“Jocelyne Saab”
16
Martes/Abril
Cineclube Pontevedra
Jocelyne Saab, 1974, Francia, 16 min., VOSE
LÍBANO SUR: HISTORIA DUNHA VILA ASEDIADA
Jocelyne Saab, 1976, Francia, 12 min., VOSE
OS NENOS DA GUERRA
Jocelyne Saab, 1976, Francia, 10 min., VOSE
EXIPTO: CIDADE DOS MORTOS
Jocelyne Saab, 1977, Líbano, 35 min., VOSE
[Lingua: francés, árabe e inglés]
As primeiras tres pezas desta sesión céntranse na resistencia palestina no sur do Líbano. Nelas, a directora retrata e dálles voz aos habitantes das aldeas fronteirizas de Hanine e Kfarchouba logo de seren atacadas por sirios e israelís en 1976, ás combatentes palestinas e ás crianzas dun barrio beirutí días despois da masacre de Karantina en 1976.
Na cuarta peza, de 1977, Saab retrata a Cidade dos Mortos, un camposanto habitado por vivos nos arrabaldes do Cairo, para a partir dela mostrar a masificación e a miseria dos populosos barrios cairenses, ameazados día a día pola pasividade das autoridades.
Ás 20:30 horas
Teatro Principal, Pontevedra
“Fina Casalderrey”
18
Xoves/Abril
A Asociación Galega do Libro Infantil e Xuvenil (Galix) foi a encargada de elaborar para o Concello de Pontevedra unha exposición sobre a escritora Fina Casalderrey.
A exposición, inaugurarase o vindeiro 18 de abril, nun acto que comezará ás 12 da mañá e no que estará presente a autora.
A mostra, escrita por María Lado e ilustrada por Nove Noel, leva por título ‘Fina Casalderrey: medrando entre historias’ e está composta por 20 paneis que narran o seu percurso vital e literario.
Son as propias palabras de Fina as que serven de fío condutor da exposición, ao destacar declaracións e anécdotas que ofreceu en diferentes ocasións e medios ao longo da súa carreira.
Praza da Ferrería, Pontevedra
“Secretos de un probador”
18
Xoves /Abril
Granero Delmás
O Deseñador de Alta Costura Manu Sánchez presenta o seu libro “Secretos de un probador” o próximo día 18 de Abril na Sala de Exposicións do Granero Delmás de Pontevedra @granerodelmas. Ao finalizar, terá lugar unha cata de viño da Adega Santiago Roma Martínez.
Ás 19:00 horas
Galerías da Oliva nº15-2ºbis. Pontevedra
“Primavera do decrecemento”
18
Xoves /Abril
Con entrada libre ata completar a capacidade da sala, a programación desta Primavera do Decrecemento continúa nesta xornada co faladoiro ¡Aquí non hai quen viva! Acceso á vivenda e decrecemento, na cervexaría Nasa. Coa participación do antropólogo Juan Rodríguez Medela e do Sindicato de Inquilinas de Vigo-Tui-Baixo Miño e moderado polos investigadores Víctor Sánchez e Alejandro Fortuny, neste coloquio exporase o escenario do acceso á vivenda actual en Pontevedra.
Cervexería Nasa Travesía da Galera, 6,Pontevedra
“Taller de saúde mental”
18
Xoves /Abril
ASAEXS
ASAEXS (Asociación do Alumnado e Exalumnado Sénior da Universidade de Vigo – Campus Pontevedra) organiza una conferencia : “Saúde mental”
Conferenciante: Prof. José Luis Buceta Hazas, enfermero especialista en Salud mental
Ás 19:30 horas
Casa das Campás, Pontevedra
“Jesús Carrasco”
18
Xoves/Abril
Librería Cronopios, Pontevedra
Encontro lectos con Jesús Carrasco que presenta o seu libro “Elogio de las manos”.
No ano 2011, o narrador desta novela e a súa familia chegaron, dun modo azaroso, a unha vivenda case en ruínas situada nun pequeno pobo do sur de España. Un acordo co propietario permitiríalles facer uso dela mentres el atopaba financiamento para construír alí uns apartamentos. Era só #cuestión de tempo que a casa fose derrubada. Con todo, durante os anos seguintes, pasaron longos períodos nela, reparándoa coas súas propias mans, transformándoa nun acolledor lugar de encontro e celebración.
