
“A última película”
13
Luns/Xaneiro
Cineclube Pontevedra
A ÚLTIMA PELÍCULA. The Last Picture Show
Peter Bogdanovich, 1971, 120 min., VOSE. Lingua orixinal: inglés.
Década dos 50. A pequena e solitaria localidade texana de Anarene é testemuña dos desprazamentos diarios dun grupo de adolescentes insatisfeitos que afrontan o tránsito á idade adulta. Ao seu redor, o tempo estancado transcorre entre o salón de billar, o café aberto toda a noite e unha vella sala de cine, nunha época en que comezan os recrutamentos para a guerra de Corea e en que o cinema e todo o que representa morre a mans da televisión.
Inspirado na novela homónima de Larry McMurtry e fotografado por Robert Surtees nun fermoso branco e negro aconsellado por Orson Welles, A última película é un dos filmes claves do renacer do cinema estadounidense dos 70 e a obra mestra que consagrou a Peter Bogdanovich. Obtivo 8 nominacións aos Oscar en 1971 e gañou dous deles: mellor actor secundario (Ben Johnson) e mellor actriz secundaria (Cloris Leachman).
Ás 20:30 horas
Teatro principal, Pontevedra.

“Salve Maria”
14
Martes/Xaneiro
Concello de Pontevedra
Presentación e charla da película‘Salve María‘ de Mar Coll, unha historia sobre as nais arrepentidas.
‘Salve María’ écandidata a 4 premios Feroz e xa foi premiada na Seminci 2024 (Mellor actriz para a súa protagonista, Laura Weissmahr) e no Festival de Locarno (Mención especial).
María, unha nova escritora que acaba de ser nai, tópase coa noticia dun suceso estremecedor: unha muller francesa afogou aos seus xemelgos de 10 meses na bañeira. María obsesiónase con iso, por que os matou? A partir dese momento, a sombra do infanticidio axéxalle como unha vertixinosa posibilidade.
Ás 19:00 horas
Teatro principal, Pontevedra.

“Animais nocturnos”
14
Martes/Xaneiro
La Verbena
O sangue flúe en nós como un río vermello e ancestral, cargado de significados que transcenden o tempo. É símbolo de vida, do nacemento e do vínculo máis primitivo; pero tamén é marca de ferida, de morte e de sacrificio.
Nesta ocasión especial, contaremos coa presenza da poeta Branca Trigo, cocreadora da editorial Malafera, quen ademais escolleu este tema tan fascinante para guiar a nosa velada. A súa voz e o seu enfoque traerán novas perspectivas sobre o sangue como elemento poético, cultural e emocional.
Na cultura, na poesía, no mito, o sangue é un fío invisible que nos une á nosa esencia animal e á nosa dimensión espiritual. A Biblia fala do sangue de Abel clamando desde a terra; os sacrificios das antigas civilizacións ofrecían sangue para conectar cos deuses; os vampiros son un símbolo recurrente na nosa cultura. Nos versos de Sylvia Plath, o sangue pode ser sinónimo de sufrimento ou renacemento.
Nesta edición de Animais Nocturnos, convidámosvos a explorar este fluído esencial desde todas as súas caras: biolóxica, mítica, poética. Será unha noite para adentrarnos nos significados máis profundos da nosa natureza, nunha noite vermella baixo a luz da lúa.
Ás 21:10 horas
Rúa Charino 29, Pontevedra

“Los destellos”
15
Mércores/Xaneiro
Concello de Pontevedra
Los destellos é un drama que trata da vida de Isabel, que dá un inesperado xiro o día en que a súa filla Madalen pídelle que visite regularmente a Ramón, que se atopa enfermo. Tras quince anos afastada do seu exmarido, un home ao que ve como a un descoñecido a pesar de que foron familia durante anos, en Isabel comezan a reavivarse resentimentos que cría superados. Con todo, ao acompañar a Ramón no seu momento máis vulnerable, Isabel conseguirá ver con outros ollos o fracaso que viviron para centrarse no presente da súa propia vida.
Tras a proxección da película haberá un coloquio posterior entre a cineasta, Pilar Palomero, e o público.
Ás 19:00 horas
Teatro principal, Pontevedra

“Olladas musicais”
15
Mércores/Xaneiro
Museo de Pontevedra
Paisaxes sonoras de Vivaldi a Piazzolla: un percorrido polas súas Catro estacións
A través de charlas interactivas e audicións comentadas, achegaráselle este xénero musical a un público adulto, ao proporcionar un espazo de encontro cultural no que quen participe poida explorar, aprender e gozar de obras clásicas emblemáticas.
O curso será impartido por Sara Domínguez Lloria, licenciada en Música con especialidade en Piano, doutora en Educación pola Universidade de Vigo e cun mestrado en Teatro e Artes Escénicas e outro en Dirección e Xestión de Centros Educativos.
De 19:00 a 20:30 horas
Edificio Castelao do Museo de Pontevedra

