Susana Gómez

“Susana Gómez” 

10

Luns/Marzo

Libraría Paz

No encontro, Susana Gómez falaranos da súa historia, da memoria de Carmen Cornes e de Miguel Angel Castiglioni ademais da súa experiencia como militante nos Dereitos Humanos, pedagoxía da memoria e políticas culturais. Na actualidade é parte do equipo de educación de Avoas de Praza de Maio na súa filial de Córdoba onde desenvolveu proxectos educativos para difundir a temática de identidade e axudar na busca dos netos e netas que faltan.
Susy Gomez conversará con Carme Vidal e Xan Carballa
Ás 11:30 horas.
Libraría Paz, Pontevedra.
Lidia alarcón

“Lidia Alarcón” 

10

Luns/Marzo

Liceo Casino

Do 𝟭𝟬 𝗮o 𝟮𝟵 𝗱𝗲 𝗺𝗮𝗿𝘇𝗼 a nosa Sala de Exposicións acollerá a obra pictórica de Lidia Alarcon Pazos

A entrada é libre e gratuita.
Do 10 ao 29 de Marzo 2025
Sala de exposicións do Liceo Casino, Pontevedra.
La pointe courte

“La pointe courte”

10

Luns/Marzo

Cineclube Pontevedra

LA POINTE COURTE. Agnès Varda, 1955. Francia, 86 min., VOSE
Lingua orixinal: francés

Logo de catro anos de relación, unha parella está a piques de separarse. Na aldea natal do home, unha vila de pescadores chamada La Pointe Courte, preto de Sète, reviven sentimentos e inquedanzas. A historia desta parella en crise  convive no filme co retrato documental da vida cotiá do barrio, onde a pesca e o marisqueo teñen que lidar coa industria, a contaminación ou os estritos controis das autoridades.
A primeira longametraxe de Agnès Varda, montada por Alain Resnais e (auto)producida en réxime de cooperativa, é un filme libre e cheo de autenticidade —nacido cando aínda a nouvelle vague era algo non imaxinado— que contén pegadas de Rosselllini.

Ás 20:30 horas
Teatro principal, Pontevedra.
Crónica dun amor efémero

“Crónica dun amor efémero”

11

Martes/Marzo

Cineclube Pontevedra

CRÓNICA DUN AMOR EFÉMERO, Chronique d’une liaison passagère. Emmanuel Mouret, 2022. Francia, 100 min., VOSE. Lingua orixinal: francés
Non recomendada para menores de 12 anos

Unha nai solteira e un home casado convértense en amantes. Comprometéronse a vivir só unha aventura clandestina con data de caducidade e a non ter ningunha esperanza no amor, conscientes de que a súa é unha relación sen futuro. Manteñen os seus sentimentos a raia con exquisita educación e filosofan sobre a súa teórica ausencia de implicación emocional. Mais, con todo, sorpréndense polo seu entendemento, a súa alquimia e o pracer de estaren xuntos.

Ás 20:30 horas
Teatro principal, Pontevedra.
Carlos Taboada

“Carlos Taboada” 

12

Mércores/Marzo

Libraría Paz

Carlos Taboada presenta o seu libro editado por XERAIS acompañado de Rocco Fermo
A presentación será no Edificio Castelao – Museo de Pontevedra
Ás 19:00 horas.
Edificio Castelao do Museo, Pontevedra.
The mustang

“The Mustang” 

12

Mércores/ Marzo

Fundación Cuña-Casasbellas

Ciclo de cine “Outras terras, outros ámbitos

The Mustang Direc.: Laure de Clermont-Tonnerre.  Francia, 2019. 96′

Roman Coleman (Matthias Schoenaerts) é un convicto moi violento ao que se lle ofrece a posibilidade de entrar en rehabilitación entrenando a mustangs (cabalos de Norteamérica) salvaxes. 

A entrada é libre e gratuíta, ata completar aforo.

Ás 20:00 horas
Sala Versus, Pontevedra.
Cadro de Carlos Sobrino

“Presenza de Galicia na Exposición de Sevilla de 1929-1930” 

13

Xoves/Marzo

Museo de Pontevedra

Dobre sesión de conferencia e presentación de libro arredor da presenza de Galicia na Exposición de Sevilla de 1929-1930.

