Aurora Marco

“Aurora Marco” 

15

Luns/Decembro

Fundación Luis Tilve

Presentación do libro “María Vázquez, a mestra eliminada polo franquismo” de Aurora Marco.

Participan ademais da autora, Roxelio Pérez Poza, secretario da Fundación Luis Tilve, Iván Puentes Rivera, secretario xeral da Agrupación Socialista de Pontevedra, Henrique Alvarellos, editor

Ás 19:30 horas
Paraninfo do IES Valle Inclán, Pontevedra
Elas crean

“Elas crean” 

15

Luns/Decembro

Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte

A Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte acolle a exposición Elas crean, conformada por unha serie de paneis informativos que abordan a traxectoria e obra de diferentes artistas plásticas, fotógrafas, cineastas e deseñadoras.Promovida polo Campus Crea, co apoio da Unidade de Igualdade da Universidade de Vigo, a mostra percorre nestees meses diferentes centros do campus, podendo visitarse neste centro ata o 20 de Xaneiro 2026.

Do 15 de Decembro ao 20 de Xaneiro 2026
Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte, Pontevedra
dia internacional do neno migrante

“Día internacional do neno migrante” 

16

Martes/Decembro

Universidade de Vigo

Con motivo da conmemoración do Día Internacional do Neno Migrante, a Facultade de Fisioterapia acolle un vídeo fórum centrado no documental Adeus vista dos meus ollos. Promovida pola profesora da Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte Martina Ares, xunto co Máster en Necesidades Específicas de Apoio Educativo e a Comisión PEA-Unesco deste centro, trátase dunha actividade aberta ao público, que contará coa participación de Marisa Moreda, directora dun documental que pretende dar voz ao alumnado migrante.

Ás 11:00 horas
Facultade de Fisioterapia, Pontevedra
Raquel Piñeiro

“Raquel Piñeiro” 

16

Martes/Decembro

Fundación Manuel Moldes

 A Realidade na Ficción: Raquel Piñeiro

A xornada centrarase en como o territorio e a historia se reflicten (ou inventan) no audiovisual coa obra ‘Un país en la pantalla. España a través del cine y las series’.

A autora: Raquel Piñeiro Portela é xornalista e escritora. Especializada en cultura, cine e gastronomía, ten publicado en cabeceiras de prestixio como Vanity Fair, El País, Condé Nast Traveler ou Elle.

De 19:00 horas
Fundación Manuel Moldes, Benito Corbal, Pontevedra 
quen dixo medo?

“Mariví Véliz” 

17

Mércores/Decembro

Facultade de Belas Artes
Mariví Véliz @mariviveliz estará dando esta marabilla de charla “Quen dixo medo? Espiritualidade e xénero nas artes visuais do século XXI en Centroamérica” o vindeiro mércores 17 de decembro ás 16 h no Espazo 22 da Facultade de Belas Artes
Non a perdades!
Ás 16:00 horas
Espazo 22 da Facultade de Belas Artes, Pontevedra
derribando mitos

“Derribando mitos” 

17

Mércores/Decembro

Avante LGTB+ Pontevedra

Hoxe celebramos o Día de Acción conta VIH, porque segue a ser necesario loitar contra a estigma e informar. Actualmente a infección polo VIH contrólase por tratamento e nas persoas que o seguen o virus é indetectable e intransmisible. O que se segue a detectar e a transmitir son os prexuízos e por iso temos que seguir traballando. Se queres saber máis sobre o VIH achégate á Casa das Campás o vindeiro día 17 ás 19,00 h, onde estarán os nosos compas Hadrián Pernas e Erik Barrio.
Ás 19:00 horas
Casa das Campás, Pontevedra
Marcelo Dobode

“Marcelo Dobode” 

17

Mércores/Decembro

Escola Danzamos, Pontevedra

Gala Danza tradicional con Marcelo Dobode. O mércoles ás 19:00 horas haberá un aula aberta na Escola Danzamos.
Reserva xa a túa praza: 658 937 556
Ás 19:00 horas
Escola Danzamos, Galerías Oliva, Pontevedra
orquesta de saxos

“Orquesta de Saxos de Redondela” 

