“Taller de telares”
14
Luns/Setembro
De 09:00 a 13:00 horas.
Rúa Real núm 12, 1ºD, Pontevedra.
“Yaiza Álvarez Soto”
14
Luns/Setembro
Facultade de Belas Artes
Unha membrana translúcida delimita un espazo baleiro dentro da sala. Ainda que permanece visible, o espazo queda separado do resto por unha barreira material fráxil pero que recoñecemos como límite.
Que fai que un espazo que sigue estando ahí deixe de ser un espazo que habitamos?
Instalación “Límites” de Yaiza Álvarez Soto
Ata o 24 de setembro!
Ata o 24 de setembro.
Espazo O Abrigo, Facultade de Belas Artes, Pontevedra
“Nudos mariñeiros”
14
Luns/Setembro
Obradoiro gratuíto de nudos mariñeiros en Pontevedra: aprende unha arte tradicional
De 18:00 a 20:00 horas.
Rúa Nova de Abaixo 2, entresolo, Pontevedra
“Carmen Mola”
14
Luns/Setembro
Cronopios
Os orfos (Planeta). Jorge Díaz, Agustín Martínez e Antonio Mercero visitan Cronopios o luns 14 ás 19:30h e Susana Pedreira faralles unha entrevista en directo na que poderá participar o público con preguntas e comentarios.
En Belfast, tres nenos creceron nun orfanato onde o medo era lei, e a violencia, a única forma de sobrevivir. Aquel inferno converteunos en irmáns. Anos despois, chámanos os Orfos. Son donos dun imperio criminal que se estende desde Irlanda ata a Costa do Sol, onde o luxo e a brutalidade conviven sen disimulo. Pero nesa mesma cidade hai outra familia que tamén coñece o prezo do poder: os Pastor…
Ás 19:30 horas
Librería Cronopios, Pontevedra
“The Queen’s College de Oxford”
14
Luns/Setembro
Santa María
O prestixioso Coro de The Queen’s College de Oxford chega a Pontevedra
Ás 20:45 horas
Real Basílica de Santa María A Maior, Pontevedra
“Clube de lectura”
14
Luns/Setembro
O Peto Máxico
Esperámosvos a todos, o 14 de Setembro ás 20.45 para comentar o libro deste mes, tomarnos unhas pastas, un café ou unha auga, e desconectar un pouquiño da volta á rutina.
Ás 20:45 horas
Av. Virxinia Pereira Renda, 2 bajo5, Pontevedra
“Obradoiro de Cianotipia”
15
Martes/Setembro
A Pedreira
Se che apaixona a fotografía, a botánica ou a artesanía, temos unha proposta perfecta para ti. O Centro Social A Pedreira organiza un novo Obradoiro de Cianotipia, unha oportunidade única para desconectar das pantallas e experimentar cun dos procesos de revelado fotográfico máis antigos e fascinantes da historia.
Inscricións e reservas Non quedes sen o teu oco. Para reservar a túa praza ou solicitar máis información sobre as vindeiras sesións, podes poñerte en contacto a través de:
Correo electrónico: apedreira@riseup.net WhatsApp: +34 601 98 12 88
Ás 17:30 horas.
C.S A Pedreira, Rúa Serra 36 Pontevedra
“Carmen Prieto”
15
Martes/Setembro
Fundación Cuña-Casasbellas
Versos de Mar e terra, Declamación e canto con Carmen Prieto e poetas invitad@s
Interveñen: Elisabeth Oliveira, Isabel Uría, Charo Valcárcel. Alfonso Cuadros e Berenice Ojeda
A guitarra musicando os poemas Tito Cerda
Ás 19:00 horas
Fundación Cuña-Casasbellas, Sala Versus Xerardo Álvarez Limeses, Pontevedra
“Óscar Ibáñez”
16
Mércores/Setembro
Ateneo de Pontevedra
O Ateneo de Pontevedra organiza xunto coa Deputación de Pontevedra a charla do gaiteiro Óscar Ibáñez titulada “A Gaita“, dentro do ciclo O Poder do Folk.
