
“Etiqueta negra”
13
Luns/Novembro
Coa intención de poñer en valor e consolidar a imaxe do sector da alimentación gourmet, o Concello de Pontevedra organiza unha feira profesional que abre tamén as súas portas a un público cada vez máis especializado e esixente, que se informa para coñecer o que está a consumir, que lle gusta probar sabores e experimentar texturas novas.
Luns de 11.00 a 20.00 h
Recinto Feiral, Pontevedra

“É a igualdade cousa de homes?”
13
Luns/Novembro
Universidade de Vigo
A Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte acolle a xornada É a igualdade cousa de homes? Novas e vellas masculinidades, promovida polas profesoras do Departamento de Socioloxía, Ciencia Política e da Administración e Filosofía Amada Traba e Sara Torres. Aberta a toda a comunidade universitaria, a xornada contará cunha conferencia do mestre Xosé Cabido Pérez, ao que o alumnado dos graos en Educación Primaria e Educación Infantil trasladará posteriormente unha serie de preguntas, tras ter abordado previamente a temática na aula.
Ás 16:00 horas
Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte, Pontevedra


“A revolución (é) probable””O ollo imperativo”
13
Luns/Novembro
Cineclube Pontevedra coa Filmoteca de Galicia
A REVOLUCIÓN (É) PROBABLE
María Ruido, Lee Douglas e Paula Barreiro, 2022, España, 30′, VOSE
Lingua orixinal: español, portugués
Construído a partir dos traballos cinematográficos máis importantes que deu a revolución portuguesa e con materiais de arquivo televisivo e das cooperativas cinematográficas xurdidas á calor do proceso, a peza reflexiona sobre a forza política destas imaxes, sobre o legado que nos deixan e sobre o papel dos arquivos, o cinema, os medios de comunicación e a representación en xeral nas nosas loitas contemporáneas.
O OLLO IMPERATIVO
María Ruido, 2015, España, 63′, VOSE. Lingua orixinal: inglés
Construído con textos reescritos de Frantz Fanon e Aimé Césaire, este ensaio visual sobre o (neo)colonialismo español en Marrocos reflexiona transversalmente sobre o papel que o réxime da visualidade adquire dentro dos procesos (neo)coloniais, entendidos non só como formas de explotación político-económica senón como un pensamento abismal que domina o sistema-mundo.
Ás 20:30 horas
Teatro principal, Pontevedra

“Santiago, Italia”
14
Martes/Novembro
SANTIAGO, ITALIA
Nanni Moretti, 2018, Italia, 95′, VOSE. Lingua orixinal: italiano e español
Documental sobre o Chile e a Italia dos 70 configurado a partir de múltiplos e emotivos testemuños. O filme parte dos acontecementos máis coñecidos para irse centrando nun episodio concreto: o papel que xogou a Embaixada de Italia en Santiago logo do derrocamento do goberno democrático de Salvador Allende, acollendo centos de opositores á ditadura militar tralo golpe de Estado de Augusto Pinochet e ofrecéndolles axuda para abandonar o país. Desde Chile, Moretti reivindica esa Italia rossa e solidaria cos pobos.
Ás 20:30 horas
Teatro principal, Pontevedra

“Rebumbio poético”
14
Martes/Novembro
O segundo martes do mes festexamos a poesía
O Rebumbio Poético é unha festa na que primeiro celebramos a unha poeta e logo compartimos os nosos versos .
Novembro é o mes de Anne Sexton e o tema que vertebra a xuntanza será a poesía de amor, sexo e morte
Agardámoste o martes 14 ás 21:10. Ven e brinda con nós, trae un poema teu ou de Anne Sexton ou simplemente escoita, pero ven!
Ás 21:00 horas
Travesía Charino 29, Pontevedra

