Aqués que tén fama d’ honrados na vila
roubáronme tanta brancura qu’ eu tiña;
botáronme estrume nas galas dun día,
a roupa de cote puñéronma en tiras.
Nin pedra deixaron en dond’ eu vivira;
sin lar, sin abrigo, morei nas curtiñas;
ó raso cas lebres dormín nas campías;
meus fillos… ¡meus anxos!… que tant’ eu quería,
¡morreron, morreron ca fame que tiñan!
Quedei deshonrada, mucháronm’ a vida,
fixéronm’ un leito de toxos e silvas;
i en tanto, os raposos de sangre maldita,
tranquilos nun leito de rosas dormían.
―――
―Salvádeme ¡ouh, xueces!, berrei… ¡Tolería!
De min se mofaron, vendeum’ a xusticia.
―Bon Dios, axudaime, berrei, berrei inda…
tan alto qu’ estaba, bon Dios non m’ oíra.
Estonces, cal loba doente ou ferida,
dun salto con rabia pillei a fouciña,
rondei paseniño… (ne’ as herbas sentían)
i a lúa escondíase, i a fera dormía
cos seus compañeiros en cama mullida.
Mireinos con calma, i as mans estendidas,
dun golpe ¡dun soio! deixeinos sin vida.
I ó lado, contenta, senteime das vítimas,
tranquila, esperando pola alba do día.
I estonces… estonces cumpreuse a xusticia:
eu, neles; i as leises, na man qu’ os ferira.
Rosalía de Castro (1993). Follas Novas. (Vigo: Galaxia)

Charo Valcárcel Mato
Profesora de Galego
Eu son Charo Valcárcel. Nacín nunha pequena freguesía da Estrada (Sta. Cristina de Vinseiro) hai 60 anos, pero xa levo trinta e cinco vivindo en Pontevedra, case tantos como os que traballei no IES Valle Inclán (trinta e dous), toda unha vida…
Estudei Filoloxía Hispánica, aínda que me presentei e aprobei as oposicións para profesora de Lingua galega e sempre exercín como tal, do cal me sinto e sentirei sempre moi orgullosa.
No Valle Inclán coñecín a Ana, Manuel, Isidro, Benito e Sara que, considero, máis que compañeiros, amigos, bos amigos. Xuntos compartimos moitas experiencias.
Agora esta na que nos implicou Ana que, polo menos para min, é un salvavidas, un incentivo que chega para encher o oco que deixa o ensino nas nosas vidas.
Pero tamén formamos parte dun grupo de teatro de profesores (en activo e xubilados) que naceu no 2005 no seo do Valle Inclán, Argallada, e que está esperando tempos mellores para retomar a súa actividade.
Agardo que as miñas contribucións no blog devellabella sexan merecedoras do voso beneplácito ou, polo menos, non do voso desgusto.
máis artigos
Actividades culturais do 9 ao 15 de marzo por Ana Santos
by Ana | Marzo 8, 2026 | Actividades | 0 Comments
Actividades culturais do 2 ao 8 de Marzo por Ana Santos
by Ana | Marzo 1, 2026 | Actividades | 0 Comments
Actividades culturais do 23 de febreiro ao 1 de marzo por Ana Santos
by Ana | Febreiro 22, 2026 | Actividades | 0 Comments
Actividades culturais do 9 ao 15 de Febreiro por Ana Santos
by Ana | Febreiro 8, 2026 | Actividades | 0 Comments
Actividades culturais do 2 ao 8 de febreiro por Ana Santos
by Ana | Febreiro 1, 2026 | Actividades | 0 Comments
Actividades culturais do 26 de xaneiro ao 1 de febreiro por Ana Santos
by Ana | Xaneiro 25, 2026 | Actividades | 0 Comments
Lola Fontán Fernández-a Xenxa- por Ana Santos
by Ana | Decembro 16, 2025 | Historias de vida | 0 Comments
Piruca Baena Solla por Ana Santos Solla
by Ana | Setembro 21, 2025 | Historias de vida | 2 Comments
Ana Carretón Guada por Ana Santos Solla
by Ana | Febreiro 2, 2025 | Historias de vida | 0 Comments
José María Fernández Vázquez por Ana Santos
by Ana | Decembro 1, 2024 | Historias de vida | 0 Comments
Olga Martínez López por Ana Santos Solla
by Ana | Outubro 27, 2024 | Historias de vida | 1 Comment
Luisa Pan Martínez por Ana Santos Solla
by Ana | Setembro 22, 2024 | Historias de vida | 0 Comments
O arrecendo a querernos sen roupa por Xaime Toxo
by Colaborador | Marzo 8, 2026 | Literarias | 0 Comments
Non podo máis por Jose María Solla Casqueiro
by Colaborador | Marzo 8, 2026 | Fotográficas | 0 Comments
Revista do mes de Febreiro 2026 por Xosé Antonio Pérez Graña
by Xose Antonio Pérez Graña | Marzo 1, 2026 | Bienestar | 0 Comments
Outono por Charo Valcárcel e Manuel Hermida
by Charo | Marzo 1, 2026 | Fotográficas | 0 Comments
Don Xesús Alonso Montero, o meu profesor por Anxo González
by Colaborador | Marzo 1, 2026 | Articulos | 0 Comments
Contra el viento por Marina Filgueira
by Colaborador | Marzo 1, 2026 | Literarias | 0 Comments