A entrada é libre ata completar capacidade.
Ás 19:00 horas
Paraninfo do IES Valle Inclán, Pontevedra
“Amal”
16
Mércores/Setembro
Fundación Cuña-Casasbellas
Inicio ciclo “Ifigenias(s): Verdade, función, rebeldía e lenda do sacrificio”
Filme: “Amal” de Jawad Rhalib
Amal, unha profesora francesa dun instituto de Bruxelas, anima aos seus alumnos para cultivar a paixón pola lectura, defender a liberdade de expresión e promover a tolerancia. Con todo, as súas ideas molestan a algúns alumnos e compañeiros vinculados co extremismo islámico, totalmente oposto aos seus métodos de ensino. Aínda así, Amal mantense firme, especialmente cando ten que axudar a Monia, unha dos seus estudantes, unha moza reservada á que atacaron, acosado e ameazado polas sospeitas sobre a súa homosexualidade.
Ás 20:00 horas
Sala Versus, Fundación Cuña-Casasbellas, Pontevedra
“María Ramos Lorenzo”
17
Xoves/Setembro
Libraría Paz
Presentación do libro “Lo que perdura” de María Ramos Lorenzo.
Din que o fío vermello conecta ás persoas… pero este tamén abre portas a historias inesquecibles. Anímaste a descubrir que hai ao final do fío?
Aliar Edicions
Ás 19:00 horas
Libraría Paz, Pontevedra
“Iria Collazo López”
18
Venres/Setembro
Libraría Paz
Presentación do libro “A muller de mentira” de Iria Collazo López, con Chus Gómez.
“Sempre fun transparente. As miradas atravésanme: non existo. Nunca ninguén me tomou en serio. O meu tempo de comprender chegou tarde, coma se a miña vida anterior fose un ensaio; un simulacro que me preparase para o derrubamento que me esmagou despois. A xente non me cre, non resulto verosímil. Son un animal imaxinario; un personaxe de conto; unha muller de mentira. Non estou aquí”.
Así comeza A muller de mentira, obra gañadora do García Barros 2026. Galaxia Editorial
Ás 19:00 horas
Libraría Paz, Pontevedra
“Carlos Blanco”
18
Venres/Setembro
Afapo
Carlos Blanco volve coa súa comedia máis solidaria: “A Penúltima“
Ás 21:00 horas
Sede Afundación, Pontevedra
“Noite de poesía”
18
Mércores/Setembro
Nesta terceira tempada o encontro medra cun novo e ambicioso proxecto: queremos publicar un fanzine trimestral que recolla colaboracións das artistas asistentes ás xuntanzas poéticas. Para evitar que os recitais sexan arte efémera e para que os escritos transcendan máis alá do recuncho que nos acolle, imos deixar constancia material con escolmas que recollan os froitos creativos.
Outra novidade é o artista que acompañará esta noite de poesía, o incrible MonoLelo; o novo proxecto de David Santos (Cró!, É unha árbore, Metamovida…), unha proposta sinxela para tempos saturados. Contracontos, un contrabaixista que canta, risa tímida sen medo ao experimental. Temas imaxinados entre o relato vívido e a fantasía colectiva froito da certeza de que se MonoLelo é posible outros mundos tamén… e deixamos o pesimismo para tempos mellores.
Convidámosvos a vir o venres 18 á NaSantiña para escoitar as vosas propostas. Traede a vosa arte ás tabernas, expresádevos, compartide os vosos pensamentos. A poesía contra a barbarie para celebrar a chegada do outono.
Con moita alegría e ilusión, vémonos o 18 de setembro!
