Viaxe a Limia

Sara Valenzuela Viz
Dous días en Limia. A lagoa de Antela foi sempre unha referencia en materia de biodiversidade e sobre todo   pola súa diversidade de avifauna, lagoa importante nunha zona onde non abundan estas formacións, estaba poboada por miles de aves de multitude de especies, tanto permanentes como migratorias. Xa no século dezanove e tamén na primeira metade do vinte a loita contra o paludismo fixo que se desecaran ou rachearan numerosos acuíferos en toda España, estes valiosos ecosistemas eran considerados como focos de infección xa que era onde se reproducen os mosquitos que transmiten enfermidades. Por esta razón e pola necesidade de obter boas terras agrícolas, nos anos 50, a lagoa desecouse. Pero, a partir dos anos 70, un pouco máis ao sur, no concello de Sandiás, comezou a explotación de depósitos de areas cuaternarias, a prohibición de sacar area de praias ríos e rías fixo que se buscase outra fonte deste material básico para a construción. Os buratos feitos para a extracción foron  saber máis 
Sara Valenzuela Viz

Sara Valenzuela Viz

Profesora de Historia

Nacín na parroquia de Santirso de Manduas, en Bandeira. Aos nove anos mandáronme estudar a Santiago e alí pasei uns cantos anos da miña vida, xa que logo fixen Filosofía e letras e liciencieme en Xeografía-Historia.

Exercín de profesora percorrendo moitos centros educativos das catro provincias, penso que de aí vén o que me gusta viaxar.

Levo en Pontevedra 27 anos, nesta fermosa cidade coñecín a unha parte dos integrantes do blog devellabella, no IES Valle Inclán e tamén no Frei Martín Sarmiento. Con eles vivín moitas aventuras, dende a nosa dedicación común ao teatro a festas diversas relacionadas co noso traballo, e sempre me sentín en total confianza.

Levo xubilada dous anos e procuro aproveitalo ao máximo, sobre todo facendo viaxes.

Viaxe a Cuba II

máis artigos

♥♥♥ síguenos ♥♥♥