Desde o 2010,a proposta da AELG, vense celebrando cada 24 de febreiro o DÍA DE ROSALÍA en conmemoración da data do seu nacemento.
Este ano de 2021 a AELG utiliza o lema “TEUS DOCES CANTARES” tratando de unir a música na literatura, a música nos poemas de Rosalía e a música entorno á figura de Rosalía na nosa tradición lírica, poética e musical.
O acto central da homenaxe celebrarase en Santiago de Compostela no Panteón de Galegos Ilustres en S. Domingos de Bonaval o 27defebreiro, lendo o manifesto Anna R. Figueiredo.
Nós queremos contribuír a esta homenaxe lembrando a muller, a escritora, a poetisa e, como non, a presenza da música nos seus poemas. Non é moi difícil atopala pois, como todo o mundo sabe, o seu primeiro poemario en galego titulouse : Cantares gallegos en el Rosalía glosa cantares populares, polo que nos poemas deste libro atopamos ritmos ben coñecidos, sobretodo o da muiñeira, pero non só iso senón que a referencia ao canto ou cantar tamén está moi presente.
más articulos
♥♥♥ síguenos ♥♥♥