19:00 horas Conferencia: “Galicia na Exposición Iberoamericana de Sevilla (1929-1930)”, Amparo Graciani García

20:00 h. Presentación do libro “Huellas de España en la Exposición Iberoamericana de Sevilla. Galicia. Visión, presencia y mensajes”

Coa intervención de autoras e autores do volume: Aurelia Balseiro García, directora do Museo Provincial de Lugo, Eduardo Esteban Meruéndano, presidente da Asociación Cristóbal Colón Galego, Amparo Graciani García, catedrática da Universidade de Sevilla, María Quiroga Figueroa, técnica do Museo Provincial de Lugo

Ás 19:00 horas
Edificio Castelao do Museo de Pontevedra 
Amnesia libro

“Francisco Lorenzo” 

13

Xoves/Marzo

Librería Cronopios

Francisco Lorenzo xúntase coa booktuber María “Bambú” para presentar o seu novo thriller Amnesia (Roca Editorial). Despois do éxito de El manipulador, o escritor santiagués repite fórmula para contar a historia de Arturo, un home que sofre episodios de olvido e é acusado inxustamente de delitos.

Ás 19:00 horas
Librería Cronopios, Pontevedra 
expo cafeteria

“Grazas pola súa visita” 

13

Xoves/Marzo

Facultade de Belas Artes

A Sala Universitaria Profesor Manuel Moldes acolle a inauguración da exposición Bar-Cafetería. Grazas pola súa visita, que reúne as obras de Alberto Ardid, o colectivo Rapapawn, integrado por Cynthia Alfonso e Óscar Raña, e Tayone, todos eles artistas formados na Facultade de Belas Artes. Coa xestora cultural e tamén egresada deste centro Sara Donoso como comisaria, trátase dun proxecto que transcende á mostra artística convencional para converterse nun acto de reivindicación sobre a necesidade da reapertura da cafetaría da facultade como espazo de encontro.

A exposición poderá visitarse ata o 30 de marzo e durante este período albergará á súa vez dúas mostras efémeras, que serán levadas a cabo polo alumnado, guiado por Alfonso e Raña e polo profesor e coordinador da sala, Ignacio Pérez-Jofre

Do 13 ao 30 de marzo.
Sala Manuel Moldes, Facultade de Belas Artes, Pontevedra.
produtos arxentinos

“Doces Arxentinos” 

13

Xoves/Marzo

Mímate Delicatessen

Tarde-noite Arxentina.

Degustación de dulces alfanjores artesanos, explicación de Via nai+ viño doce

Prezo: 25 Euros

Ás 19:30 horas
Mímate, rúa Real 13, Pontevedra 
El verdugo

“El verdugo”

13

Xoves/Marzo

Concello de Pontevedra

José Luis, empregado dunha funeraria, proxecta emigrar a Alemaña para converterse en mecánico. A súa noiva é filla de Amadeo, un verdugo profesional. Cando son sorprendidos na intimidade, as circunstancias obríganos a casar. Ante a falta de medios económicos, Amadeo, que está a piques de se xubilar, convence a José Luis para que solicite a praza de verdugo, que el vai deixar vacante, o que lle daría dereito a unha vivenda. José Luis acepta a proposta do seu sogro convencido de que xamais se presentará a ocasión de exercer o oficio…

Multipremiada versión teatral de El Verdugo, de Luis García Berlanga.

Adaptación e dirección: Ángel Calvente.

Elenco: José Vera Nicart, Carlos Cuadros, Laín Calvente e Susana Almahano.

Duración: 90 min

Ás 21:00 horas
Pazo da cultura, Pontevedra.
As mulleres que opinan

“As mulleres que opinan son perigosas” 

14,15

Venres,sábado/Marzo

Deputación de Pontevedra

“As mulleres que opinan son perigosas”

Entre os días 14 e 15 de marzo, un total de 17 mulleres pasarán polo escenario dunha cita que recupera o xornalismo no centro da súa temática, reivindicando o seu papel fundamental dentro da sociedade, ao tempo que pon o foco na investigación para publicar casos de violencia sexual ou a información internacional.

