Os anos de super 8

“Os anos de super 8” 

11

Luns/Novembro

Cineclube

OS ANOS DE SUPER 8

Les années Super 8, Annie Ernaux e David Ernaux-Briot
2022, Francia, 61 min., VOSE. Lingua orixinal: francés

A gañadora do Premio Nobel de Literatura 2022, Annie Ernaux, comparte, describe e narra en off unha serie de gravacións familiares filmadas en Super 8 entre 1972 e 1981. Imaxes silentes que combinan intimidade familiar e diario de viaxes nun tempo convulso: o de Francia tralo seu Maio, Chile tralo Golpe e a Unión Soviética antes da súa disolución. Unha memoria familiar que é tamén historia e que constitúe unha coherente prolongación da obra literaria da escritora francesa.

Ás 20:30 horas
Teatro principal, Pontevedra
Aldara Fernández

“Hábitos de prevención e promoción da saúde” 

12

Martes/Novembro

O próximo día 12 de novembro (martes) ás 19:15 horas, haberá unha conferencia na Casa dás Campás con:
Aldara Fernández García – Terapeuta Ocupacional
Rede Galega de Promoción dá Saúde / Área Sanitaria de Pontevedra
Servizo de Estilos de Vida Saudables e Educación para a Saúde É unha rede de recente creación que avoga por implantar na poboación hábitos de prevención e promoción da saúde. É por iso, que crearon varias ferramentas que nos queren presentar. Tamén nos ofrecen a posibilidade de vivir unha experiencia con lentes de realidade virtual.

De 19:00 a 21:00 horas
Casa das Campás, Pontevedra
Baño de sonido

“Baño de Sonido” 

12

Martes/Novembro

Conéctate co benestar no noso Baño de Son! O martes 12 de novembro ás 19:30 h, convidámosche a vivir unha experiencia única de meditación e relaxación sonora con @anavidalshanti Mergúllache nas vibracións do gong, deixa que o son che envolva e goza dunha paz profunda que só podes experimentar en persoa. Reserva un momento para ti e ven a recargarche de enerxía. Únesche a esta experiencia?  Escríbenos para reservar a túa praza e para explicarche todo o que necesites. hola@pontebrujula.com 

Ás 19:30 horas
Pontebrújula, rúa Michelena nº 1, Pontevedra
Taller e cata

“Paint & wine” 

12

Martes/Novembro

Taller creativo Paint& Wine

Podedes ir reservando as vosas prazas xa que son limitadas. Corre a voz para que ninguén se perda estes planazos e non te esquezas de reservar a túa praza!! Se queredes máis información dalgún taller, non dubidedes en contactarnos e contámosvos todo

RESERVAS: 614 26 94 23 ou mensaxe privada. Vémonos no Espazo para enchernos de Momentos.

De 20:00 a 22:00 horas
Rúa Alfredo García Alén nº 6 Baixo, Pontevedra
A herdeira

“A herdeira” 

12

Martes/Novembro

Cineclube

A HERDEIRA
The Heiress, William Wyler
1949, EE UU, 115 min., VOSE. Lingua orixinal: inglés
 

Ano 1849, Nova York. Catherine Sloper (Olivia de Havilland), unha adiñeirada herdeira, tímida e inocente, namora perdidamente de Morris Townsend (Montgomery Clift), un atractivo mozo que lle pide matrimonio. Non obstante, o pai de Catherin, o cruel e despótico doutor Sloper (Ralph Richardson) oponse ao seu casamento e ameaza con desherdala.

Magnífica adaptación da novela Washington Square, de Henry James, que foi merecedora de catro premios Oscar: mellor actriz, dirección artística, vestiario e banda

Ás 20:30 horas
Teatro principal, Pontevedra
Antonio Palacios

“Antonio Palacios” 

13

Mércores/Novembro

Museo de Pontevedra

Presentación do libro Antonio Palacios. Obra completa, de Álvaro Bonet López

O Museo de Pontevedra publicou este ano o libro Antonio Palacios. Obra completa. Nel, o arquitecto Álvaro Bonet, un dos maiores expertos en Palacios, reúne 239 fichas perfectamente documentadas de obras construídas ou proxectadas polo arquitecto porriñés. Arredor dun cento delas son obras inéditas, ademais de achegar documentación descoñecida sobre outras 40 construcións e proxectos.

