o movimento das cousas

“O movimento das coisas” 

11

Luns/Marzo

O MOVIMENTO DAS COISAS
Manuela Serra, 1985, Portugal, 85 min., VOSG
Lingua orixinal: portugués
*En colaboración coa Filmoteca de Galicia
.
Un día de traballo nunha aldea do norte de Portugal. Catro vellas, o campo, o pan, as galiñas. Historias de xestos saboreados en palabras mineralóxicas. Unha familia de dez fillos nunha granxa somérxese na inmensidade do tempo. O pai corta unha árbore. Máis alá, a auga dun río habitado por xente. Unha barca, o sol, a praza da vila, a ponte en construción, o balcón, a comida, a densidade e o misticismo do domingo, a misa e a festa. Nese lugar, Isabel móvese coa mirada posta no futuro. Para os demais, o sentido da vida é só vivir. E o tempo corre entre o amencer e o atardecer.
Manuela Serra impulsou a cooperativa Virver en 1975 á calor da Revolução dos Cravos e do Maio do 68. En 1977 comezou a escribir O movimiento das coisas, que rematou en 1985. Malia ter percorrido e recoñecemento en diversos festivais internacionais e malia recibir eloxios por parte de xigantes do cinema portugués coma Manoel de Oliveira ou Paulo Rocha, a primeira e única obra de Manuela Serra como realizadora non tivo estrea no circuito comercial ata 2021, logo de ser restaurada pola Cinemateca Portuguesa.
Premio FilmduKaten no Festival de Mannheim (1985)
Premio AFGA no Festival de Cinema de Tróia (1985)
Ás 20:30 horas
Teatro Principal, Pontevedra
Raul rodriguez

“Música, onte-hoxe” 

12

Martes/Marzo

Museo de  Pontevedra

O frautista Manuel Morales e o pianista Raúl Rodríguez ofrecen o concerto que pecha o ciclo ‘O son do piano’, no que no mes de marzo tres formacións acústicas ofrecen as súas propostas musicais arredor do noso piano.

Morales e Rodríguez presentarán o espectáculo ‘…Música, onte-hoxe…’, unha perspectiva da música de onte ata hoxe en día a través de dous instrumentos actuais unindo compositores de distintos períodos. Se os instrumentos musicais son a consecuencia dunha progresiva transformación lóxica, a frauta e o piano son o medio que conecta neste recital obras de tan diversos estilos.

Ás 19:00 horas
Museo de Pontevedra
el sur

“El Sur” 

12

Martes/Marzo

 EL SUR

Víctor Erice, 1983, España, 93 min., VO
Lingua orixinal: español
“A Gaivota” é unha casa grande situada nas aforas dunha cidade do norte de España. Nela viven Agustín, médico e rabdomante, a súa muller, mestra represaliada polo franquismo, e a súa filla Estrella. A nena, desde a súa infancia, sospeita que o seu pai oculta un segredo.
Mellor Filme no Festival de Chicago 1983
Nomeado a Mellor Filme en Cannes 1983
Ás 20:30 horas
Teatro Principal, Pontevedra
Rebumbio poético

“Rebumbio poético” 

12

Martes/Marzo

 Desta volta o Rebumbio Poético non será unha homenaxe a unha poeta. A metade de ‘O Fruto e a Serpe‘ atoparase navegando polo Océano Atlántico, cruzándoo. Daquela imos facer unha velada adicada ao mar, ao mar e á muller, a súa íntima conexión, a súa alianza inquebrantable. As nosas bágoas son parte dun océano infindo, a suor das nosas frontes, tamén.

Agardamos por vós o martes 12 de marzo para compartir poesía. Traede poemas propios ou alleos, falemos do mar, versos e sal no Micro Aberto a partir das 21:10 

Ás 21:10 horas
Club la verbena. Travesía Charino 29, Pontevedra
Matria

“Matria” 

13

Mércores/Marzo

 A Aula de Cine da Facultade de Comunicación acolle unha nova sesión da décimo terceira edición da Máster Class Audiovisual Galego Augal, coordinada polos profesores Miguel Anxo Fernández e Paulino Pérez co patrocinio da Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic).