Noelia Adánez, Macarena Baena  Aida Bao, Anna Bosch, María Escario, María Hermida, Blanca Lacasa,  Diana López, Inés Martín Rodrigo, Ana Marcos, Raquel Martos, Susana Pedreira, María Piñeiro, Elena Reina, Olga Rodríguez, Raquel Rosa e Antía Yáñez.

Consulta a programación

Ás 12:00 horas
Teatro Principal, Pontevedra.
galegas que fixeron historia

“Galegas que fixeron historia” 

14,15

Venres,sábado/Marzo

Leucoiña pasea

“Galegas que fixeron historia”

Están planificadas dúas saídas en diferentes horarios e o percorrido transitará pola cidade de Pontevedra, aproveitando o rueiro da Boa Vila como fío condutor.
O prezo pola visita de 90-120 min é de 10€ por persoa.
Día 14 ás 19:00 horas, Día 15 ás 11:00 horas
Pontevedra.
Foro empresa

“Mª Jesús Lorenzana” 

14

Venres/Marzo

XXXVI Almorzo Coloquio FORO EMPRESA PONTEVEDRA

Mª Jesús Lorenzana Somoza, Conselleira de Economía e Industria. Xunta de Galicia “Craves para ou desenvolvemento económico europeo: vos recursos naturais e as persoas

Formulario inscrición

De 13:45 a 16:00 horas
Liceo Casino Pontevedra.
a risa habitabel

“A risa habitábel” 

14

Venres/Marzo

Librería Metáfora

PRESENTACION DO LIBRO “A RISA HABITÁBEL”
RIÁMONOS CON ELAS
Amalgamar arte, humor e feminismo é o desafío que Sabela Fraga -Historiadora de Arte e Doutora en Bellas Artes- propúxose investigar e cuxo resultado está reflexado con solvencia académica e complicidade feminina no libro “A Risa Habitábel”. Conversas con creadoras sobre humor e feminismo nas artes.
Motivada pola ausencia de traballos académicos que analizasen o uso do humor na arte desde unha perspectiva feminista, Sabela Fraga desenvolveu un traballo de campo onde entrevistou a trece artistas e investigadoras de diferentes disciplinas, que analizan os usos do humor no campo da creación artística.

Ás 19:00 horas
Librería Metáfora, Charino 9, Pontevedra.
coral polifónica

“Coral Polifónica” 

14

Venres/Marzo

Museo de Pontevedra

A Sociedad Coral Polifónica Pontevedra está de centenario. O Museo de Pontevedra revisa os seus 100 anos de historia a través das imaxes, os personaxes e os feitos que marcaron un proxecto capital da cultura galega.
A exposición inaugúrase este venres 14 de marzo ás 19:00 h no Edificio Castelao.

Do 14 de Marzo ao 20 de Abril 2025
Edificio Castelao do Museo de Pontevedra.
teatro entiéndeme tu a mi

“Entiéndeme tú a mí” 

14 

Venres/Marzo

Afundación

Enténdeme ti a min é unha obra que quere que adultos, pais, nais, mestres… tomen conciencia do que non coñecen e se entendan cos seus mozos.

Ás veces non saben o que lles pasa porque a comunicación falla. A comunicación falla porque falla a pedagoxía e a educación.

Nesta obra traballarase a empatía, o respecto, a comprensión, a escoita, a aceptación, a consideración e o amor incondicional…

Ás 20:00 horas
Auditorio de Afundación, Pontevedra 
concerto primavera

“Concerto de primavera” 

14

Venres/Marzo

Vicerreitoría do campus de Pontevedra

O Pazo da Cultura acolle o Concerto de Primavera do campus de Pontevedra, que a Vicerreitoría promove coa colaboración do Concello. Baixo o título de Conceptos sonoros, trátase dunha actuación protagonizada pola Banda de Música de Caldas de Reis, coa colaboración especial do pianista Javier Ares Espiño. A actuación contará así mesmo coa participación da Aula Permanente de Música Tradicional e do Grupo de Baile Tradicional do campus e verase precedida por unha breve actuación do Coro Polifónico do Campus de Pontevedra, no vestíbulo de acceso ao auditorio.

O concerto conta con entrada gratuíta con invitación. Estas poden recollerse entre o luns 10 e o propio venres 14 de marzo nas conserxerías das diferentes facultades e escolas, así como na Casa das Campás.