“O lago dos cisnes”
15
Mércores/Xaneiro
Afundación
“O Lago dos Cisnes“, a xoia do ballet clásico universal, mergúllanos nunha fascinante historia sobre o eterno conflito entre o ben e o mal. Despois de celebrar o seu vixésimo primeiro aniversario, o príncipe Siegfried entra nun bosque onde coñece a Odette, unha princesa cisne enfeitizada polo malévolo Rothbart. Siegfried promételle amor incondicional, pero cae nun cruel engano e acaba xurándolle o seu amor ao Cisne Negro. Despois de recoñecer o seu erro fatal, volve ao bosque en busca da súa amada.
Ás 20:30 horas
Auditorio de Afundación, Pontevedra

“Entre el azar y la necesidad”
16
Xoves/Xaneiro
O vindeiro Xoves na libraría Metáfora presentación do libro “Entre el azar y la necesidad” a cargo do seu autor, Daniel Pont, tamén cofundador da histórica Coordinadora de presos en lucha (COPEL)
Ás 19:00 horas
Librería Metárora, Pontevedra

“Orquesta sinfónica de Galicia”
16
Xoves/Xaneiro
Afundación
Concerto en colaboración coa Sociedade Filarmónica de Pontevedra.
ORQUESTA SINFÓNICA DE GALICIA
Director: Markus Stenz
Solista: Joan Ibáñez (piccolo)
Programa:
LOUISE FARRENC Obertura nº 1 en Mi menor, op. 23
LIEBERMANN Concerto para piccolo e orquestra, op. 50
SCHUMANN Sinfonía nº 2 en Do maior, op. 61
Ás 20:30 horas
Auditorio de Afundación, Pontevedra

“El caso Asunta 1”
17
Venres/Xaneiro
Pazo da cultura
O venres 17 ás 18:00 proxectaranse os tres primeiros episodios de ‘El caso Asunta‘ no Auditorio do Pazo da Cultura.
Despois a protagonista, Candela Peña, ofrecerá unha charla acompañada polas persoas que a axudaron a crear o personaxe de Rosario Porto: maquilladora, perruqueira, ‘coach’ de galego, debullando o proceso de transformación.
Ás 18:00 horas
Pazo da cultura, Pontevedra

“Os valentes andan sós”
17
Venres/Xaneiro
Vicerreitoría do campus de Pontevedra
Ás 19:00 horas
Casa das Campás, Pontevedra

“Anxo Vidal Nogueira”
17
Venres/Xaneiro
Museo de Pontevedra
Ás 19:00 horas
Edificio Castelao do Museo de Pontevedra

“Poesía e Microrrelato”
17
Venres/Xaneiro
Poesía e Microrrelato
Primeira sesión de poesía e microrrelato do ano
Intervirán: Paula Fernández, Queco Fresco, Bea López,Beatriz Suárez-Vence e Carmen Castro.
Ao rematar haberá unha rolda de micro aberto (dous minutos cada unha.
Ás 20:30 horas
O forno, rúa Riestra 16, Pontevedra

“Mulleres Pre-historia, arqueoloxía e xénero”
17
Venres/Xaneiro
C.S. A Pedreira
Charla sobre ” Mulheres, pre-história, arqueología e género.
Ás 20:30 horas
A Pedreira Rúa Serra 36, Pontevedra

“El caso Asunta 2”
18
Sábado/Xaneiro
Pazo da cultura
O sábado, desde as catro da tarde proxección do últimos tres episodios e despois, a propia Candela Peña e outros membros do equipo falarán sobre como trasladaron á pantalla un suceso que conmocionou ao país. A serie opta a catro premios Feroz, un deles para Candela Peña, como mellor actriz protagonista; María León, como mellor actriz de reparto; Javier Gutiérrez, como mellor actor de reparto polo seu papel como o xuíz Taín, e Tristán Ulloa, como mellor actor protagonista polo seu papel de Alfonso Basterra, pai de Asunta.
Ás 16:00 horas
Pazo da cultura, Pontevedra

“Pontevedra cidade de cine”
10
Venres/Xaneiro
Concello e Diario de Pontevedra
Exposición “Pontevedra, cidade de cine” organizada polo Concello de Pontevedra e o Diario de Pontevedra co gallo da celebración dos Premios Feroz o próximo 25 de xaneiro no Pazo da Cultura da cidade. A exposición, comisariada polo xornalista Ramón Rozas, poderá visitarse ata o próximo día 26 na Praza de Ourense.
Do 10 ao 26 de Xaneiro 2025
Praza de Ourense, Pontevedra.

“Exposición”
8
Mércores/Xaneiro
Liceo Casino
Exposición de pintura e fotografía da Asociación Artística Cultural De Pontevedra do 8 ao 28 de xaneiro de 2025 na nosa Sala de Exposicións.· A Clausura será o día 28 de xaneiro ás 20:00 horas coa presentación do libro a cargo de Manuel Fuentes e Ana Julia Martínez. Entrada libre ata completar aforo.
Do 8 ao 28 de Xaneiro 2025
Edificio Castelao do Museo de Pontevedra.