Dedicada á longametraxe Matria, a súa proxección verase complementada cun coloquio co seu director, o exalumno da facultade Álvaro Gago.

Rematado o coloquio, terá lugar o acto de entrega de diplomas e a clausura desta edición.

Ás 16:00 horas
Facultade de Comunicación de Pontevedra
route 181

“Route 181” 

13

Mércores/Marzo

Fundación Cuña-Casasbellas

Route 181 Fragmentos dunha viaxe en Palestina-Israel.

2ª parte: O Centro

Direc.: Eyal Sivan, Michel Khleifi

 País e ano: Bélxica, 2004

 Duración: 270 m (dividida en tres sesións, de 90 m)

 Sinopse. Hoxe comenzaremos ca proxección do documental Route 181, fragmentos dunha viaxe en Palestina que dividiremos en 3 sesións como así esta recolleito no propio documental. Cada parte analiza unha determinada zona deste territorio. Na primeira sesión será o Norte, na segunda o Centro e remataremos no Sur.

            Este documental podemolo considerar como un complemento da película anterior que se dividía en 2 partes e mostraba o memo tema pero dentro das características do cinema de ficción, Àmbolos dous nos poden axudar a entender mellor, desde dúas formas cinematográficas distintas -a ficción e o documental- os motivos e razóns da traxedia que esta vivir hoxe en día o pobo palestino.

Entrada de balde ata completar aforo

Ás 20:00 horas
Fundación Cuña-Casasbellas de Pontevedra
Doce pasos

“Doce pasos” 

14

Xoves/Marzo

 O teu propósito de Ano Novo é sair a camiñar e facer máis exercicio físico o aire libre ?? Pois esta é a túa actividade. Ven a camiñar con nós
 Todolos Xoves ás 10:00 horas.  Praza de España, Pontevedra

Preciso a inscrición para a primeira vez (non é preciso acudir tódolos xoves) 
 Máis información: 986307158/629945925
 Actividade de Baixa esixencia. Actividade gratuita

Ás 10:00 horas
Praza de España, Pontevedra
rutas saudables aecc

“Rutas saudables” 

14

Xoves/Marzo

Comezamos o ano con novos propósitos  e poñemos en marcha as Rutas saudables en Pontevedra.
Haberá dous grupos os xoves ás 10:30 e ás 17:00 horas.
Reserva a túa praza no teléfono gratuito 900 100 036 ou de maneira presencial na sede de Eduardo Pondal 64A Baixo Pontevedra
Xoves ás 10:30 e ás 17:00 horas
Praza de Galicia, Pontevedra
Comic na EOI

“Un mundo en Cómic” 

14

Xoves/Marzo

EOI Pontevedra

O vindeiro xoves 14 de marzo ás 18.30 o marabilloso e único Kiko da Silva, fundador do Garaxe Hermetico, virá á Escola para facer un percorrido pola Banda deseñada. Achégate ao salón de actos da EOI Ponteedra e inspírate coas súas viñetas!
Ás 18:30 horas
EOI , Pontevedra
Simon Callery

“Simón Callery” 

14

Xoves/Marzo

Facultade de Belas Artes

A Sala Universitaria Profesor Manuel Moldes acolle a inauguración da exposición The making of a painting / Facer unha pintura, na que se presentan os resultados do proxecto realizado polo pintor inglés Simon Callery xunto cun grupo de estudanes da Facultade de Belas Artes. Promovida coa colaboración da Vicerreitoría do campus e do Departamento de Pintura da UVigo, trátase dunha exposición comisariada por Elena Bangueses, que presenta os resultados dun traballo feito na paisaxe da contorna de pontevedra, en colaboración cos estudantes Goa Vázquez, Julio Catalán, Álex Fuertes, Diego del Río e Cristina Rus.