Ás 21:00 horas
Nasantiña, rúa da Santiña 35, Pontevedra
“Zeltia Irevire”
18
Venres/Setembro
O Folk Tribal de Zeltia Irevire abre o ciclo “Somos Música” na Peregrina
Arranca o agardado programa cultural Somos Música Pontevedra, o ciclo de concertos paralelo á Gran Final das Series Mundiais de Tríatlon. E o punto de partida non podía ser máis potente con Zeltia Irevire.
Ás 20:00 horas
Praza da Peregrina, Pontevedra.
“Antía Otero e Guadi Galego”
18
Venres/Setembro
Deputación de Pontevedra
O próximo venres tedes unha cita no Palacete das Mendoza con Antía Otero e Guadi Galego
Conversaremos sobre o proceso de creación e os temas que abordan na súa obra de creación escrita e musical no marco do proxecto Mulleres de Palabra(s)
Ás 20:00 horas
Palacete das Mendoza, Pontevedra.
“Moi”
18
Venres/Setembro
Enerxía e rock na rúa con “Moi” e o chef Pepe Solla
A música non para o venres pola noite en Pontevedra dentro do ciclo Somos Música. Despois do folk, a quenda é proxecto musical Moi.
Ás 21:15 horas
Praza de Ourense, Pontevedra.
“Boleros del Alma”
18
Venres/Setembro
Espacio CUVE
O Espacio CUVE organiza o concerto “Boleros del alma”, un percorrido polo bolero clásico e o cancionero popular hispanoamericano con Carmen Prieto acompañada á guitarra por Tito Cerda.
Información e inscricións: T. 649 683 019 / @espacio_cuve
Ás 21:00 horas
Espacio CUVE, Rúa Marín, 2, baixo Pontecaldelas
“Taller de cerámica”
19
Sábado/Setembro
Setembro é volver ao taller, reencontrarnos co barro e empezar un novo curso coas mans cheas de ganas E, coa volta, tamén regresan os nosos workshops.
Taller de cerámica (taza o bol) → 12 de setembro · 11.00 h
Duración: ata 3horas. Prezo: 68€
Todos os materiais e ferramentas están incluídos e non é necesaria experiencia previa. Podedes consultar toda a información e reservar a vosa praza a través desta ligazón
Ás 10:00 e ás 16:30 horas
Plaza de España 1, 1°.D – O.4, Pontevedra,
“Baño de son”
19
Sábado/Setembro
BAÑO DE SON · ESPECIAL EQUINOCCIO
Estamos ás portas do equinoccio de outono. Un momento do ano no que o día e a noite buscan o seu equilibrio antes de dar paso a unha nova estación e queremos aproveitalo para facer algo que non sempre nos permitimos: parar, soltar e escoitarnos. O sábado 19 de setembro atopámonos de novo en Pontebrújula xunto a Ana Shanti Sounds para compartir un Baño de Son especial Equinoccio. Unha experiencia con gong e cuncos de cuarzo para baixar o ritmo, conectar co corpo e recibir o outono desde un lugar máis consciente. Non necesitas experiencia previa. Só vir con ganas de regalarche un intre para ti. Reserva a túa praza: hola@pontebrujula.com
Ás 11:30 horas
Pontebrújula, Pontevedra,
“Ismael Ramos e María Sánchez”
19
Sábado/Setembro
Libraría Paz
Afinidades Electivas con Ismael Ramos e María Sánchez o sábado 19 na libraría Paz.
Afinidades Electivas do Ministerio de Cultura organiza encontros literarios en librerías independentes para impulsar a creación nas linguas do Estado.
Ás 12:00 horas
Libraría Paz, Pontevedra
“Icíar Serrano”
19
Sábado/Setembro
Liceo Casino
Viaxe a través do Piano con Icíar Serrano Recital didáctico: ‘Do Barroco ao Nacionalismo español’.
Un concerto de piano a través dos estilos musicais: unha viaxe evolutiva desde o Barroco seguido da estrutura clásica de Mozart e a intensidade romántica de Chopin e Brahms, ata chegar ao andalucismo estilizado propio do nacionalismo español con Albéniz. Esperámoste para desfrutar dunha velada didáctica e inesquecible!