“Bisuteria en resina”
14-17
Martes e Venres/Novembro
TALLER DE BIXUTERÍAS EN RESINA EPÓXICA
PRAZAS LIMITADAS (Taller de 2 días x 3 horas c/o.) •• NOVEMBRO MARTES: 13 e VENRES 16
Horario: 10:00hr a 13:00hr LUNS: 20 e XOVES 23 Horario: 10:00hr a 13:00hr Neste Taller aprenderás técnicas decorativas para crear unha colección completa e única con resina epóxica. A artista Mónica Pérez @monikarte.co ensinarache paso a paso como manipular correctamente a resina epóxica, a resina UV, os pigmentos e cores, aprenderás tamén a encapsular flores, madeira e moitos detalles máis. Lévasche a casa unha colección de xoias 100% feitas a man para tí ou para regalar este nadal. PREZO: 80€ RESERVA: 20€ TODOS OS MATERIAIS PARA FACER O TALLER ESTÁN INCLUÍDOS. Reservas na ligazón de nosa bio.
De 10:00 a 13:00 horas
Galería Tangram, Pontevedra

“El tiempo, la mirada y la palabra”
15
Mércores/Novembro
O Ateneo de Pontevedra organiza un relatorio arredor do libro El tiempo, la mirada y la palabra, de José Luis Outes Ruso, publicado por Medulia Editorial.
Ás 19:30 horas
Librería Metáfora, Pontevedra

“A raiña dos bandidos”
15
Mércores/Novembro
Fundación Cuña-Casasbellas
No marco da programación da Fundación Cuña-Casasbellas. Fabulario Novo-Hipofanías, para o XIX Brumario Poético, terá lugar na Sala VerSus un novo Ciclo de cine en torno ó mito de “Pandora”.
Reina de bandidos Direc.: Shekhar Kapur País e ano: India, 1994 Duración: 119 m
Sinopse Conta a historia real da proscripta e temida Phoolan Devi. Casada sendo unha nena de 11 anos, fue abusada y repudiada polo seu home, e sufriu continuas vexacions ata que se uneu a uns bandidos. Unha das súas primeiras accións foi matar o seu home e mostrar públicamente o seu cadaver. Perseguida pola policía e acusada de diversos crímenes, convirteuse nunha lenda para as castes baixas e as mulleres y foi coñecida como “A raiña dos bandidos”.
Ás 20:00 horas
Sala Versus, rúa Xerardo Álvarez Limeses 12, Pontevedra

“Semana Lorquiana”
15-18
Mércores e Sábado/Novembro
Un ano máis volve a Semana Lorquiana ao Museo de Pontevedra
O sábado 18 de novembro desenvolverase a andaina pola cidadedestinada a público adulto. Comezará ás 12.00 horas no Edificio Castelao e para participar nesta actividade gratuíta é preciso inscribirse: polocorreodovento@hotmail.com
Ás 19:00 horas do mércores concerto
Edificio Castelao do Museo de Pontevedra

“Ailá”
15
Mércores/Novembro
No marco do ciclo Músicas para reCREAr, a Vicerreitoría do campus de Pontevedra promove, coa colaboración do Concello, un concerto do grupo Ailá no Teatro Principal, con entrada libre ata completar a capacidade da sala.
Apertura de portas ás 20.30 horas.
Ás 21:00 horas
Teatro Principal, Pontevedra

“Ciclo de oficios”
16
Xoves/Novembro
Innovación e tradición entrelázanse nun ciclo dedicado aos oficios tradicionais coa participación da deseñadora Inés Rodríguez,.
Contará coa participación da deseñadora téxtil Inés Rodríguez, finalista en 2020 do Premio Nacional de Artesanía, impulsora de Rir & Co, un taller de elaboración de tecidos artesanais con sede en Allariz. O traballo desenvolvido por esta deseñadora téxtil, tanto na confección de tecidos como na creación de pezas propias, foi recoñecido con distincións como o segundo premio á excelencia investigadora para mulleres no medio rural, que lle outorgou o Ministerio de Agricultura, Pesca y Alimentación en 2020, ano no que tamén foi finalista do Premio Nacional de Artesanía na categoría de emprendemento.
A entrada é libre ata completar capacidade.
De 17:00 20:00 horas
Casa das Campás de Pontevedra

“Ramón Marcote”
16
Xoves/Novembro
O Ateneo de Pontevedra organiza, en colaboración coa Asociación Cristobal Colón Galego “Celso García de la Riega”, un relatorio arredor do libro Ramón Marcote. Obra en prosa. Volume I, de Modesto Fraga, como autor da edición, publicado por Biblioteca da Fisterranía.
A actividade terá lugar o vindeiro xoves, 16 de novembro, ás 19 horas, na área de cristal do Edificio Castelao do Museo de Pontevedra. O autor da edición estará acompañado por Eduardo Esteban Meruéndano.
A entrada é libre ata completar capacidade.
Ás 19:00 horas
Edificio Castelao do Museo de Pontevedra