Do 14 de marzo ao 30 de abril 2024
Sala Universitaria Manuel Moldes, Pontevedra
as mulleres que opinan

“As mulleres que opinan son perigosas” 

15-16

Venres e Sábado/Marzo

Teatro principal. Pontevedra

Este 15 e 16 de marzo de 2024 volven as #MulleresQueOpinan ao Teatro Principal de Pontevedra. Chegamos á sétima edición sendo un evento xa consolidado e coa responsabilidade de ser fieis aos sinais de identidade deste foro: seguir pendentes da actualidade, con temáticas novas que non estiveron presentes nas edicións anteriores, mesturar rostros moi coñecidos con outros nomes que permitan descubrirlle ao público mulleres profesionais que fan un gran traballo e moi especializado nos medios, darlle protagonismo ás profesionais locais e galegas, e prestarlles atención ás comunicadoras que fan opinión a través de novos formatos que conectan coas novas xeracións (activistas e creadoras de contido en Instagram, Twich, TikTok, podcasts ou Youtube). A nosa teima é rodearnos de referentes da profesión para amosar e reivindicar o camiño andado por elas, sen esquecernos de que hai futuro, porque hai canteira.

Formulario de inscrición

Programa

Ás 12:00 horas 
Teatro principal, Pontevedra
sons latinoamericanos

“Sons latinoamericanos” 

15

Venres/Marzo

REAL FILHARMONÍA DE GALICIA

Director: Baldur Brönnimann. Solista: Dario Solari (baritono / narrador)

Programa: Sonidos latinoamericanos

JOSE PABLO MONCAYO: Huapango (versión cámara)

VICENTE ASCONE: Cinco cancións ao estilo popular rioplatense

ALBERTO GINASTERA: Estancia, op. 8 (ballet completo)

 ADOLFO MEJÍA: Acuarela

  ARTURO MÁRQUEZ: Danzón nº 2

Áss 20:30 horas
Auditorio Afundación. Pontevedra
poesia na santiña

“Noite de poesía” 

15

Venres/Marzo

O proxima recital de poesia seria o venres 15 marzo en Nasantiña! Con musica, poesia polo rural, poemarios, veu e moito mais! Queremos tomar un momento para celebrar o rural e estar en solidariedade coas loitas rurais, particularmente a loita contra o A57. Logo temos un poemario para compartir, e como sempre estamos encantados de todo tipo de poesia para compartir, en calquera idioma, forma, idade

Ás 21:00 horas
Nasantiña, rúa da santiña 35, Pontevedra
migracións

II Encontro galego sobre migracións” 

16

Sábado/Marzo

Estades todos convidados ó II ENCONTRO GALEGO SOBRE MIGRACIÓNS que celebrarase en Pontevedra o sábado 16 de marzo e centrarase no tema da migración e os coidados.

É necesaria inscripción previa, así que non o dubides e escríbenos un correo a: circulosilencioponte@gmail.com

Grazas pola atención e comparte!!

Xuntos máis forte!!!;))

De 09:00 a 14:30 horas
Salón de actos do edificio da Xunta, Pontevedra
Pintura e viño

“Pinta e comparte” 

16

Sábado/Marzo

Granero Delmás. Pontevedra

O sábado 16 de Marzo de 11:00 a 13:30 sorprenderáste do que eres capaz ¡aínda que nunca colleras un pincel! Pintaremos paso a paso e levaráste un cadro digno de colgar, ademáis de pasalo en grande poñéndote a proba, aprendendo e divirtiéndote, e con ¡con pincho e viño. A qué esperas para apuntarte?@granerodelmas 619432721 (Pilar)

De 11:00 a 13:30 horas 
Granero Delmás, Pontevedra
SAla Karma

“18º da Sala Karma” 

16

Sábado/Marzo

Sala Karma

A sala Karma de Pontevedra, vai celebrar o seu 18º aniversario con música en directo. “A pesar de que Karma segue pechada, non queriamos deixar de celebrar a súa maioría de idade”, sinalan os seus responsables. O escenario será o Campiño de Santa María. A data, o sábado 16 de marzo.

