por Luis Pereiro

“A uns escasos 30 km de Pontevedra, na parroquia de Pedre no concello de Cerdedo-Cotobade, está a aldea vella de Vichocuntín. Como outros moitos lugares parece ser que se foi abandoando na segunda metade do século XIX coa apertura da estrada a Ourense. Os seus habitantes foron instalándose cara as beiras do Lérez.

Na actualidade quedan os restos dun gran hórreo, dun pombal e polo menos de 6 casas algunhas incluso de dúas plantas, así como múltiples valados en toda a zona.

O lugar chama a atención porque é un auténtico museo etnográfico de cómo eran as aldeas nesa época e por estar completamente invadido por unha frondosa vexetación que ata hai pouco impedía o acceso e permitiu que os restos quedasen ocultos durante décadas sen máis danos que os producidos polo paso do tempo”.

Enlace ao Blog de Luis Pereiro

Luis Pereiro

Luis Pereiro

Profesor de Galego

Chámome Luís Pereiro. Nacín en Palas de Rei (Lugo). Alí vivín ata os 10 anos para alternar con Lugo desde esa idade ata os 17 mentres facía o bacharelato. Estudei Historia da Arte en Santiago, pero as circunstancias do momento fixeron que entrase como profesor interino de Lingua e Literatura Galegas. Tras cinco anos de interino por Pontevedra e Ribeira, aprobei as oposicións e logo de pasar por Vigo e Cee viñen para Pontevedra ao IES Luís Seoane de Monte Porreiro onde botei 29 anos ata a xubilación voluntaria hai pouco máis dun ano.

Fun un entusiasta do traballo colaborativo, en igualdade e en valores nese centro. Os momentos máis felices paseinos sen dúbida co alumnado do Club de Debate.

Desde que dei o paso á xubilación trato de seguir coas miñas afeccións de sempre pero dispoñendo de moito máis tempo para gozalas. Pódeseme ver correndo polos camiños de Pontevedra catro días á semana, vexo películas e series, escoito rock e blues e gasto moito máis en libros. Agardo poder volver viaxar pronto e ver mundo cercano e distante xunto coa miña cámara fotográfica que me acompaña alá onde vou.

Galeria fotográfica

A ría de Pontevedra

máis artigos

♥♥♥ síguenos ♥♥♥