Begoña Caamaño foi un agasallo desta nosa terra, mágoa que xa non estea neste mundo, pois faleceu prematuramente no 2014 cando só tiña 50 anos, pero alá onde more andará desmontando e recreando mitos e heroes masculinos pois este era o seu obxectivo, un traballo artesanal en pro dunha visión máis feminista da literatura.
Na primeira novela, Circe ou o pracer do azul, Begoña transportounos aos mitos gregos onde un Ulises algo máis vulnerable do que sempre se contou é seducido por Circe na súa illa, mentres Penélope farta de tecer e destecer e de aturar a Telémaco establece unha correspondencia marabillosa de amizade coa propia Circe.
Morgana en Esmelle , publicada no 2012, acadou varios premios como: o da Crítica de narrativa galega, que outorga a Asociación Española de Críticos Literarios, o Antón Losada Diéguez de creación literaria en 2013, o Ánxel Casal e o da Asociación de Escritores en Lingua Galega.
Xa foi advertida pola crítica a súa clara filiación cunqueiriana e tamén a súa reivindicación feminista. Efectivamente nesta novela Morgana, media irmá de Artur, sufrirá as conspiracións de Merlín para expandir o cristianismo, e as súas consecuencias, pero grazas ás ensinanzas da súa tía Viviana (a súa guía espiritual e antiga amante de Merlín) conseguirá as forzas necesarias para darlle unha lección ao mago desprazándose ás terras de Miranda (onde lembremos sitúa Cunqueiro a Merlín, xa vello, na súa novela Merlín e familia), axudada por unha Xenebra avellentada. Os personaxes femininos son, pois, cruciais.
Begoña aborda o tema artúrico dende a perspectiva da loita das mulleres por facerse camiño nun sistema establecido polo poder dos homes, da igrexa, da monarquía, das armas e da manipulación representada aquí polas artes engaiolantes de Merlín, fondo coñecedor das debilidades dos humanos. Pero tamén nos presenta un Merlín moi humano xa de vello, convertido nun home moi respectado en toda Galicia polas súas artes e remedios, un home coa conciencia dividida loitando inutilmente por recuperar o amor de Viviana.
Os distintos capítulos van amosándonos tres miradas, tres narradores e tres linguaxes perfectamente diferenciados:
Das crónicas de Ávalon
Da conciencia do señor Merlín
Das memorias de Felipe de Amancia
Sobre toda a novela planea indubidablemente, pois, o estilo e a voz de Cunqueiro, a quen a autora agradece a súa mestría.
Como vemos na novela achégase á literatura artúrica e, tal como ela mesma me confesou, tiña previsto continuar con outras aventuras da Materia de Bretaña, mais o seu repentino final non llo permitiu.
Fernando Fernández
Fernando Fernández
Puesto
Naceu en Salceda de Caselas o 14 de setembro de 1957.
Formación a nivel de bacharelato no ies Pino Manso do Porriño e COU no Sta Irene de Vigo.
En 1975 comeza a andaina laboral con 18 anos como dependiente na desaparecida librería Rafael Rodriguez no casco vello de Vigo.
En 1980 despois de cumprir co servizo militar inicia distintos traballos de representante comercial en empresas de papelería polo noroeste peninsular.
En marzo do 1989 pasa a formar parte do plantel de Editorial Galaxia como promotor de vendas ata a súa xubilación en 2020.
máis artigos
Actividades culturais do 22 ao 28 de abril 2024 por Ana Santos
by Ana | Abril 21, 2024 | Actividades | 0 Comments
Actividades culturais do 15 ao 21 de abril 2024 por Ana Santos
by Ana | Abril 14, 2024 | Actividades | 0 Comments
Actividades do 8 ao 14 de Abril 2024 por Ana Santos
by Ana | Abril 7, 2024 | Actividades | 0 Comments
Actividades culturais do 1 ao 7 de abril 2024 por Ana Santos
by Ana | Marzo 31, 2024 | Actividades | 0 Comments
Actividades culturais do 18 ao 24 de marzo 2024
by Ana | Marzo 17, 2024 | Actividades | 0 Comments
Actividades culturais do 11 ao 17 de marzo 2024 por Ana Santos
by Ana | Marzo 9, 2024 | Actividades | 0 Comments
Víctor Pedreira Crespo por Ana Santos Solla
by Ana | Abril 14, 2024 | Historias de vida | 0 Comments
Carmen Fernández Conde por Ana Santos
by Ana | Marzo 10, 2024 | Historias de vida | 0 Comments
Fidelina Gómez Rancaño por Ana Santos
by Ana | Febreiro 11, 2024 | Historias de vida | 0 Comments
Fita a Galana por Ana Santos Solla #devellabella#
by Ana | Xaneiro 14, 2024 | Historias de vida | 0 Comments
Coco Pimentel Piernas por Ana Santos Solla
by Ana | Decembro 17, 2023 | Historias de vida | 0 Comments
Rosabel Piñeiro Boullosa por Ana Santos Solla
by Ana | Novembro 12, 2023 | Historias de vida | 0 Comments
Alleo á moda por Jose Solla Casqueiro
by Colaborador | Abril 21, 2024 | Fotográficas | 0 Comments
O Vello Cárcere de Lugo e a memoria por Anxo Gonález Guerra
by Colaborador | Abril 21, 2024 | Articulos | 0 Comments
Viaxe a Brasil 2ª parte por Manolo Gulias Márquez
by Colaborador | Abril 21, 2024 | Escapadas | 0 Comments
Víctor Pedreira Crespo por Ana Santos Solla
by Ana | Abril 14, 2024 | Historias de vida | 0 Comments
Trackbacks/Pingbacks