por Antonio Lois Pérez

“A Galiza do emigrante”

 

Galiza non é esa terra.

Galiza non é esa mar.

Galiza non é esa choiva.

Galiza non é ese vento.

Para os que estamos lonxe;

é a que levamos dentro.

Non é a Galiza de hoxe;

da que pouco coñecemos.

É aquela outra Galiza,

aquela que nos deixamos.

Aquela nai que choraba

o día que nos marchamos.

Naiciña que sempre agarda

o día en que volvamos.

É aquela outra Galiza,

a Galiza que lembramos.

Aquela outra Galiza

de cando éramos nenos.

Era outra terra e outro mar,

outra choiva e outro vento.

Para os que estamos lonxe,

esa é a nosa Galiza.

É a que levamos dentro.

                     Antonio Lois

Antonio Lois pérez

Antonio Lois pérez

Economista

Nacín un día 4 do  mes de xaneiro, ano 1948, no lugar do Castro de Mourelos, parroquia de Mourelos (Saviñao – Lugo). Son economista e técnico en tintes, estampación e acabados téxtiles. Actualmente vivo en Barcelona.

Gústame escribir poesía en galego do pobo, o galego dos meus pais, que é o galego que amo; non en galego ilustrado! Participei en tres libros de poesía (Poetas do Reencontro, Caminhos da Poesía e Raia Luso Española), así coma na revista Xistral do Concello de Lugo.  Non hai moito máis que contar de unha  vida moi vulgar!

Son do Castro de Mourelos;
onde mellor se ve o Miño,
onde mellor se ve o ceo;
onde, ulindo ó seu vento,
eu xa sei se vai chover.
¡Que pena que non estén
aqueles que eu amei;
que pena que xa non vexa
o Castro que eu deixei!
A pesar de todo eso;
ou pode sexa por eso,
do Castro sempre serei

Historia de vida

Versos na lúa

máis artigos

♥♥♥ síguenos ♥♥♥