Ás 19:00 horas
Edificio Castelao do Museo de Pontevedra 
pONTETAPAS

“Ponte De Tapas” 

13-27

Mércores/Novembro

Concello de Pontevedra

Ponte De Tapas 2024

29 Establecementos da cidade de Pontevedra ofrecen a súa tapa especial por 4 euros durantes estas dúas semanas.

Opcións veganas, sen glute, cócteles e sofisticación.

Proba e vota

Do 13 ao 27 de Novembro
Bares e restaurantes da cidade de Pontevedra 
Andrés Pascual

“Andrés Pascual” 

13

Mércores/Novembro

Museo de Pontevedra

Andrés Pascual presenta A árbore das palabras en Cronopios O mércores 13 ás 19:00h o autor Andrés Pascual presenta a súa nova novela A árbore dos recordos (Espasa) en Cronopios Libros. O acto estará presentado por Susana Pedreira de Onda Cero que lle fará unha entrevista en directo. O evento estará aberto ás preguntas e comentarios para que o público presente (ata encher aforo) participe. 

Ás 19:00 horas
Librería Cronopios, Pontevedra 
Melancolía

“Melancolía” 

13

Mércores/Novembro

Fundación Cuña- Casasbellas

Melancolía 2011 136 min.  Dinamarca Lars von Trier

Justine (Kirsten Dunst) e seu prometido Michael (Alexander Skarsgård) celebran a súa voda con unha suntuosa festa na casa da súa irmá (Charlotte Gainsbourg) e seu cuñado (Kiefer Sutherland). Mentras, o planeta Melancolía dirixese cara a Terra..

Ás 20:15 horas
Fundación Cuña-Casasbellas, Pontevedra 
contos de inverno

“Contos de inverno: Carmen Conde” 

13

Mércores/Novembro

Concello de Pontevedra

A Vicerreitoría do campus promove, coa colaboración do Concello de Pontevedra, unha nova edición de Contos de Inverno, un ciclo de contacontos para público adulto que busca pór en valor a literatura de transmisión oral. Con entrada libre ata completar a capacidade da sala, o ciclo ábrese nesta xornada co espectáculo O que non estaba escrito, de Carmen Conde.

Ás 20:30 horas
Casa das Campás, Pontevedra
semana Lorquiana

“Semana Lorquiana” 

14

Xoves/Novembro

Museo de Pontevedra

O Museo de Pontevedra celebra a Semana Lorquiana, un conxunto de actividades dedicado a lembrar as visitas de Federico García Lorca á cidade.
Concerto ilustrado: Federico García Lorca, poeta galego
Xoves 14 de novembro ás 19 h. Edificio Castelao
Dirixido a público adulto
Con Marcelo Dobode, Víctor Movilla, Tania Solla, Antón Ke e Polo Correo do Vento.
Andaina pola cidade: Federico García Lorca visita Pontevedra
Sábado 16 de novembro ás 12 h. Saída desde o Edificio Castelao
Inscrición previa en polocorreodovento@hotmail.com
Dirixida a público adulto
Ás 19:00 horas
Edificio Castelao do Museo de Pontevedra 
santa compaña

“Buscando a Santa Compaña” 

14

Xoves/Novembro

Museo de Pontevedra

O Ateneo de Pontevedra organiza a proxección da película “Buscando a Santa Compaña” de Fernando Cortizo, narrada por Carlos Blanco.
O acto terá lugar o vindeiro xoves 14 de novembro, ás 19:00 horas, na sala de conferencias da Casa das Campás.
Ás 19:00 horas
Casa das Campás, Pontevedra 
Henrique Costas

“Xosé Henrique Costas 

14

Xoves/Novembro

Libraría Paz

Xosé Henrique Costas presenta o seu novo libro editado por Edicións Morgante . O autor estará acompañado de Ana Acuña e Calros Solla
Ás 19:30 horas
Libraría Paz, Pontevedra 
Oscar Avendaño<br />

“Conversas do 1ºandar: “Oscar Avendaño” 

14

Xoves/Novembro

Concello de Pontevedra

‘Conversas do primeiro andar’ unirá até finais do mes de novembro “música, literatura e o gusto por un bo viño”

