A rapa das bestas é unha das nosas festas máis emblemáticas e a vez máis decoñecidas. Hoxe presentamos un artigo escrito por Pedro Fontenla Lorenzo no ano 2003 e publicado na revista Asinec

EPONA, DEUSA DOS CABALOS

Epona foi unha deusa celta. A súa iconografía vinculouse ó simbolismo equino e venerouse principalmente na Galia (Francia), en Renania (Alemana), lugoslavia, África do norte e mesmo en Roma. O interese especial polo culto a Epona reflíctese ñas súas imaxes. Moita da imaxinería desta deusa amosa o simbolismo da fertilidade e de abundancia da térra, o que fai que se asocie coa deusa nai. Epona estaba considerada a patroa dos cabalos, animáis que resultaban vitáis para o pobo celta, xa que eran imprescindibles para a súa vida cotia (o transporte, a guerra, o poder, o prestixio e a relixión). Así mesmo, simbolizaba os profundos misterios da vida e da morte e mais do renacemento. Noutros lugares é coñecida eos outros nomes como Rhiannon e Rosette.

Epona
Acibal

A TRADICIÓN

Campo Lameiro, concello situado na provincia de Pontevedra e enclavado no centro do val do Lérez, pode presumir, sen lugar a dúbidas, de posuí-la maior concentración de gravados rupestres da península ibérica na súa parte noroeste. Nestes gravados, que se espallan por unha ampia parte do territorio do concello, pódense atopar debuxos e representacións de toda índole, destacando nunha boa parte deles os animáis, sobre todo cabalos e cervos. 

Curiosamente, os cabalos móstranse nalgúns casos montados por homes, o que demostra ás claras que xa naquela época o home trataba de domínalos co obxecto de ser utilizados para o seu servicio. Segundo os especialistas no tema, calcúlase que os numerosos gravados atopados nesta zona son da Idade de Bronce, entre os séculos III e II a.C. Isto, que nun principio tan só tería importancia para os estudiosos e amantes da cuestión, adquire nestes lares outro rango, dado que boa parte de Campo Lameiro está pegado ó Monte Acibal, lugar onde habita a maior parte dos cabalos que se xuntan tódolos anos con motivo da rapa das bestas. Polo tanto, poderiamos dicir que esta tradición posiblemente teña varios séculos, aínda que a forma de facelo puidese non se-la mesma.

CABALOS . A RAZA GALEGA

Os équidos, o travesó dos tempos, foron e son na Galiza un dos elementos da natureza e reino animal, da meirande tradición e fermosura, rol indispensable na economía doméstica, lúdica, na paisaxe, no transporte, no folklore e ñas infindas maneiras do ser festeiro do noso pobo. Cadernos da GREA

0 cabalo galego do monte (garañóns e bestas) é un auténtico fósil vívente da Idade de Bronce. Procede do chamado cabalo de Solutré, que, se ben non era o único existente na nosa térra na época cuaternaria, si é, segundo os estudiosos, o que máis se asemella ós nosos actuáis. 

Cabalos

Coas invasións dos pobos celtas vén un cabalo moi parecido, o Tarpán, de características moi similares ás dos xa existentes en Galicia, fortalecéndose deste xeito a raza. Destes cabalos xa falan os invasores romanos ñas súas loitas contra os pobos celtas e cántabro que vivían na cornixa cantábrica e en Galicia. A chegada dos suevos, pobo que tan só se estableceu na nosa térra, non supuxo ningunha modificación na estructura cabalar do país, circunstancia que pode engadirse ás invasións dos árabes, que quizáis pola nosa climatoloxía no terminaron de asentarse. Terá que chega-la Idade Moderna para que os nosos cabalos comecen a sufri-las máis importantes transformacións coa chegada da mestizaxe.

