romper o bipartidismo reinante desde o comezo da democracia en 1977, como exemplo Unidas Podemos que mesmo chegou ao goberno, e outros como Cidadáns que por unha mala actuación dalgúns dos seus dirixentes non puideron estar onde está Podemos. Non nos esquezamos do movemento”Occupy Wall Stret” en Estados Unidos.

O correo electrónico, a mensaxería e o teléfono intelixente xogaron un papel primordial. As ditaduras de Túnez e Exipto  cambalearon ante a explosión de descontento das súas cidadanías apoiándose nestas novas tecnoloxías. O mesmo pasou en Libia e Siria, as cales desembocaron en guerras civís. A partir de aí, as auténticas redes sociais (Facebook, Twitter) xogaron un papel contraemancipador da cidadanía por parte do poder político e financeiro e outro papel moi activo na espionaxe e en facer caer gobernos. É unha loita política no ciberespazo..

Hoxe en día o uso das redes sociais é espectacular. Ante esta nova realidade, estamos abocados a ser dominados por esta posverdade que nos fai claudicar en deixar de ser nós con carácter crítico, cuestionador, emancipador e ser suxeitos activos no camiño dunha sociedade máis humana, máis colectiva.

O capitalismo globalizador, neste novo universo de Internet, dá a impresión de ter todas as de ganar, facéndonos consumir nas redes, entreternos, xogar… ao mesmo tempo que damos, non sendo moi conscientes, todos os datos da nosa personalidade a través dos distintos “consumos” que realizamos ao “Gran Irmán”, que sabe todo de nós e nos manexa á perfección. Ofrécenos a gratuidade e a cambio convértenos nun produto.

 Ignacio Ramonet regálanos unhas “pingas” de esperanza:

        Sí, las redes sociales son el medio dominante hoy, como lo fueron en otras épocas la televisión, la radio, el cine o la prensa. Es una revolución considerable, como no la ha habido jamás en el campo de la comunicación. Repetimos, todo cambio importante en el ámbito de la comunicación acaba fatalmente por tener repercusiones decisivas en lo social y lo político. No hay excepciones. Desde la invención de la escritura hasta Internet, pasando por la imprenta.

En cualquier país, las redes obligan a todos los demás medios de masas (prensa escrita, radio, cine, televisión) a tener que repensarse. Hay un darwinismo mediático en marcha. El medio que no se adapte al nuevo ecosistema desaparecerá. Adaptarse no quiere decir que los otros medios deben hacer lo que hacen las redes. No. Las redes son también el territorio, ya lo dijimos, de la manipulación, de la intoxicación, de las fake news, de las “verdades emocionales”, de las “verdades alternativas”, de los relatos conspiracionistas. La prensa escrita, por ejemplo, debe concentrarse en sus cualidades: la calidad de la escritura, la brillantez del relato, la originalidad de la temática, la realidad del testimonio, la autenticidad de la información, la inteligencia del análisis y la garantía de la verdad verificada”

Un é pesimista ante esta nova era que empezamos a vivir, porque no fondo está, creo, moi ben deseñada polos grandes poderes económicos ocultos, que son unha minoría, pero cun poder inmenso, son os que dirixen o mundo. Como imos contrarrestar este dominio se cada día estamos máis engulidos, máis submisos, con menos forza, con menos vontade de ser nós mesmos, de ser os auténticos autocreadores da nosa formación humanista, intelectual, técnica… e de emanciparnos dos grandes poderes devoradores de todo o humano?

Internet é un campo onde o capitalismo nos ha levar “ao seu rego”, xa  o está facendo con gran facilidade.

  Miguel Benasayag, psicanalista e epistemólogo franco-arxentino, autor de tres libros, entre outros xa publicados: La tiranía del algoritmo, El cerebro aumentado, El hombre disminuido, elogio del conflicto, escrito coa súa compañeira Angélique del Rey, describe que a tiranía do algoritmo elimina a singularidade do ser humano, suprime o conflito, o debate. Desmaterializa e descorporiza, convértenos en datos binarios inscritos en chips, paralízanos e alinéanos no individual.

A actual política ten un poder insignificante ante as grandes empresas da información, empresas que poden bloquear as contas dos presidentes do Imperio. Non podemos minimizar o seu poder de anular os seres humanos.

 Non somos quen aínda de enfrontarnos a esta revolución dixital, non para prescindir dela senón para que non nos destrúa como seres pensantes. Matiza Miguel Banasayag que non nos decatamos de que nada pode cambiarse se nos conformamos coa pequena política de palacio.

  Confusión e incertidume, certa esperanza, certo pesimismo, unha inferior ilusión invádenos.  O tempo dirá, pero deberiamos estar ben atentos para non deixar de ser nós mesmos. Que non nos guíen!

José Cerdeira Soto

José Cerdeira Soto

Topógrafo

Estou xubilado desde o ano 2004 e vivo en Pontevedra desde 1982.

Nacín en Soutelo de Montes, no Concello de Forcarei, no ano 1946 e xa no 63 entrei na empresa na que transcorrería toda a miña vida laboral Dragados y Construcciones, onde me formei como topógrafo, profesión que exercín ata a miña xubilación.

Pasar a formar parte das “clases pasivas” non se converteu nunha situación traumática para min, ao contrario, enchín as miñas horas de lecer de múltiples actividades para as que, cando traballaba, non tiña tanto tempo: a lectura, a implicación en diversas iniciativas culturais, sociais e políticas;a participación no voluntariado da Cruz Vermella, ir á universidade de maiores, ser moi activo nas redes sociais, etc.

A miña intención é seguir facendo cousas e aprendendo outras, deica o último suspiro.

máis artigos

♥♥♥ síguenos ♥♥♥