20:00 h. Presentación do libro ‘Lo tengo en vinilo’ de OSCAR AVENDAÑO

Conversación Viños con Personalidade PABLO VIDAL. Modera Carlos Crespo. Showcase Oscar Avendaño

Trátase de “unha proposta innovadora, na que falaremos de libros que pivotan ao redor da música” e tamén de viños, cos que “lembrar que estamos nun mercado, un punto de venta de produto fresco e de calidade”

Todo iso con acceso “libre e gratuíto” coa intención de “darlle movida ao primeiro andar pero sen facer moito ruído”.

Ás 20:00 horas
Primeiro andar do Mercado municipal, Pontevedra 
winw & cheese

“Wine & Cheese” 

14

Xoves/Novembro

Afterwork Cheese & Wine

Inclue 3 consumicións de viño, táboa de queixos e o mellor ambiente

Podedes ir reservando as vosas prazas xa que son limitadas. Corre a voz para que ninguén se perda estes planazos e non te esquezas de reservar a túa praza!! Se queredes máis información dalgún taller, non dubidedes en contactarnos e contámosvos todo

RESERVAS: 614 26 94 23 ou mensaxe privada. Vémonos no Espazo para enchernos de Momentos.

De 20:00 a 22:00 horas
Rúa Alfredo García Alén nº 6 Baixo, Pontevedra
Cata de viños

“Cata de viños” 

14

Xoves/Novembro

Gumer Pontevedra

 Nova sesión de #aprendendoconamigos con @grblanco898 Viños artesáns, viños vivos. Viños de pobo de zonas tan privilexiadas como Bierzo, Rioxa e Ribeira do Douro. Tras a cata gozaremos dunha cea tipo cocktail elaborada por @andresvirgoscasal acompañada polos viños da cata.

Entradas 

Ás 21:00 horas
Michelena 19, Pontevedra 
Jamón, jamón

“Jamón, jamón” 

15

Venres/Novembro

Facultade de comunicación

Proxección de ‘Jamón, jamón’

No marco da programación previa á celebración en Pontevedra da gala dos Premios Feroz, a Facultade de Comunicación acolle un ciclo de cine dirixido a analizar títulos míticos da historia do cinema español desde unha perspectiva feminista. Nesta sesión, o salón de actos da facultade acollerá a proxección de Jamón, jamón, de Bigas Luna, complementada por un coloquio con Beatriz Martínez, xefa de Cultura de Infobae España.

Acceso gratuíto previa recollida de entradas na Oficina de Turismo da praza de España.

Ás 18:30 horas
Facultade de Comunicación de Pontevedra 
cruceiros de pontevedra

“Cruceiros de Pontevedra” 

15

Venres/Novembro

Diario de Pontevedra

Presentación do libro: Cruceiros de Pontevedra. O centro histórico da cidade e a súa periferia de Xosé Carlos Valle Pérez. 

Ás 19:30 horas
Edificio Castelao do Museo de Pontevedra 
a illa das almas perdidas

“A illa das almas perdidas” 

15

Venres/Novembro

Vicerreitoria

A illa das almas perdidas” de Erle C. Kenton 1932

A sala de conferencias da Casa das Campás acolle a proxección de A illa das almas perdidas), de Erle C. Kenton, nunha nova sesión do ciclo de cinema de outono Sobre vivir. Promovido pola Vicerreitoría do campus, coa colaboración do Concello de Pontevedra, oito proxeccións integran unha programación que afonda na capacidade do cinema para ilustrar a relación entre o ser humano e o medio ambiente.

Ás 20:00 horas
Casa das campás. Pontevedra
exvotos

“Os exvotos en Galicia” 

15

Venres/Novembro

Jose Fuentes Alende

Presentación do libro: Os exvotos en Galicia. A súa significación na relixiosidade popular. Da cera aos cadros votivos de Jose Fuentes Alende.

InterveñenÁngeles Comesaña, Rafael Quintía, José Fuentes.

