“David Khrikuli”
12
Luns/Xaneiro
Sociedad Filarmónica de Pontevedra
David Khrikuli é Primeiro Premio del VIII Concurso Internacional de Piano «Ciudad de Vigo» (2024)
Finalista do Concurso Internacional Chopin de Varsovia (2025)
CHOPIN: Polonesa Fantasía para piano en La bemol mayor, op. 61
CHOPIN: 24 Preludios para piano, op. 28
CHOPIN: Catro Scherzos para piano
David Khrikuli: Despois de gañar o seu primeiro Concurso Internacional de Piano nos Países Baixos á idade de 11 anos, David Khrikuli rapidamente emerxeu na escena musical. O pianista xeorxiano ha logrado numerosos éxitos, incluíndo a vitoria en competicións internacionais e premios especiais en Xeorxia, Rusia, Países Baixos, Dinamarca, Casaquistán, China, Estados Unidos, Italia ou España, entre outros.
Ás 20:30 horas
Teatro Principal, Pontevedra
“Obradoiros San Sebastian”
12-17
Luns a Sábado/Xaneiro
A.C Polavila
Obradoiros e cursos
Programación dende o Luns día 12, con unha semana completa de obradoiros e actividades. Nela estarán Lola de Ribeira, Ana Nogareda, Juan Iglesias Esperón, Xandre Outeiro e Miguel Fraguas.
Ás 19:00 horas
Casa da Luz e Mercado de Abastos, Pontevedra
“Un simple accidente”
13
Martes/Xaneiro
Cineclube
UN SIMPLE ACCIDENTE. Un simple accident, Jafar Panahi, 2025
Irán-Luxemburgo-Francia, 105 min, VOSE
Que ocorrería se un preso liberado se atopase cara a cara con alguén que o torturou e humillou no cárcere? O que semella un pequeno accidente de coche convértese axiña no detonante dunha cadea de eventos inesperados e cada vez máis graves. A medida que as repercusións se expanden, os involucrados vense arrastrados a situacións fóra do seu control, enfrontando decisións difíciles e consecuencias irreversibles.
Baixo o pulso narrativo dun thriller, a nova obra do director iraniano é unha poderosa fábula moral que non renuncia ao humor como ferramenta para denunciar a falta de liberdades no seu país. Con ela gañou a Palma de Ouro no pasado Festival de Cannes, ao que puido asistir logo de anos de encarceramento e prohibicións de viaxar por parte do réxime iraniano, que o acusa de propaganda na súa contra.
Ás 20:30 horas
Teatro Principal de Pontevedra
“Maspalomas”
14
Mércores/Xaneiro
Premios Feroz
Maspalomas, proxección e coloquio posterior cos directores Jose Mari Goenaga e Aitor Arregui
Ás 19:00 horas
Teatro Principal, Pontevedra
“Decorado”
15
Xoves/Xaneiro
Premios Feroz
Maspalomas, proxección e coloquio posterior co seu director Alberto Vázquez.
Ás 19:00 horas
Teatro Principal, Pontevedra
“Uxía Caride”
16
Venres/Xaneiro
Premios Feroz
Ciclo ‘Una cuestión de perspectiva: las mujeres en el audiovisual gallego’.
Ás 11.15 horas conferencia inaugural ‘A situación das mulleres no cinema galego‘, a cargo de Nati Juncal, produtora e delegada de CIMA en Galicia.
12.00 horas:‘Producir cinema en Galicia con ollada feminista. Evolución dos últimos anos, dificultades do presente e retos por diante’, mesa moderada pola xornalista Ana G. Liste contará coa participación de: Chelo Loureiro (directora e produtora, Abano Producións), Sara Horta (produtora, Indígena Films), Uxía Caride (xerente de AGAPI), e Anxos Fazáns (directora, guionista e produtora, Sétima).
16.30 horas:‘Como nos conta o cinema galego? A perspectiva de xénero na dirección, no guión, na configuración das personaxes e na interpretación’ Intervirán: Jaione Camborda (directora e guionista), Lidia Fraga (guionista), Lucía Catoira Pan (directora de fotografía), Lucía Veiga (actriz e presidenta da Academia Galega do Audiovisual), modera a xornalista e guionista Diana López Varela.