Ás 20:00 horas.
Pazo da Cultura de Pontevedra.
Pinta tu maceta

“Pinta a túa maceta” 

14

Venres/Marzo

Espacio de Momentos

PINTA A túa MACETA E DÁLLE COR Á PRIMAVERA!

Chega o bo tempo e é o momento perfecto para darlle vida ao teu fogar cun toque de cor. Convidámosche o noso taller “Pinta a túa maceta“, onde poderás deixar voar a túa imaxinación e crear unha maceta única deseñada por ti.

Prezo: 15€ por persoa

Inclúe: Todo o material para decorar a túa maceta Bebidas e snacks mentres creas
Regalito sorpresa

De 20:00 a 21:30 horas
Espacio de Momentos, rúa Alfredo Gª Alén 6, Pontevedra 
Pablo Vila

“Pablo Vila” 

14

Venres/Marzo

C. S. A Pedreira

Concerto do cantautor e poeta Pablo Vila

O soño e o eco de Rosalía de Castro é un recital poético, composto por 8 Poemas (música) de Rosalía e oito textos que serven como vínculos. É unha viaxar a través do tempo, a memoria, a historia e a paixón. Un soño lírico no que Pablo Vila visita a Rosalía nun enclave, relacionado con ela, un a túa vida e o fondo da túa poesía. E no cal, en verso, ambos son diálogo Sobre o poema composto e interpretado para continuar. A conversación é unha Impresionante, unha reflexión que leva a Pablo Vila a continuar a súa viaxe cara a través
do tempo e dá poesía.

Ás 20:30 horas
A Pedreira, Rúa Serra 36, Pontevedra 
Marcha nordica

“Marcha Nórdica” 

15

Sábado/Marzo

O 2025 empeza con forza. O 15 e 29 de Marzo estaremos a impartir cursos en Pontevedra e Sanxenxo. Reserva a túa praza en movenordicwalking@gmail.com  E proximamente máis datas… 

Prezo: 25 Euros

De 10:00 a 12:00 horas
Illa das Esculturas, Pontevedra 
pintura abstracta

“Pintura abstracta” 

15

Sábado/Marzo

@galeria.tangram e TRUJILLO colaboramos neste atractivo Taller de Pintura Abstracta para familias en PONTEVEDRA, podes solicitar a túa praza en info@trujilloartgallery.com 

Prezo: 40 Euros adultos, 30 Euros nenos

De 11:00 a 14:00 horas
Galería Tangram Rosalía de Castro 32, Pontevedra 
Mercadillito

“Mercadillito” 

15

Sábado/Marzo

Espacio de Momentos

Mercadillo de Primavera

É hora de darlle un respiro ao teu armario  e a túa casa! Volve o Mercadillito versión primavera. Un evento para reutilizar, reciclar e facer espazo mentras atopas tesoros únicos. 
Prezo do posto: 10€

De 11:00 – 15:00 e de 17:00 – 21:00 horas
Espacio de Momentos, rúa Alfredo Gª Alén 6, Pontevedra 
sax on the beach

“Sesión Vermú” 

15

Sábado/Marzo

Mímate delicatessen

Sesión Vermú amenizada con música en directo “Sax on the beach

Prezo: 10 Euros

Ás 13:30 horas
Mímate, rúa Real 13, Pontevedra 
Romeo e Julieta

“Romeo & Julieta” 

15 

Sábado/Marzo

Afundación

“Romeo e Xulieta” é a tráxica historia de amor de dous corazóns novos, dos que o mundo enteiro deulles as costas. É unha historia de devoción, sinceridade, loita e separación. Ningunha discordia, obstáculos ou morte poden deter o amor verdadeiro; Isto é o que Romeo e Xulieta demostran co seu exemplo.

Ás 20:00 horas
Auditorio de Afundación, Pontevedra 
na pedreira Galizian nation

“Galizan Nation” 

15

Sábado/Marzo

C. S. A Pedreira

Presentación do libro “Galizan Nation” de Isabel Rei Sanmartín.

