la estrella azul

“Álvaro Medina” 

16

Luns/Decembro

Facultade de Comunicación

Centrada no seu traballo na película ‘La estrella azul’

No marco da programación previa á celebración en Pontevedra da gala dos Premios Feroz, a Facultade de Comunicación acolle unha clase maxistral do director de fotografía Álvaro Medina, centrada na película La estrella azul, dirixida por Javier Macipe

Acceso gratuíto previa recollida de entradas na Oficina de Turismo da praza de España.

Ás 16:00 horas
Facultade de Comunicación de Pontevedra
Concerto Nadal

“Concerto de Nadal” 

16

Luns/Decembro

Gaïa escola de música

O 16 de decembro ás 18:00 h, no Salón Nobre do Liceo Casino Concerto de Nadal organizado por GAÏA escuela de música.

Entrada libre ata completar aforo.

Ás 18:00 horas
Liceo Casino, Pontevedra 
album de imágenes

“Alberto Ruiz de Samariego” 

16

Luns/Decembro

Librería Metáfora

Presentación do libro ‘El espacio salvado. Álbum de imágenes’ do profesor Alberto Ruiz de Samaniego

A libraría Metáfora acolle a presentación do libro El espacio salvado. Álbum de imágenes (Shangrila, 2024), do profesor da Facultade de Belas Artes Alberto Ruiz de Samaniego. Neste acto, o autor estará acompañado polo profesor e artista Jorge Varela e polo artista e arquitecto Diego Germade. 

Ás 19:00 horas
Metáfora, rúa Charino. Pontevedra.
coro campus

“Concerto de Nadal do Coro do Campus” 

16

Luns/Decembro

Universidade de Vigo

Concerto de Nadal do Coro do Campus de Pontevedra.

O Coro Polifónico do Campus de Pontevedra ofrece un concerto de nadal no salón de actos da Biblioteca Pública de Pontevedra. Trátase da primeira actuación que ofrece no presente curso esta formación integrada por 34 persoas de diferentes idades, que se forman en música vogal nunha actividade inserida na programación cultural da Vicerreitoría do campus e aberta a toda a cidadanía.

Dirixida por Luisa Sánchez, licenciada en musicoloxía pola Universidade de Oviedo e titulada profesional en piano polo Conservatorio de Xixón, esta formación interpretará un repertorio conformado por cancións africanas e caribeñas, así como por panxoliñas. Concertamente, o Coro do Campus interpretará neste recital as pezas AbeeyoGaudeamus HodieIpharadisiUkuthulaCity of starsYou raise me Up,  A Belén vinde e Jingle bell rock.

Ás 19:30 horas
Biblioteca pública, Pontevedra 
Escape

“Escape” 

17

Martes/Decembro

Concello de Pontevedra

“Escape” de Rodrigo Cortés. España | 2024 | 129´ 

Unha das películas nomeadas como mellor comedia de 2024, ‘Escape’ súmase ás previas dos Premios Feroz de decembro e poderase ver xunto ao seu director Rodrigo Cortés que visitará Pontevedra e participará nun coloquio.

A entrada é gratuíta. As invitacións deben retirarse previamente na oficina de Turismo da Praza de España de Pontevedra, desde sete días antes de cada actividade e ata completar o aforo. Máximo 4 localidades por persoa.

Ás 19:00 horas
Pazo da Cultura, Pontevedra
Cristina Fallarás

“Cristina Fallarás” 

17

Martes/Decembro

Concello de Pontevedra

Charla coloquio con Cristina Fallarás  quen exporá o seu traballo coas vítimas da violencia machista

Será nunha conversa no Teatro Principal coa ex-concelleira de Igualdade, Carme Fouces, na que tamén falarán sobre espazos seguros de denuncia.

Ás 20:00 horas
Teatro Principal, Pontevedra
bolsos

“Exposición e venta pola Dana” 

18,19,20

Mércores, xoves, venres/Decembro

Café Moderno

Os próximos 18-19-20 (mércores, xoves e venres) no café Moderno, de 11 a 13 horas poderanse ver e mercar os bolsos creados polas socias de Afundación que participaron na actividade  “Lana creativa”, que ten unha finalidade solidaria. O recadado irá a unha residencia de Valencia.

De 11:00 a 13:00 horas
Café Moderno, Pontevedra 
la casa en llamas

“La casa en Flames” 

18

Mércores/Decembro

Concello de Pontevedra

La casa en Flames” de Dani de la Orden. España| 2024 | 150´ 

A actriz María Rodríguez Soto, o guionista Eduard Sola e a produtora Ana Eiras falarán da súa película ‘Casa en flames’ (dirixida por Dani de la Orden), que suma o maior número de nomeamentos (8) da presente edición dos premios Feroz.

A entrada é gratuíta. As invitacións deben retirarse previamente na oficina de Turismo da Praza de España de Pontevedra, desde sete días antes de cada actividade e ata completar o aforo. Máximo 4 localidades por persoa.