18.15 horas.‘Os circuítos do cinema galego. A perspectiva de xénero nos festivais, nas plataformas dixitais, na oferta en salas e noutros circuítos de proxección, divulgación e consumo’, intervirán: Ana Domínguez (directora do festival S8), Xisela Franco (cineasta e programadora), Ana Estévez (directora da MICE Museo do Pobo Galego), Lucía Rodríguez (responsable de comunicación do FIC Bueu). Modera a xestora cultural especializada en audiovisual Elena G. Román
O ciclo pecharase ás 19:45 horas coaperformance ‘Unha muller cunha cámara‘, protagonizada por Mercé de Rande & Juanma LoDo.
Acceso libre ata completar aforo.
De 11:15 a 20:30 horas
Teatro Principal, Pontevedra
“Movemento corporal”
16
Venres/Xaneiro
Galería Tangram
Movemento, corpo e palabra Paula Vilas é licenciada en Filoloxía e profesora certificada de ioga pola Escola Ioga, Alento e Enerxía. O seu camiño técese entre o movemento corporal creativo e escénico, as artes vivas performativas e a exploración do corpo como lugar de presenza e creación. A través da respiración, a conciencia e a expresión, Paula abre espazos onde o corpo escoita, sente e exprésase. Ademais, o seu amor polas palabras lévaa á escritura creativa, creando pontes onde linguaxe e movemento dialogan, atravésanse e transfórmanse. Un taller para habitar o corpo, escribir desde a experiencia e deixar que a creatividade emerxa desde o vivo. Prezo:30 Euros cos materiais incluidos
De 18:00 a 20:30 horas
Galería Tangram, Pontevedra
“Catro de infantería”
16
Venres/Xaneiro
Vicerreitoría do campus de Pontevedra
A sala de conferencias da Casa das Campás acolle a proxección de Catro de infantería (1930), de Georg Wilhelm Pabst, nunha nova sesión do ciclo de cinema Dulce bellum inexpertis, dirixido a afondar nos efectos e consecuencias das guerras a través de filmes de diferentes xéneros. Promovido pola Vicerreitoría do campus coa colaboración do Concello de Pontevedra, abrangue sete proxeccións, abertas a toda a cidadanía, entre os meses de novembro e xaneiro.
Ás 19:00 horas
Casa das Campás, Pontevedra
“A mocidade non se vende”
16
Venres/Xaneiro
Ateneo Libertario
O próximo venres 16 de Xaneiro ás 19:00 colaboramos na organización desta xornada na librería Metáfora en Pontevedra, na que presentaránse os libros “Manual para destapar a um polícia infiltrado” e “A mocidade nom se vende”.
“Manual para destapar a un polícia infiltrado” foi elaborado a partir de varias experiencias de infiltración vividas en diferentes movementos e territorios do estado entre os anos 2022 e 2024. Agora, a editorial anarquista Ardora vén de publicar unha traducción ao galego. Para a presentación contaremos con compañeires de Madrid.
“A mocidade nom se vende” é unha reedición recén publicada por Ediçons Arredistas dun texto publicado pola AMI (Assembleia da Mocidade Independentista) no 2013 sobre varios intentos de infiltración policial no independentismo galego.
Ás 19:00 horas
Librería Metáfora, Pontevedra
“Umbra”
16
Venres/Xaneiro
Elena Pascual
UMBRA · A xestación do ser
9 venres para mirar dentro, atravesar o que doe e permitir que algo novo nazca en ti.
Desde o venres 16 de xaneiro
Un espacio íntimo e seguro para sanar, soltar e florecer.
Reservas: Elena · 644 743 699
Lo que no nace, duele
De 19:00 a 21:00 horas
O sanatorio, rúa Andrés Muruais 9, Pontevedra
“José Manuel Bouzas”
16
Venres/Xaneiro
Fundación Cuña-Casasbellas
A Fundación Cuña-Casasbellas. Fabulario Novo-Hipofanías, ten a satisfacción de invitarlle á presentación en Pontevedra, na Sala VerSus, do libro “Dragón”” (Autófagas editorial, 2024) do escritor José Manuel Bouzas.
Presentación: Álvaro Lago e encontro co autor.
