En decembro de 2019 viaxei a Helsinki e tiven a ocasión de visitar unha moderna biblioteca inaugurada facía un ano, a Biblioteca Central Oodi e quedei fascinado por tan grande centro de cultura: espectacular e impoñente. Por iso vou escribir unha breve reseña e engadir algunhas fotos. Breve debe de ser para espertar a curiosidade dos posibles lectores ao tempo que facilitar datos informativos para quen queira ampliar e desfrutar desta e algunhas outras bibliotecas ás que se pode acceder nun enlace máis adiante. De calquera xeito, o mellor desfrute será viaxar a este templo da cultura ou a outros coma este que polo mundo andan repartidos.
En Internet hai moita información sobre esta biblioteca. Non hai máis que poñer nun buscador “biblioteca Oodi” ou “Oodi library” (se se desexa buscar en inglés). Ou na Wikipedia onde se atopan vinte fotografías de alta calidade.
Un pouquiño de historia: no ano 2012 convocouse un concurso de deseño para construíla e o estudo de arquitectura ALA Architects saíu gañador entre máis de cinco centos de competidores. En Xaneiro de 2015 aprobouse o proxecto de construción. Custou 98 millóns de euros. En Decembro de 2016 seleccionouse un nome entre 1600 propostas dos cidadáns. Acordouse chamarlle Oodi, Oda en galego (e español). Foi inaugurada en Decembro de 2018. Resultado: un fantástico deseño!
Esta biblioteca forma parte da HelMet (Area Metropolitana de Helsinki) que agrupa 66 bibliotecas, o que permite retirar un libro nunha delas e entregalo noutra calquera. Segundo a súa web dispón de 100.000 libros, esta xestionada por 64 traballadores, 9 árbores interiores e 2 cafés. Total: máis de 17.000 metros cadrados en tres andares.
Oodi non é unha simple biblioteca: é un centro cultural. Ademais da biblioteca ten un variado equipamento para usar pola cidadanía: impresoras 3D, máquinas de coser e tecer, impresoras de planos, estudos de imaxe e son, salas de reunión, cafetarías e restaurante, xogar a videoxogos, espazos de exposicións, lugares especiais para nenos, etc. Calquera recuncho é acolledor e fermoso. Todo por unha cuota de 20 Euros ao ano.
É un edificio ultramoderno de tres andares. A planta baixa ten varias entradas, un espazoso vestíbulo, instalación públicas, lugares para eventos, os servicios de biblioteca e unha cafetaría. O segundo andar está dedicado ao traballo, ás actividades, á aprendizaxe, á interacción e ao tempo con amigos e familiares, e dispón de salas para atender as necesidades dos cidadáns activos. As instalacións desta planta inclúen estudos, salas de xogos, espazo de traballo e reunións, un obradoiro urbano e instalacións para cursos e interacción. O terceiro andar alberga o Book Heaven (O ceo dos libros): un lugar para relaxarse cos seus libros, oasis de lectura e cafés. A paisaxe urbana de Helsinki pódese admirar dende o Balcón dos Cidadáns da biblioteca. Para curiosos hai unha colección 74 fotografías neste enlace.
Oodi converteuse nunha das máis interesantes atraccións de Helsinki. Unha auténtica e envidiable gozada. Ata ten bastantes libros en español. É de visita obrigatoria (e gratis) aínda que se pasen so unhas horas de visita en Helsinki. Se ides a Helsinki, non a perdades!
Coñecer esta biblioteca, supuxo un estímulo da miña curiosidade e tentei de buscar algunhas bibliotecas semellantes. Atopei algunhas, a primeira foi a biblioteca Deichman. Despois de seguir buscando atopei bastantes máis na páxina web Las bibliotecas modernas más alucinantes del mundo.

Xosé Antonio Pérez Graña
Profesor de inglés
Naceronme en Cotobade no 1952. Estudei Maxisterio (por inglés) e Psicoloxia. Traballei durante 37 anos no ensino, rematando a miña vida laboral no IES Valle Inclán, onde formei parte do grupo de teatro Argallada. Encargueime tamén da revista anual do Instituto. Nesta nova etapa, adicareime a recompilar artigos e actividades da nosa Web para facer unha revista-resume cada mes.
máis artigos
Actividades culturais do 5 ao 11 de outubro por Ana Santos
by Ana | Outubro 4, 2026 | Actividades | 0 Comments
Actividades culturais do 28 de setembro ao 4 de outubro
by Ana | Setembro 27, 2026 | Actividades | 0 Comments
Actividades culturais do 21 ao 27 de setembro por Ana Santos
by Ana | Setembro 20, 2026 | Actividades | 0 Comments
Actividades culturais do 14 ao 20 de setembro por Ana Santos
by Ana | Setembro 13, 2026 | Actividades | 0 Comments
Actividades culturais do 7 ao 13 de setembro por Ana Santos
by Ana | Setembro 6, 2026 | Actividades | 0 Comments
Actividades culturais do 25 ao 31 de Maio por Ana Santos
by Ana | Maio 24, 2026 | Actividades | 0 Comments
Pedro Ayuso Sierra por Ana Santos Solla
by Ana | Outubro 4, 2026 | Historias de vida | 0 Comments
Marisa Sánchez Martínez por Ana Santos Solla
by Ana | Setembro 20, 2026 | Historias de vida | 0 Comments
Rosa María López Lorenzo por Ana Santos
by Ana | Setembro 6, 2026 | Historias de vida | 0 Comments
Lola Fontán Fernández-a Xenxa- por Ana Santos
by Ana | Decembro 16, 2025 | Historias de vida | 0 Comments
Piruca Baena Solla por Ana Santos Solla
by Ana | Setembro 21, 2025 | Historias de vida | 2 Comments
Ana Carretón Guada por Ana Santos Solla
by Ana | Febreiro 2, 2025 | Historias de vida | 0 Comments
Pedro Ayuso Sierra por Ana Santos Solla
by Ana | Outubro 4, 2026 | Historias de vida | 0 Comments
Máis nervioso ca un crocodilo en augas do Peloponeso por Jose Solla
by Colaborador | Setembro 27, 2026 | Fotográficas | 0 Comments
La mañana de Marina Filgueira García
by Colaborador | Setembro 27, 2026 | Articulos | 0 Comments
Marisa Sánchez Martínez por Ana Santos Solla
by Ana | Setembro 20, 2026 | Historias de vida | 0 Comments