Adoitamos camiñar pola vida cun rumbo fixo marcado, cada cual co seu destino diario e intentando cumprir coa tarefa que nos propoñemos acometer. Ao lonxe parecémonos moito a esas formiguiñas laboriosas, enchendo a despensa do niño e todo o día atarefadas.
Pode acontecer que a miúdo non saibamos exactamente se o que nos move é o deber, as imposicións da sociedade ou a propia vontade que nos esixe marcar o noso propio territorio, nús e libres de ataduras. En calquera caso, sempre estamos dun lado para outro, sen reparar en todas esas persoas que nos cruzamos en tódalas partes, protagonistas de historias das cales non adoitamos ter a máis mínima información nin despertan o noso interese.
Máis de súpeto, como ben dicía Almudena Grandes, “un bo día os sonos desaparecen e xa non é posible recuperalos“. Semella que o paso do tempo arrasa con todo.
Nunca tivemos tanta información ao noso alcance, quizais esteamos a sufrir unha especie de embriaguez de coñecementos, que nos pode cegar cual tinta de calamar e desviarnos do que no noso foro interno máis íntimo desexamos cimentar na nosa vida… e é que, como dicía Víctor Frankl: “o que alcance a ser o home ten que construilo el mesmo“… quere iso dicir que cando vaiamos camiñando en post dos nosos sonos debemos de esforzarnos en desprendernos dese lastre informativo, educativo e mesmo ideolóxico para poder outear con claridade o noso horizonte.
E debemos de facelo buscando sempre a beirarrúa do sol, co alivio dunha canción, pois a rutina e a manipulación mediática que cada día tratan de impoñernos, poderían conseguir que camiñásemos pola penumbra, con estremecementos e, o peor de todo, desprendidos de nós mesmos.
“Unha nova sociedade só pode xurdir cando os homes libres de prexuízos sexan máis fortes que os dogmáticos” (Anouar Hatem). Quizais o exercicio da Arte sexa unha magnífica opción para logralo, aínda que nos poida custar unha dolorosa soidade e a incomprensión dos nosos coetáneos.
En calquera caso, vale a pena intentalo, pois sempre o faremos enarborando a bandeira da liberdade.
URBANITA “arxila”
Xerografía s/papel verjurado
27 x 23 cm 2022

Agustín Pousseu Loira
Arquitecto
Agustín Pousseu Loira. Nace en Río Grande do Sul, Brasil en 1958. Fillo de emigrantes galegos. Arquitecto pola E.T.S.A de A Coruña.
Dende moi novo mostra paixón pola pintura e compaxina esa arte coa profesión de arquitecto.
Recibiu o 1º premio do concurso nacional Ferrogrés-Arquitectura 1995 pola obra do Pavillón Polideportivo de Bueu. Accésit Premio 25 anos, convocado polo colexio Oficial de Arquitectos na súa delegación de Pontevedra.
Na pintura e na escultura ten unha longa traxectoria en exposicións individuais e colectivas.
Tamén ten obra literaria inédita “En procura da verdade”, “Cousas de mente preñada”, “Kroatopía e o poemario “Poesía de corto metraje”.
Ten publicado un relato ilustrado coa súa propia obra: “El bosque de Acivro”.
O seu traballo plástico é amplio e abrangue obras de linóleo, plumas a tinta chinesa, pinturas ao óleo e acrílicas, etc. Na escultura ten traballos esculpidos en madeira, en terracota e esculturas de bronce.
Na actualidade está a levar a sua obra plástica á xoería en prata, ouro e resina.
máis artigos
Actividades culturais do 11 ao 17 de maio por Ana Santos
by Ana | Maio 10, 2026 | Actividades | 0 Comments
Actividades culturais do 4 ao 10 de Maio por Ana Santos
by Ana | Maio 3, 2026 | Actividades | 0 Comments
Actividades do 27 de Abril ao 3 de Maio por Ana Santos
by Ana | Abril 26, 2026 | Actividades | 0 Comments
Actividades culturais do 20 ao 26 de Abril por Ana Santos
by Ana | Abril 19, 2026 | Actividades | 0 Comments
Actividades culturais do 13 ao 19 de Abril por Ana Santos
by Ana | Abril 12, 2026 | Actividades | 2 Comments
Actividades culturais do 6 ao 12 de abril por Ana Santos
by Ana | Abril 5, 2026 | Actividades | 0 Comments
Lola Fontán Fernández-a Xenxa- por Ana Santos
by Ana | Decembro 16, 2025 | Historias de vida | 0 Comments
Piruca Baena Solla por Ana Santos Solla
by Ana | Setembro 21, 2025 | Historias de vida | 2 Comments
Ana Carretón Guada por Ana Santos Solla
by Ana | Febreiro 2, 2025 | Historias de vida | 0 Comments
José María Fernández Vázquez por Ana Santos
by Ana | Decembro 1, 2024 | Historias de vida | 0 Comments
Olga Martínez López por Ana Santos Solla
by Ana | Outubro 27, 2024 | Historias de vida | 2 Comments
Luisa Pan Martínez por Ana Santos Solla
by Ana | Setembro 22, 2024 | Historias de vida | 0 Comments
Catecúmeno por Xosé Manuel Gulías Márquez
by Colaborador | Maio 10, 2026 | Literarias | 0 Comments
Fendas por Aarón Franco e Elena Lameiro
by Colaborador | Maio 10, 2026 | Bienestar | 0 Comments
Os camiños da vida de Otero Pedrayo por Pilar Freitas
by Pilar Freitas | Abril 26, 2026 | Etnografía | 0 Comments
Viaxe a Polonia 2ª parte por Xosé Manuel Gulías
by Colaborador | Abril 26, 2026 | Escapadas | 0 Comments