aromaterapia

“Aromaterapia” 

11

Luns/Maio

Medicina Integrativa

Agora que nos achegamos ao verán propóñovos este taller introdutorio á aromaterapia. Faremos un percorrido pola súa historia, veremos como funcionan os aceites esenciais e en que baséase esta terapia para o seu éxito. Veremos algunha das sinerxías mais interesantes para está época que vén de calor, varices, reafirmantes etc… Como sempre un taller práctico onde che levases a túa sinerxía para comezar a usar. Reserva a túa cita ata o 08 de maio

Ás 18:00 horas
Pontevedra
Buenaventura Aparicio

“Buenaventura Aparicio” 

12

Martes/Maio

Ateneo de Pontevedra

O Ateneo de Pontevedra organiza a a conferencia “Leonor Izquierdo, dona de Antonio Machado. A forxa dun mito” impartida polo historiador Buenaventura Aparicio Casado.

O acto, presentado por Alicia Esteban Crespo, terá lugar o vindeiro martes 12 de maio ás 19:00 horas, no Edificio Castelao do Museo de Pontevedra.

A entrada é libre ata completar capacidade.

Ás 19:00 horas 
Edificio Castelao do Museo de Pontevedra
Alfredo Conde

“Alfredo Conde” 

12

Martes/Maio

Librería Cronopios

Presentación do libro de Alfredo Conde, “memorias desaforadas” acompañado por Rodrigo Cota.

Ao longo das súas páxinas, Memorias desaforadas reúne recordos, reflexións e anécdotas que conforman unha vida marcada pola literatura, as viaxes e o encontro con múltiples culturas e personaxes. Coa mirada lúcida e o estilo narrativo que caracteriza a Alfredo Conde, o autor comparte vivencias que transitan entre o íntimo e o histórico, o cotián e o extraordinario.

Ás 19:00 horas
Librería Cronopios, Pontevedra
Manuel Bouzas

“Manuel Bouzas” 

13

Mércores/Maio

Ateneo de Pontevedra

O Ateneo de Pontevedra organiza unha a conferencia do arquitecto Manuel Bouzas dentro do ciclo A estirpe de Sesmero.

O acto terá lugar o vindeiro mércores 13 de maio ás 19:00 horas, na Casa das Campás.

A entrada é libre ata completar capacidade.

Ás 19:00 horas 
Casa das Campás, Pontevedra
tu man nieko neprimeni

“Tu man nieko neprimeni” 

13

Mércores/Maio

Facultade de Comunicación

Comezamos maio có ciclo queer! Esperámosvos todos os mércores de maio ás 18:30 no aula de cine. “tu man nieko neprimeni” de Marija Kavtaradze.

A bailarina Elena e o intérprete de lingua de signos Dovydas conocense e forman un fermoso vínculo. A medida que se adentran nunha nova relación, deben atopar a maneira de construir o seu propio tipo de intimidade.

Ás 18:30 horas
Aula de cine da Facultade de Comunicación, Pontevedra
Mambar pierrete

“Mambar Pierrette” 

13

Mércores/Maio

Fundación Cuña-Casasbellas

No marco da programación de cine da Fundación Cuña-Casasbellas. Fabulario Novo-Hipofanías, na Sala VerSus (r/ Xerardo Álvarez Limeses, nº 12) para o ano 2026, celebrase o Ciclo cinematográfico “Miradas de directoras africanas neste século”, cuxa cuarta sesión terá lugar este mércores, 13 de maio, ás 20:00h, coa proxección do Filme: 

MAMBAR PIERRETE- Direc.: Rosine Mbakam

 País e ano: Camerún, 2022. Duración: 93 m

Sipnose: Pierrette, costureira en Douala, cría soa aos seus fillos e coida da súa nai. Está acostumada vivir ao día, pero aínda ten que sortear a algún que outro carteirista e as inundacións da súa casa e o seu taller. Pierrette cose teas, mantendo unido o tecido da súa vida, mentres os seus clientes cóntanlle os seus problemas.

Ás 20:00 horas.
Fundación Cuña-Casasbellas, Pontevedra
Borxa González

“Borxa González” 

13

Mércores/Maio

A Pedreira

O galego nas redes sociais. Como fazer da nossa língua unha ferramenta de conexom expressim e transformaçom. Falará Borxa González de orgullo galego

Ás 20:00 horas.
C.S A Pedreira, Pontevedra
A tres bandas

“A 3 Bandas” 

14

Xoves/Maio

CMUS Manuel Quiroga

Concerto na Ferrería, Banda I do CMUS Manuel Quiroga e Coro infantil, Dirección: Miguel Dopazo e Nanette Sánchez.