17

Mércores/Decembro

UNED Pontevedra

Gala musical navideña coa Orquesta de Saxos de Redondela.
A Orquestra de Saxos de Redondela fundouse a principios da década dos 90 do pasado século. Nun principio resultou difícil, aínda que tras un parto complexo o proxecto cobrou cada vez máis peso e con moita dedicación e esforzo mantense na actualidade, fiel aos seus principios. As características desta orquestra son as que a fan diferente, xa que é unha asociación sen ánimo de lucro, que dedica toda a súa enerxía á formación e axuda, non só dos seus integrantes senón tamén favorecendo a formación doutros mozos con inquietudes musicais que non contan con recursos.
Ás 19:00 horas
Auditorio da UNED, Pontevedra
Exposición na Fonda

“Cronofitti” 

17

Mércores/Decembro

Mambo Gallery

Inauguración da exposición de Mambo Gallery no restaurante La Fonda Cronofitty
Ás 19:00 horas
Restaurante La Fonda rúa Isabel II Pontevedra
maravallada

“Cantar a Nación” 

17

Mércores/Decembro

Maravallada

Este mércores, Aniversario do noso Himno Galego, conmemórase en cada provincia diferentes celebracions, e aquí, en Pontevedra, ás 20hr estaremos na Praza da Verdura para cantalo todos xuntos! Achegádevos! 

Grupo Maravallada.
Ás 20:00 horas
Praza da verdura, Pontevedra
Resonancias

“Merino e Eladio y los seres queridos” 

17

Mércores/Decembro

Concello de Pontevedra

Ciclo Resonancias, unha proposta que nace en Pontevedra para servir de conexión entre creadores artísticos e a saúde mental. Actuarán Merino e Eladio e los seres queridos, que conversarán con Rosana Corbacho, psicóloga clínica especializada na industria musical.

“Cremos que este proxecto é algo realmente necesario e que pode enviar unha importante mensaxe ás persoas que padecemos situacións relacionadas coa saúde mental”, destacou Roi Grandío, coordinador deste ciclo Resonancias. Pontevedraviva.

Ás 20:00 horas
Liceo Casino, Pontevedra
Juan Alvés

Juan Alvés” 

17

Mércores/Decembro

El Chato bar

Este Mércores 17 ás 20:30h prepárate para unha experiencia co sumiller Juan Alvés, desandando o camiño de Santiago
Juan sempre estivo ligado ao mundo da hostalería. Unha cervexaría familiar con fabricación propia, un hotel ou o mundo da distribución. Durante 8 anos traballou como catador para Pepe Vieira (cociña galega de vangarda con dúas Estrelas Michelín) cunha incursión no Celler de Can Roca (cociña tradicional catalá con tres @Estrella Michelín). Ninguén mellor que Juan para entender o traballo dun catador.
Prazas moi limitadas, non te quedes fóra! Reserva xa en  info@jack-jack.es  Prezo 25 Euros
Ás 20:30 horas
El Chato bar rúa Don Gonzalo 11, Pontevedra 
final do cuatrimestre

“Bye cuatri” 

18

Xoves/Decembro

Facultade de Belas Artes

Terminase o cuatrimestre e por ese motivo estamos a organizar un pequeno evento. O xoves 18 de decembro, acompañaremos ao mítico mercadillo de delega con un poco de entretemento. Así lle damos un pequeno peche ao cuatri e nos divertimos un pouco tras as últimas entregas do ano!

Comezaremos as 10:00am co mercadillo navideño (se queredes participar as bases están no qr ou na link da bio de @bbaadelega), o mercadillo será no Abrigo e no patio interior da Facultade de Belas Artes de Pontevedra.

Ao peche do mercadillo realizaranse dous concertos comezando as 5:00pm, o primeiro de @manuelgmeijide e o segundo de @eliasrionegro

Para terminar co día pensamos en deixar o micrófono aberto, é dicir, o equipo de son quedará a vosa disposición para quen lle apeteza cantar, falar, recitar, tocar algún instrumento… poida sentirse libre de facelo, terminando ás 8:30pm.

 

Ás 10:00 horas
Sala O Abrigo e patio interior de BBAA, Pontevedra
las trampas de la pornografía

“Las trampas de la pornografía” 

18

Xoves/Decembro

Ateneo de Pontevedra

Presentación do libro “As trampas da pornografía”, presenta Sara Torres, profesora da UVIGO, intervirán, Lola Varela e Xaime Toxo.