Ás 19:30 horas
Fundación Cuña-Casasbellas rúa Xerardo Álvarez Limeses 12, Pontevedra
“Tributo a Pink Floyd”
16
Venres/Xaneiro
Afundación
IM-PULSE – Tributo a Pink Floyd
IM-PULSE é a mellor banda tributo a Pink Floyd do país. Cunha excelente actuación en directo e unha presenza escénica espectacular, a banda malagueña converteuse nun referente, considerada a mellor homenaxe á lendaria banda británica segundo as opinións de miles de persoas que xa asistiron aos seus concertos.
Un abraiante espectáculo de imaxes, luz e son, meticulosamente elaborado, cativan ao público recreando a atmosfera única dos concertos desta gran banda, unha das bandas de rock progresivo máis representativas de todos os tempos.
Ás 21:00 horas
Auditorio, Sede de AFundación, Pontevedra
“Noites de retranca”
17
Sábado/Xaneiro
Afundación
Noites de Retranca
Chega xaneiro e con el, voltan as Noites de Retranca. O espectáculo de humor por excelencia en Galicia cumple no 2026 16 aniños repartindo risas e máis risas polo país adiante…todo grazas a vós….
Ás 20:30 horas
Auditorio, Sede de AFundación, Pontevedra
“Romaría de San Sebastian”
17
Sábado/Xaneiro
A.C Polavila
Romaría de San Sebastián
Unha festividade de fondo folclórico que anos atrás foi un referente en Pontevedra e que agora quixemos converter nunha auténtica romaría, viva, participativa e aberta á cidade.
Como Pregoeira Oficial, contaremos con Maruxa dos Rosales, unha figura capital do folclore galego, e auténtica memoria viva da nosa tradición.
Contaremos con grupos como @ac__donaire, na Mostra folclórica, ou @comandocuruxas co seu concerto na tarde, veñen para facer as delicias de todas e todos. Faremos tamén, un pasarrúas “Orgullo Gaiterx” no que participarán grupos como @afcelme, @a.c.polavila, Os Alegres de Pontevedra, Os gaiteiros das Rías Baixas, @osfervellosdopio, As Piruchas ou Os Lerenses Música Tradicional. Tamén estarán @fentosefrouma, O son do Peto, O son das Corbaceiras, a Asociación do traxe tradicional de Pontevedra, as Pandereteiras do Gorgullón, ou @morenospeludos . Feira de Artesanía e Luthiers, Mostra de palilleiras ou a Ruta Gastronómica.
Ás 12:00 horas
Pontevedra
“Taller de Ghuasha”
17
Sábado/Xaneiro
Fix Face
O sábado 17 de xaneiro de 11:00 a 12:30 h, contaremos cun Taller de Guasha, na sede de Manuel Quiroga.
O Guasha é unha técnica tradicional de orixe oriental enfocada ao benestar e ao coidado corporal. A actividade está dirixida a persoas interesadas en coñecer e practicar esta metodoloxía de forma guiada. No taller inclúese as ferramentas individuais necesarias, espello de man, goteros con aceites esenciais, diadema, guasha… Prezo de 20 euros, e levará a cabo sempre que se alcance un grupo mínimo de seis persoas, requisito necesario para o seu inicio. Inscricións na Secretaría da Sociedade.
De 11:00 a 12:30 horas
Liceo Casino, Pontevedra
“Cuarteto Vagalume”
17
Sábado/Xaneiro
Cuarteto Vagalume
O sábado 17 de xaneiro ás 19:30 horas o Cuarteto Vagalume ofrecerá un concerto na Sede de Manuel Quiroga que promete unha coidada proposta camerística. O prezo das entradas será de 5 € para socios e 12 € para non socios. As persoas interesadas poderán realizar o seu reserva a través do correo electrónico cuartetovagalume@gmail.com A formación está integrada por Vania Collazo, Sabela Senn, Irene Portela e Rubén Canedo.
Ás 19:30 horas
Liceo Casino, Pontevedra
“Coa cabeza nas nubes”
18
Domingo/Xaneiro
Concello de Pontevedra
COA CABEZA NAS NUBES
Compañía: Söa (Galiza)
Dos personajes conviven en el mismo espacio. Uno de ellos, abrumado por el trabajo, intenta sobrevivir bajo una montaña de papeles, pero las tareas se acumulan. En lugar de ayudarlo, su compañero lo interrumpe constantemente y solo piensa en jugar.
