
“Óscar Reboiras”
15
Martes/Abril
Librería Nobel
Presentación do libro “El caso Salgueiro” de Óscar Reboiras.
Unha tarde xeada de febreiro, dous obreiros atopan uns restos humanos baixo a neve en Salgueiro, unha antiga aldea abandonada do Parque Natural do Xurés. O último dos nove cadáveres achados foi enterrado apenas dúas semanas antes e todos os corpos parecen debuxar unha estrela cun círculo ao redor.
A entrada é libre ata completar capacidade.
Ás 19:30 horas
Librería Nobel, Pontevedra

“Blanca Millán”
16
Mércores/Abril
Librería Nobel
Presentación do libro “O gran libro das nosas vilas” de Blanca Millán.
Neste libro descubrirás como o comercio local, as tradicións e as novas ideas poden facer que as nosas vilas sexan lugares xeniais para vivir. Verás o que estes espazos poden ofrecernos, como a tecnoloxía axuda a mellorar o día a día e como todos podemos achegar algo para que a nosa vila sexa máis divertida, bonita e sostible. Unha viaxe chea de curiosidades e propostas para facer das vilas o mellor lugar para vivir! As vilas están cheas de vida!
A entrada é libre ata completar capacidade.
Ás 18:00 horas
Librería Nobel, Pontevedra

“Báilate”
16
Mércores/Abril
Este Mércores 16 de abril en Pontevedra faremos a Sesión de Danza Libre “Báilate“, pra bailar e acollernos a nós mesmxs a través do baile libre e espontáneo.
Coa intención na conexión co corazón e a conciencia corporal poderemos sentirnos danzando as nosas emocións.
De 19:00 a 20:30 se te animas a asistir podes poñerte en contacto conmigo no tlfno 622 513 274.
De 19:00 a 20:30 horas
Pontevedra

“Taller cerámico”
19
Sábado/Abril
Ti tamén podes vir pasar unhas horas ao taller e levarche unha peza feita coas túas propias mans. Nos nosos workshops poderás decidir que peza che apetece facer dentro dunha variada oferta como: cunca take away, maceta, vaso tubo, cunca xl, xarriña… Reserva xa a túa praza, na nosa web (apartado servizos) (link en bio).
Workshop Taller cerámico, Duración: ata 3 horas, Prezo: 68€ (materiais incluidos), ¡Prazas limitadas
Ás 11:00 horas
Kurinuki Praza de España 1, Pontevedra

“El boludo solitario”
19
Sábado/Abril
Mímate
Este sábado… a música e o vermut danse a man en Mímate. Chega unha Sesión Vermut con moito flow, sabor e bo rollo: Música en vivo con Ariel, El Boludo solitario. Vermut e polbo. Billeteira inversa: deixa a túa achega ao finalizar o concerto para contribuír a que estes artistas sigan facendo o que máis lles gusta. Vémonos este sábado!
Desde ás 13:00 horas
Mímate, rúa Real, Pontevedra

“Alicia Cerrada”
19
Sábado/Abril
Galería Tangram
Concerto de piano
Concerto de Alicia Cerrada
Música en vivo para toda a familia Entradas desde 12€, nenos gratis!
Info: galeriatangram@gmail.com
Ás 17:00 horas.
Galería Tangram, Rosalía de Castro 32, Pontevedra.

“El efecto repetición”
19
Sábado/Abril
O Sanatorio
“El efecto repetición”
(Solo cita previa)
Reservar_
Whatsapp .667005584
Ás ????? horas
O Sanatorio, Pontevedra.

“EARAN”
19
Sábado/Abril
C. S. A Pedreira
Música electrónica con EARAN, Roi Redondo, a partires das 20:30 horas no Centro social A Pedreira na rúa Serra.
Desde há case uma década inicio na música electrónica, o qual permite-me fazer música controlando a integridade do processo e puidendoa dirigir cara umas sonoridades muito concretas e específicas, bem relacionadas cas músicas tradicionais e o percurso como artista de rua, mas sem esquecer todos os soms nos que evolucionou a música atual.
A entrada é libre ata completar capacidade.
Ás 20:30 horas
A Pedreira, Pontevedra.

“Weronika Siupka”
8
Martes/Abril
Facultade de Belas artes
A partir do día 8 e durante tres semanas teremos no Abrigo parte da obra de Weronika Siupka, unha exploración de como percibimos e habitamos o noso entorno a través da arte.
Inauguración ás 19 horas
Do 8 ao 29 de Abril 2025
Sala OAbrigo, Facultade de Belas Artes , Pontevedra

“Lo corporal en disonancia”
8
Martes/Abril
Galería Tangram
Exposición de Rocío Lago e Lucía Rodríguez que invítanos a repensar o corpo explorando como o corporal se constrúe, se transforma e se dilúe.
A entrada é libre ata completar capacidade.
Do 8 de Abril ao…
Galería Tangram, Pontevedra

“Outras historias posibles”
4
Venres/Abril
Afundación
OUTRAS HISTORIAS POSIBLES presenta o traballo de seis destacadas artistas nacidas na década dos 50, con fortes vencellos a Galicia, tanto nas súas vidas coma nas súas carreiras profesionais. Elas son Ana García Pan, Emilia Guimeráns, Anne Heyvaert, Tusi Sandoval, Blanca Silva e Laura Terré, mulleres cunha especial presenza na arte dos 80, grazas á súa innovadora visión. Esta exposición explora agora desde o Café Moderno Afundación Pontevedra as súas creacións e descúbrenos como o seu legado influíu na arte contemporánea, ofrecendo novas perspectivas e reivindicando o seu espazo na historia. Comisaria | Susana Cendán
Do 4 de abril ao 31 de Maio
Café Moderno, Pontevedra.