Banda II CMUS, Dirección José Pérez.

Banda de música Unión musical de Tenorio, Dirección: Claudio Clemete valente dos Santos Leite.

Ás 19:30 horas
Praza da Ferrería, Pontevedra
obradoiro poético

“Vivir sendo muller” 

14

Xoves/Maio

Facultade de Belas Artes

Un espazo para escribirnos, pensarnos e escoitarnos, onde a palabra se fai corpo, memoria e resistencia. Obradoiro poético “vivir sendo muller”, un achegamento á escrita feminista en galego con micro aberto. Impartido por: @noitaaf_
Terá lugar o 14/05/2026 de 18:30 a 20:30 en Pontevedra.
Inscrición previa a través do QR do cartel!!!

Ás 18:30 horas
Espazo O abrigo, Pontevedra
Denis Maza

“Denis Maza” 

14

Xoves/Maio

Librería Nobel

O día 14 de maio celebraremos a presentación do libro de Denis Maza, “Al girar la rueda” ás 19:30 na librería Nobel.

Ningunha relación previa existe entre Jorge, un home que tocou fondo despois dun fatídico suceso no que se ve envolto, Marta, xerente na empresa familiar, casada e con dúas nenas, que por fin conseguiu a estabilidade emocional que leva toda a vida buscando, e Carlos, un policía nacional cunha existencia sinxela, feliz coa súa muller e as súas rutinas cotiás.

Ás 19:30 horas
Librería Nobel, Pontevedra
Aderruba

“A derruba” 

14

Xoves/Maio

Facultade de Belas Artes

Exposición colectiva “A derruba”.

Na Sala Universitaria Profesor Manuel Moldes, o xoves 14 de maio, ás 20:00h

Inscrición previa a través do QR do cartel!!!

Do 14 de Maio ao 27 de Xuño
Sala Manuel Moldes, Facultade de Belas Artes, Pontevedra
Vieiros de pontevedra

“Vieiros de Pontevedra” 

14

Xoves/Maio

Fundación Manuel Moldes

Logo dun proceso selectivo intenso polo número de participantes e pola calidade das propostas, as obras escollidas para participar xunto a Manuel Moldes en Vieiros en Pontevedra foron as de Candela Sueiro Sanisidro, Eva Díaz Vilaboa, Inés Martínez Caramés, Iria Pérez Rial, Jimena Arenas Costas, Mariña Rey Noya, Nuria Costas Fernández, Pau Ubeira Carramal e Xulia García Pintos.
A inauguración da mostra terá lugar o próximo xoves día 14 de maio. Será ás 19:00 na sede da Fundación Manuel Moldes en Pontevedra na rúa Benito Corbal 47, 8º andar (acceso por r/ Javier Puig 3).

Do 14 de maio ata setembro do 2026 
Fundación Manuel Moldes, rúa Benito Corbal 47, Pontevedra
mi querida

“Mi querida señorita” 

14

Xoves/Maio

Ambienta_cinema_lgbtiqa e cineclube

abías que existe unha película española producida durante o franquismo que trata a intersexualidade?

𝐌𝐈 𝐐𝐔𝐄𝐑𝐈𝐃𝐀 𝐒𝐄𝐍̃𝐎𝐑𝐈𝐓𝐀 de Jaime de Armiñán, estreada en 1971. Nela cóntase a historia de Adela, unha muller solteira que comeza a sentirse incómoda consigo mesma e coa súa identidade.

En colaboración co @cineclubepontevedra , proxectaremos este clásico do cine español que vén de ser recuperado nun remake producido polos Javis e con guión de Alana S. Portero.

Todas as actividades de AMBIENTa son de acceso libre e de balde, ata completar cabida

Ás 20:00 horas
Salón de actos da Facultade de Belas Artes, Pontevedra
seantience

“Olaia Freiría” 

14

Xoves/Maio

A Pedreira

Proxección + coloquio de Seantience de @etica.animal con Olaia Freiría en Pontevedra!

O xoves 14 de maio ás 20h, xuntarémonos para comentar esta peza audiovisual sobre a sintiencia dos animais mariños.

Seantience é un documental creado pola  Fundación Ética Animal. 