¿Y será él quien encuentre tiempo para jugar juntos?
Una divertida batalla llena de humor y acrobacias se desata entre ambos, donde se enfrentan dos visiones de la vida.
Danza del Payaso. 45 minutos
Ás 12:00 e ás 18:30 horas
Teatro Principal, Pontevedra
“Exposición da asociación Artístico-Cultural”
7
Mércores/Xaneiro
Liceo Casino
A Asociación Artístico Cultural de Pontevedra inaugura á súa exposición colectiva o dia 7 de xaneiro e clausura o ciclo coa presentación de Zarzuela, síntese ilustrada, o día 27 de xaneiro. A Asociación Artístico Cultural de Pontevedra organiza durante o mes de xaneiro de 2026 unha serie de actividades culturais que combinan artes plásticas, música e divulgación. Inauguración da exposición o día 7 de xaneiro ás 20:0 0h, e a continuación ás 20:30 h. conferencia sobre o compositor galego e neno prodixio José Arriola. -O GRAN DESCOÑECIDO- a cargo de Julia M.ª Dopico Vale e Piñeiro (Compositora, intérprete, escritora e investigadora musical) Clausura o día 27 de xaneiro ás 20:00 h. coa presentación do libro “ZARZUELA, SÍNTESE ILUSTRADA”, do profesor Manuel Rajal (Lucense, vinculado ao mundo artístico en vertentes plástica e musical) -Prólogo de Ainhoa Arteta e Nancy Fabiola Herrera- Presentado por: M.ª do Carmen Gago Florenti e Ana Julia Martínez Fariña. Actuación da soprano Dania D’alfonso
Entrada: Libre ata completar aforo
Do 7 ao 27 de Xaneiro 2026
Liceo Casino de Pontevedra
“Gonzalo Varela”
26
Venres/Decembro
Deputación de Pontevedra
Exposición “Figuras, paisaxes e soidades“, de Gonzalo Varela. A mostra, protagonizada por debuxos, pinturas, figuras e retratos do artista, estará dispoñible ata o 18 de xaneiro na sala de exposicións da sede de Turismo Rías Baixas.
A exposición de Gonzalo Varela contén debuxos, pinturas, figuras e retratos que nos levan a un mundo entresoñado que descobre a soidade do pintor e da xente. Hai nus masculinos e femininos con variadas poses e actitudes, e retratos de homes e mulleres de distintas idades, soas, de faces melancólicas, e ás veces atormentadas. Tamén as figuras vestidas son solitarias, porque o protagonista da mostra é o ser humano nun espazo sen relacións. Personaxes xélidos, estáticos e detidos no tempo, que Gonzalo Varela crea con óleo, co lapis acuarelable, coa plumilla ou coa nogalina dentro de paisaxes en distintos planos e cores frías.
Do 26 de decembro ao 18 de xaneiro 2026
Palacete das Mendoza, Pontevedra
“Sergio Ordóñez Grela”
21
Sábado/Decembro
Galería Tangram
Lo que el mar devuelve se transforma en arte.
Piezas hechas a partir de restos marinos que nos hacen pensar (y mirar dos veces).
Art Afterwork especial
Arte, buen ambiente y plan perfecto para desconectar después del curro.
Exposición de Sergio Ordóñez Grela
Decembro 2025
Galería Tangram, Rosalía de Castro 32, Pontevedra
“Debuxar coa Luz”
19
Venres/Decembro
Museo de Pontevedra
Ata o 5 de Abril 2026
Edificio Castelao do Museo de Pontevedra
“Carlos Bravo”
17
Venres/Decembro
Carlos Bravo
Decembro 2025
Ponteverde, rúa Gorgullón 55, Pontevedra
“Cronofitti”
17
Mércores/Decembro
Mambo Gallery
Decembro 2025
Restaurante La Fonda rúa Isabel II Pontevedra
“Elas crean”
15
Luns/Decembro
Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte
A Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte acolle a exposición Elas crean, conformada por unha serie de paneis informativos que abordan a traxectoria e obra de diferentes artistas plásticas, fotógrafas, cineastas e deseñadoras.Promovida polo Campus Crea, co apoio da Unidade de Igualdade da Universidade de Vigo, a mostra percorre nestees meses diferentes centros do campus, podendo visitarse neste centro ata o 20 de Xaneiro 2026.