Hoxe en día, o cabalo galego échase espallado por boa parte do noso territorio. Conforman catro grupos diferenciados, sendo na provincia de Pontevedra onde se atopan os que manteñen aínda con máis forza a súa pureza. 0 noso fermoso cabalo, cunha alzada de entre 120 e 140 centímetros e cun peso que pode oscilar entre os 175 e os 300 quilos, ten unha fisiognomonía moi especial que o diferencia do resto da Península. De carácter tranquilo e valente por natureza, son ideáis para aprender a montar. É forte e resistente á fatiga, a pesar de que a súa alimentación deixa moito que desexar, xa que se basea prácticamente na inxesta de toxo, gracias sobre todo á indiscriminada e salvaxe implantación dunha especie arbórea foránea -o eucalipto-con todo o que iso implica. No ano 1997 constitúese a Asociación de Propietarios e Criadores de Galicia do Cabalo Galego do Monte, que se dedica, entre outros mesteres, a mante-los núcleos poboacíonais onde se reproduce con total pureza a raza. En 1999 había un total de 220 animáis inscritos destas características, e na actualidade hai máis de 350. Destes, perto dun noventa por cento son femias e o resto sementáis, sendo a maioría deles de color castaña. Unha vez que xa lies falei deste lugar, da súa localización, da súa paisaxe, a súa xente, das testas, da orixe dos cabalos na zona e mais da raza dos mesmos -todo isto de forma moi extractada e xenérica-, pensó que é chegou o momento de introducilos no tema que este artigo leva por título.

A BAIXA DAS BESTAS

Se mo permiten, antes gustaríame dárlle-las gracias a unhas persoas, sen as cales este artigo non podería saír do prelo, xa que a súa axuda desinteresada fíxome extraordinariamente doada a súa elaboración, facilitándome en todo momento tanto a información coma a documentación necesaria. Estoume a referir a Miguel e Luís Calvo López, o Fátima Rodríguez Ruibal. E que mellor maneira para comezar que enumerando todas aquelas rapas e baíxas das bestas que se celebran na nosa térra, Galicia.

Baixada das bestas

NA PROVINCIA DA CORUÑA

Curro da Capelada 4.° domingo de XUNO CEDEIRA

 Curro das Cañizas 2.° e 3.° domingo de XULLO POBRA DO CARAMIÑAL

NA PROVINCIA DE LUGO

Curro Campo do Oso 4.° domingo de XUNO A Pastoriza-MONDONEDO

Curro de Candaoso 1.° domingo de XULLO Boimente-VIVEIRO

 Curro Recarei-San Tomé 1.° domingo de AGOSTO O Valadouro

NA PROVINCIA DE PONTEVEDRA

Curro de Valga 2.° domingo de MAIO Oia

Curro de Torroña 1.° domingo de XUÑO Oia

Curro de Mougas 2.° domingo de XUÑO Oia

Curro de Mordagáns 3.° domingo de XUÑO Gondomar

Curro de San Cíbrán 4.° domingo de XUÑO Donas-GONDOMAR

Curro de Sabucedo .1° sabado-domingo-lunes de XULLO Sabucedo-A ESTRADA

CURRO DA AMIL 2.° DOMINGO DE XULLO AMIL- MORAÑA

Curro da Paradarta  4.° domingo de AGOSTO Lumeda-A CAÑIZA

panorámica

Rapa de Sabucedo. Fotografías de Luis Pereiro

Segundo o Gran Diccionario Xerais da Lingua, a voz curro, na súa primeira acepción, designa o lugar descuberto e cercado onde se xuntan os cabalos bravos, criados ceibos no monte, para márcalos.

Dito desta maneira tan sinxela, parecería que para falar deste tema chegaría con empregar catro liñas. Dado que tiven a sorte de ver algunhas edicíóns da Baixa das Bestas e mais de participar de maneira activa xuntándoas no monte polo menos en dúas ocasións -unha no ano 1972 con a penas dezasete anos, e outra en 2003, con… ¡mellor nin contalos!-, gustaríame describirlles cómo é realmente esta Baixa das Bestas. Antes de comezar, desexo puntualizar que o curro do que lies vou falar non é onde máis cabalos se xuntan nin tampouco onde máis xente foránea o contempla, pero está considerado como o máis perigoso dos que se celebran en toda Galicia.

