Seleccionar página

Fragmento de «Lavandeiras«

 Óleo sobre lenzo 60’5x50cm.

 É a reprodución dunha parte do orixinal creado por Manuel Colmeiro. Lembramos que este silledense, nado en 1901, é un dos grandes protagonistas da renovación artística galega do primeiro terzo do século XX.

 O óleo de Colmeiro está feito sobre «táblex» e ten unha medida de 51x65cm. É do ano 1967. Inclúese dentro desa temática tan do gusto do autor como é a vida popular galega, o mundo rural, a muller como protagonista e a paisaxe, pois nel hai un intenso compromiso social. Non esquezamos que para Valle-Inclán era «o auténtico intérprete» da súa terra.

 No fragmento presentado observamos a forte muller galega cun pano lavado entre as mans e situada ao ar libre nesas frías e luminosas cores verdes que a acollen. É a parte central dunha delicada obra onde contemplamos unha escena con seis figuras femininas anónimas e populares a lavar e tender a roupa nunha composición moi coidada. A súa visión transmite felicidade.

 As tonalidades verdes e azuis da paleta dannos moito sosego con esa imaxe doce e tenra de liñas difuminadas.

Notas biográficas da autora:

Montse naceu na Estrada en 1960. Estudou no Instituto Manuel García Barros desta cidade o bacharelato  e Filoloxía Hispánica en Compostela, exercendo como profesora de Lingua galega e literatura durante 25 anos.

Desde 1988 vive na Coruña a onde chegou tras obter destino definitivo en Carballo, aínda que  pouco despois conseguiu  o traslado para o IES Ramón Menéndez Pidal da cidade, alí desenvolveu a  docencia ata a súa  xubilación no 2007.

Ao xubilarse  puido dedicarse de forma máis plena a unha das súas paixóns: pintar. Na súa produción artística conta con cadros orixinais seus e outros, coma este que nos presenta hoxe, que son interpretacións de autores aos que admira.

máis artigos

Do 19 ao 25 de abril 2021

Do 12 ao 18 de abril 2021

Do 5 ao 11 de abril 2021

Do 29 de marzo ao 4 de abril 2021

Do 22 ao 28 de marzo 2021

Do 15 ao 21 de marzo 2021

Elena Ramos Rascado por Ana Santos

Antonio Lois Pérez

Xosé Manuel Gulías Márquez

Carmen Varela Villamarín

♥♥♥ síguenos ♥♥♥

Español