Huxley e Orwell escreveram distopias negativas, futuros tristes onde a humanidade sofreria muito mais do que na atualidade. Tolkien mostrou-nos o difícil caminho até o Monte do Destino. Mas, Begonha Caamanho contou a história de Circe, Penélope e Morgana, renovando o significado das antigas lendas, criando para todas nós uma esperança.Após o colapso do neoliberalismo a humanidade ressurgiu das cinzas com nova vitalidade. Galiza sitou-se à vanguarda do desenvolvimento mundial. A língua foi normalizada e o planeta superou a mudança climática. Galizan Nation é uma novela de acçom, com um toque do mistério que Agatha Christie engendrou. Uma distopia positiva contada a ritmo de kpop sobre um futuro possível, mas ainda imperfeito. A agente Ada Estrada é a heroína que nos conduzirá na noite pela fraga de Esmelhe até um destino mais belo e melhor que o atual.

Ás 20:30 horas
A Pedreira, Rúa Serra 36, Pontevedra 
encontro poético

“Encontro poético e concerto” 

15

Sábado/Marzo

O Sanatorio

Quizáis un sintoma,
ou tal vez, un estado puntual.
(propio da época invernal)
pero… OLLO!
…”relucen tolas e tolos, que teñen algo que contar e que xeran unha maneira de contribuir co osanatorio…
“Proposta, que pon en valor o talento dos perfís que viven con intensidade, que se achegan á arte sen facer ruido, cun sorriso e unha sensibilidade únicos…
Reservando [cita] 667 005 584
(O ben e escaso)

Entre ás 19:00 e as 21:30 horas
O Sanatorio, Rúa Andrés Muruais 7-9, Pontevedra 
Zeltia Irevire

“Zeltia Irevire” 

15 

Sábado/Marzo

Bar O Diaño

Este sábado volve a casa @zeltia_irevire para deleitarnos coa súa música 
Non vos perdades un dos concertos do ano!
Ás 21:30 horas
Bar O Diaño, rúa Charino 33, Pontevedra 
ciclo butaca

“Contos de película” 

16

Domingo/Marzo

Contos de película”, un concerto para toda a familia coas bandas sonoras orixinais de diferentes películas de animación baseadas en contos como A SereiñaA bela e a besta ou Harry Potter.

Director convidado Pedro Villarroel

De 12:00 a 14:00 horas
Teatro principal, Pontevedra 
desiguais

“Desigual” 

28

Venres/Febreiro

Deputación de Pontevedra

Exposición “Desigual”, do pintor Gonzalo Sellés Lenard

O artista vigués Gonzalo Sellés Lenard invítanos nas súas obras a unha dobre observación empírica e física e, a través das súas pinceladas, meticulosas, busca representar o intanxible, capturando o tempo de forma física. A súa creación oscila entre a abstracción e a figuración, mostrando figuras identificables coma pétalos ou follas, mentres aborda ideas tanxibles propias do abstracto. Na serie Fuzzy, que presenta nesta mostra, tamén pon sobre a mesa unha ruptura coa concepción clásica da arte, imitando a natureza de maneira non coherente.

Do 28 de febreiro ao 16 de marzo.
Pazo das Mendoza, Pontevedra.
mulleres artistas

“Mulleres artistas” 

27

Xoves/Febreiro

Facultade de Belas Artes

A sala O Abrigo da Facultade de Belas Artes acolle a inauguración da exposición Retratos de mulleres artistas. Unha serie significativa sostida no tempo, da artista, comisaria e presidenta da asociación de mulleres artistas Blanco, Negro y Magenta, Concha Mayordomo. Comisariada por Yolanda Herranz, esta exposición presenta unha selección de 59 dos retratos de artistas que Mayordomo reúne no seu blog Mujeres en el arte.

A exposición poderá visitarse de luns a venres de 8.00 a 21.00 horas.