Lembro unha vez cando aínda era cativo, estando sentado a carón de meu avó na espléndida eirá de Antoñita, no Ruibal, díxenlle: “Avó, non sei cómo facer unha cousa”. El, nome moi serio e de poucas verbas, empregadas só para sentenciar, deixou escapar un pequeño sorriso entre os seus beizos e cunha ollada chea de tenrura contestoume: “Meu querido netiño, é moi sinxelo, coma case tódalas cousas desta vida. Tan só tes que comezar polo principio e rematar polo final”. Así que, seguindo os sabios consellos daquela marabillosa persoa, procederei sen máis preámbulos a introducilos nesta apaixonante tradición que perdura nos nosos días. 

atropelo

XUNTANZA DAS BESTAS E POLDROS

Son as nove e media da maná do día 6 de xullo cando chego co meu vehículo ó ampio aparcadoiro situado diante dun gran campo. Perto del atópase o curro da Amil, no Monte Acibal. Algúns dos meus primos e amigos levan xa algunhas horas pateando o monte na procura das bestas e as súas crías, con sorte dispar, por certo. Gracias ás novas tecnoloxías -aínda que non me gusta recoñecelo- localizo rápidamente os meus familiares. Algúns xa volven cara ó cercado na compaña dun bo número de exemplares. Veñen a modo, sen presa pero con constancia. Non desexan que ningunha besta poida resultar ferida no traslado. Saudámonos e non tardo en integrarme no grupo intentando axudar, aínda que son consciente de que posiblemente sexa máis unha remora, pero son boa xente e non mo teñen en conta. Nun cruce de caminos, pegados ó valado, xúntanse varios grupos de batida e comezan a intercambiar opinións sobre os caminos a seguir, mentres pola beira dun deles se achegan ó trote varios xinetes, todos eles moi novos. Uns en monturas de raza española e outros en fermosos e fortes garañóns da nosa térra, intre que aproveito para sacar unhas cantas instantáneas ás cabalgaduras.

A voz de Luís, o presidente da asociación cabalar, faise escoitar poñendo outra vez en movemento a todo o mundo. A xente dispérsase polas diferentes pistas e carreiros, comezando outra vez a busca. E así ata ben entrado o mediodía, cando volvemos ó Pastizal onde nos agarda un suculento xantar para reponer forzas. Mércores, día 9. Chamo dende A Coruña a un de meus primos para preguntarlle como vai a xuntanza de animáis. A resposta non pode ser máis positiva: xa hai perto das cento oítenta cabezas entre garañóns, bestas e poldros. Por fin chega o tan ansiado día 11. Son as cinco e media da tarde cando saío da cidade e a penas dúas horas máis tarde estou entrando na veiga de Emita e Luís (pai). Unha viaxe, por certo, que hai corenta anos levaba perto de sete horas facela naquelas marabillosas furgonetas Alfa Romeo, coñecidas popularmente como rubias… ¡Que tempos! ¡Que marabillosos tempos! Despois de descarga-la equipaxe e saudar ós meus primos maíores, subimos cara á serra, ó Pastizal. Cando chegamos todo esta cambiado como por arte de maxia. No que será ocasionalmene o campo da festa, érguense numerosas carpas e tenderetes e a unha certa distancia, presidíndoo todo, o palco da música. Está claro que se está preparando unha boa foliada. A noite é incrible, marabillosa. A temperatura, ideal, e a Lúa no seu plenilunio, esa convidada calada que se achega a nos tódalas noites e nos invita a pasear con ela. Así que sen máis, eolio a miña compañeira da man e comezamos a caminar pola beíra do cercado ollando os seus novos inquilinos, quedos, estáticos, que nos saúdan cun ríncho de cando en vez. Son as dúas da madrugada.

Curro

É moi tarde. Ata maná. Sábado 12. Están a da-las seis e medía da maná. Non pegueí olio en toda a noite pola calor, así que doume unha ducha ben fría que me reanima e baixo á cocina. Miña prima Emita está a muxi-lo gando e non tardo en saborear un bo vaso dése exquisito néctar que coma regalo da deusa natureza nos dan as vacas do país. Saio ó exterior. O tempo mudou. A espléndida noite de onte dá paso a un día agrisado que non trae bos presaxios. Chamo a meu primo Miguel e pregúntolle cara a onde hai que ¡r e quedamos no Pastizal. Ás nove da maná comezamos unha nova andaina diríxíndonos esta vez cara ás aldeas do Couso e Cosoirado, perto do concello de Campo Lameiro.

