A suma de dous mundos
Somos quen se marchou
sen deixar de ser de onde veñen
Somos quen chega sen terminar de ser
de onde están.
Non fuximos
Non escapamos da fame
Non deixamos atrás a guerra
Non cruzamos mares sobre balsas rotas
Fomos camiñando sobre decisións
difíciles, sobre a certeza incómoda,
sobre mapas cheos de dúbidas
Vimos de casas con libros
De mesas onde nunca faltou un prato.
De cidades onde aprendemos a soñar,
crendo que o mundo é grande
fixemos todo o que nos dixeron que
faría posible o futuro.
e aínda así— Nos fomos.
Chegar non é empezar de cero
chegar é empezar desde menos un
menos o idioma que crías coñecer.
menos as bromas que non entendes,
menos os xestos que significan outra cousa.
Aprendes que o teu currículo pesa menos
trouxemos títulos, diplomas, anos de esforzo
e descubrimos que cabían nun caixón que
ninguén abría.
Aprendemos a traballar no que non soñamos
O pan que sabía a infancia
O non ter que explicar quen somos
Estrañamos, sen querer regresar e
iso doe.
Construímos unha vida nova e somos
estranxeiros mesmo… para nós mesmos.
Somos mapas debuxados a lapis.
Somos a suma de dous mundos.
máis artigos
♥♥♥ síguenos ♥♥♥