Ás 20:00 horas
Librería Cronopios, Pontevedra
“Brokeback Sabucedo”
18
Xoves/Abril
SAL DO TEATRO presenta un espectáculo de temática LGTBIQ+ no ámbito rural de Galicia, concretamente na celebración da Rapa das Bestas de Sabucedo.
Un texto de Santiago Telmo e Carlos Losada. Interpretado por Borja Salgado e Santiago Telmo. Dirixido por Rocío Romero e con Álex Sobrino no espazo escénico (iluminación, audiovisuais e son), sendo a escenografía e o vestiario ideados pola propia compañía.
Roi e Rafa son dous antigos amigos da infancia que se atopan na Rapa das Bestas en Sabucedo logo de moitos anos, Roi marchou a vivir a Madrid e Rafa segue a vivir na vila. De pequenos eran moi amigos pero foron distanciándose polas circunstancias da vida. No seu encontro en Sabucedo comezan a aflorar outro tipo de sentimentos que estaban ocultos, e dunha amizade comeza a xurdir unha paixón.
Brokeback Sabucedo é un canto á diversidade, unha homenaxe a tradición galega e unha crítica á enerxía eólica.
Duración 65 min.
Ás 10:30 horas
Teatro principal. Pontevedra
“Drink & Draw”
19
Venres/Abril
Galería Tangram
De 18:30 a 20:30 horas
Rosalía de Castro, 32, Pontevedra
“Tabiba”
19
Venres/Abril
Ateneo de Pontevedra
Ás 19:00 horas
Edificio Castelao do Museo de Pontevedra
“Os vagalumes de Mari”
19
Venres/Abril
Libraría Paz
Alba Miguez e Damián Gómez Figueiras presentan o seu cómic!
XERAI
Ás 19:30 horas
Libraría Paz, Pontevedra
“Color y vida”
19
Venres/Abril
O Palacete das Mendoza abre ao público este venres, 19 de abril, a exposición “Color y vida”, na que a pintora pontevedresa Soco Vara de Rey recompila as súas pinturas na busca da cor e “da forma do meu verdadeiro eu”. A mostra poderá visitarse na sede de Turismo Rías Baixas, ata o vindeiro 5 de maio.
Como explica a o propia artista, a súa obra actual xorde tras un período de cinco anos sen pintar. Un cambio na súa vida impulsouna a retomar os pinceis e encher os seus cadros de cores. Desta maneira, para crear as súas obras prepara o soporte cunha base de cor e despois “deixa fluír” o pincel ao ritmo da súa imaxinación e sentimento, algo que se pode observar en cada un dos cadros da mostra.
Palacete das Mendoza, Pontevedra
“Pesadelo antes do Nadal”
19
Venres/Abril
Vicerreitoria do campus de Pontevedra
Ás 19:00 horas
Casa das Campás Pontevedra
“Taller de cerámica”
20
Sábado/Abril
Galería Tangram
De 17:00 a 20:00 horas
Rosalía de Castro, 32, Pontevedra
“Concerto solidario”
20
Venres/Abril
Orquestras infantil e Xove da Sinfónica de Pontevedra
CONCERTO SOLIDARIO ofrecido polas orquestras infantil e xove da Sinfónica de Pontevedra a favor de Mans Unidas.
Ás 19:00 horas
Pazo da cultura, Pontevedra
“Gorka Benítez”
20
Sábado /Abril
Teatro principal
Os primeiros instrumentos que tocou Gorka Benítez eran do folclore vasco, pero o inicio da súa formación no Conservatorio de Bilbao e o seu traslado a Barcelona, Badalona e posteriormente tres anos en Nova York (grazas a unha bolsa que lle permitiu estudar no Harbor Performing Arts Center e a Mannes School of Music), consagrárono como un dos nosos saxofonistas máis solicitados. En América foi tamén onde formou os seus propios tríos que interpretaron as súas composicións.
Ás 21:00 horas
Teatro principal. Pontevedra
“PonteAndadas”
21
Venres/Abril
Concello de Pontevedra
O Concello de Pontevedra organiza o domingo 21 de abril a 1ª ruta Ponteandadas 2024… con saída e chegada á Igrexa de Sto. André de Xeve.
13 km circular
Dificultade media/baixa.
Inscrición aberta ata o 19 de abril ás
14h.