A proxección dura uns 30 minutos e irá seguida dun coloquio de Olaia Freiría, activista antiespecista dende 1999, coordinadora xeral de Ética Animal e anteriormente, cofundadora da Fundación Derechos para los Animales e Equanimal. 

Ás 20:00 horas.
C.S A Pedreira, Pontevedra
Irene Aschero

“Irene Aschero” 

14

Xoves/Maio

UNED

Paixón en “Clave de Tango”. A Universidade, a través do seu programa de Extensión Universitaria, promove iniciativas culturais que achegan as artes escénicas á sociedade, fomentando o diálogo entre a comunidade académica e a contorna social. Neste contexto, a actuación “Paixón en Clave de Tango” de Irene Aschero preséntase como unha oportunidade única para desfrutar dunha expresión artística profundamente arraigada na tradición cultural, como é o tango. Este espectáculo combina música, emoción e narrativa escénica, ofrecendo unha experiencia que transcende o meramente artístico para converterse nun vehículo de transmisión cultural e sensibilización estética. A actuación no Auditorio de UNED Pontevedra reforza o compromiso da universidade coa difusión cultural aberta e accesible a toda a cidadanía.

Ás 20:00 horas 
Auditorio da UNED, Pontevedra
Jose serrano

“Santiago López” 

15

Venres/Maio

UNED Pontevedra

Biografía novelada que explora a vida de José López Serrano (1924/2015). Republicano e comunista, nacido en Puertollano, que pasou 19 anos encarcelado en diferentes prisións franquistas.

A bibliografía non só recupera a memoria dun represaliado, sinon tamén a de toda unha xeración derrotada e silenciada pola dictadura.

Ás 19:00 horas
UNED, Pontevedra
Videodrome

“Videodrome” 

15

Venres/Maio

Campus Crea

A sala de conferencias da Casa das Campás acolle a proxección de Videodrome (Canadá, 1983), de David Cronenberg, nunha nova sesión do ciclo de cinema Imago mundi, promovido polo Campus Crea, co apoio da Deputación de Pontevedra, dentro da programación da Semana Crea. Integrada por seis sesións, no meses de abril e maio, esta programación busca amosar algunhas das rutas escollidas polo cinema para ilustrar a interacción entre home, tecnoloxía e contexto.

Ás 19:00 horas 
Casa das Campás, Pontevedra
Lucía Mojón

“Lucía Mojón” 

15

Venres/Maio

Librería Nobel

O día 15 de maio celebraremos a presentación do libro de Lucía Mojón, “Unha sorpresa ruidosa” , actividade para a cativada, ás 19:00 na librería Nobel.

Ás 19:00 horas
Librería Nobel, Pontevedra
nene Barros

“Nee Barros” 

15

Venres/Maio

Libraría Paz

O Veña que comezamos!! 
E da mellor das maneiras, coa presentación do libro “Guia de linguagem não binária” , editado por @atraveseditora

Anotade a data, o venres 15 de maio ás 19:30h temos unha cita con @neeumatiko na @librariapazpontevedra , agardámosvos a todes!!! 

Ás 19:30 horas
Libraría Paz, Pontevedra
a terra laranxa

“Si la tierra fuera naranja” 

15

Venres/Maio

Liceo Casino

Conferencia con un percorrido visual polo Sistema Solar, tomando como referencia distintas ubicacións de Pontevedra. “Si la tierra fuera naranja, un paseo a escala polo sistema solar”
Durante a sesión abordaránse, de forma amena e divulgativa, aspectos como os tamaños dos planetas e as distancias que os separan do Sol. A actividade está dirixida a público a partir de 10 anos e non require conocimientos previos.
A conferencia contará coa participación de José González Coma, profesor e investigador do Centro Universitario de Defensa na Escola Naval Militar, e de Andrea García González, pianista, cantante e docente musical que abrirá e pechará o acto, con sendas pezas musicais.
A entrada é libre e gratuita.
Ás 20:00 horas
Liceo Casino, Pontevedra
Cancións en Cuña Casasbellas

“Sergio Ariel&Amor Herrera” 

15

Venres/Maio

Fundación Cuña-Casasbellas

A Fundación Cuña-Casasbellas. Fabulario Novo-Hipofanías, ten a satisfacción de invitarlle á presentación do traballo musical “Cancións e outras cuestións” de Pequena Gran Compañía, cos artistas Amor Herrera e Sergio Ariel Rodríguez. CANCIÓNS E OUTRAS CUESTIÓNS Amor Herrera e Sergio Ariel [Pequena Gran Compañía] “Cancións e outras cuestións” …é un resumo de 16 anos de carreira artística da Pequena Gran Compañía e dos espectáculos que formaron parte deste percorrido. Desde “Con nome de muller” ou “Inmigrante” ata cancións gravados nos seus discos, e melodías que se fixeron imprescindibles nos seus concertos en directo. Con este espectáculo a Pequena Gran Compañía recupera a súa esencia inicial navegando entre sorrisos, poemas, cantigas e rescatando proxeccións audiovisuais que formaron parte das súas presentacións en auditorios e teatros.