“Soños”
21
Sábado/Decembro
Reclamo estudio
Inauguramos SOÑOS, de Carlos Saburido, onde imos poder ver os gravados e debuxos que fixo nos últimos anos.
O seus deseños pódenser ler en calquera dirección como un palíndromo e a interpretación é libre: “Son deseños que veñen sós, como os soños, a maioría saen por si mesmos”.
@carlossaburido é tamén tatuador, vive en Anceu, Pontevedra e encántanos a súa obra gráfica
Do 8 ao 28 de Xaneiro 2025
Rúa Riestra 19, Pontevedra.

“Acislo”
13
Venres/Decembro
O 13 de Novembro inauguramos no Museo de Pontevedra unha nova exposición “Acisclo en 66 obras“
Localización: Edificio Castelao – Comisaria: Beatriz de San Ildefonso
Do 13 de Decembro ao 02 de febreiro 2025
Edificio Castelao do Museo de Pontevedra.

“Karin Sander”
4
Mércores/Decembro
Facultade de Belas Artes
O mércores 4 de decembro teremos a sorte de inaugurar unha exposición da artista Karin Sander na Sala Profesor Manuel Moldes da Factultade.
Do 4 de Decembro ao 20 de Febreiro 2025
Sala Manuel Moldes, Facultade de Belas Artes de Pontevedra.

“É tempo de xogar”
29
Venres/Novembro
O 29 de outubro inauguramos no Museo de Pontevedra, edificio Sarmiento, unha nova exposición “É tempo de xogar”. Colección Juan Manuel Alfaya Campo.
Do 29 de Novembro ao 09 de febreiro 2025
Edificio Sarmiento do Museo de Pontevedra.

“50 anos dende Tambor”
19
Martes/Novembro
Fundación Manuel Moldes
A Fundación Manuel Moldes celebra o medio século da inauguración damostra pictórico na Galería Tambor de Madrid dos artistas Manuel Moldes e Mikel Díez Alaba.
Preséntanse algunhas das pezas que foron expostas na galería madrileña e obras posteriores de ámbolos artistas.
Do 19 de Novembro ata marzo 2025
Fundación Manuel Moldes, rúa Javier Puig, Pontevedra

“Jose Benito Otero Baena”
8
Venres/Novembro
Museo de Pontevedra
Inauguración da exposición ‘José Benito Otero Baena. Un pintor sen pinceis’, que terá lugar o venres 8 de novembro, ás 19:00 h, no Edificio Castelao do Museo de Pontevedra (rúa Padre Amoedo, 3).
Do 8 de Novembro ao 19 de Xaneiro 2025
Edificio Castelao do Museo de Pontevedra

“Vento”
25
Venres/Outubro
Do 25 de outubro ao 2 de marzo 2025
Edificio Castelao do Museo de Pontevedra.

“Simultánea”
9
Mércores/Outubro
Afundación
Afundación, a obra social de Abanca, abre ao público o proxecto expositivo Simultánea, que mostrará, ao mesmo tempo, en sete sedes, a súa colección de arte vista como nunca antes.
Abstraccións e mensaxes cifradas é a mostra deseñada para o Café Moderno, onde o público poderá achegarse ás obras creadas desde Galicia e que exploran as posibilidades da abstracción.
Está conformada por 33 obras que abordan a linguaxe abstracta como ferramenta de comunicación.
Do 9 de outubro ao 25 de Xaneiro 2025
Café moderno, Pontevedra
Xa podes anotarte

“Cata de Cacao”
21
Martes/Xaneiro
“Solidariedade Internacional de Galicia”
Cata de Cacao organizada pola Universidade de Vigo, será levada a cabo pola ONG Solidaridade internacional de Galicia e outras institucións.
A actividade é ofrecida ao alumnado sénior da UVIGO matriculados no PUM, no caso de quedar prazas baleiras podes enviar un correo electrónico a cpmpontevedra@uvigo.gal indicando que queres participar na actividade e debes esperar confirmación da praza. O prazo de inscrición remata o mércores 15 de xaneiro 2025.
De 11:00 a 13:00 horas
Aula 2 da Facultade de Inxeniería Forestal, Pontevedra

“Vaquero”
24
Venres/Xaneiro
Afundación
José Juan Vaquero (Valladolid, 1973) é un humorista rudo e directo, sen filtros e o cabelo bótalle moi forte.
Nas súas actuacións aborda a súa vida cotiá con rotundidade e sen picar palabras. Desde a túa familia e amigos, ata o teu traballo ou a túa vida diaria. Sempre dende o teu punto de vista particular.
Forma parte de varios espectáculos de Humor como: “En Bruto” (Xunto con Iñaki Urrutia), “Monólogos e Locuras” (con Nacho García), “Vaquero&Clavero” (con Alex Clavero), Humor de Protección Oficial (con Quique). Matilla , Fran el Chavo, Nacho García e Alex Clavero)…
Ás 21:00 horas
Auditorio de Afundación, Pontevedra
máis artigos
♥♥♥ síguenos ♥♥♥