Do 15 de Decembro ao 20 de Xaneiro 2026
Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte, Pontevedra
“Moldes dende a figura”
11
Xoves/Decembro
Fundación Manuel Moldes
Do 11 de Decembro a Marzo do 2026
Fundación Manuel Moldez, Benito Corbal 47, Pontevedra
“Alba Troiteiro”
4
Xoves/Decembro
Alba Troiteiro
Exposición de debuxos de Alba Troiteiro.
Ela dí de si mesma, “non sei definirme, estoume ensinando”
Mentras tanto, nun intento de debuxarme fixen unha recopilación de algunhas versions da miña persoa a través de ollos alleos.
Decembro 2025
Mímate rúa Real 13, Pontevedra
“Rebe Acierto“
3
Mércores/Decembro
Tábula Rasa
Exposición temporal na tabula Rasa. Pásate e desfruta da boa compañía e o bo rollo de este local. ” Kaldeirada” de Rebe Acierto.
Decembro 2025
Tábula Rasa, rúa Marquesa, Pontevedra
“Tato Heredia”
3
Mércores/Decembro
Taberna Parvadas
Exposición na Taberna Parvadas. de Tato Heredia. Se vos achegades pola Taberna Parvadas de Pontevedra, á parte de poder degustar unhas excelentes tapas e pratos podedes ver a magnifica exposición de cadros (acuarelas e óleos) de Carlos Heredia Calvo.
Decembro 2025
Táberna Parvadas, Pontevedra
“Bicos de cine”
3
Mércores/Decembro
Fundación Manuel Moldes
A exposición poderá visitarse os xoves e venres de 18:00 a 21:00 horas, e os sábados de 12:00 a 14:00 horas e de 18:00 a 21:00 horas.
Do 3 de Decembro a Marzo 2026
Sede Fundación Manuel Moldes, Pontevedra
“Bello Piñeiro“
27
Xoves/Novembro
C.S. A Pedreira
Do 27 de Novembro ao 27 xaneiro
C. S. A Pedreira, rúa Serra 36, Pontevedra
“Dúas ladeiras…”
20
Xoves/Novembro
Facultade de Belas Artes
Entre o 20 de novembro e o 20 de febreiro, a Sala Universitaria Profesor Manuel Moldes acolle a exposición Dúas ladeiras da mesma montaña, promovida xunto co Centro de Arte Fundación María José Jove. Nela preséntase as obras desenvolvidas polos artistas Martín Llavaneras e Elena Jones á raíz da súa estadía na cidade mexicana de Guadalajara como beneficiarios da primeira convocatoria de residencias internacionais desta fundación.
Do 20 de novembro ao 20 de febreiro
Sala Universitaria Profesor Manuel Moldes, Facultade de Belas Artes.
“Comedy Wildlife”
28
Martes/Outubro
Inauguración da exposición “Comedy Wildlife”
A comicidade escondida na natureza chega ao café Moderno coa exposición «Comedy Wildlife. Premios de Fotografía». A mostra, foi desenvolvida e producida por Afundación, Obra Social de Abanca e organizada en colaboración co Museo Nacional de Ciencias Naturais (MNCN) e a participación de Terra Espléndida.
Do 28 de Outubro ao 7 de Febreiro
Café Moderno Afundación, Pontevedra
“José Ruibal”
24
Venres/Outubro
Museo de Pontevedra
O 24 outubro o Museo abrirá unha exposición sobre o dramaturgo pontevedrés José Ruibal para conmemorar o centenario do seu nacemento. Con Xosé Enrique Acuña como comisario, a mostra afonda na vida e na obra de quen foi un dos máis sinalados representantes do teatro de vangarda en España no último terzo do século XX, cunha traxectoria que gozou de especial recoñecemento nos Estados Unidos.
Do 24 de Outubro ao 18 de Xaneiro 2026
Edificio Castelao do Museo de Pontevedra.
Proximamente
máis artigos
♥♥♥ síguenos ♥♥♥