Ás 20:30 horas.
Fundación Cuña-Casasbellas, Pontevedra
paciente experto

“Paciente experto” 

13

Mércores/Maio

Pontecorazón

Aprender de quen xa percorreu o camiño O vindeiro mércores 13 de maio ao 12.00 h terá lugar unha charla moi especial no Salón de Actos do Hospital Montecelo. Paciente Experto é unha iniciativa na que varios pacientes que xa completaron o programa de Rehabilitación Cardíaca compartirán a súa experiencia privado: como afrontaron o diagnóstico, que cambios incorporaron á súa vida e como recuperaron a confianza para seguir adiante. Escoitar a outras persoas que viviron unha situación similar pode ser de gran axuda para resolver dúbidas, atopar motivación e comprobar que é posible volver levar unha vida activa e saudable. Entrada libre Unha excelente oportunidade para aprender, compartir e sentirse acompañado no proceso de recuperación.
Ás 12:00 horas
Salón de Actos do Hospital Montecelo, Pontevedra
salinas de Ulló

“Camiñada: Salinas de Ulló” 

16

Sábado/Maio

Pontecorazón

Camiñada Pontecorazón
Un mes máis, dentro das nosas xornadas “Quedadas Saudables”, organizamos unha camiñada. O vindeiro 16 de maio ás 9:30 h convidámoste a compartir unha mañá diferente en boa compañía, gozando do aire libre e do movemento xuntos.
Percorrido: Salinas do Ulló (Vilaboa).
Actividade gratuíta e aberta a todas as persoas socias de Pontecorazón, así como familiares e amizades.
Non é necesario anotarse previamente: só tes que achegarte ao punto de saída e sumarte á experiencia.
Porque camiñar xuntos tamén é coidar do corazón.
Ás 09:30 horas
Aparcadoiro Paredes-Vilaboa, Pontevedra
cociñando por España

“Cociñando por Galicia” 

16

Sábado/Maio

Cociñando Por España: Galicia Este Día das Letras Galegas celebramos a gastronomía e tradición da nosa terra cun taller moi especial Aprenderemos a preparar: Empanada de atún, Mexillóns á albariño, Torta de Santiago. Unha experiencia para desfrutar cociñando, compartindo e saboreando algúns dos pratos máis emblemáticos de Galicia. Sábado 16 de maio De 11h a 13h Prazas limitadas Reserva o teu sitio en Cousiñas.es

Ás 11:00 horas
Cousiñas, Camiño de Ferro 4, Pontevedra
Lume manso

“Lume Manso” 

16

Sábado/Maio

Editorial Verme

O sábado 16, véspera das Letras Galegas teremos un encontro moi especial en @opetomaxico_libreria

Falaremos da Colección #LumeManso con Baia Fernández de la Torre e de cantas cousas agocha.

Se é que hai libros que naceron para ser contados.

Ás 12:00 horas
O peto máxico, Pontevedra
Carlos Lixó

“Carlos Lixó” 

16

Sábado/Maio

Libraría Paz

O vermú entre libros este mes protagonízao @carlospogho que estará acompañado de @miriamferradans

Ás 12:30 horas
Libraría Paz, Pontevedra
concerto punk

“Brais das Hortas e Peter Punk” 

16

Sábado/Maio

A Pedreira

Concertaço!!!!! Brais das Hortas e Peter Punk xuntos!!
Peter Punk Pallaso
Brais das Hortas

Ás 12:30 horas.
C.S A Pedreira, Pontevedra
Lúa mosquetera

“Lúa Mosquetera” 

16

Sábado/Maio

O mercado

Lúa Mosquetera en Pontevedra!
O 16 de maio, ás 13:00h, conversa con @mosquetera_ en O Mercado, modera @su_pedre.

Quen é? Poeta e escritora galega que traballa no ámbito do spoken word, combinando poesía recitada, música e escena.