“A materialidade das fillas de Lupa”
16
Xoves/Novembro
Inma Otero presenta o seu libro ” A materialidade das fillas de Lupa”acompañada de Sara Vila
Ás 19:30 horas
Libraría Paz, Pontevedra

“A nai”
16
Xoves/Novembro
Teatro principal
Ponteatro “A Nai” de Amoroido Teatro
Anos 40. Tres irmás. Unha ruta de escape. Unha historia que merece ser contada.
A Nai é un espectáculo teatral multidisciplinar, que emprega ferramentas do teatro documento e da autoficción, sen perder nunca o sentido do humor. O espectáculo explora, a través das figuras das irmás Lola, Julia e Amparo Touza, e as súas fazañas como salvadoras dunha cantidade estimada de 500 persoas durante o Holocausto, a posibilidade de sermos mellores persoas en tempos de degradación moral.
Ás 21:00 horas
Teatro principal, Pontevedra

“A invasión dos ultracorpos”
17
Venres/Novembro
A sala de conferencias da Casa das Campás acolle a proxección de A invasión dos ultracorpos (1978), de Philip Kauffman, nunha nova sesión do ciclo de cinema Limítrofes. Integrado por doce proxeccións entre os meses de setembro e xaneiro, o ciclo afonda en como a historia do cinema abordou a aparición de elementos dificilmente explicables en realidades aparentemente cotiás.
Entrada de balde
Ás 19:00 horas
Casa das campás, Pontevedra

“Exposiçom de fotografía”
17
Venres/Novembro
*A Violência Obstétrica também é Violência Machista!!!!*
*Exposiçom de fotografía “O noso corpo, o noso permiso”* de Petra Maternidades Feministas:
-Do 17 ao 27 de novembro.
-Sextas-feiras e sábados de 19.00 a 23.00
Do 17 ao 27 de novembro.
Centro social A Pedreira, Pontevedra

“12+3 Una historia real”
17
Venres/Novembro
Espazo +60 Abanca
Benvidos a 12+3 ou, o que é o mesmo, os anos que pasou Pili dedicada en corpo e alma ao coidado dos seus pais e inmersa nunha loita por defender o benestar dos seus proxenitores. Coidadora incansable e inesgotable ao desalento. Pilar gozou das conversacións co seu pai ata o final e nunca tomou en balde os seus consellos, pero tamén tivo que lidar cos esquecementos da súa nai e que esta deixase de recoñecela e saber quen era.
Ás 19:30 horas
Fundación ABANCA, Pontevedra

“Estampación botánica”
18
Sábado/Novembro
De 11:00 a 14:00 horas
Rúa Oliva 30, Pontevedra

“Adornos de cerámica”
18
Sábado/Novembro
Obradoiro de adornos de cerámica para este Nadal!
Traemos un ano máis o obradoiro para que poidas crear uns adornos únicos e especiais para decorar o teu fogar durante o Nadal.
Un plan divertido e diferente para pasar a mañá do 18 de novembro. de 11:30 a 13:00
De 11:30 a 13:00 horas
Loureiro Crespo 44, Pontevedra

“María Oruña”
18
Sábado/Novembro
Ás 12:00 horas
Librería Cronopios, Pontevedra

“Triogénesis”
18
Sábado/Novembro
Daniel Corral: piano, Yudit Almeida: contrabaixo, Brais Lorenzo: batería
Ás 12:00 horas
Praza da Ferrería, Pontevedra

“Magusto”
18
Sábado/Novembro
Ás 20:00 horas
Praza da Pedreira, Pontevedra

“Cantos da taberna”
18
Sábado/Novembro
Ás 21:00 horas
Centro Social A Pedreira, Pontevedra

“Sendeiro das Devesas do Candán”
19
Domingo/Novembro
Proposta de Quique Pérez
Ás 09:30 horas
Inicio da ruta