De 12:00 a 19:00 horas
Campiño de Santa María, Pontevedra
Chus Pato

“Chus Pato” 

16 

Sábado/Marzo

Libraría Paz

Temos vermú o sábado 16 de marzo!
Chus Pato XERAIS
Ás 12:30 horas
Libraría Paz, Pontevedra
café Quijano

“Café Quijano” 

16-17

Sábado e Domingo/Marzo

Auditorio Sede AFUNDACIÓN

Café Quijano

O espectáculo non está só no que cantan senón, tamén, no que contan. As súas cancións son curtametraxes que se entrelazan coa intrahistoria narrada entre canción e canción.

Café Quijano non só forma parte da historia da máis exquisita música española senón que as súas cancións son éxitos que transcenderon no medio mundo e seguen sendo un dos artistas españois máis recoñecidos internacionalmente colaborando con artistas da talla de Celine Dion, Carlos Santana, Armando Manzanero, Herbie Hancock, Black Eyed Peas, Joaquín Sabina…

Mercar entradas 

Ás 20:30 o sábado e ás 19:00 horas o domingo
Auditorio Sede AFUNDACIÓN, Pontevedra
el cuerpo sesiones terapéuticas

“El cuerpo como lugar de resiliencia” 

17

Domingo/Marzo

El cuerpo como lugar de resiliencia

17 MAR/24
(dos sesiones terapéuticas)
18.00h e 19.00h

Ás 18:00 e ás 19:00 horas
O Sanatorio. Andrés Muruais, Pontevedra
castelao

“Castelao” 

Xoves/Marzo

Museo de  Pontevedra

O Museo abre o programa expositivo de 2024 coa mostra ‘Castelao: o retorno a Galicia, 1984. Xan Carballa, fotografías’, comisariada por Xosé Enrique Acuña. Esta exposición, que conmemora o 40 aniversario da chegada a Galicia dos restos mortais de Alfonso Daniel Rodríguez Castelao, artéllase arredor da crónica fotográfica daquel 24 de xuño de 1984 realizada polo fotógrafo e xornalista Xan Carballa. Incorpora tamén obra artística de Castelao, fotografías, documentación e prensa da época para contextualizar os anos de exilio do intelectual galeguista.

Do 7 de marzo ao 2 de xuño 2024
Museo de Pontevedra
a nosa arte

“A nosa arte” 

29

Xoves/Febreiro

Café Moderno Pontevedra

A exposición itinerante A NOSA ARTE permitirá que todos os galegos e galegas poidan descubrir de primeira man un dos aspectos máis descoñecidos do Parlamento como é a súa colección de arte. Ao longo dun amplo percorrido, que a transportará polas principais cidades e vilas de toda a xeografía galega, esta mostra exhibirá pezas particularmente significativas da arte contemporánea de Galicia. Unha retrospectiva selecta para dar conta da importancia que este tipo de práctica ten como expresión da pertenza a Galicia.

Do 29 de febreiro ao 25 de maio 2024
Café moderno, Pontevedra
Desde el silencio

“Desde el silencio” 

26

Luns/Febreiro

Granero Delmás, Pontevedra

Exposición “Desde el silencio” de Nelson Gomez Callejas. El silencio de los libros de artista. Sala Granero Delmas, Pontevedra, España

Do 26 de febreiro ao 11 de marzo 2024
Granero Delmás. Galerias Oliva, Pontevedra
sala manuel Moldes

“Manuel Moldes” 

30

Xoves/Decembro

 A Fundación Manuel Moldes é xa unha realidade, tras abrir as súas portas este xoves na que será a súa sede, no edificio da Xunta de Galicia na rúa Benito Corbal de Pontevedra,  ocupará a oitava planta do edificio por un periodo mínimo de 20 anos, segundo foi acordado coa Consellería de Cultura.

