Viaxe aos países do leste III:O Adriático

Agora si que xa deixamos Grecia e continuamos a viaxe, estamos na última parte, camiño do Adriático , saímos cara Albania, a primeira parada é Gjirokastra. O primeiro que tiñamos que facer ao chegar era cambiar cartos, xa nos acostumaramos aos euros en Grecia. E a moeda oficial de Albania é o lek (leke, plural). Unha moeda, Gjirokastra, recibiu o nome de “Museo da cidade”. Moitas casas conservan o traballo tradicional de talla de madeira. Foi aquí onde naceu Enver Hoxha, máximo dirixente e primeiro secretario do Partido Comunista de Albania e tamén dictador inmisericorde hasta o seu pasamento en 1985. O lugar onde naceu converteuse agora nun museo.  En 2005, a Unesco inscribiu a cidade-museo Gjirokastra como Patrimonio da Humanidade como un raro exemplo dunha vila otomá ben conservada e construída por propietarios. Debemos mencionar os kules, edificacións típicas da cidade, casas-torre de clara orixe turca que están presente   …..pincha aquí
Sara Valenzuela Viz

Sara Valenzuela Viz

Profesora de Historia

Nacín na parroquia de Santirso de Manduas, en Bandeira.

Aos nove anos mandáronme estudar a Santiago e alí pasei uns cantos anos da miña vida, xa que logo fixen Filosofía e letras e liciencieme en Xeografía-Historia.

Exercín de profesora percorrendo moitos centros educativos das catro provincias, penso que de aí vén o que me gusta viaxar.

Levo en Pontevedra 27 anos, nesta fermosa cidade coñecín a unha parte dos integrantes do blog devellabella, no IES Valle Inclán e tamén no Frei Martín Sarmiento. Con eles vivín moitas aventuras, dende a nosa dedicación común ao teatro a festas diversas relacionadas co noso traballo, e sempre me sentín en total confianza.

Levo xubilada dous anos e procuro aproveitalo ao máximo, sobre todo facendo viaxes.

Neste proxecto vou poñer o meu graniño de area, e espero que sexa do voso agrado

Viaxe aos países do Leste II

máis artigos

♥♥♥ síguenos ♥♥♥