por Amancio Castro – 2009
A planta da foto é o Digitalis purpurea L. subp. purpurea.
O nome científico do Xénero, dado por Linneo (“Digitalis”) significa “ de los dedos” é dicir “dedales” ou “dediles” (pola forma das flores). O nome da especie “purpurea” atende á cor púrpura das mesmas.
No caso especial desta fotografía macro responde a unha “Forma albina” de pétalos brancos.
Ao ser unha forma botánica e non unha “variedade” e moito menos unha “especie” distinta da “purpurea”, as sementes da “forma albina”, non aseguran dar plantas coa flor branca.
É moi rara a aparición desta forma. Persoalmente só a vin tres veces ao longo da miña vida na natureza.
Esta apareceu en 2012 a carón do río dos Gafos cerca do apeadoiro da vía vella do tren, en Figueirido.
As persoas máis viaxadas puideron observar fóra de Galicia a lo menos dúas especies de dixitais de flores amarelas máis ou menos claras “Digitalis lutea” e “Digitalis grandiflora” que nada teñen que ver coa especie “purpurea” que nos ocupa.
Datos Técnicos: f/ 11 ; ¼ ; ISO: 100; Trípode ; Canon 5D ; 100 mm Macro ; luz lateral ; disparador por cable.
Amancio Castro
máis artigos
♥♥♥ síguenos ♥♥♥
Trackbacks/Pingbacks