TRADUCIÓN E ADAPTACIÓN DUN CONTO DE JORGE BUCAY
A POTA EMBARAZADA
Un home pediulle unha tarde ao seu veciño unha pota emprestada. O dono da pota non era demasiado solidario, pero sentiuse obrigado a emprestarlla.
Aos catro días, a pota aínda non fora devolta, así que, coa escusa de necesitala, foi pedirlle ao seu veciño que lla devolvese.
-Casualmente ía subir á sua casa para devolverlla… O parto foi tan difícil!
-Que parto?
-O da pota.
-Como?
-Ah, non o sabía? A pota estaba embarazada.
-Embarazada?
-Si, e esa mesma noite tivo familia. Por iso tivo que gardar repouso, pero agora xa está recuperada.
-Repouso?
-Si, un segundo por favor.
E, entrando na súa casa, sacou a pota, unha xerriña e unha tixola.
-Iso non é meu, só a pota.
-Non, é seu. Son as fillas da pota. Se a pota é súa, as fillas tamén o son.
O home pensou que o seu veciño estaba completamente tolo. “Pero mellor que lle siga a corrente”, díxose.
-Vale, grazas.
-De nada. Adeus.
-Adeus, adeus.
E o home marchou para a súa casa coa xerriña, a tixola e a pota.
Esa tarde o veciño volveu chamar á súa porta.
-Veciño pódeme emprestar un desaparafusador e unha pinza?
O home sentíase agora máis obrigado ca antes.
-Si, claro
Entrou na casa e saíu coa pinza e o desaparafusador.
Pasou case unha semana e, cando xa estaba pensando en ir recuperar as súas cousas, o veciño chamou á súa porta.
-Ai, veciño, vostede sabíao?
-O que?
-Que o desaparafusador e a pinza son parella.
-Non me diga! –dixo o home cos ollos desorbitados-. Non o sabía.
-Mire, foi un descoido meu. Durante uns intres de nada deixeinos sós e quedou preñada.
-A pinza?
-A pinza! Tróuxenlle a seus fillos.
E abrindo unha canastriña, entregoulle algúns parafusos, porquetas e cravos que, segundo el, parira a pinza.
“Está louco de remate” pensou o home. Pero os cravos e os parafusos sempre viñan ben.
Pasaron dous días. O veciño pedichón apareceu de novo.
-O outro día –díxolle-, cando trouxen a pinza, decateime de que ten vostede sobre a mesa unha fermosa ánfora de ouro. Sería tan xentil de emprestarma durante unha noite?
Ao dono da ánfora tintináronlle os ollos.
-Como non! –dixo en xenerosa actitude. E entrou na súa casa para saír coa ánfora de ouro que lle pedirá emprestada.
-Grazas, veciño.
-Adeus.
-Adeus.
Pasou aquela noite e tamén a seguinte, e o dono da ánfora non se atrevía a chamar á casa do seu veciño para pedirlle que lla devolvera. Non obstante, cando xa transcorrera unha semana, non puido resistir a súa ansiedade e foi reclamarlle a ánfora.
-A ánfora? -dixo o veciño-. Ah!, non o soubo?
– O que?
-Morreu no parto.
-Como que morreu no parto?
-Si, a ánfora estaba embarazada e, durante o parto, morreu.
-Dígame, vostede cre que son parvo? Como vai estar embarazada unha ánfora de ouro?
-Mire, veciño, vostede aceptou o embarazo e o parto da pota. Aceptou tamén a voda e a descendencia dos desaparafusador e a pinza. Por que non ía agora aceptar o embarazo e morte da ánfora?
Charo Valcárcel Mato
Profesora de galego
Eu son Charo Valcárcel. Nacín nunha pequena freguesía da Estrada (Sta. Cristina de Vinseiro) hai 60 anos, pero xa levo trinta e cinco vivindo en Pontevedra, case tantos como os que traballei no IES Valle Inclán (trinta e dous), toda unha vida…
Estudei Filoloxía Hispánica, aínda que me presentei e aprobei as oposicións para profesora de Lingua galega e sempre exercín como tal, do cal me sinto e sentirei sempre moi orgullosa.
No Valle Inclán coñecín a Ana, Manuel, Isidro, Benito e Sara que, considero, máis que compañeiros, amigos, bos amigos. Xuntos compartimos moitas experiencias.
Agora esta na que nos implicou Ana que, polo menos para min, é un salvavidas, un incentivo que chega para encher o oco que deixa o ensino nas nosas vidas.
Pero tamén formamos parte dun grupo de teatro de profesores (en activo e xubilados) que naceu no 2005 no seo do Valle Inclán, Argallada, e que está esperando tempos mellores para retomar a súa actividade.
Agardo que as miñas contribucións no blog devellabella sexan merecedoras do voso beneplácito ou, polo menos, non do voso desgusto.
máis artigos
Actividades culturais do 7 ao 13 de outubro por Ana Santos
by Ana | Outubro 6, 2024 | Actividades | 0 Comments
Actividades culturais do 30 de setembro ao 6 de outubro
by Ana | Setembro 29, 2024 | Actividades | 0 Comments
Actividades culturais do 23 ao 29 de setembro por Ana Santos
by Ana | Setembro 22, 2024 | Actividades | 0 Comments
Actividades culturais do 16 ao 22 de setembro 2024 por Ana Santos
by Ana | Setembro 15, 2024 | Actividades | 0 Comments
Actividades culturais do 9 ao 15 de setembro 2024 por Ana Santos
by Ana | Setembro 8, 2024 | Actividades | 0 Comments
Actividades culturais do 27 de maio ao 2 de Xuño por Ana Santos
by Ana | Maio 26, 2024 | Actividades | 0 Comments
Luisa Pan Martínez por Ana Santos Solla
by Ana | Setembro 22, 2024 | Historias de vida | 0 Comments
Anxo da Ferreira por Ana Santos Solla
by Ana | Xuño 23, 2024 | Historias de vida | 0 Comments
Marigel Pérez García por Ana Santos Solla
by Ana | Maio 5, 2024 | Historias de vida | 0 Comments
Víctor Pedreira Crespo por Ana Santos Solla
by Ana | Abril 14, 2024 | Historias de vida | 0 Comments
Carmen Fernández Conde por Ana Santos
by Ana | Marzo 10, 2024 | Historias de vida | 0 Comments
Fidelina Gómez Rancaño por Ana Santos
by Ana | Febreiro 11, 2024 | Historias de vida | 0 Comments
Huevos… de codorniz por Juanjosé Guirado
by Colaborador | Outubro 6, 2024 | Articulos | 0 Comments
Os paxaros por Jose Solla Casqueiro
by Colaborador | Outubro 6, 2024 | Fotográficas | 0 Comments
A escola das Nogueiras por Charo Valcárcel
by Charo | Setembro 29, 2024 | Etnografía | 0 Comments
O gato e o rato por Manolo Gulías
by Colaborador | Setembro 29, 2024 | Literarias | 0 Comments