Do 27 de febreiro ao 21 de marzo.
Sala O Abrigo, Facultade de Belas Artes, Pontevedra.
pinturas negras

“Pinturas negras” 

21

Venres/Febreiro

Museo de Pontevedra

Pinturas Negras

Unha exploración das posibilidades formas e simbólicas do negro, coa serie de Goya como referencia.
Con obra de Acacia Ojea, Alejandra Pardo, Araceli Liste, Erik Balbuena, Fernando Casás, Fruela Alonso, Juan Loeck, Juan Rivas, Julia Huete, Lúa Gándara, Miguel Teixeira, Mónica Cabo e Sol Mussa.
Comisariada por Ignacio Pérez Jofre e Sandra MG.
 Un proxecto de Museo de Pontevedra e Facultade de Belas Artes da Universidade de Vigo.
Do 21 de febreiro ao 6 de Abril 2025
Edificio Sarmiento do Museo de Pontevedra 
Ecos dispares

“Ecos dispares” 

12

Mércores/ Febreiro

Estudantes da Facultade de Belas Artes

A Galería Tangram acolle a inauguración de Ecos dispares, unha exposición comisariada pola alumna de Belas Artes Mónica Pérez, que reúne as obras das estudantes da facultade Elena Pérez, Carmen Otero, Rebeca Aurora E.L., Martinna Migliarini, Sofía Neira e da propia Mónica Pérez. Xurdida co obxectivo de proxectar o traballo das artistas que se forman neste centro, trátase dunha mostra sen un fío conector, na que se recollen temáticas como a memoria, o arquivo, a sociedade, o folclore, a cotiandade ou a estética ciberpunk. 

A exposición pode visitarse ata o 12 de marzo, de luns a venres, en horario de 10.30 a 13.30 e de 16.30 a 20.30 horas.

Do 12 de febreiro ao 12 de marzo
Galería Tangram, Pontevedra.

Xa podes anotarte

versos a dúas voces

“Versos a dúas voces” 

19

Mércores/ Marzo

devellabella

Por segundo ano consecutivo o colectivo De vella a bella coa colaboración do Ateneo de Pontevedra presenta a Mostra Poética VERSOS A DÚAS VOCES.
O acto intégrase no marco das celebracións do DÍA MUNDIAL DA POESÍA (21 de marzo) e terá lugar dous días antes, o 19, ás 19.00 h. no Museo de Pontevedra.
Esta mostra poética festexa a poesía converténdoa nun acto colectivo aberto a calquera amante da mesma que desexe participar como autor, autora, ou acompañante, xa que como ben indica a súa denominación, trátase dun recitado por parellas e, por suposto, é un acto aberto tamén a todos aqueles que se animen a asistir como público.
En total este ano serán trece as parellas, procedentes de Pontevedra, Vigo, Marín, O Grove, Sanxenxo, Vilagarcía, Baiona e Lugo. Ademais contaremos coa presenza de Clara Pino e Pablo Vidal, músicos de recoñecido prestixio, que nos agasallarán con tres actuacións musicais durante o transcurso da mostra.

 Ás 19:00 horas
Edificio Castelao do Museo de Pontevedra.
Reconversión

“Reconversión” 

20

Xoves/ Marzo

Concello de Pontevedra

Un exercicio de memoria histórica arredor da reconversión no sector naval na ría de Vigo. Reconversión é unha viaxe desde a posguerra ata o“Felipismo”dos 80, pasando pola auxe da industria siderúrxica e a evolución desde un estilo de vida rural a unha sociedade capitalista. Un espectáculo de gran formato para público adulto, con oito actores-músicos que forman unha charanga e interpretan a banda sonora en directo.

Dirección e autoría: Santiago Cortegoso.

Elenco: Artur Abad, Cristina Collazo, Santiago Cortegoso, César Goldi, Celia González, Davide González, Fran Lareu e Nani Matos.

Duración: 100 min

Ás 21:00 horas
Teatro Principal, Pontevedra.
Kiki Morente

“Kiki Morente” 

22

Sábado/ Marzo

Concello de Pontevedra

O recoñecido cantaor, guitarrista e compositor Kiki Morente presenta o seu terceiro disco “Azabache“, que mostra a madurez artística do cantante.

Con dous exitosos discos en solitario, «Albayzín» (2017) e «El Cante» (2021), e agora con «Azabache» (2024), Kiki Morente consolidouse como unha das principais voces do panorama flamenco actual. O seu carisma, confianza e talento fan del un artista que cativa ao público en cada unha das súas actuacións.

Ás 21:00 horas
Teatro Principal, Pontevedra.

máis artigos

♥♥♥ síguenos ♥♥♥