9,30 quecemento con Zumba
(Mais información no cartel adxunto o no telf. 625482636)
Ás 10:00 horas
San Andrés de Xeve, Pontevedra
“Orgasmos”
21
Domingo/Abril
Afundación Pontevedra
“Orgasmos, la comedia” é unha comedia de éxito que atraeu a máis de 300.000 espectadores e programadas durante máis de 5 anos en grandes cidades como Madrid e Barcelona, e no Teatro Gran Vía e Club Capitol, respectivamente. Hemos empezado a xira por España este ano, ¡No vola podedes perder!
“Orgasmos, la comedia” éh una comedia que trata as diferencias entre homes e mulleres e aa convivencia en parella. Se remonta dende Adán e Eva ata a actualidade. Unha boa maneira de ver que aínda que haxa unha guerra de sexos, estos sempre acaban por ser o mellor complemento o un para o outro. En resumo, un auténtico manual de autoaxuda para enfrentarse aos retos de vivir en parella, que non son poucos.
Ás 18:30 horas
Auditorio Sede Afundación. Pontevedra
“Berta Cáccamo”
12
Venres/Abril
Museo de Pontevedra
Inauguración da exposición ‘Berta Cáccamo. Correspondencias de arquivo’, O venres 12 de abril ás 19:30 h, no Edificio Castelao do Museo de Pontevedra (rúa Padre Amoedo, 3).
Do 12 de abril ao 9 de xuño 2024
Do 12 de Abril ao 9 de xuño 2024
Museo de Pontevedra
“Simón Callery”
14
Xoves/Marzo
Facultade de Belas Artes
A Sala Universitaria Profesor Manuel Moldes acolle a inauguración da exposición The making of a painting / Facer unha pintura, na que se presentan os resultados do proxecto realizado polo pintor inglés Simon Callery xunto cun grupo de estudanes da Facultade de Belas Artes. Promovida coa colaboración da Vicerreitoría do campus e do Departamento de Pintura da UVigo, trátase dunha exposición comisariada por Elena Bangueses, que presenta os resultados dun traballo feito na paisaxe da contorna de pontevedra, en colaboración cos estudantes Goa Vázquez, Julio Catalán, Álex Fuertes, Diego del Río e Cristina Rus.
Do 14 de marzo ao 30 de abril 2024
Sala Universitaria Manuel Moldes, Pontevedra
“Castelao”
7
Xoves/Marzo
Museo de Pontevedra
O Museo abre o programa expositivo de 2024 coa mostra ‘Castelao: o retorno a Galicia, 1984. Xan Carballa, fotografías’, comisariada por Xosé Enrique Acuña. Esta exposición, que conmemora o 40 aniversario da chegada a Galicia dos restos mortais de Alfonso Daniel Rodríguez Castelao, artéllase arredor da crónica fotográfica daquel 24 de xuño de 1984 realizada polo fotógrafo e xornalista Xan Carballa. Incorpora tamén obra artística de Castelao, fotografías, documentación e prensa da época para contextualizar os anos de exilio do intelectual galeguista.
Do 7 de marzo ao 2 de xuño 2024
Museo de Pontevedra
“A nosa arte”
29
Xoves/Febreiro
Café Moderno Pontevedra
A exposición itinerante A NOSA ARTE permitirá que todos os galegos e galegas poidan descubrir de primeira man un dos aspectos máis descoñecidos do Parlamento como é a súa colección de arte. Ao longo dun amplo percorrido, que a transportará polas principais cidades e vilas de toda a xeografía galega, esta mostra exhibirá pezas particularmente significativas da arte contemporánea de Galicia. Unha retrospectiva selecta para dar conta da importancia que este tipo de práctica ten como expresión da pertenza a Galicia.
Do 29 de febreiro ao 25 de maio 2024
Café moderno, Pontevedra
Xa podes anotarte
“Almeida e amigos en concerto”
23
Martes/Abril
Museo de Pontevedra
O Museo de Pontevedra acolle a sétima edición do concerto Gustavo Almeida & amigos, no que se mesturan música e poesía. O cantante e compositor brasileiro estará acompañado no escenario da súa banda, do portugués Filipe Gonçalves e dos brasileiros Nathy Faria e Rodrigo Almeida, pola parte musical, e das escritoras Vicky Estévez e Elisabeth Oliveira, pola parte poética.