Ás 20:00 horas
AVV San Roque. Pontevedra
MICRORRELATO

“Microrrelato” 

15

Venres/Novembro

Seguimos coa IX tempada e despois dunhas longas vacacións apostamos pola luz. Inauguramos un novo local: Cafetería O FORNO.
Ás 20:30 horas
Cafetería O FORNO, rúa Riestra, Pontevedra 
Crimen e castigo

“Visita:Crimen e castigo”

15

Venres/Novembro

O casco antigo da cidade de Pontevedra esconde as pegadas dunha historia negra nunha cidade de memoria e tradición pagá. Almas en pena, a Santa Inquisición, asasinatos, aforcados, meigas, torturas, ritos masónicos e epidemias son só algúns dos segredos mellor gardados dunha Pontevedra envolvida nun halo de misterio.

De 19:00 a 21:00 horas
Pontevedra
O club da calceta

“O club da calceta” 

15

Venres/Novembro

O club da calceta é unha adaptación libre da premiada novela do mesmo nome da lucense María Reimóndez, que tamén forma parte do elenco da produción.

Conta a historia dun grupo de mulleres moi distintas, pertencentes a diferentes clases sociais que se reúnen semanalmente para practicar a calceta, unhas horas que aproveitan tamén para compartir os seus problema e preocupacións e loitar contra unha sociedade machista e clasista cunha trama de misterio, relacionada cunha serie de mortes que se producen na cidade, como fondo.

 

Ás 21:00 horas
Centro social A Pedreira, Pontevedra 
o esquecemento de hoxe

“O esquecemento de hoxe” 

15,16

Venres, Sábado/Novembro

Concello de Pontevedra

O esquecemento de hoxe’ e o título das xornadas previstas para abordar diversos aspectos aínda sen resolver sobre a memoria histórica.

O evento, que se desenvolverá no centro social do Gorgullón, reunirá a destacados especialistas na materia para analizar cuestións como o Patronato de Protección á Muller, a situación do pobo saharaui ou a transmisión de ideas fascistas nas redes sociais.

Inscrición

Venres de 16.15 a 20h. e sábado de 10.00h. a 13.30h
Centro social do Gorgullón, Pontevedra 
Ponte a punto

“Ponte a punto” 

16

Sábado/Novembro

“Ponte a punto” é o Congreso Acelerador do Desenvolvemento Persoal. Un evento anual en Pontevedra dirixido a todas aquelas persoas que desexan obter ferramentas para desenvolver unha actitude de vida máis plena, feliz e íntegra. Un congreso que pretende espertar conciencias e inspirar ás persoas para conseguir a mellor versión de si mesmas e axudarlles a desenvolver o mellor do potencial humano para aplicalo no persoal e o profesional.

 Máis información

Ás 09:00 horas
Pazo da Cultura, Pontevedra 
el mercadillito

“O Mercadillito” 

16

Sábado/Novembro

Renova o teu armario co Mercadillito

Roupa, accesorios, decoración e o mellor ambiente

Sesión vermú a partir dás 12:30 horas

Sesión aperitivo a partir dás 19:00 horas

Pases 11:30 -15:30-17:00-21:00 horas

Podedes ir reservando as vosas prazas xa que son limitadas. Corre a voz para que ninguén se perda estes planazos e non te esquezas de reservar a túa praza!! Se queredes máis información dalgún taller, non dubidedes en contactarnos e contámosvos todo

RESERVAS: 614 26 94 23 ou mensaxe privada. Vémonos no Espazo para enchernos de Momentos.

De 11:30 a 21:00 horas
Rúa Alfredo García Alén nº 6 Baixo, Pontevedra
cancions galegas

“Cancións galegas” 

16

Sábado/Novembro

Os Acordes

Presentación do libro: Cancións galegas do festival de Pontevedra vol.1 de Carme Tubío e Carlos Villar. 

Ás 19:30 horas
Edificio Castelao do Museo de Pontevedra 
concero coribantes

“Concerto Solidario” 

16

Sábado/Novembro

Deputación de Pontevedra

Concerto benéfico de Coribantes a favor de Mans Unidas
Será o sábado 16 de novembro ás 20.00 h. no Auditorio Príncipe Felipe
Merca a túa entrada por 5 euros. Se non podes acudir tes a opción de mercar a Fila Cero
Ás 20:00 horas
Auditorio Príncipe Felipe, Pontevedra 
Moncho Borrajo

“Moncho Borrajo” 

16

Sábado/Novembro

Afundación

Moncho Borrajo despídese dos teatros cun último espectáculo. “Se acabó”  son 90 minutos de humor con algún dos seus mellores textos, cousas novas e un final dos que só Moncho Borrajo sabe facer. Goza por última vez co cómico co que empezou todo nun show cargado da ironía que sempre caracterizou ao xenial artista galego, momentos tenros e moita ….dozura.