O día esta axudando nas tarefas, pois non vai moita calor e agradécese ó ter que movernos decote entre o toxo, as silveiras e as árbores na procura dos cabalos. A media maná, nun cruce de pistas xúntanse unha parte dos batedores para falar de cómo está indo a xornada. Un cuarto de hora máis tarde poñémonos novamente en marcha ata o mediodía, momento de reponer forzas. Ás sete levantóme e mentres o resto da familia se está a preparar para subir ó monte a gozar da festa, dou uns paseos polo Ruibal, lembrando vellos tempos que xa non han de volver, que quedaron gravados no meu disco duro: aquelas árbores froiteiras ás que subía con meus irmáns en busca do seu froito, a fina herba mohada do campo por onde nos botábamos a rolos ñas nosas pelexas de nenos, a voz de miña nai chamándonos para o almorzo…¡Que cedo remata a infancia!

Escoito o son dun claxon e volvo á casa a modiño. Cando chego, meus primos e maila miña muller estanme a esperar na porta. Non tardamos en partir cara á serra. Na grande explanada onde o día anterior se levantaron as carpas e toldos, xa se comeza a nota-la animación. Grupos de xente achéganse para mira-lo que ofrecen. Hai de todo: postos onde venden camisetas e gorros de todo tipo (por certo, causan furor os pantalóns de camuflaxe e mais uns sombreíros de vaqueiro un tanto charramangueiros); tenderetes que ofrecen unhas exquisitas empanadas, queixo, embutido variado ou rosquillas; varias polbeiras…

baixada sabucedo

Son máis das once da noite. 0 tempo empeora por momentos. Unha mesta néboa invade todo o recinto e non tarda en facerlle compaña unha fina choíva, o que nos na Amil denominamos barrufada. Na faciana de Luís (o presidente) déixase ve-la preocupación. Sabe que se ó día seguinte non mellora o tempo, os esforzos de todo un ano pódense perder; pero é un home forte e lonxe de achicarse, infúndenos ánimos a todos os que estamos ó seu redor. Non tarda en escoltarse o son da primeira orquestra e a xente arremuíñase en torno ó palco. Unha parella maior abre o baile. Están a dar as dúas da madrugada cando decidimos marchar a descansar, pois maná é o día grande e hai que estar completamente despexado para gozar do divertimento, aínda que medre a dúbída no interior de todos nos de que poida celebrarse a tan ansiada Baixa das Bestas. Non vai calor. Aínda así, ando a dar voltas e máis voltas na cama. Estou inquedo e cando consigo concilia-lo sonó e para despertar ó pouco cun pesadelo: o curro onde tina que celebrarse a festa estaba totalmente baleiro de xente e animáis. ¡Agora xa non son capaz de colle-lo sonó!, Día 13 ¡Inda por riba día 13!. Con temor, abro a fiestra e o meu corazón encónese. Se a noite deixou unha espesa néboa, a mañanciña non trae mellores augurios. Doume unha ducha, afeitóme e baixo a almorzar. Saio e constato que a máis de cincoenta metros xa non se distinguen as siluetas das casas vecinas, e isto aquí embaíxo. Luís (o presidente) tan só durmiu unha hora. Xa está novamente no monte. Ás dez e media da maná achégome ó curro. Dou uns paseos por alí, trato de sacar algunhas fotos pero é imposible. A través do obxectivo da cámara non son capaz de ve-la traza das árbores, canto máis a dos animáis e das persoas. Meus primos e outros mozos andan dando os últimos retoques. Vexo a Luís. A súa faciana e todo un poema. 0 día péchase aínda máis se é posible.

Polbeiras
postos na rapa

XUNTANZA NO PASTIZAL

Cando tan só falta unha media hora para xunta-los animáis no Pastizal e mételos no curro, o tempo non mellora. Pecho os olios e prégolle á Virxe que faga un pequeño milagre e, polo menos, faga desaparece-la néboa. Estou seguro que non son o único que lie está a rogar. E resulta que acontece algo incrible. A espesa néboa estase a partir e vaise separando coma se unhas xigantescas mans invisibles a estivesen xebrando. Non podo dar crédito. Miro a través do obxectivo da cámara e a cada intre a visión é máis clara. É sinxelamente marabílloso ou, ó mellor, un regallño da Nosa Señora. Entro no curro e empoléirome nuns dos fortes piares de granito do portalón de acceso, por onde terán que entra-los animáis. Comprobó que as cámaras están preparadas e entretéñome buscando as mellores tomas. ¡Atención! ¡Algo se move ó lonxe, xa venen! 0 espectáculo é fermoso abofé. Abren a marcha uns pequeños poldros e formando unha cuña vén o resto dos animáis, escoltados en todo momento por mozos e non tan mozos que venen tornándoos e con suma mestría vanos atraendo ó recinto. Comezo a sacar fotos e vou esgotando un tras outro os carretes.