As autoras: Amada Traba, Priscila Retamozo e Chis Oliveira

Ás 19:00 horas
Casa das Campás, Pontevedra
superestar

“Superestar” 

18

Xoves/Decembro

Premios Feroz

Seguimos co ciclo ‘Nomeados Premios Feroz 2026’, coa proxección e o coloquio posterior dalgúns dos títulos nomeados:
Superestar’, coloquio co seu creador, Nacho Vigalondo, e as actrices Ingrid García-Jonsson e Rocío Ibáñez.
As entradas a todas as sesións son gratuítas previa retirada de localidades na oficina de Turismo da Praza de España de Pontevedra, desde sete días antes de cada actividade e ata completar o aforo. Máximo 2 entradas por persoa. 
Ás 19:00 horas
Teatro Principal, Pontevedra
lectura de textos Castelao

“Lectura de textos de Castelao” 

18

Xoves/Decembro

Afundación

Esta quinta temos a toda uma referente na cultura musical galega, a Sés que vai estar falándonos e firmando o seu novo livro-disco Nadando na incerteza
Ás 19:30 horas
Café Moderno, Pontevedra
Ses na pEDReira

“Sés” 

18

Xoves/Decembro

CS A Pedreira

Esta quinta temos a toda uma referente na cultura musical galega, a Sés que vai estar falándonos e firmando o seu novo livro-disco Nadando na incerteza
Ás 19:30 horas
CS A Pedreira rúa Serra, Pontevedra
conversas no segundo andar

“Mondra, Teresa Tresandi e Nuno Pico” 

18

Xoves/Decembro

Concello de Pontevedra

Volven as Conversas do Primeiro Andar! 
O vindeiro 18 de decembro, ás 20h, celebramos unha nova edición con Mondra, Teresa Tresandi e Nuno Pico, moderada por Alex Espiño 
Ven compartir ideas, risas e boa conversa. Agardámoste! 
Ás 20:00 horas
Primeiro andar do Mercado de Pontevedra
cata taller

“Cata-taller de Cócteles” 

18

Xoves/Decembro

Mímate

¡Esto non o vas querer perder!  ¡Abrimos inscricións!
𝗖𝗔𝗧𝗔/𝗧𝗔𝗟𝗟𝗘𝗥 𝗗𝗘 𝗖Ó𝗖𝗧𝗘𝗟𝗘𝗦
Prezo:20€/persoa. Importante facer a reserva antes do día do evento. Prazas limitadas.
Onde facer a reserva: Na propia tenda. No teléfono 685 487 498
Aprenderás a facer os teus propios cócteles dunha forma divertida e con un profesional na materia 
¡Non perdas esta nova experiencia no noso local!

Ás 20:15 horas
Mímate, rúa Real 13, Pontevedra
1941

“1941” 

19

Venres/Decembro

Vicerreitoría da UVIGO

A sala de conferencias da Casa das Campás acolle a proxección de 1941 (1979), de Steven Spielberg, nunha nova sesión do ciclo de cinema Dulce bellum inexpertis, dirixido a afondar nos efectos e consecuencias das guerras a través de filmes de diferentes xéneros. Promovido pola Vicerreitoría do campus coa colaboración do Concello de Pontevedra, abrangue sete proxeccións, abertas a toda a cidadanía, entre os meses de novembro e xaneiro.

Ás 19:00 horas
Casa das Campás, Pontevedra
yakarta

“Yakarta” 

19

Venres/Decembro

Premios Feroz

Seguimos co ciclo ‘Nomeados Premios Feroz 2026’, coa proxección e o coloquio posterior dalgúns dos títulos nomeados:
“Yakarta’, coloquio co seu creador, Diego San José, e a actriz Carla Quílez.
As entradas a todas as sesións son gratuítas previa retirada de localidades na oficina de Turismo da Praza de España de Pontevedra, desde sete días antes de cada actividade e ata completar o aforo. Máximo 2 entradas por persoa. 
Ás 19:00 horas
Teatro Principal, Pontevedra
Debuxar coa luz

“Debuxar coa Luz” 