“Ricardo Alcaide”
7
Martes/Novembro
A Fundación Cuña-Casasbellas. Fabulario Novo-Hipofanias ten a honra de convidarlle este martes, 7 de novembro, ás 20:00h, na Sala VerSus (c/ Gerardo Álvarez Limeses, nº 12) á inauguración da Exposición fotográfica “Siluetas”, do artista Ricardo Alcalde Corral. A Exposición permanecerá aberta diariamente ao público, de luns a venres, ata o 15 de decembro.
Ata o 15 de Decembro 2023
Sala VerSus rúa Gerardo Álvarez Limeses, nº 12 – Pontevedra

“Miss Peregrin@s”
3
Venres/Novembro
Exposición de Pablo Vázquez García “Miss Peregrin@s 2023″. Está comisariada por Antón Sobral e Pilar Delmás, no Granero Delmás nas galerias Oliva.
Máis información no teléfono 619 432 721
Ata o 3 de Decembro 2023
Granero Delmás Pontevedra

“Reliquias”
3
Venres/Novembro
O espazo O Abrigo, antiga cafetaría da Facultade de Belas Artes, acolle entre o 3 e o 16 de novembro a exposición Reliquias, que reúne as obras dos alumnos de doutoramento Julio Catalán e Álex Fuertes. Comisariada polo tamén alumno do Doutoramento en Creación e Investigación en Arte Contemporánea José Eiras, a mostra xira en torno ao uso de obxectos de refugallo como materia artística.
Ata o 16 de Novembro 2023
Espazo O abrigo Facultade Belas Artes, Pontevedra

“Os Sobrantes”
27
Mércores/Setembro
A Sala Universitaria Profesor Manuel Moldes acolle a inauguración da exposición Os Sobrantes, da artista multidisciplinar e doutora en Belas Artes pola Universidade de Vigo Rosalía Batet. Comisariada pola escritora e crítica de arte María Marco, Os Sobrantes é un proxecto conformado por tres instalacións pictóricas de grandes dimensións, que Batet articula a través de materiais sobrantes de proxectos anteriores e nas que afonda na vulnerabilidade e diferencias entre os corpos.
Inauguración ás 20:00 horas
Ata o 15 de novembro 2023
Sala Manuel Moldes Belas Artes, Pontevedra

“Picasso protagonista”
27
Mércores/Setembro
Convidámoste o mércores 27 de setembro, ás 19.00 h, no Café Moderno Afundación de Pontevedra á visita guiada inaugural a cargo do comisario Asier Mensuro.
Neste 2023 cúmprense 50 anos do falecemento de Picasso, e con este proxecto propio analizamos a pegada do grande artista a través de 40 importantes autorías de banda deseñada españolas e galegas que despregan a súa creatividade en máis de 170 pezas, en diferentes soportes e técnicas, e moitas delas concibidas ad hoc para o proxecto.
Ao abeiro de CULTURA POR ALIMENTOS, o programa solidario con FESBAL, animámoste a colaborares cunha doazón para o Banco de Alimentos local.
Do 27 de setembro ao 4 de xaneiro 2024.
Café Moderno, Pontevedra

“Maleza”
22
Venres/Setembro
Ata o 18 de novembro 2023
Fundación RAC, Pontevedra
Xa podes anotarte

“Un oscar para Óscar”
22
Mércores/Novembro
UN OSCAR PARA ÓSCAR de Mario Hernández
DIRECCIÓN: Mario Hernández
ELENCO: Jon Plazaola, Agustín Jiménez, Rebeca Sala, Mara Guil
PRODUCIÓN: Txalo Producciones e La Mandanga
Estamos na cidade de Los Ángeles o día que se celebra a cerimonia dos Oscar; concretamente, nun modesto motel nos arredores. Alí están Óscar Manzano, nomeado aos premios pola curtametraxe que dirixe, canda o ministro de Cultura Guillermo Barrientos e a ministra de Facenda Irene Navarro. Entre continuas liortas dos dous políticos, e a poucas horas de empezar a cerimonia, aparece Pauline, unha «escort girl» contratada ás agachadas para que finxa ser a noiva de Óscar durante a gala…
Ás 20:30 horas
Auditorio da Sede Afundación, Pontevedra
máis artigos
♥♥♥ síguenos ♥♥♥