O concerto é de balde e con capacidade limitada, polo que cómpre reservar praza en reservas.museo@depo.gal antes do 23 de abril ás 14 h. Cada persoa pode reservar ata dúas prazas e deberá indicar un número de teléfono de contacto.
Ás 19:00 horas
Museo de Pontevedra
“Do silencio a emoción”
25
Xoves/Abril
Afundación Pontevedra
CICLO DEL SILENCIO A LA EMOCIÓN III – Programa 2 – Octeto de Schubert Pontevedra .
CAMERATA ARVEN
PROGRAMA 2
Octeto de Franz Schubert en fa maior, D. 803
Do silencio á emoción é unha serie de concertos en colaboración con Afundación que invitan a escoitar música clásica desde un punto de vista diferente, rompendo barreiras e integrando diferentes artes escénicas. Ao comezo, resumirase a historia das obras do concerto, facilitando a escoita, permitindo que o público participe e se achegue á orquestra.
Ás 20:30 horas
Auditorio Sede Afundación. Pontevedra
“El novio de España”
26
Venres/Marzo
Afundación Pontevedra
EL NOVIO DE ESPAÑA de Juan Carlos Rubio
1 h 40 min | castelán | NRM 12
DIRECCIÓN Juan Carlos Rubio
DIRECTOR MUSICAL Julio Awad
ELENCO Christian Escuredo, Dídac Flores, Carmen Raigón, Marta Valverde
PRODUCIÓN TXALO, OLYMPIA METROPOLITANA, PENTACIÓN
«Que foi dos nosos exiliados? Quen puideron ou quixeron volver á súa terra? Quen non?»
Estamos no 1952, tras a Guerra Civil, os exiliados políticos non poden volver.
O recoñecido cantante vasco Luis Mariano está a rodar un musical que protagoniza canda Carmen Sevilla. Os dous teñen unha entrañable amizade que non pode converterse en amor polas preferencias sexuais del. Mais Luis está disposto a “heterosexualizar” a súa imaxe, pedíndolle á actriz casaren. Ten unha poderosa razón: os seus pais, republicanos exiliados, queren regresar ao país. E se para que Franco llo permita, ten que renunciar a si mesmo, farao. Carmen négase a participar nun matrimonio por comenencia, mais axudarao. O 18 de xullo, nunha festa de Franco, é o momento perfecto.
Ás 20:30 horas
Auditorio Sede Afundación. Pontevedra
“Eugene Chadbourne & Schroeder”
27
Sábado/Abril
Museo de Pontevedra
Eugene Chadbourne é un referente internacional do free jazz, da improvisación e da música alternativa. Nacido en Mount Vernon (Nova York) en 1954, está en activo desde mediados dos anos setenta como guitarrista e banxista; ten publicado máis de 150 discos en solitario desde 1975 ata hoxe e colaborado con grupos e artistas da altura de John Zorn, Camper Van Beethoven, Jello Biafra, Turbonegro, They Might Be Giants e Violent Femmes, entre moitos outros.O concerto é de balde e con capacidade limitada, polo que cómpre reservar praza en reservas.museo@depo.gal antes do 26 de abril ás 14 h. Cada persoa pode reservar ata dúas prazas e deberá indicar un número de teléfono de contacto.
Ás 19:00 horas
Museo de Pontevedra
“Aquí…Supercentrau”
27
Sábado/Marzo
Afundación Pontevedra
Joaquín Pajarón “Aquí…Supercentrau” Pontevedra .
O humorista Joaquín Pajarón, icona na comedia asturiana contemporánea, desembarca en Vigo e Pontevedra co seu último monólogo “Aquí…Supercentrau”. Un espectáculo de case dúas horas de duración cargado de situacións cotiás, experiencias vitais e reflexións sobre o mundo levadas sobre as táboas a través da hilarante narración do “showman” ovetense.
Tras o éxito de “En demasía”, espectáculo co que visitou cidades como Oviedo, Madrid, Santander, Bilbao, León, Pamplona, Xixón, Pontevedra ou Zamora, Joaquín Pajarón trae a Vigo e Pontevedra a súa nova creación, “Aquí… Supercentrau», un espectáculo de humor baseado no formato “stand up comedy”, no que o cómico conecta desde o minuto uno co público, para contaxiarlles risas nunha escenificación que non esquece o toque asturiano en cada detalle
Ás 20:30 horas
Auditorio Sede Afundación. Pontevedra
máis artigos
♥♥♥ síguenos ♥♥♥