A poesía e a paixón non entenden de idade

Concedemos protagonismo ao colectivo pontevedrés “De vella a bella” para coñecer os intereses e preocupacións das persoas +60 da nosa cidade.

Coñecemos a poeta Nila Álvarez e o seu traballo da man das amigas de “De vella a bella”

Charo e Nila en Onda cero
Charo Valcárcel

Charo Valcárcel

Profesora de filoloxía galega

Nacín nunha pequena freguesía da Estrada (Sta. Cristina de Vinseiro) hai 60 anos, pero xa levo trinta e cinco vivindo en Pontevedra, case tantos como os que traballei no IES Valle Inclán (trinta e dous), toda unha vida…

Estudei Filoloxía Hispánica, aínda que me presentei e aprobei as oposicións para profesora de Lingua galega e sempre exercín como tal, do cal me sinto e sentirei sempre moi orgullosa.

Formamos parte dun grupo de teatro de profesores (en activo e xubilados) que naceu no 2005 no seo do Valle Inclán, Argallada, e que está esperando tempos mellores para retomar a súa actividade.

Agardo que as miñas contribucións no blog devellabella sexan merecedoras do voso beneplácito ou, polo menos, non do voso desgusto.

máis artigos

♥♥♥ síguenos ♥♥♥