O CURRO

A montura xa está dominada (J.J.R. Coma se dunha marea viva se tratase, os cabalos achéganse a modo ata o centro do curro e non tardan en enchelo. Hai máis de douscentos cincuenta animáis entre bestas, poldros e garañóns. A xente apresúrase para colle-lo mellor lugar dende onde poder mira-lo que dentro duns momentos vai acontecer.

Curro
rapa en Sabucedo

Vexo moitas caras coñecidas, familiares e amigos, mais tamén xente allea, entre ela grupos de guiris; ingleses e franceses, que seguro que non se achegaron ó lugar por casualidade. Os cabalos, inquedos, móvense continuamente, imitando un suave movemento de ondas, interrompido de cando en vez polo son dalgunha patada que por rozarse se dan entre eles. Mozos e homes contemplan as bestas. Nótase en seguida o grao de veteranía dalgún deles. Luís (o presidente), preso dunha “oportuna” afonía, pídelle a seu irmán que faga o acto de presentación da Baixa das Bestas deste ano e este cede tal privilexio a un “forasteiro” -un servidor-, o que me enche de orgullo. Sen máis, diríxome cara ó palco e no nome da xunta directiva da Asociación Cabalar Monte Acibal dou a benvida a tódolos asistentes e animóos a presencia-lo engaiolador espectáculo. Para finalizar, doulle-las gracias a todos pola súa presencia. A partir de aquí comeza o curro propiamente dito. Os apeitadores máis novos, presos da impaciencia normal desa idade, mótense no curro e comezan a separa-los poldros máis pequeños ante a atenta e vixiante ollada dos veteranos, prestos a intervir na súa axuda se fose preciso.

Pouco a pouco, van apartando as crías do resto da manada e lévanas fóra do curro: os machos a un lado e as femias a outro, para logo márcalas e cortarlles un pouco a crin e o rabo. Os machos que atopen comprador, na maioría dos casos, lamentablemente, terán os días contados. As femias que sexan vendidas posiblemente acaben en picadeiros para que co paso do tempo moitos de nos aprendamos a montar ou igual son só empregadas para a reproducción. Non tardan en quedar no curro únicamente os poldros máis grandes, as bestas e os garañóns. Achégase o momento tan ansiado, o intre en que comezan a actua-los veteranos. Mentres isto acontece, dende diferentes posicións e ángulos do recinto vou sacando máis fotos. A miña vista detense en tres apeitadores que están a conversar, sobre todo nun deles. Está sentado na varanda de protección que fai de peche do curro, escudriñando todo o que acontece. Con moita calma, observa algúns dos exemplares, como se estivera escullendo os que vai tratar de montar e de seguro que non van ser precisamente os máis pacíficos. Con un paño encarnado ó seu pescozo, salta a dentro do curro, acompañándoo ó instante outros dous apeitadores da súa idade. Mótense entre os cabalos con decisión, para facerlles nota-la súa incontestable presencia. Non tardan en comeza-lo seu labor e un tras outro van quitando os poucos poldros que aínda quedan no recinto. Agora vén o momento perigoso. Hai que colle-las bestas para comenzar a arrocarlle-las crins e mailo rabo. ¡Seguro que máis dunha vaise resistir!.

agarre
marca

0 mozo que ten o paño deixa distancia para impulsarse e salta enriba das bestas con suma pericia. Non tarda en te-la montura dominada e espera que outros apeitadores se acheguen e comecen a arrocar ñas crins. Mentres isto acontece, o que esta subido na besta tápalle os olios para que o animal estea totalmente quedo e facilite así o labor. A verdade, vendo como o fan, ata parece sumamente doado pero é complexo e sobre todo perigoso, pois estes animáis especialmente os garañóns, aínda que non levan ferradura, poderían facer moito daño coas súas extremidades e incluso chegar a causa-la morte. Así, unha tras outra (bestas) e un tras outro (garañóns) van sendo dominados por estes homes que fan de algo tan aparentemente trivial un marabilloso rito, que converten este tipo de tradicións tan nosas nunha atracción para as persoas alleas.

