A capela da Virxe Peregrina é un dos símbolos máis representativos da cidade de Pontevedra. A planta circular -en forma de vieira- e a fachada convexa danlle a este templo unha traza moi particular que os pontevedreses consideramos única. Por iso resulta curioso que na rúa de San Justo en pleno corazón do Madrid dos Austrias se atope unha igrexa de parecido sorprendente, a basílica pontificia de San Miguel.
As características dos dous edificios son moi similares: á fachada curva antes mencionada hai que engadir unhas dimensións e proporcións moi parecidas, o feito de que os dous templos estean divididos en dous corpos construtivos separados por cornixas e que cada un deses dous corpos estea dividido á súa vez verticalmente en tres partes mediante columnas ou pilastras e que ambas igrexas están rematadas por un frontón central (partido no caso da pontevedresa) e dúas torres laterais.
A igrexa madrileña, obra do arquitecto Santiago Bonavía, comenzou a construirse en 1739 en estilo barroco con influencias italianas.
O templo pontevedrés é algo máis serodio. Encetáronse as obras en 1778 dirixidas polo mestre Antonio Souto. O estilo é barroco tamén pero con claras influencias portuguesas e algún elemento neoclásico.
Capela da Virxe Peregrina
Basílica pontificia de San Miguel

Manuel Lastra Galiano
Profesor de Galego
Son Manuel Lastra Galiano. Nacín hai case sesenta e un anos en Salcedo, ao lado de Pontevedra.
Sempre me gustou a literatura polo que decidín estudar Filoloxía e facerme profesor. O curso pasado puxen fin á miña etapa de docente despois de exercer durante trinta e sete anos, trinta deles no IES Valle Inclán desta cidade.
Penso que a xubilación non debe implicar o cese da vida activa. Ao contrario, agora podo dedicarme á realización de moitas actividades lúdicas e culturais que tiña aprazadas pola falta de tempo.
A publicación deste blog responde a esta ansia de manterme activo. Xunto cos meus compañeiros, espero que as propostas que vos fagamos sexan do voso agrado.
máis artigos
Actividades culturais do 9 ao 15 de Febreiro por Ana Santos
by Ana | Febreiro 8, 2026 | Actividades | 0 Comments
Actividades culturais do 2 ao 8 de febreiro por Ana Santos
by Ana | Febreiro 1, 2026 | Actividades | 0 Comments
Actividades culturais do 26 de xaneiro ao 1 de febreiro por Ana Santos
by Ana | Xaneiro 25, 2026 | Actividades | 0 Comments
Actividades culturais do 19 ao 25 de xaneiro 2026 por Ana Santos
by Ana | Xaneiro 18, 2026 | Actividades | 0 Comments
Actividades culturais do 12 ao 18 de Xaneiro por Ana Santos
by Ana | Xaneiro 11, 2026 | Actividades | 0 Comments
Actividades culturais do 5 ao 11 de xaneiro 2026 por Ana Santos
by Ana | Xaneiro 4, 2026 | Actividades | 0 Comments
Lola Fontán Fernández-a Xenxa- por Ana Santos
by Ana | Decembro 16, 2025 | Historias de vida | 0 Comments
Piruca Baena Solla por Ana Santos Solla
by Ana | Setembro 21, 2025 | Historias de vida | 2 Comments
Ana Carretón Guada por Ana Santos Solla
by Ana | Febreiro 2, 2025 | Historias de vida | 0 Comments
José María Fernández Vázquez por Ana Santos
by Ana | Decembro 1, 2024 | Historias de vida | 0 Comments
Olga Martínez López por Ana Santos Solla
by Ana | Outubro 27, 2024 | Historias de vida | 1 Comment
Luisa Pan Martínez por Ana Santos Solla
by Ana | Setembro 22, 2024 | Historias de vida | 0 Comments
Era Abril e chovía por Ramón Caride
by Colaborador | Febreiro 15, 2026 | Literarias | 0 Comments
O meniño co rabo no cu por José Manuel Gulías Márquez
by Colaborador | Febreiro 8, 2026 | Literarias | 0 Comments
Farolillos de cores por José Madrigal Mota
by Colaborador | Febreiro 8, 2026 | Fotográficas | 0 Comments
Tras la ventana de Vicente Méndez
by Colaborador | Febreiro 1, 2026 | Literarias | 0 Comments