2020 : CENTENARIO DA APARICIÓN DA REVISTA NÓS
O 30 de outubro de 1920 editouse en Ourense o primeiro número da Revista Nós (Revista mensual da cultura galega, órgao da Sociedade Galega de Pubricaciós Nós). Estamos, xa que logo, a celebrar o primeiro centenario desta publicación, o fito cultural máis importante para a cultura galega do S XX.
A revista estaba ligada ao pensamento nacionalista e contaba con contidos maioritariamente ligados á cultura galega. Así en Primeiras verbas (O editorial do primeiro número) Podemos ler:
“É a ansia qu’oxe sinte Galizia de vivir de novo, de voltar ó seu ser verdadeiro e inmorrente, a evidencia lumiosa do mañán, o que nos fai sair… Os colaboradores de Nós poden ser o que lles pete… con tal de que poñan por riba de todo o sentimento da Terra… a orgulosa satisfaición de seren galegos.”
CASTELAO E NÓS. CASTELAO EN PONTEVEDRA
Non vai ser o noso cometido realizar aquí unha exposición e/ou análise da vida e obra de Castelao polo miúdo. Non é que esta figura tan sobranceira da nosa cultura non dea para escribir libros enteiros, como de feito xa se fixo, senón que pensamos que non é esta nin a ocasión nin o lugar para facelo. De todos xeitos os que vos quededes con ganas de saber máis podedes acudir a unha copiosa bibliografía sobre o escritor, artista gráfico e político que saciará a vosa curiosidade.
O motivo de que nos ocupemos del reza ben no título.

Manuel Lastra Galiano
Profesor de galego
Son Manuel Lastra Galiano. Nacín hai case sesenta e un anos en Salcedo, ao lado de Pontevedra.
Sempre me gustou a literatura polo que decidín estudar Filoloxía e facerme profesor. O curso pasado puxen fin á miña etapa de docente despois de exercer durante trinta e sete anos, trinta deles no IES Valle Inclán desta cidade.
Penso que a xubilación non debe implicar o cese da vida activa. Ao contrario, agora podo dedicarme á realización de moitas actividades lúdicas e culturais que tiña aprazadas pola falta de tempo.
A publicación deste blog responde a esta ansia de manterme activo. Xunto cos meus compañeiros, espero que as propostas que vos fagamos sexan do voso agrado.
máis artigos
Actividades culturais do 19 ao 25 de xaneiro 2026 por Ana Santos
by Ana | Xaneiro 18, 2026 | Actividades | 0 Comments
Actividades culturais do 12 ao 18 de Xaneiro por Ana Santos
by Ana | Xaneiro 11, 2026 | Actividades | 0 Comments
Actividades culturais do 5 ao 11 de xaneiro 2026 por Ana Santos
by Ana | Xaneiro 4, 2026 | Actividades | 0 Comments
Actividades culturais do 29 de decembro ao 4 de xaneiro por Ana
by Ana | Decembro 28, 2025 | Actividades | 0 Comments
Actividades culturais do 22 ao 28 de decembro por Ana Santos
by Ana | Decembro 21, 2025 | Actividades | 0 Comments
Actividades culturais do 15 ao 21 de decembro por Ana Santos
by Ana | Decembro 14, 2025 | Actividades | 0 Comments
Lola Fontán Fernández-a Xenxa- por Ana Santos
by Ana | Decembro 16, 2025 | Historias de vida | 0 Comments
Piruca Baena Solla por Ana Santos Solla
by Ana | Setembro 21, 2025 | Historias de vida | 2 Comments
Ana Carretón Guada por Ana Santos Solla
by Ana | Febreiro 2, 2025 | Historias de vida | 0 Comments
José María Fernández Vázquez por Ana Santos
by Ana | Decembro 1, 2024 | Historias de vida | 0 Comments
Olga Martínez López por Ana Santos Solla
by Ana | Outubro 27, 2024 | Historias de vida | 1 Comment
Luisa Pan Martínez por Ana Santos Solla
by Ana | Setembro 22, 2024 | Historias de vida | 0 Comments
El hombre que amaba los pueblos pequeños por José Luis Vázquez
by Colaborador | Xaneiro 18, 2026 | Articulos | 0 Comments
O pescador por José Luis Madrigal Mota
by Colaborador | Xaneiro 18, 2026 | Fotográficas | 0 Comments
Descoordinación por Isidro Cortizo del Río
by Isidro | Xaneiro 11, 2026 | Artísticas | 0 Comments
O pozo do Pego por Manuel Gulías Márquez
by Colaborador | Xaneiro 11, 2026 | Literarias | 0 Comments
Moi interesante, didáctico e pedagóxico o traballo realizado por os meus queridos compañeiros/as da Revista, Charo Valcarcel e Manuel Lastra sobre o Centenario da Revista Nós e sobre Castelao. A figura de Castelao, neste traballo, faese moi emotiva, a sua paixón por Pontevedra tivo que ser un sufrimento moi forte, cando estivo no exilio en Argentina.
Non hai dereito que as autoridades galegas, naquel intre, as do PP, na década 1980 a 1990,cando trouxeron os seus restos a Galicia, non viñeran a Pontevedra como era o seu desexo. Moito cinismo houbo na traida dos restos de Castelao a Galicia e concretamente a Santiago.
Tamén foi unha mágoa que a revista Nós virase truncada pola Guerra Civil, pois era de moi boa calidade. Reitero os meus parabens a Charo valcarcel e a Manuel Lastra polo seu bo traballo.