Seleccionar página

Viaxe a Cuba 2ª parte

Despois de saír do val de Viñales, fomos a Cienfuegos e continuamos contando a nosa viaxe.

En Cienfuegos tamén nos aloxamos nunha casa, pero xa non houbo tanta complicidade cos donos que tiñan un fillo pequeno e unha avoa  moi maior aos que debían levar á escola e ao centro de día, así que no almorzo estaban ocupados e, cando regresaban,  nos saïamos a ver a cidade, case non coincidiamos. Pero nalgún momento ao despedirse de nós antes de saír da casa, e que non os iamos ver durante o día, faláronnos do centro de día, do coidado da súa nai, a señora estaba moi contenta e, por suposto, deducimos que as persoas maiores estaban moi ben atendidas.

Cienfuegos foi fundada en 1819 por emigrantes franceses que deixaron unha grande influencia. A cidade divídese en dúas partes diferentes, a zona con soportais central, co seu rexio Paseo do Prado e o seu elegante parque; e Punta Gorda con eclécticos pazos construídos polas clases adiñeiradas nos anos vinte.  saber máis 

Sara Valenzuela Viz

Sara Valenzuela Viz

Profesora de Historia

Nacín na parroquia de Santirso de Manduas, en Bandeira. Aos nove anos mandáronme estudar a Santiago e alí pasei uns cantos anos da miña vida, xa que logo fixen Filosofía e letras e liciencieme en Xeografía-Historia.

Exercín de profesora percorrendo moitos centros educativos das catro provincias, penso que de aí vén o que me gusta viaxar.

Levo en Pontevedra 27 anos, nesta fermosa cidade coñecín a unha parte dos integrantes do blog devellabella, no IES Valle Inclán e tamén no Frei Martín Sarmiento. Con eles vivín moitas aventuras, dende a nosa dedicación común ao teatro a festas diversas relacionadas co noso traballo, e sempre me sentín en total confianza.

Levo xubilada dous anos e procuro aproveitalo ao máximo, sobre todo facendo viaxes.

máis artigos

Do 19 ao 25 de abril 2021

Do 12 ao 18 de abril 2021

Do 5 ao 11 de abril 2021

Do 29 de marzo ao 4 de abril 2021

Do 22 ao 28 de marzo 2021

Do 15 ao 21 de marzo 2021

Elena Ramos Rascado por Ana Santos

Antonio Lois Pérez

Xosé Manuel Gulías Márquez

Carmen Varela Villamarín

♥♥♥ síguenos ♥♥♥

Español