19

Venres/Decembro

Museo de Pontevedra

O próximo venres 19 de decembro ás 19:00 h inauguramos nova expo: ‘Debuxar coa luz. A fotografía en Pontevedra no século XIX’.
Unha exposición que pon o foco naqueles que nos primeiros anos da fotografía construíron a memoria visual da cidade.
Do daguerrotipo á revista ilustrada, pasando pola ‘carte de visite’, a paisaxe urbana, o rexistro patrimonial e a fotografía científica, os fotógrafos que traballaron na Pontevedra do século XIX foron testemuñas e protagonistas da súa transformación.
Ata o 5 de Abril 2026
Edificio Castelao do Museo de Pontevedra
Paula cheshire

“Paula Cheshire” 

19

Venres/Decembro

Libraría Paz

Presentación das últimas publicacións de Paula Cheshire, conversará con Marta Carril
Ás 19:00 horas
Libraría Paz, Pontevedra 
Gala de Nadal

“Gala de Nadal” 

19

Venres/Decembro

CMUS Manuel Quiroga

Gala de Nadal da CMUS Manuel Quiroga o venres 19 no Pazo da Cultura ás 19:30 horas
Entrada de balde.
Ás 19:30 horas
Pazo da Cultura, Pontevedra 
Milagros Bará

“Revista nº 27 da A.V.V. San Roque” 

19

Venres/Decembro

A. V. V. San Roque

Acto de presentación da revista nº 27 da Asociación de veciños de San Roque.
Correrá a cargo da periodista Milagros Bará.
Ás 20:00 horas
Local social de San Roque, Pontevedra
Begoña Garcia Alen

“Begoña Gª-Alén e Juan F. Navazas” 

19

Venres/Decembro

Liceo Mutante

Begoña García-Alén, artista plástica, e Juan F. Navazas, profesor de inglés, presentan o seu novo fanzine: “5 Bloques de Mística a Revisar”.
Para esta noite de gala as autoras contarán coa colaboración de Adrián Estévez, primeira liña/porteiro de fútbol gaélico e performer POP, que fará preguntas e artellará reflexións perfectamente comprensibles para o disfrute do público reunido.
Haberá copias á venda, en fantásticos packs con sorpresas moderadamente excitantes, e despois das conversas, as elegantes protagonistas picarán discos mirando de aniquilar calquera tipo de “groove” ou “swing” ao inseriren entre cancións prólogos, epílogos e comentarios en xeral a través da megafonía alí disposta.
Ás 20:30 horas
Liceo Mutante, Pontevedra
poesia e microrrelato

“Poesía e microrrelato” 

19

Venres/Decembro

Poesía e Microrrelato Pontevedra

POESÍA E MICRORRELATO PONTEVEDRA:
O 19 de decembro novo encontro para despedir ao 2025, sempre da man da POESÍA.
Laura Casal Tizado, Lara Expósito, Elisabeth Oliveira e Nila A. Pousa.
Ás 20:30 horas
Cafetería O Forno, rúa Riestra 16, Pontevedra
taller de arte

“Taller de Arte” 

20

Sábado/Decembro

Taller Abierto, Pontevedra

A Fundación Moldes desenvolverá o sábado 20 un taller para nenos e nenas de 6 a 12 anos centrados na obra de Manuel Moldes onde se poderán coñecer os principais trazos do seu estilo e algunhas das obras fundamentais da súa carreira. O fío condutor será a exposición Moldes dende a figura a través da cal os/as participantes trasladaranse ao universo do artista pontevedrés e coñecerán as súas motivacións e temas predilectos. Se estás interesada/o, podes inscribirche por whatsapp no 617 340 323 Sábado 20 De 11.30 a 13.00

Ás 11:30 horas
Fundación Moldes, Benito Corbal, Pontevedra
Salvador Amor

“Salvador Amor” 

20

Sábado/Decembro

Fundación Cuña Casasbellas

A Fundación Cuña-Casasbellas. Fabulario Novo-Hipofanías, ten a satisfacción de convidarlle ao recital poético musical do cantor e poeta arxentino, Salvador Amor (guitarra e textos) Terá lugar este sábado, 20 de decembro, ás 19,00h, En Sala VerSus da Fundación Cuña-Casasbellas (c/ Gerardo Álvarez Limeses, nº 12 – Pontevedra).