Ás 19:00 horas
Salón noble do Liceo Casino, Pontevedra
“Hermanos Visi”
19
Sábado/Setembro
Fusión galego-cubana con Hermanos Visi na Praza de San Xosé
Os ritmos máis frescos e contemporáneos chegan o sábado co ciclo Somos Música da man do proxecto experimental dos Hermanos Visi.
Ás 20:00 horas
Praza de San José, Pontevedra.
“Helena Egea”
19
Sábado/Setembro
Para pechar a intensa xornada musical do sábado, coa actuación en directo de Helena Egea, integrada tamén na programación de Somos Música.
Ás 21:15 horas
Glorieta de Compostela, Pontevedra.
“Purple”
20
Domingo/Setembro
Como colofón final a unha gran semana musical en Pontevedra co ciclo Somos Música, A banda Purple actuará na Praza da Peregrina.
Ás 19:00 horas
Praza da Peregrina, Pontevedra.
“Ponteandadas Bora-Lérez”
20
Domingo/Setembro
Naturgaliza club de senderismo
INSCRICIÓN ABERTA….
O Concello de Pontevedra organiza a 5ª ruta Ponteandadas 2026 (BORA – LEREZ)
13 km – circular – Dificultade: – Baixa
Inscrición ata o venres 18 de Septembro ás 24h.
9,30 Quecemento con Zumba
Para calquer aclaracion no telf. 625482636 – onde tamen se poden facer os bizum de 2€ da inscricion
Ás 10:00 horas
Pavillon Municipal dos Deportes de Pontevedra
“Abraioscopio”
20
Domingo/Setembro
Concello de Pontevedra
A Gala Máxica do Abraioscopio reúne artistas de gran prestixio, gañadores de premios nacionais e internacionais, no gran espectáculo do Festival de Maxia de Pontevedra.
A maxia visual, o humor, a música en directo e as artes circenses converxen nun espectáculo cheo de ritmo, sorpresa e marabilla. Esta gala conta con actuacións que garanten a risa, momentos de grande impacto visual e escenas deseñadas para deixar ao público sen palabras.
Ás 19:00 horas
Sede Afundación, Pontevedra
“Xan Vieito”
11
Venres/Setembro
Deputación de Pontevedra
O venres 11 de setembro inauguramos no Palacete das Mendoza a exposición Eu-mar de Xan Vieito, que se poderá visitar ata o 27 de setembro
Do 11 ao 27 de setembro
Palacete das Mendoza, Pontevedra
“José Freixanes”
23
Xoves/Xullo
Museo de Pontevedra
José Freixanes, eternos son os soños. Obra pictórica 2006-2025
Comisario: Xosé Luis García Canido
José Freixanes, eternos son os soños. Obra pictórica 2006-2025 móstranos unha escolma das pinturas que José Freixanes (Pontevedra, 1953-Madrid, 2025) concluíu nos seus derradeiros vinte anos, os que transcorren entre Al final del amanecer (Casablanca, 2006), Voces de basalto negro (Damasco, 2007) e novembro de 2025, data do seu falecemento. Aquelas intervencións efémeras permaneceron como un manancial eterno ao que sempre acudiu, como unha semente que revive, se multiplica e se transforma a través dun interminable proceso de creación, preservación e destrución, que se repite circularmente.
Do 23 de xullo ao 27 de setembro 2026
Edificio Castelao. Museo de Pontevedra
“Castelao”
25
Xoves/Xuño
Museo de Pontevedra
A derradeira leición do mestre
Comisaria: Mª de los Ángeles Tilve Jar
Por primeira vez exhíbese no Museo de Pontevedra A derradeira leición do mestre, o emblemático óleo que Alfonso Daniel Rodríguez Castelao (1886–1950) pintou en 1945 para o Centro Orensano de Buenos Aires. Esta entidade fixera posible un ano antes a publicación de Sempre en Galiza, obra fundamental do seu pensamento político.