Apeitador
jinete

De cando en vez, salta a sorpresa e algún garañón resístese máis do esperado facéndolles pasar algúns apuros, pero non se encollen e, como se estiveramos no oeste americano podemos ollar unha imaxe típica do rodeo, onde o xinete é separado a cada intre do lombo do animal, só que aquí non hai sela, nin rendas… Todo é “a pelo” e únicamente as fortes crins do garañón fan de agarradoira. ¡Quen pode dar máis! A celebración está a piques de rematar. A maíoría dos cabalos xa foron arrocados e tan só quedan dous actos para dar por finalizada a rapa do presente ano. Por unha banda, o sorteo dun poldro e, por outra, o sinxelo pero emocionante momento da solta dos animáis cara á liberdade. 0 sorteo faino o presidente, que de forma “milagreira” recuperou a voz. O primeiro número queda baleiro e procédese a un novo sorteo. Esta vez si aparecen os afortunados: un mozo e unha moza de Vilagarcía de Arousa que, ó parecer, van ter algún tipo de contratempo para poder mete-lo animal no piso que teñen na vila… Son as oito do serán. Case con puntualidade británica, as portas exteriores do recinto ábrense de par en par e a xente arremuíñase ós lados. Eu xa esgoitei os meus tres carretes e outros catro máis que me deu un coñecido. Non tardan en sai-Ios cabalos polo portal. Están un pouco apampados e teñen sede. Os apeitadores vanos! achegando a modiño cara a onde hai unha poza grande e deixan que beban tranquilos, ó seu aire. A escena é Idílica. Uns e outros perto, sen hostilidade nin rancores. Despois dun bo anaco, os cabalos viran cento oitenta graos. Cunha suave voz que tan só escoitan eles, a deusa Epona chamaos ó seu carón e diríxeos cara a unha pequeña elevación do terreo chea de árbores comezando a perderse entre eles, coma se unha mesta néboa os abrazase e agachase. Nese mesmo intre, un nó non me deixa articular verba algunha e decátome de que unhas bágoas recorren as miñas meixelas.

Adoitador
Montura

Apeitadores,¿os derradeiros románticos?

Nun mundo dominado pola tecnoloxía, sorprende que haxa personas capaces de por ilusión en actividades que parecen transportadas do pasado.

 A celebración da Baixa das Bestas, con todo o que iso implica, fai que se manteñan vivas na memoria as nosas tradicións seculares. A figura do apeitador é parte esencial no mundo do cabalo na nosa térra, que aínda que xa non poida ir ó monte, segué a senti-la emoción do curro durante toda a súa vida e os seus olios son quen de transmitir a calquera que o escoite a pasión que senté por un dos seres máis fascinantes e nobres da creación: o noso cabalo… o thieldón

BIBLIOGRAFÍA

Amigos do Cabalo (1987): Cadernos da Grea. Pontevedra.

Fernández Rei, F. (1990): Dialectoloxía da lingua galega. Vigo: Xerais.

Ferro Ruibal, X. (1992): Diccionario dos nomes galegos. Vigo: Ir Indo.

Rodríguez Fráiz, Antonio (1962): El Santuario de Nuestra Señora de los Milagros de Amil. Vigo: Faro de Vigo.

W.AA. (1993): Galicia pueblo a pueblo. A Coruña: La Voz de Galicia.

W.AA. (2002): Térras de Morana – Moraniam. Pontevedra: Concello de Morana.

 www.crtvg.es [Consulta: 8/7/2003].

www.enya.org [Consulta: 26/7/2003]

www.morana.org [Consulta: 15/7/2003].

AGRADECEMENTOS

Luís Calvo López Presidente da Asociación Cabalar Monte Acibal e apeiteador

Miguel Calvo López Presidente da Asociación Cultural e gastronómica da Amil e apeiteador Jean Jacques Ruchti Fotógrafo

Rogelia Gago Ruibal

Fátima Rodríguez Ruibal

Lucía Torres Rosende Licenciada en Belas Artes

Severo Rodríguez Ruibal Asociación de propietarios e criadores do cabalo galego do monte

Santiago Paz Sixto Secretario

Xosé Eiras Paz Alcalde de Moraña

Concello de Campo Lameiro

Fotografías de Luis Pereiro

Pedro Fontenla Lorenzo

Pedro Fontenla Lorenzo

máis artigos

♥♥♥ síguenos ♥♥♥