 Entrada de balde

Ás 13:00 horas
O mercado, Pontevedra
Ensemble

“Ensemble allettamento” 

16

Sábado/Maio

Museo de Pontevedra

Concerto Ensemble Allettamento no Museo. Mario Braña ao violín barroco e Elsa Pidre ao violonchelo barroco ofrecen un concerto de música antiga no que recuperan obras pouco coñecidas do repertorio para estes instrumentos dos séculos XVII e XVIII e amosan como mudou a relación entre os dous instrumentos. Nun primeiro momento, o violonchelo exercía principalmente como acompañante no baixo continuo, aínda que, en ocasións, asumía el só esta función, o que esixía gran virtuosismo e capacidade de improvisación. Co paso ao século XVIII, esta práctica consolídase e permite novas posibilidades sonoras en combinación co violín. Progresivamente, o violonchelo vai adquirindo protagonismo ata acadar un papel solista equiparable, o que dá lugar a un diálogo máis equilibrado entre ambos. Este proceso culmina nunha linguaxe máis homoxénea e nunha nova forma de escritura musical que marcará o desenvolvemento posterior do repertorio para estes instrumentos.

Ás 12:30 horas
Edificio Castelao do Museo de Pontevedra
Revolver

“Revólver” 

16

Sábado/Maio

Concello de Pontevedra

Unha viaxe ao orixe Revólver volta á carretera con LA 03010, un proxecto que representa moito máis que un novo álbum de estudio: é unha coordenada emocional, un regreso ao orixe e unha das obras máis complexas e persoais na traxectoria de Carlos Goñi, que continúa explorando novos territorios creativos. Baixo este enigmático código —o código postal do barrio alicantino de Los Ángeles onde viviu de rapaz— nace un repertorio que viaxa ás historias que marcaron os seus inicios.

Ás 21:00 horas 
Pazo da Cultura de Pontevedra
taller de reposteria

“Taller repostería” 

17

Domingo/Maio

Taller de Repostería – Especial Letras Galegas O vindeiro domingo 17 invitámoste a desfrutar dunha experiencia doce moi especial onde elaboraremos algunhas das delicias máis tradicionais:
Cañitas recheas, Melindres e Bica galega.

Un taller pensado para aprender, desfrutar e celebrar a nosa tradición reposteira. Domingo 17/05 De 11.00 a 14.00 Prezo: 45 € E o mellor… lévascho todo a casa! Para que poidas compartir e degustar as túas creacións coa túa familia ou amigos Prazas limitadas – reserva reservas en cousiñas.es 

Ás 11:00 horas
Cousiñas, Camiño de Ferro 4, Pontevedra
suricata

“Begoña Caamaño” 

17

Domingo/Maio

Museo de Pontevedra

Suricata Teatro. Begoña Caamaño: a tecedora de historias.

Este espectáculo de contacontos ten como obxectivo achegarlle ao público infantil e familiar a figura de Begoña Caamaño, a través da narración oral, e involucralo en diversas dinámicas. A proposta busca dar a coñecer a vida e obra da homenaxeada no Día das Letras Galegas do 2026, e poñer en valor a lingua galega e o poder das historias.que marcará o desenvolvemento posterior do repertorio para estes instrumentos.

Ás 12:30 horas
Edificio Sarmiento do Museo de Pontevedra
paisaxes

“José Luis Millán” 

8

Venres/Maio

Deputación de Pontevedra

Exposición “Paisaxes de mar e oficio” de José Luis Millán Coira

Paisaxes de mar e oficio” é unha escolma de fotografías onde o mar e a terra se atopan, xerando unha paisaxe feita de luz, de sal e de traballo. En cada imaxe, o fotógrafo recolle o diálogo entre a forza das mans e o ritmo da marea para transcender a paisaxe e ofrecer, ao mesmo tempo, unha homenaxe silenciosa a quen fai do mar o seu camiño.

do 8 ao 24 de maio
Palacete das Mendoza, Pontevedra
ojos y canutos

“Diego Rubio” 

7

Xoves/Maio

Facultade de Belas Artes

Inauguración da exposición de Diego Rubio, “Ojos y canutos” comisariada por Pablo Martínez.

Ás 19:00 horas
Espazo O Abrigo da Facultade de Belas Artes, Pontevedra
expo na casa das campás

“E ademais debuxan” 

6

Mércores/Maio

Concello de Pontevedra

A inauguración da exposición terá lugar o mércores 6 de maio ás 19.00 horas con entrada libre na Casa das Campás.  Permanecerá instalada ata o 5 de xuño e visitable de luns a venres de 9.00 h. a 21.00 h. e sábados de 10.00 a 14.00h e de 16.00 a 21.00h.