Ás 19:00 horas
Fundación Cuña-Casasbellas (c/ Gerardo Álvarez Limeses, nº 12 , Pontevedra
Festa de Nadal

“Festa de Nadal” 

20

Sábado/Decembro

Avante LGTB+ Pontevedra

Se celebras o Nadal, o solsticio de inverno, o fin de ano, as vacacións ou simplemente que calquera escusa é boa para xuntarnos e facer comunidade, esta é a túa! O 20 de decembro a partir das 20.00 horas estaremos nos soportais de La Hormiga para facer un brinde poles que estamos e por quen xa non está con nós. Podes traer un petisco, se che apetece compartir. Faremos sorteos de Cestas Cuir con agasallos ben maricas. E, preparade a gorxa que haberá que cantar co coro queer “SenDcoro”. Non vos parece un planazo!!!! Vivan as festas cuir coa familia elixida!

Ás 20:00 horas
La Hormiga no Campillo, Pontevedra
Concerto de Nadal

“Concerto de Nadal” 

20

Sábado/Decembro

Concello de Pontevedra

A Coral Polifónica de Pontevedra, en conmemoración do seu centerario, ofrece un Concerto de Nadal na Igrexa de San Francisco.

Ás 20:30 horas
Igrexa de San Francisco, Pontevedra
Carlos Núñez

“Carlos Núñez” 

20

Sábado/Decembro

Concello de Pontevedra

Estamos felices de anunciar o noso concerto de Nadal no Pazo da Cultura de Pontevedra.
Será o sábado 20 de decembro ás 21:00 h.
Agardámosvos!
Podedes conseguir xa as entradas en carlosnunezentradas.com
Ás 21:00 horas
Pazo da Cultura, Pontevedra
Mercadillo solidario

“Mercadillo solidario” 

20,21

Sábado, Domingo/Decembro

Liceo Mutante

Esta fin de semana tedes una cita no Liceo Mutante. O sábado 20 e domingo 21 de decembro, coas nosas amigas de Pontevedra por Palestina, montamos un Mercadiño. Todo o diñeiro irá para familias palestinas. Non só se trata de recadar cartos. Estaremos xuntas durante dous días para falar, compartir experiencias e coñecementos, discutir novos movementos e accións. E gritar: Non ao xenocidio do pobo palestino!
Pola resistencia e a solidariedade
O sábado 20, a partir das 17h, a nosa compa Lira manterá un micro aberto de escritoras palestinas.
E o domingo 21 ás 18h teremos unha proxección. Ici et ailleurs (1976), Grupo Dziga Vertov, 53 minutos
Sábado e domingo 
Liceo Mutante. Rúa de Afonso XIII, 9 , Pontevedra
Xogar xogar

“Xogar por xogar” 

20,21

Sábado, Domingo/Decembro

Concello de Pontevedra

Xogos de carta en boa compañía! Xogos de sempre: brisca, escoba, tute, chinchón e cinquiño. 
Propoñémosvos: compartir o tempo con amizades e coñecer nova xente, pasalo ben e un pouquiño de rivalidade. Unha escusa perfecta para non quedar na casa. Ídevos-lo a perder?
 Agardámosvos, o 20 e 21 de decembro, no Pazo da Cultura.
 Inscricións: apuntate.pontevedra.gal  // Telf 651 720 350
No propio Pazo da Cultura (media hora antes do inicio dos xogos)
A xuntanza abre a porta do programa Cartas no Rural da Concellería de Benestar Social que no 2026 traerá novas citas
Sábado ás 17:00 horas Domingo ás 11:00 horas
Pazo da Cultura, Pontevedra
Do final ao comezo

“Do final e do comezo” 

12

Venres/Decembro

Facultade de Belas Artes

Exposición que cada ano reúne no Pazo da Cultura unha escolma de obras nacidas como traballos de fin de grao (TFG) na Facultade de Belas Artes.
Do 12 de Decembro ao 11 de xaneiro 2026
Pazo da Cultura, Pontevedra
dornas

“Enrique Cervera-Mercadillo” 

11

Xoves/Decembro

Liceo Casino

A beleza da paisaxe Cheega a nosa Sala de Exposicións.