A pintura foi concibida nun contexto de forte carga política e simbólica e presentada no noveno aniversario do fusilamento de Alexandre Bóveda (1903–1936), figura clave do galeguismo e amigo persoal do artista.
Do 25 de xuño ao 27 de setembro 2026
Edificio Castealo. Museo de Pontevedra
“Iria Lombardía”
12
Venres/Xuño
Museo de Pontevedra
Infiltracións: Iria Lombardía, Mudanzas
Comisario: Iñaki Martínez Antelo
Mudanza é o título do proxecto que a artista Ira Lombardía presenta dentro do ciclo Infiltracións, iniciativa do Museo de Pontevedra para desenvolver proxectos específicos en diálogo coas súas coleccións. A artista combina fotografía, colaxe, escultura e arquitectura efémera para reflexionar sobre as nocións de domesticidade, memoria material, desprazamento e pertenza. Lombardía toma como eixe central a emigración —a histórica e a actual— para construír un proxecto que dialoga coas experiencias do tránsito, coa perda, co arraigamento e coa transformación.
Do 12 de xuño ao 25 de Outubro 2026
Edificios Castelao e Sarmiento. Museo de Pontevedra
“Vieiros de Pontevedra”
14
Xoves/Maio
Fundación Manuel Moldes
Logo dun proceso selectivo intenso polo número de participantes e pola calidade das propostas, as obras escollidas para participar xunto a Manuel Moldes en Vieiros en Pontevedra foron as de Candela Sueiro Sanisidro, Eva Díaz Vilaboa, Inés Martínez Caramés, Iria Pérez Rial, Jimena Arenas Costas, Mariña Rey Noya, Nuria Costas Fernández, Pau Ubeira Carramal e Xulia García Pintos.
A inauguración da mostra terá lugar o próximo xoves día 14 de maio. Será ás 19:00 na sede da Fundación Manuel Moldes en Pontevedra na rúa Benito Corbal 47, 8º andar (acceso por r/ Javier Puig 3).
Do 14 de maio ata setembro do 2026
Fundación Manuel Moldes, rúa Benito Corbal 47, Pontevedra
“Ruínas de San Domingos”
15
Domingo/Marzo
Museo de Pontevedra
15 de marzo ao 31 de outubro 2026
Ruínas de San Domingos, Pontevedra
Proximamente
“Foliada”
25
Venres/Setembro
A Pedreira
*Festa, cultura e identidade na Pedreira!
Após a última foliada em junho, regressamos com toda a energia para *retomar o curso e as atividades.* A Pedreira volta a ser o teu *espaço seguro e vivo para o galego,* onde partilhar o orgulho pola nossa terra e pola nossa cultura popular.
*20:00h* .- Obradoiro de Baile Solto com *Chechu Riquelme.*
*21:00h* .- Foliada com *Son da Pedra (Salcedo) e Ultreia (Compostela)*.
Traede os vossos instrumentos e a vossa voz. Vinde fazer comunidade e fazer tremer o Mercado! Viva Galiza ceive!
Ás 20:00 horas.
Mercado de Abastos Pontevedra
“Congreso de Creatividade”
8,9
Martes,Mércores/Outubro
Campus Crea
O III Congreso Internacional de Creatividade terá como eixe temático as transformacións que tecnoloxías como a intelixencia artificial están a xerar nas catro áreas que abrangue o proxecto de especialización do campus de Pontevedra: a comunicación, o deseño, a arte e a educación. Promovido polo Campus Crea, co apoio da Deputación de Pontevedra, este foro académico desenvolverase os días 8 e 9 de outubro, reunindo no seu programa conferencias, mesas temáticas e a presentación de 65 comunicacións.
Ás 09:30 horas
Campus Universitario A Xunqueira, Pontevedra
máis artigos
♥♥♥ síguenos ♥♥♥