Trátase dun novo faro cultural na Boa Vila que,  terá un papel máis que vai máis aló de manter viva a obra e memoria de Moldes.

O novo espazo da Fundación Manuel Moldes estreouse coa exposición ‘Misterio + luz = Pintura <-> Vida’, unha mostra de carácter antolóxico ao redor da obra do pintor pontevedrés.

Poderá visitarse ata o 30 de marzo de 2024.

Ata o 30 de marzo de 2024
Edificio da Xunta de Galicia 8ª planta, Pontevedra
exposición Baltic Chain

“Baltic Chain project” 

14

Xoves/Decembro

A Facultade de Dirección e Xestión Pública acolle, entre o 14 de decembro de 2023 e o 29 de marzo de 2024, a exposición Baltic Chain Project, na que se presentan un conxunto de fotografías sobre a chamada Cadea Báltica, unha mobilización que tivo lugar en 1989 nos estados de Estonia, Lituania e Letonia, que por aquel entón formaban parte da Unión Soviética.

Inserida nas actividades divulgativas dun proxecto europeo, a mosta arrancou en decembro exhibindo unha serie de escolmas da cadea en Estonia e irá mudando nos sucesivos meses para mostrar imaxes desta mobilización en Letonia e Lituania.

Do 14 de Decembro ao 29 de Marzo 2024
Facultade de Dirección e Xestión Pública Facultade de Comunicación. Pontevedra

Xa podes anotarte

journée poesie

“Journnée de la poésie” 

19

Martes/Marzo

Enseignant de langue galicienne et de langue française

Le personnel enseignant de langue galicienne et de langue française vous invite à participer à la célébration de la Journée de la Poésie, qui aura lieu dans le Salón de Grados de la Faculté des Sciences de l’Éducation et du Sport le mardi 19 mars à 12 heures. Nous serions ravis si vous vous décidiez à réciter un poème dans n’importe quelle langue. Si vous souhaitez participer, merci de vous adresser personnellement à la coordinatrice ou de lui envoyer un courriel à l’adresse suivante : ganime@uvigo.gal.

Ás 12:00 horas
Salón de Grados de la Faculté des Sciences de l’Éducation. Pontevedra
Maixabel

“Maixabel” 

19

Martes/Marzo

Afundación Pontevedra

Maixabel Lasa perdeu ao seu marido, Juan María Jaúregui, asasinado por ETA en 2000. Once anos despois recibe unha petición insólita: un dos asasinos pediu reunirse con ela no cárcere de Nanclares de la Oca (Álava), onde cumpre condena tras romper os vínculos coa banda terrorista. Malia as dúbidas e a dor inmensa, Maixabel acepta atoparse cara a cara coas persoas que acabaron coa vida de alguén que era a súa parella dende os dezaseis anos a sangue frío.

Esta actividade enmarcase no programa CULTURA POR ALIMENTOS, polo que o acceso ás proxeccións será a cambio de alimentos non perecedoiros. Suxerimos como alimentos prioritarios conservas, leite, aceite de xirasol ou produtos infantís, que irán destinados ao Banco de Alimentos da localidade.

Ás 19:00 horas
Sede Afundación. Pontevedra
Versos a dúas

“Versos a dúas voces” 

20

Mércores/Marzo

Devellabella

Presentación do acto a cargo de: Manuel Lastra Galiano ( representando devellabella) e Gloria García (representando o Ateneo de Pontevedra)
Intervintes: Maricarmen Cacabelos e Queco FrescoXesús Constela Doce e Manuel Pérez Lourido. Adela Martinez e Adri de Vargas. Isabel García Uría e Xaime Toxo. Nila Álvarez Pousa e Ana Corzo Sánchez. Graça Foles e Teresa Melo. Ramón Caride Ogando e Lula Blanco Prol. Benito Piñeiro Sanjorge e Carmen Quinteiro Moreno.Paula Freire e António Silva. Se e Fita a Galana. Ana Isabel Prol Álvarez e Esther Pardo Marmolejo. Silvia Figueiras Dovalo e Jesús Casal Piñeiro. Elena Lameiro Ferradás e Aarón Franco Outón. Julia González Alonso e Sara Maravillas,. Fina Casalderrey e Antón Sobral. Charo Valcárcel e Ana Santos.