Mercar entradas

Ás 20:30 horas
Auditorio de Afundación, Pontevedra 
Jose Benito Otero Baena

“Jose Benito Otero Baena”

8

Venres/Novembro

Museo de Pontevedra

Inauguración da exposición ‘José Benito Otero Baena. Un pintor sen pinceis’, que terá lugar o venres 8 de novembro, ás 19:00 h, no Edificio Castelao do Museo de Pontevedra (rúa Padre Amoedo, 3).

Do 8 de Novembro ao 19 de Xaneiro 2025
Edificio Castelao do Museo de Pontevedra
exposición pintura Lorem

“Lorem” 

8

Venres/Novembro

Liceo Casino

𝗗o 𝟰 𝗮o 𝟮𝟬 𝗱𝗲 𝗻𝗼𝘃𝗲𝗺𝗯𝗿o a sede de Manuel Quiroga acollerá a ‘Exposición de Pintura de Lorem’
A inauguración da mostra terá lugar o día 8 de novembro ás 19:00 h.
Desde moi temprana idade, LOREM sente unha especial atracción pola pintura e o debuxo.
No ano 1995 retoma os seus estudos de arte perfeccionando, durante dous anos, as técnicas de óleo e acuarela.
Será a partir de aquí, cando LOREM, tras innumerables mostras de aprobación decidirá volver a mostrar as súas creacións, nun primeiro momento na sua cidade natal, nos meses de xuño e agosto de 1997 e xa posteriormente por parte da nosa xeografía nacional.
Sala de Exposicións. Entrada libre
Aforo limitado
Ás 19:00 horas
Liceo Casino, Pontevedra 
coco pimentel

“Coco Pimentel” 

8

Venres/Novembro

Granero Delmás

Exposición de Coco Pimentel “Desfeita” no Granero Delmás

Inauguración o venres 8 de Novembro ás 19:30 horas.

Desde o 8 ata o 30 de Novembro

Ás 19:30 horas
Granero Delmás. Pontevedra
Vento

“Vento” 

25

Venres/Outubro

O 25 de outubro inauguramos no Museo de Pontevedra unha nova “infiltración” na colección. ‘Vento’, de Alberto Baraya.
Comisariada por Iñaki Martínez Antelo.
Inauguración 19:30 no Museo de Pontevedra
Do 25 de outubro ao 2 de marzo 2025
Edificio Castelao do Museo de Pontevedra.
exposición Miras

“Miras” 

18

Venres/Outubro

” É uma sinfonia que habita entre o espaço e o tempo, entre a variedade e a semelhança, procurando unir-se num todo fragmentado em vários episódios que querem transmitir e comunicar através de linhas, ligações, misturas, manchas, o possível e a reflexão, que se abre para mais um trabalho que nos estimule a seguir uma comunicação que se estende no tempo, de forma transitória e constante. “
“Miras” Elena Díaz liljestrom
Informaçom de contato, exposiçom e vendas.
Instagram: @elenalilliestrom Facebook: Aneli Zaid  E.mail: eledilil@gmail.com 
Do 18 de outubro ao 1 de Decembro 2024
Centro social A Pedreira, Pontevedra
ultramarinos

“César Gabler” 

10

Xoves/Outubro

Facultade de Belas Artes

A Sala Universitaria Profesor Manuel Moldes acolle a exposición Ultramarinos Seoane, do artista chileno César Gabler, profesor na Facultad de Arte da Universidad Finis Terrae de Santiago de Chile. Comisariada polo artista e docente da Facultade de Belas Artes Nono Bandera, a exposición reúne un conxunto de pezas coas que Gabler propón unha relectura da produción visual do artista galego Luis Seoane, a partir de aspectos vinculados ao exilio, as vangardas e a cultura popular da época.