Do 11 ao 24 de decembro, desfruta de “Dornas y otros paisajes”, a nova exposición de Enrique Cervera-Mercadillo.

Inauguración: 11 de diciembre ás 20:00 h

Horario: de luns a sábado, 10:00–22:00 h. 
Do 11 ao 24 de Decembro
Liceo Casino de Pontevedra 
expo kentada

Novas miradas” 

11

Xoves/Decembro

KENTADA

Presentamos cartel expoo!!! 11 DE DECEMBRO 2025 exposición colectiva fotográfica de novos artistas contemporáneos que seguen en formación. Formada por artistas de diferentes puntos de España! Non volo perdades
Do 11 de Decembro
Rúa da Barca 14, Pontevedra
Expo n fundación Moldes

“Moldes dende a figura” 

11

Xoves/Decembro

Fundación Manuel Moldes

Inauguración da exposición “Moldes dende a figura” o xoves 11 de Decembro ás 19:00 horas na sede da Fundación na rúa Benito Corbal 47.
Poderase visitar Xoves e venres de 18:00 a 21:00 horas e sábado de 12:00 a 14:00 e de 18:00 a 21:00 horas.
Do 11 de Decembro a Marzo do 2026
Fundación Manuel Moldez, Benito Corbal 47, Pontevedra
expo por Gaza

“Heart of Gaza” 

10

Mércores/Decembro

Biblioteca pública de Pontevedra Antonio Odriozola

Exposición “Heart of Gaza” na Biblioteca pública Antonio Odriozola.

A exposición, a través dos debuxos das nenas e nenos de Gaza, ofrece unha visión íntima da realidade vivida da infancia nun xenocidio, representando tanto os horrores como os momentos de beleza, de recordos entrañables tinguidos de melancolía, de resiliencia e desafío, e de esperanza no futuro. A mostra amosa, a través da arte, a súa dor, a súa forza e tamén a súa esperanza.

Do 10 de Decembro ao 10 de Xaneiro 2026
Biblioteca pública de Pontevedra Antonio Odriozola
jUan Carlos Vilar

“J. C. Vilar” 

5

Venres/Decembro

J. C. Vilar

Exposición “Debuxos na súa tinta (china)”, de Juan Carlos Vilar.

Trátase dunha mostra que reúne unha coidada escolma deobras de pequeno formato, realizadas todas elas en tinta chinesa co seu característico dominio do debuxo e a tinta.

Do 5 ao 18 de decembro 2025
Sala de Exposicións Consellería de Cultura, rúa Benito Corbal, Pontevedra 
Alba Troiteiro

Alba Troiteiro” 

4

Xoves/Decembro

Alba Troiteiro

Exposición de debuxos de Alba Troiteiro.

Ela dí de si mesma, “non sei definirme, estoume ensinando”

Mentras tanto, nun intento de debuxarme fixen unha recopilación de algunhas versions da miña persoa a través de ollos alleos.

Decembro 2025
Mímate rúa Real 13, Pontevedra
Rebe acierto

“Rebe Acierto” 

3

Mércores/Decembro

Tábula Rasa

Exposición temporal na tabula Rasa. Pásate e desfruta da boa compañía e o bo rollo de este local. ” Kaldeirada” de Rebe Acierto.

Decembro 2025
Tábula Rasa, rúa Marquesa, Pontevedra 
Tato Heredia

“Tato Heredia” 

3

Mércores/Decembro

Taberna Parvadas

Exposición na Taberna Parvadas. de Tato Heredia. Se vos achegades pola Taberna Parvadas de Pontevedra, á parte de poder degustar unhas excelentes tapas e pratos podedes ver a magnifica exposición de cadros (acuarelas e óleos) de Carlos Heredia Calvo. 

Decembro 2025
Táberna Parvadas, Pontevedra 
Bicos de cine

“Bicos de cine” 

3

Mércores/Decembro

Fundación Manuel Moldes

Pontevedra abraza a sétima arte! Novos Cinemas, Premios Feroz… e tamén “Bicos de Cine”.

A exposición poderá visitarse os xoves e venres de 18:00 a 21:00 horas, e os sábados de 12:00 a 14:00 horas e de 18:00 a 21:00 horas.