Actuación musical de ex membros do grupo QUINTA FEIRA (Marcos Seixo, Tito Maquieira e Toño Domínguez) que interpretarán: O señor das carapazas de Blanco Torres, Tinta do mar de Luísa Villalta e Adeliña de X. Xesús González 

Ás 19:00 horas
Edificio Castelao do Museo de Pontevedra
Hechos y faltas

“Hechos y faltas” 

21

Xoves/Marzo

Afundación Pontevedra

HECHOS Y FALTAS de Jeremy Kareken, David Murrell, Gordon Farrell

«Unha hilarante conxugación entre liberdade narrativa e ficción»

Jeremy Kareken, David Murrell e Gordon Farrell convidan a reflexionar sobre a veracidade e a narrativa das novas que lemos ou escoitamos a diario nos medios, alterando e deformando, en ocasións, a nosa percepción e coñecemento do mundo.

O reputado autor John D’Agata escribiu unha crónica sobre a taxa de suicidios nas Vegas para unha das mellores revistas do país. Emily, a redactora xefa da edición, encarga ao novo bolseiro Jim Fingal a verificación dos feitos que se relatan no escrito, mais axiña se atopa cun “pequeno” problema… gran parte dos datos que o escritor recolle no artigo, inventounos.

Ás 20:30 horas
Auditorio Sede Afundación. Pontevedra
O auto do castromil

“O auto do Castromil” 

21

Xoves/Marzo

Con este proxecto Excéntricas gaña o III concurso de proxectos que convoca a fundación Manuel Maria e que recibe o apoio de mais de corenta concellos e institucións de Galiza. O espectáculo é protagonizado por un luxoso elenco: Rocio González, Victor Mosqueira, Marcos Orsi e Patricia Vázquez, que xa teñen conformado compañía en anteriores proxectos de Excéntricas. A obra acontece nunha viaxe onírica abordo dun coche de liña. Os viaxeiros dormen e talvez o conductor. As maletas e demais bagaxes amotínanse, cobran vida e repasan unha curiosa historia de Galiza, combaten a nosa amnesia conxénita usando autos populares e farsas do autor chairego. Nelas aparece a historia alucinada dun pobo que loita, é derrotado, volve levantar a cabeza e rebelarse de novo. Unha rebelión na que, ás veces, non temos mais armas que o humor e o espirito antroidesco. O auto do Castromil é unha viaxe en transporte público pola Galiza inconsciente. Está feita com anacos das obras de Manuel María “A rebelión dos baús” “O Auto dos semulados da Caravilla”, Unha vez foi o trebón”, “Abril de Lume e Ferro” e o “Entremés da OTAN”

Duración 70 minutos.

Ás 21:00 horas
Teatro principal. Pontevedra
vela aromática

“Taller de vela aromática” 

23 

Sábado/Marzo

O Benvidas a unha viaxe máxica de creatividade e aroma!  Este sábado 23 de marzo en @galeria.tangram , convidámosvos a mergullarvos na experiencia única de crear vosa propia vela aromática.  Cada centella de fragancia, cada pinga de cera, será un reflexo do voso propio estilo e esencia.  Vide compartir risas, crear recordos e deixar que a maxia de vosa vela ilumine o voso corazón!  Reserva agora a través de mensaxe directa e prepárache para un día cheo de emocións e creación.

De 11:00 a 14;00 horas
Galeria Tangram Pontevedra

máis artigos

♥♥♥ síguenos ♥♥♥