Trátase da primeira exposición de Gabler en España, que poderá contemplarse na sala de exposicións do campus de Pontevedra ata o 22 de novembro.

Do 10 de outubro ao 22 de Novembro 2024
Facultade de Belas Artes Pontevedra
simultánea

“Simultánea” 

9

Mércores/Outubro

Afundación

Afundación, a obra social de Abanca, abre ao público o proxecto expositivo Simultánea, que mostrará, ao mesmo tempo, en sete sedes, a súa colección de arte vista como nunca antes.

Abstraccións e mensaxes cifradas é a mostra deseñada para o Café Moderno, onde o público poderá achegarse ás obras creadas desde Galicia e que exploran as posibilidades da abstracción.

Está conformada por 33 obras que abordan a linguaxe abstracta como ferramenta de comunicación.

Do 9 de outubro ao 25 de Xaneiro 2025
Café moderno, Pontevedra
Fuxan os ventos

“50 anos de historia”Fuxan os ventos” 

18

Mércores/Setembro

Concello de Pontevedra

Exposición itinerante ‘Fuxan os ventos. 50 anos de historia’ 

A inauguración será o vindeiro mércores día 18 de setembro ás 19 horas.

Trátase dunha iniciativa que pon en valor a unha das agrupacións máis emblemáticas da música galega a través dunha ampla variedade de formatos que conforman o seu arquivo persoal: fotografías, carteis, instrumentos, poemas, partituras e audios inéditos.

Creanse tamén dúas instalacións sonoras para que o espectador profundice en dous aspectos fundamentais en ‘Fuxan os Ventos’: por un lado o traballo de recollida da tradición oral e o proceso de transformación destas pezas e, por outro, o traballo coral de voces que caracteriza ao conxunto.

Do 19 de Setembro ao 13 de Novembro 
Pazo da Cultura. Pontevedra

Xa podes anotarte

Miyu Shindo

“Miyu Shindo” 

19

Martes/Novembro

Filarmónica de Pontevedra

 Miyu Shindo. Primer Premio del VII Concurso Internacional de Piano Ciudad de Vigo (2023)

BACH: Partita nº 2 en Do menor, BWV 826
BEETHOVEN: Sonata para piano nº 28 en La mayor, op. 101
CHOPIN: Balada nº 2 en Fa mayor, op.38
Nocturno en Re bemol mayor, op.27 nº 2
Polonesa Fantasía en La bemol mayor, op.61
3 Mazurcas op.56
Scherzo nº 2 en Si bemol menor, op.31

Miyu Shindo (piano)
Nació en 2002 en Japón. A los 16 años se trasladó a Moscú para estudiar con Valery Piassetsky en la Escuela Central de Música del Conservatorio de Moscú, y recientemente se graduó en el CMS. Desde 2002 está estudiando en el Hochschule für Musik, Theater und Medien Hannover (Alemania) con el profesor Arie Vardi.

Ás 20:30 horas
Teatro Principal, Pontevedra
que no se te note

“Conversas do 1ºandar: Rocío Saiz” 

21

Xoves/Novembro

Concello de Pontevedra

‘Conversas do primeiro andar’ unirá até finais do mes de novembro “música, literatura e o gusto por un bo viño”

20.00 horas. Presentación do libro ‘Que no se te note’ de Rocío Saiz.

Presentación da adega ‘Anónimas viticultoras’ de Cristina Yagüe e María Falcón

Modera Susana Pedreira con showcase de Buenatarde e Rocío Saiz.

Trátase de “unha proposta innovadora, na que falaremos de libros que pivotan ao redor da música” e tamén de viños, cos que “lembrar que estamos nun mercado, un punto de venta de produto fresco e de calidade”

Todo iso con acceso “libre e gratuíto” coa intención de “darlle movida ao primeiro andar pero sen facer moito ruído”.

