O QUE NOS CONTA MONTSE:


   Óleo sobre lenzo 40x40cm.
   É a reprodución dun orixinal realizado por Manuel Colmeiro, nacido en Silleda (Pontevedra) no ano 1901. Na capital arxentina, onde residiu primeiro como emigrante e máis tarde como exiliado, relacionouse con Luis Seoane, Rafael Dieste e Rafael Alberti, entre outros. Despois trasladouse a París e formou parte da Escola de París. Pertenceu ao grupo Os Novos con Seoane, Laxeiro, Arturo Souto e Maside. Estes foron considerados continuadores do grupo Nós.
   Observamos no cadro unha figura estática, unha muller lendo o xornal nun interior con escasos elementos. O seu aspecto é escultórico. A cromática da obra vai dos azuis aos vermellos transportándonos a un ambiente moi tranquilo.

Muller lendo nun interior con luz natural.

Montse Sanmartín Rei

Montse Sanmartín Rei

Profesora de lingua Galega

Montse naceu na Estrada en 1960. Estudou no Instituto Manuel García Barros desta cidade o bacharelato  e Filoloxía Hispánica en Compostela, exercendo como profesora de Lingua galega e literatura durante 25 anos. 

Desde 1988 vive na Coruña a onde chegou tras obter destino definitivo en Carballo, aínda que  pouco despois conseguiu  o traslado para o IES Ramón Menéndez Pidal da cidade, alí desenvolveu a  docencia ata a súa  xubilación no 2007. 

Ao xubilarse  puido dedicarse de forma máis plena a unha das súas paixóns: pintar. Na súa produción artística conta con cadros orixinais seus e outros, coma este que nos presenta hoxe, que son interpretacións de autores aos que admira. 

A música

máis artigos

♥♥♥ síguenos ♥♥♥