Óleo sobre lenzo 40×30 cm.  “Interior vermello: natureza morta sobre mesa azul”

 O QUE NOS CONTA MONTSE:

O cadro que vemos é a reproducción dun orixinal de Henri Matisse de 1947, para moitos o mellor pintor do século XX.

Os interiores son un xénero moi traballado polo autor e un motivo predilecto é que haxa neles portas ou ventás abertas á vexetación.

Nesta obra destaca o brillo das súas cores que o fan moi luminoso e alegre, transmitindo, ao mesmo tempo, unha sensación apracible. As liñas negras zigzagueantes fan pensar que hai vida. Na composición con formas audaces destaca a mesa vista desde arriba e os demais elementos á altura dos ollos. O medallón leva un retrato de Camille Jobilaut, amor de xuventude e coa que tivo unha filla.

A cor para Matisse representa a verdadeira liberdade do artista. El encabeza o movemento chamado “Fauvismo” que se caracteriza principalmente por usar cores puras en contrastes violentos.

Notas biográficas da autora:

Montse naceu na Estrada en 1960. Estudou no Instituto Manuel García Barros desta cidade o bacharelato  e Filoloxía Hispánica en Compostela, exercendo como profesora de Lingua galega e literatura durante 25 anos.

Desde 1988 vive na Coruña a onde chegou tras obter destino definitivo en Carballo, aínda que  pouco despois conseguiu  o traslado para o IES Ramón Menéndez Pidal da cidade, alí desenvolveu a  docencia ata a súa  xubilación no 2007.

Ao xubilarse  puido dedicarse de forma máis plena a unha das súas paixóns: pintar. Na súa produción artística conta con cadros orixinais seus e outros, coma este que nos presenta hoxe, que son interpretacións de autores aos que admira.

Pesca

máis artigos

♥♥♥ síguenos ♥♥♥