por Antonio Lois

O día 4 de setembro, sábado presentouse no Círculo Saviñao de Escairón o poemario “Lembranzas e sentimentos” de Antonio Lois, entre os seus poemas encóntrase A roseira branca.

Fíxose eco da noticia o diario de Lemos

Circulo Saviñao

“A roseira branca”

En unha esquina da casa

hai unha roseira branca

Ten unhas rosas pequenas,

pero con moita fragancia.

Collíanas os rapaces

pra poñelas no ollal,

no ollal da sua solapa;

mesturandoas,a veces,

con unhas ramas de albahaca;

e ir,así, perfumados

cando iban as rapazas.

Era a roseira da nai,

a sua roseira branca;

a que coidaba con mimo

anque estivera cansada.

Hoxe non queda roseira;

xa non hai roseira branca.

Cando marchou nosa nai,

foi perdendo a sua fragancia,

e, xa, nunca volveu dar

aquelas rosiñas brancas;

as que collian os mozos,

cando iban as rapazas.

Foise indo pouco a pouco.

Semellaba que chorara,

vendo as gotas de orballo

nas follas sen rosas brancas.

Non se quixo quedar soa,

foise coa nai que á coidaba.

¡Era a roseira da nai,

a sua roseira branca

                      Antonio Lois

Antonio Lois Pérez

Antonio Lois Pérez

Colaborador

O meu nome é Antonio Lois Pérez.

Nacín un día 4 do  mes de xaneiro, ano 1948, no lugar do Castro de Mourelos, parroquia de Mourelos (Saviñao – Lugo).

Son economista e técnico en tintes, estampación e acabados téxtiles.

Actualmente vivo en Barcelona.

Gústame escribir poesía en galego do pobo, o galego dos meus pais, que é o galego que amo; non en galego ilustrado!

Participei en tres libros de poesía (Poetas do Reencontro, Caminhos da Poesía e Raia Luso Española), así coma na revista Xistral do Concello de Lugo.  

Non hai moito máis que contar de unha  vida moi vulgar!

Son do Castro de Mourelos;
onde mellor se ve o Miño,
onde mellor se ve o ceo;
onde, ulindo ó seu vento,
eu xa sei se vai chover.
¡Que pena que non estén
aqueles que eu amei;
que pena que xa non vexa
o Castro que eu deixei!
A pesar de todo eso;
ou pode sexa por eso,
do Castro sempre serei

Falando cos meus fantasmas

máis artigos

♥♥♥ síguenos ♥♥♥