Ás 20:00 horas
Primeiro andar do Mercado municipal, Pontevedra 
Entrega en man

“Entrega en man” 

21

Xoves/Novembro

Concello de Pontevedra

‘Entrega en man’.  Espectáculo de teatro a cargo de Contraproducións

Na cotrosa habitación dun cutre hotel dunha pequena e anónima vila americana, un home maduro e excéntrico ofrece unha recompensa por recuperar a man que, nun acto de cruel e gratuíta violencia, lle cortaron 27 anos atrás e que, desde aquela, leva buscando sen descanso. Un xove negro e a súa fermosa e branca moza pretenden enganalo ofrecéndolle unha man que, loxicamente, non é a súa. O estraño recepcionista do hotel entremétese e pon en risco a insólita transacción. Unha comedia louca e denegrida na que, da man dun humor mordaz e corrosivo, zumega o tema do racismo, o machismo e a xenofobia.

Ás 21:00 horas
Teatro principal, Pontevedra 
pardomino

“El bosque salvaje de Pardomino” 

22

Viernes/Novembro

Venres 22 de novembro a partir das 19:00h no Teatro Principal de Pontevedra: “El bosque salvaje de Pardomino“, non a perdas!!
 ENTRADA GRATUITA!!
No marco das VII Xornadas Galegas de Patrimonio Natural e Biodiversidade organizadas pola Delegación de Pontevedra da Sociedade Galega de Historia Natural 
 Inscricións
Máis info:  
— con Bicho Producciones.
Ás 19:00 horas
Teatro principal, Pontevedra 
Anxo Araujo

“Anxo Araujo” 

22

Venres/Novembro

Afundación

O músico pontevedrés Anxo Araújo presenta o seu segundo traballo discográfico “Aprender a bailar”. Unha proposta de melodías pop que se achega ao lado máis luminoso do artista. Reminiscencias do folk e da música tradicional nos marcos das cancións e unha temática que vai do íntimo e máis persoal ao social e comunitario. Un traballo cheo de sensibilidade que procura asilo nos ritmos de baile e na súa elegante voz.

Público adulto.

Ás 19:30 horas
Café Moderno. Pontevedra
Ismael Serrano

“Ismael Serrano” 

22

Venres/Novembro

Afundación

Ismael Serrano volve sorprendernos cun novo espectáculo cheo de poesía, no que convida ao público a gozar do privilexio de escoitar, ademais dos seus éxitos habituais, temas inéditos. Temas que, sen dúbida, se converterán en novos himnos para lembrar aquel tempo efervescente no que nos sentimos intensamente vivos e o futuro era noso.

Ás 20:30 horas
Auditorio Afundación, Pontevedra
Píscore

“Píscore” 

23

Sábado/Novembro

Afundación

Co motivo da celebración do DÍA MUNDIAL  DA INFANCIA, O 23 DE NOVEMBRO, Afundación convida ó público a asistir ao espectáculo Concerto Singular, que está insertado no  PROGRAMA CULTURA POR ALIMENTOS .

IMPORTANTE! O acceso ó concerto será mediante a doazón de alimentos infantís que irán destinados ao Banco de Alimentos.

O espectáculo

Que acontece cando se convoca a catro grandes solistas para un único concerto? Catro prestixiosos músicos fronte a un grande conflito: 16 baquetas e unha soa marimba. Eles están dispostos a facela soar do xeito máis orixinal e abraiante. Organizarse xa non vai ser tan doado.

Ás 18:00 horas
Auditorio Afundación, Pontevedra
Galicia musicalidade

“Conversas do 1ºandar: Galicia musicalidade” 

23

Sábado/Novembro

Concello de Pontevedra

‘Conversas do primeiro andar’ unirá até finais do mes de novembro “música, literatura e o gusto por un bo viño”

18.00 horas. Presentación do libro ‘Galicia musicalidade’ de Noel Turbulencias.

Charla con Javier Coya ‘O viño na Pontevedra actual’

Modera Belén López

Ás 20:00 horas
Primeiro andar do Mercado municipal, Pontevedra 
xornadas

“Morcegos e parques eólicos” 

23

Sábado/Novembro

Morcegos e parques eólicos“, unha interesante charla a que impartirá Manuel Arzúa Piñeiro o vindeiro sábado 23 de novembro no marco das VII Xornadas Galegas de Patrimonio Natural e Biodiversidade organizadas pola Delegación de Pontevedra da Sociedade Galega de Historia Natural 
 Inscricións: Máis info
Ás 19:20 horas
Escola de Inxeñaria Forestal, Pontevedra 

máis artigos

♥♥♥ síguenos ♥♥♥