“Alberto Baraya”
3
Xoves/Abril
Fundación RAC
Do 3 de abril ao…
Fundación RAC, Sarmiento 41, Pontevedra.

“Arte solidario”
1
Martes/Abril
Liceo Casino
Máis dunha treintena de artistas participan na mostra comisariada por Mito Meijón e coordinada por Antón Sobral.
Trátase dunha iniciativa solidaria impulsada polo Grupo Estela para recaudar fondos para o proxecto de educación inclusiva da Fundación Vicente Ferrer.
Do 1 ao 21 de Abril
Liceo Casino, Pontevedra.

“Camaradas”
28
Venres/Marzo
Fundación Manuel Moldes
Nova exposición dará continuidade ao compromiso da Fundación Manuel Moldes de Pontevedra de recuperar e dar visibilidade ao legado deste artista da cidade do Lérez. Así, e «seguindo con esta liña de pensamento, a Fundación presenta agora Camaradas, unha exposición na que reúne a Manuel Moldes con Mon Vasco, Ignacio Basallo, Luís Borrajo, Guillermo Monroy, Correa Corredoira, Xaime Cabanas, Jorge Barbi e Francisco Mantecón tomando como nexo a amizade que Moldes compartía con cada un deles». Dende a Fundación Manuel Moldes engadiron que «a maioría destes artistas, así como o propio Moldes, foron integrantes de Atlántica (grupo renovador da plástica galega nos anos 80 do pasado século) e deron, e inda dan, forma ó panorama artístico de Galiza». A Voz de Galicia
Do 28 de Marzo a Novembro 2025
Fundación Manuel Moldes, Pontevedra.

“Ruinas de San Domingos”
15
Sábado/ Marzo
Museo de Pontevedra
Visita as Ruínas de San Domingos, un dos edificios máis emblemáticos da cidade de Pontevedra, que forma parte do conxunto de sete edificios do noso Museo. Pódense visitar os restos do que foi o convento dominico da cidade, con moito que ver:
Desde o 15 de marzo ata o 31 de outubro
Ruinas de San Domingos, Pontevedra.

“Coral Polifónica”
14
Venres/Marzo
Museo de Pontevedra
A Sociedad Coral Polifónica Pontevedra está de centenario. O Museo de Pontevedra revisa os seus 100 anos de historia a través das imaxes, os personaxes e os feitos que marcaron un proxecto capital da cultura galega.
A exposición inaugúrase este venres 14 de marzo ás 19:00 h no Edificio Castelao.
Do 14 de Marzo ao 20 de Abril 2025
Edificio Castelao do Museo de Pontevedra.

“Grazas pola súa visita”
13
Xoves/Marzo
Facultade de Belas Artes
A Sala Universitaria Profesor Manuel Moldes acolle a inauguración da exposición Bar-Cafetería. Grazas pola súa visita, que reúne as obras de Alberto Ardid, o colectivo Rapapawn, integrado por Cynthia Alfonso e Óscar Raña, e Tayone, todos eles artistas formados na Facultade de Belas Artes. Coa xestora cultural e tamén egresada deste centro Sara Donoso como comisaria, trátase dun proxecto que transcende á mostra artística convencional para converterse nun acto de reivindicación sobre a necesidade da reapertura da cafetaría da facultade como espazo de encontro.
A exposición poderá visitarse ata o 30 de marzo e durante este período albergará á súa vez dúas mostras efémeras, que serán levadas a cabo polo alumnado, guiado por Alfonso e Raña e polo profesor e coordinador da sala, Ignacio Pérez-Jofre.
Do 13 ao 30 de maio.
Sala Manuel Moldes, Facultade de Belas Artes, Pontevedra.
Proximamente

“Crea o teu propio libro bordado”
21
Luns/Abril
Campus Crea
A sala de conferencias da Casa das Campás acolle a realización do obradoiro ” Crea o teu propio libro bordado impartido por Maritza Berttolini (artista gráfica)
Código: libro_bordado (15 prazas)
Para realizar as inscricións nos obradoiros débese remitir un correo a xes.crea@uvigo.gal indicando o código do curso no que se quere inscribir.
De 17:00 a 19:00 horas
Casa das Campás, Pontevedra

“Orquesta joven da sinfónica de Galicia”
21
Luns/Abril
AFundación
Orquesta Joven da Sinfónica de Galicia. CONCERTO EN COLABORACIÓN COA SOCIEDADE FILARMÓNICA DE PONTEVEDRA.
Director: José Luis Gómez
Solista: Pacho Flores, trompeta
SARASATE Zapateado
LINDBERG Akbank Bunka
FLORES Labios Vermelhos
SHOSTAKOVICH Sinfonía nº5 en Re menor, op. 47
Ás 20:30 horas
Auditorio Sede Afundación, Pontevedra.