Do 6 de maio ao 5 de xuño.
Casa das Campás, Pontevedra
maquetas

“María Cuevas” 

4

Luns/Maio

Liceo Casino

Do 4 ao 18 de maio, o Liceo Casino de Pontevedra acolle a exposición ‘Maquetas e Miniaturas artesanais‘ de María Cuevas, unha colección que transforma o pequeno en algo extraordinario. A inauguración terá lugar o día 4 de maio ás 20:00 horas. O encanto do cotián en miniatura As maquetas recrean espazos próximos e reconocibles —tendas de barrio, froiterías, obradoiros, talleres ou fachadas— nunha homenaxe aos oficios tradicionais e á memoria do cotián. As súas pezas, de 30×25 e 50×25 cm, están elaboradas con materiais reciclados como cartón, plásticos, teas, envases, botóns ou pasta de papel, dando unha segunda vida a obxectos cotiáns a través da arte. Esta vocación naceu durante a pandemia e, desde entón, a autora desenvolveu un traballo minucioso que combina a súa formación en Delineación cun proceso autodidacta, logrando escenas de gran precisión e sensibilidade.Unha mostra con detalle, creatividade e alma sostible que non te deixará indiferente. Esperámoste! A entrada libre e gratuíta.

Do 4 ao 18 de Maio 2026
Liceo Casino, Pontevedra
Ruibal. Bellas

“Ruibal & Bellas” 

30

Xoves/Abril

Museo de Pontevedra

Arte en parella: Mercedes Ruibal e Agustín Pérez Bellas

Comisaria: Cristina Villaverde Ruibal

O centenario do nacemento da pintora Mercedes Ruibal (Pontevedra, 1926) é o momento para reivindicar dúas traxectorias artísticas que, aínda que recentes, sofren de certo esquecemento. Na Arxentina sitúanse os comezos de Mercedes, onde se forma a carón de Laxeiro e nas súas visitas aos museos de Bos Aires. Retornada a Galicia, casa en 1958 co arquitecto Agustín Pérez Bellas (Vigo, 1927), home tamén namorado da pintura. Os dous abren nesta década as súas novidosas propostas pictóricas, que presentan en galerías galegas para, posteriormente, dar o salto coa súa obra a Madrid e Barcelona.

Do 30 de Abril ao 28 de xuño 2026
Museo de Pontevedra
Patricia Maquieira

“Patricia Maquieira” 

25

Sábado/Abril

Tábula Rasa

Este sábado 25 de Abril de 12:30 a 15h, inauguración da nova exposición de Patricia Maquieira. “Tempo de Colleita”
Estades todxs convidadxs.

Do 25 de Abril a
Tábula Rasa, Pontevedra
diversa

“Diversa” 

24

Martes/Marzo

Afundación

Desde Afundación, Obra Social ABANCA convidámoste á visita guiada inaugural da Mostra Internacional de Ilustración Contemporánea Afundación
DIVERSA,
a cargo da comisaria Matilde Rodríguez. 
Nesta exposición, achegamos a Pontevedra unha escolma das propostas máis representativas da ilustración actual. Exploraremos como a variedade cultural, a conexión coa nosa contorna e as experiencias persoais das e dos artistas, converxen para dar forma a un discurso visual que dialoga cos grandes retos e temas do noso tempo.

Do 24 de marzo ao 20 de xuño
Café Moderno, Pontevedra
San Domingos

“Ruínas de San Domingos” 

15

Domingo/Marzo

Museo de Pontevedra

Traémosvos este precioso gravado de Jorge Osterberger para contarvos que este domingo 15 de marzo as Ruínas de San Domingos volven abrir ao público.
Ata o 31 de outubro pódense visitar por libre. Toma nota dos horarios:
– De martes a sábados: de 10h a 14h e de 16:00h a 19:30h
– Domingos e festivos: de 11h a 14h
– Pechado os luns
15 de marzo ao 31 de outubro 2026
Ruínas de San Domingos, Pontevedra
Exposición na Fonda

“Cronofitti” 

17

Mércores/Decembro

Mambo Gallery

Exposición de Mambo Gallery no restaurante La Fonda Cronofitty
Decembro 2025
Restaurante La Fonda rúa Isabel II Pontevedra

Proximamente

máis artigos

♥♥♥ síguenos ♥♥♥