No ano 2003 comezan a contabilizarse en España as mulleres asasinadas por violencia de xénero. Ata o día de hoxe, suman a arrefriante cifra de 1.168. Asasinadas.
Sirva este simple e á vez inmenso dato para iniciar hoxe esta breve reseña na nosa revista, nas vésperas do 25 de Novembro, Día Internacional da Eliminación da Violencia contra as Mulleres.
Que se pode dicir que non estea dito? Cada ano publícanse reseñas, como hoxe facemos nós, conmemorando esta data, denunciando os feitos que fan que, ano tras ano, este número aumente. Múdande leis, impleméntanse programas e protocolos, e o número segue a medrar. Con mulleres, “nós que resistimos a séculos de forza”, que canta Guadi Galego. O patriarcado, como sistema de dominación do home sobre a muller, segue vixente. Só coa educación, a formal e a non formal, de novas masculinidades e de mulleres libres e empoderadas, conseguiremos pechar ese número.
25 de novembro, e todos os días do ano, construamos unha sociedade igualitaria.

Peque González Novoa
Profesora
Son Peque González Nóvoa. Nacín en Pontevedra hai 63 anos, nunha familia das de aquela, “numerosa”. Estudiei Psicoloxía en Santiago e dediquei toda a miña vida laboral á docencia, no ensino público; nos primeiros anos como mestra de infantil e posteriormente como orientadora, ata que hai dous anos decidín pasar a esta etapa chamada xubilación.
No meu percorrido de vida acostumo a definirme como muller, mestra, nai e avoa, sen orde prevalente, por que considero que son os elementos que conforman quen son.
Achégome a este grupo de xente que tivo a boa idea de poñer en marcha este proxecto “De vella a bella” coa intención de aprender e poder aportar un micrograo de area. Neste contexto no que vivimos, e nesta situación de pandemia, creo que todo o que implique a activación das persoas, sexa cal sexa a súa idade, é positivo.
máis artigos
Rafael Sánchez-Agustino “Fis” por Ana Santos
by Ana | Marzo 10, 2023 | Historias de vida | 0 Comments
Juan Romero Ogando por Ana Santos
by Ana | Febreiro 12, 2023 | Historias de vida | 0 Comments
Gal Costa por Manuel Lastra Galiano
by Manuel Lastra | Xaneiro 15, 2023 | Música | 0 Comments
Counting Crows (Contando Corvos) por Javier Domínguez
by Colaborador | Decembro 25, 2022 | Música | 0 Comments
Marina de Sáa González por Ana Santos Solla
by Ana | Decembro 18, 2022 | Historias de vida | 0 Comments
Luis Otero Echart por Ana Santos
by Ana | Decembro 4, 2022 | Historias de vida | 0 Comments
Psicología Clínica por Jesús Gayoso
by Colaborador | Marzo 12, 2023 | Etnografía | 0 Comments
Raíña dos mares por Charo Valcárcel Mato
by Charo | Marzo 12, 2023 | Literarias | 0 Comments