“Design colaborativo”
22
Martes/Abril
Campus Crea
A sala de conferencias da Casa das Campás acolle a realización do obradoiro “Design colaborativo: coexistencia e sustentabilidade”
Bruno de Almeida, artista gráfico, Brasil
Código: design_colaborativo (20 prazas)
Para realizar as inscricións nos obradoiros débese remitir un correo a xes.crea@uvigo.gal indicando o código do curso no que se quere inscribir.
De 10:30 a 13:30 horas
Patio interior da Facultade de Belas Artes, Pontevedra

“Materiais sustentables”
22,23
Martes e Mércores/Abril
Campus Crea
A sala de conferencias da Casa das Campás acolle a realización do obradoiro “Materiais sustentables, tradición versus greenwashing”
Elisa Palomino, Central St Martins, University of the Arts, London
Código: materiais_sustentables (18 prazas)
Para realizar as inscricións nos obradoiros débese remitir un correo a xes.crea@uvigo.gal indicando o código do curso no que se quere inscribir.
De 09:30 a 15:00 horas
Cubo da Facultade de Belas Artes, Pontevedra

“Las hierbas que él arrojó”
22-25
Martes a Venres/Abril
Campus Crea
A sala de conferencias da Casa das Campás acolle a realización do obradoiro “Las hierbas que él arrojó”. Obradoiro de creación con material atopado
Do martes 22 ao venres 25 de abril, 10.00-14.00 h
Julio Catalán, Álex Fuentes, Andrea Otero, Facultade de Belas Artes da Universidade de Vigo
Asociación Kentada. Rúa da Barca, 14, baixo, Pontevedra
Código: material_atopado (10 prazas)
Para realizar as inscricións nos obradoiros débese remitir un correo a xes.crea@uvigo.gal indicando o código do curso no que se quere inscribir.
De 10:00 a 14:00 horas
Asociación Kentada, rúa da barca 14, baixo Pontevedra

“Filharmonía de Galicia”
25
Venres/Abril
AFundación
REAL FILHARMONÍA DE GALICIA – CONCERTO EN COLABORACIÓN COA SOCIEDADE FILARMÓNICA DE PONTEVEDRA.
Directora Jessica Cottis
RAQUEL GARCÍA-TOMÁS Blind Contours núm. 2
BRETT DEAN Testament
LUDWIG VAN BEETHOVEN Sinfonía núm. 7 en La maior, op. 92
Coa participación do alumando da EAEM
A artista en residencia Raquel García-Tomás concibe a súa música como un fluído comunicativo coa videocreación e as artes visuais. En Blind Contours núm. 2 traslada á partitura este concepto da ilustración, que permite debuxar o perfil dun obxecto sen mirar o papel; así, a liberdade dos intérpretes marca o carácter definitivo desta peza. Un certo aroma de despedida teñen as seguintes obras no programa: Testament, do australiano Bret Dean, rende homenaxe a Beethoven cos seus sons iniciais de desesperación nas cordas e con citas do seu primeiro cuarteto. O legado que o músico de Bonn fixo á humanidade inclúe a Sinfonía núm. 7, obra excepcional eclipsada pola Pastoral. Dominada por un ritmo frenético, Schumann veu na Sétima a alegría dun día de voda mentres que o crítico d’Ortigue a recibiu como unha procesión á ultratumba. Beethoven non deixa lugar a medias tintas.
Ás 20:30 horas
Auditorio Sede Afundación, Pontevedra.

“Grito”
26
Sábado/Abril
Etiqueta negra producións
HOVIK. Grito
TEXTO E INTERPRETACIÓN: Hovik Keuchkerian.
DESEÑO DE ILUMINACIÓN E ESCENOGRAFÍA: Ciru Cerdeiriña.
VESTIARIO: Holy Guns.
DURACIÓN: 100 Min.
PRODUCCIÓN Y DISTRIBUCIÓN: Etiqueta Negra Producciones.
Probablemente non haxa un lugar no mundo no que a liberdade de expresión teña tanto valor, sentido e significado como no escenario cando o pisa un cómico.
Hovik Keuchkerian volve ao Stand Up despois de máis de quince anos afastado do circuíto da comedia. Volve con GRITO, un espectáculo no que conecta coa súa esencia de cómico. Con este show, recupera un discurso acedo, profundo que por momentos fará sentir incómodo ao espectador.
Ás 20:30 horas
Auditorio Sede Afundación, Pontevedra.
máis artigos
♥♥♥ síguenos ♥♥♥