TRADUCIÓN E ADAPTACIÓN DUN CONTO DE JORGE BUCAY
A tristura e a furia
Había unha vez un estanque marabilloso.
Era unha lagoa de auga cristalina e pura onde nadaban peixes de todas as cores existentes e onde todas as tonalidades da cor verde se reflectían permanentemente…
Até aquel estanque máxico e transparente achegáronse a tristura e a furia para se bañar en mutua compaña.
As dúas quitaron os seus vestidos e, espidas, entraron no estanque.
A furia, que tiña présa (como sempre lle ocorre á furia), sen saber por que bañouse rapidamente e máis rapidamente aínda saíu da auga…
Mais a furia é cega ou, polo menos, non distingue claramente a realidade. Así que, espida e apurada, puxo, ao saír, o primeiro vestido que atopou…
E sucedeu que aquel vestido non era seu, senón o da tristura…
E así, vestida de tristura, a furia foise.
Moi calma e moi serena, disposta coma sempre a quedar no lugar onde está, a tristura rematou o seu baño e, sen ningunha présa –ou, mellor dito, sen conciencia do paso do tempo-,con preguiza e moi de vagar, saíu do estanque.
Na beira decatouse de que a súa roupa xa non estaba.
Como todos sabemos, se hai algo que á tristura non lle gusta é quedar en coiro. Así que puxo a única roupa que había onda o estanque: o vestido da furia.
Contan que, dende entón, moitas veces un bate coa furia, cega, cruel, terríbel e anoxada. Pero se nos detemos a mirar ben decatámonos de que esta furia que vemos é só un disfrace, e que detrás do disfrace da furia, en realidade, está agochada a tristura.

Charo Valcárcel Mato
Profesora de galego
Eu son Charo Valcárcel. Nacín nunha pequena freguesía da Estrada (Sta. Cristina de Vinseiro) hai 60 anos, pero xa levo trinta e cinco vivindo en Pontevedra, case tantos como os que traballei no IES Valle Inclán (trinta e dous), toda unha vida…
Estudei Filoloxía Hispánica, aínda que me presentei e aprobei as oposicións para profesora de Lingua galega e sempre exercín como tal, do cal me sinto e sentirei sempre moi orgullosa.
No Valle Inclán coñecín a Ana, Manuel, Isidro, Benito e Sara que, considero, máis que compañeiros, amigos, bos amigos. Xuntos compartimos moitas experiencias.
Agora esta na que nos implicou Ana que, polo menos para min, é un salvavidas, un incentivo que chega para encher o oco que deixa o ensino nas nosas vidas.
Pero tamén formamos parte dun grupo de teatro de profesores (en activo e xubilados) que naceu no 2005 no seo do Valle Inclán, Argallada, e que está esperando tempos mellores para retomar a súa actividade.
Agardo que as miñas contribucións no blog devellabella sexan merecedoras do voso beneplácito ou, polo menos, non do voso desgusto.
máis artigos
Actividades do 25 de setembro ao 1 de outubro 2023
by Ana | Setembro 23, 2023 | Actividades | 0 Comments
Actividades do 18 ao 24 de setembro 2023
by Ana | Setembro 17, 2023 | Actividades | 0 Comments
Actividades do 11 ao 17 de setembro 2023
by Ana | Setembro 10, 2023 | Actividades | 0 Comments
Actividades do 4 ao 10 de setembro 2023 #devellabella#
by Ana | Setembro 2, 2023 | Actividades | 0 Comments
Revista do mes de Xuño 2023 por José A. Pérez Graña
by Xose Antonio Pérez Graña | Xullo 13, 2023 | Actividades | 0 Comments
Revista do mes de maio 2023 por José A. Pérez
by Xose Antonio Pérez Graña | Xuño 4, 2023 | Actividades | 0 Comments
Xulio Simón Rúa por Ana Santos Solla -devellabella-
by Ana | Setembro 17, 2023 | Historias de vida | 0 Comments
Guillermo Campos Piñón por Ana Santos -devellabella-
by Ana | Xuño 29, 2023 | Historias de vida | 1 Comment
Marisol Mato Taboada por Ana Santos
by Ana | Xuño 11, 2023 | Historias de vida | 0 Comments
Juan Mejuto Pérez por Ana Santos Solla
by Ana | Abril 30, 2023 | Historias de vida | 0 Comments
Nieves Fernández Barrio por Ana Santos Solla
by Ana | Abril 16, 2023 | Historias de vida | 0 Comments
Intolerancia por Jesús Gayoso Álvarez
by Colaborador | Setembro 24, 2023 | Articulos | 0 Comments
Ateneo de Pontevedra por Xaime Toxo
by Colaborador | Setembro 17, 2023 | Literarias | 0 Comments
A educación por Jose María Solla Casqueiro
by Colaborador | Setembro 16, 2023 | Fotográficas | 0 Comments