A carta

Xosé Álvarez

13.5.38
 Mis queridos padres: Ha llegado mi última hora. Ya veis, ni en este momento me falta valor para afrontar la situación a que la desdicha nos ha conducido a todos. Dentro de dos o tres horas moriré. Quiero pues en los últimos de mi vida pediros perdón una vez más por este gran disgusto que os doy. Ánimo y valor padres míos como lo tiene vuestro hijo. No desesperéis; no os aflijais demasiado: os queda más familia, otros hijos (hermanos míos queridos) que sabrán consolaros.
 Doy mi vida tranquilo; sin remordimientos de conciencia de ninguna clase: no he matado, no he robado… nadie mejor que vosotros conoce mi corazón.
 No os desesperéis -repìto- padres queridiños
[varias palabras tachadas]
 Mamasiña: Un abrazo muy fuerte. Muero sin besarte, sin haberte abrazado, pero lo hago espiritualmente y tan fuertemente que quisiera en él condensar todo el cariño que te profeso.
 Hermaniños: Quered mucho a papá y mamá. No olvidéis a Otilia.
 Os abraza y besa a todos de todo corazón
 Segundo.

Parte da carta
carta de Segundo

Carta de Segundo Abal

Son as tres da madrugada do 13 de maio de 1938, o mestre Segundo Abal Padín entrara en capela ás dúas e media. Estaba acompañado polo seu defensor, o tenente de infantería Jaime Aranda, cando recibiu a visita do xuíz instrutor e o secretario para notificarlle a sentenza do consello de guerra que o condenara a morte o nove de febreiro.

Nestes momentos finais lembra a súa detención o un de agosto de 1936 e a permanencia durante meses, como detido gobernativo, na prisión provisional habilitada na Escola Normal de Pontevedra.

 Nacera en Padrenda (Meaño), estudara maxisterio e estivo destinado en Puerto de la Cruz (Tenerife) e alí, o un de outubro de 1932, afiliouse á Federación de Trabajadores de la Enseñanza da UGT. O seu último destino foi a escola de Castro de Agudín, na parroquia vilagarciá de Cea.

Non esquece as acusacións contra el dun compañeiro, mestre falanxista, que manifesta saber que o primeiro de maio marchara á cabeza dunha manifestación dando berros e saudando co puño en alto; tamén lle dixeran que o 20 de xullo dirixira un grupo de obreiros e que estivera fuxido no monte. O mestre falanxista, ao igual que outros acusadores, falaba por referencias e non puido concretar quen lle dera esas informacións.

Carnet de Abal

Carnet de Abal

O informe da policía que figuraba no atestado foi moi duro:

 “Gran propagandista de las doctrinas del marxismo; era anti-religioso hasta el extremo de inculcar a los niños confiados a su custodia ideas contrarias a la religión, haciendo pruebas con ellos para demostrarles que no había Dios; tomó parte activa en contra del glorioso movimiento como organizador de grupos armados y alentando a los mismos, poniendo todo su esfuerzo en la demarcación en beneficio del Frente Popular. Es considerado como elemento perturbador y peligroso para la sociedad. No se le conocen bienes de fortuna”.

O fiscal amplifica as acusacións, afirma que concorre no procesado a agravante da perversidade do delincuente e apela a “los buenos españoles guiados por su amor a la Patria derraman su sangre en los frentes para conseguir el engrandecimiento de la misma y eliminar para siempre a esos desgraciados que pretendían convertirla en una colonia rusa”.

 Segundo Abal non se recoñece nestas acusacións, nega os feitos que lle atribúen e alega que o mestre acusador movíase guiado pola inimizade orixinada por unha pasada relación amorosa cunha familiar daquel.

            Ás cinco e media da madrugada, na avenida de Bos Aires, unha sección das forzas de seguridade composta por un suboficial e doce números executa o mestre.

O médico certificou a defunción “que tuvo como causa inmediata un síncope cardíaco y por causa fundamental tres heridas de armas de fuego portátil en la región precordial, mortales de necesidad y dos heridas de la misma clase en el hemitórax derecho”.

 Hai anos, a persoa que a posuía entregoume unha copia desta carta: a derradeira carta do mestre.

Segundo Abal

Segundo Abal

Xosé Álvarez Castro

Xosé Álvarez Castro

Historiador

Xosé Álvarez Castro, mestre, profesor de historia (xubilado) .Licenciado en Xeografía e Historia. 

Máster en Educación Ambiental. Fundación Universidad-Empresa. UNED. 

VI premio Galiza Mártir da Fundación Alexandre Bóveda á recuperación da memoria histórica en 2011. 

 Enlace ao Blog de Xosé Álvarez Castro

Pontevedra, catro días de xulio

O modelo de muller baixo o franquismo

O que nos contan os nomes das Xunqueiras

máis artigos

♥♥♥ síguenos ♥♥♥