Do 3 de Decembro a Marzo 2026
Sede Fundación Manuel Moldes, Pontevedra 
expo na pedreira

Bello Piñeiro” 

27

Xoves/Novembro

C.S. A Pedreira

Esta exposiçom sobre a história do rio de Vale de Corvos reclama a necessidade da recuperaçom ambiental e paisagística como um bem coletivo. Neste senso a exposiçom também nos convida a conhecer a obra do artista pintor Bello Piñeiro fundador Sociedade de Amigos da Paisagem Galego (em 1927), e dos artistas Celso García, Manuel Aramburu e Rodríguez Moñiz que deixam testemunha nas suas pinturas a paisagem pontevedresa de antano.”
Do 27 de Novembro ao 27 xaneiro
C. S. A Pedreira, rúa Serra 36, Pontevedra
duas ladeiras

“Dúas ladeiras…” 

20

Xoves/Novembro

Facultade de Belas Artes

Entre o 20 de novembro e o 20 de febreiro, a Sala Universitaria Profesor Manuel Moldes acolle a exposición Dúas ladeiras da mesma montaña, promovida xunto co Centro de Arte Fundación María José Jove. Nela preséntase as obras desenvolvidas polos artistas Martín Llavaneras e Elena Jones á raíz da súa estadía na cidade mexicana de Guadalajara como beneficiarios da primeira convocatoria de residencias internacionais desta fundación. 

A exposición pode visitarse de luns a venres en horario de 11.00 a 14.00 e de 17.30 a 20.30 horas.

Do 20 de novembro ao 20 de febreiro
Sala Universitaria Profesor Manuel Moldes, Facultade de Belas Artes.
Leopoldo Varela

“Leopoldo Varela” 

14

Venres/Novembro

Deputación de Pontevedra

Inauguración da exposición “A forza da cor” de Leopoldo Varela 

A forza da cor foi a característica máis destacada da pintura de Leopoldo F. Varela (O Porriño, 1929-Vigo, 2007), como asina nos seus inicios. Pintor autodidacta, comezou a súa traxectoria como acuarelista, técnica coa que se deu a coñecer ao público en 1954 na sala Foto Club de Vigo e pola que en 1972 recibiu unha medalla de prata na Bienal de Arte de Pontevedra.

Do 14 de Novembro ao 11 de Xaneiro 2025
Edificio Castealo do Museo de Pontevedra 
Exposición de fotografía

“Comedy Wildlife” 

28

Martes/Outubro

Afundación

Inauguración da exposición “Comedy Wildlife”

A comicidade escondida na natureza chega ao café Moderno coa exposición «Comedy Wildlife. Premios de Fotografía». A mostra, foi desenvolvida e producida por Afundación, Obra Social de Abanca e organizada en colaboración co Museo Nacional de Ciencias Naturais (MNCN) e a participación de Terra Espléndida.

Do 28 de Outubro ao 7 de Febreiro
Café Moderno Afundación, Pontevedra 
Ruibal

“José Ruibal”

24

Venres/Outubro

Museo de Pontevedra

O 24 outubro o Museo abrirá unha exposición sobre o dramaturgo pontevedrés José Ruibal para conmemorar o centenario do seu nacemento. Con Xosé Enrique Acuña como comisario, a mostra afonda na vida e na obra de quen foi  un dos máis sinalados representantes do teatro de vangarda en España no último terzo do século XX, cunha traxectoria que gozou de especial recoñecemento nos Estados Unidos. 

Do 24 de Outubro ao 18 de Xaneiro 2026
Edificio Castelao do Museo de Pontevedra.
infiltracións

“Marta Pazos”

31

Xoves/Xullo

Museo de Pontevedra

Dalia é o título do proxecto que a artista Marta Pazos (Pontevedra, 1976) presenta dentro do ciclo de exposicións Infiltracións, que ten como propósito realizar intervencións específicas relacionadas con obras do Museo de Pontevedra.

Cada ano convídanse dous artistas a investigar e traballar coa colección, como unha maneira de fomentar a construción colectiva de aprendizaxes e incorporar progresivamente novas miradas e discursos ao museo, ofrecendo novas lecturas sobre os seus fondos.

Ata o 11 de Xaneiro 2026
Edificio Castelao do Museo de Pontevedra.

Proximamente

máis artigos

♥♥♥ síguenos ♥♥♥