Ás 19:00 horas
Pazo da Cultura, Pontevedra 
Granero Delmás

“Exposición Solidaria” 

18

Mércores/Decembro

Granero Delmás

Unha mostra solidaria cos artistas Galarzo e Maricarmen que se inaugurará o mercores 18 as sete da serán no GRANERO DELMAS nas Galerias Oliva en Pontevedra. Os esperamos a toda a xente que quera colaborar e participar e comprar grandes obras de grandes artistas en pequeños formatos con precios especiales por esta causa solidaria. Un bo agasallo de Nadal

Ás 19:00 horas
Granero Delmas, Galerias Oliva Pontevedra 
esencia e paixon por unha viaxe

“Esencia e paixón dunha viaxe” 

18

Mércores/Decembro

Museo de Pontevedra

Presentación do libro “Esencia e paixón dunha viaxe” de José Raposeiras. Edicións Fervenza.

O acto terá lugar o mércores 18 ás 19:00 horas no edificio Castelao do Museo de Pontevedra

Entrada de balde ata completar capacidade

Ás 19:00 horas
Edificio Castelao do Museo, Pontevedra 
curtas

“Proxección de curtas” 

19

Xoves/Decembro

Facultade de Comunicación

Proxección de curtas realizadas polo alumnado

A Facultade de Comunicación acolle, no seu plató de cine, unha nova sesión da Máster Class Audiovisual Galego Augal, dedicada ao IV Concurso A Canteira-Augal. Coordinada polos profesores Miguel Anxo Fernández e Paulino Pérez, co patrocinio da Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic), Augal dedica esta sesión á proxección de oito curtametraxes realizadas polo alumnado da facultade, que optan ao premio á mellor curta do curso 2023/2024, que se entregará ao remate da sesión.

Ás 16:00 horas
Facultade de Comunicación, Pontevedra 
bicheiro

“O Bichero” 

19

Xoves/Decembro

Libraría Paz

O xoves 19 a partir das 18h teremos a Luis Davila O Bichero asinando O bichero
hai mellor agasallo para facer no nadal?
Ás 18:00 horas
Libraría Paz, Pontevedra 
Nos vemos en otra vida

“Nos vemos en otra vida” 

19

Xoves/Decembro

Concello de Pontevedra

Coloquio cos creadores de ‘Nos vemos en otra vida’, os irmáns Jorge e Alberto Sánchez-Cabezudo e Tamara Casellas, tras a proxección dos dous primeiros episodios da serie.

A entrada é gratuíta. As invitacións deben retirarse previamentena oficina de Turismo da Praza de España de Pontevedra, desde sete días antes de cada actividade e ata completar o aforo. Máximo 4 localidades por persoa.

Ás 19:00 horas
Teatro principal, Pontevedra.
Alfonso Zulueta

“Alfonso Zulueta” 

19

Xoves/Decembro

Ateneo de Pontevedra

O Ateneo de Pontevedra organiza un acto en homenaxe a Alfonso Zulueta de Haz  con motivo do centenario do seu nacemento, en 1924. No acto presentarase o libro “Alfonso Zulueta. Unha humanidade vivida”, coeditado por Editorial Galaxia, Editorial SEPT e Fundación Penzol.

O acto, no que intervirán Xaime Toxo, presidente do Ateneo de Pontevedra; Rafael López Torre, escritor; Guillermo Campos, xornalista; Pilar Allegue, filósofa e escritora; Fernando Filgueira Iglesias, médico e padroeiro da Fundación Filgueira Valverde, e Antón Vidal Andión, presidente do Consello de Administración de Editorial Galaxia. terá lugar o vindeiro xoves 19 de decembro, ás 19:00 horas, na Casa das Campás.

A entrada é libre ata completar capacidade. 

Ás 19:00 horas
Casa das Campás, Pontevedra 
aviaxe

“Juan Carlos Cambas” 

19

Xoves/Decembro

Museo de Pontevedra

O pianista arxentino Juan Carlos Cambas, que ten colaborado con estrelas como Dulce Pontes, Mercedes Sosa ou Silvio Rodríguez, repasa 30 anos de carreira.

Neste concerto ‘Notas da viaxe/30 anos de música’ estará acompañado de Manolo Gómez no charango, Tarka Gulín en voz e violonchelo, e as cantantes Rosa Leiro e Jorgelina Piana.

Ás 19:00 horas
Museo de Pontevedra, Pontevedra 
Gala benéfica

“Gala Benéfica” 

19

Xoves/Decembro

CMUS Manuel Quiroga

Concerto solidario persoas afectadas pola DANA de Valencia Cmus Manuel Quiroga

Gala benéfica de Navidad a favor del Conservatorio de Música de Utiel. Auditorio do Pazo da Cultura de Pontevedra.

Ás 19:30 horas
Pazo da Cultura, Pontevedra 
cunca e nécora

“Cunca e nécora”

19,21

Xoves, sábado/Decembro

Volve CUNCA E NÉCORA! Os roteiros históricos por Pontevedra nos que facemos tres paradas para tomar tres viños con tres pinchos en locais de hostalaría local!
Tres modalidades: tradicional, mariñeira e vegana.
 Moitas quendas en decembro, en horario de mañá e de tarde. 
15€/paz e prazas moi limitadas.
 Reservas e máis info en paseapontevedra@gmail.com 
Ás 12:00 e ás 20:00 horas
Pontevedra
El cascanueces

“El Cascanueces” 

20

Venres/Decembro

Afundación

BALLET DE KIEV, BAILANDO DESDE EL CORAZÓN

Os bailaríns do Ballet de Kiev volven a regalarnos a tradición de gozar da súa versión de El Cascanueces arredor do Nadal. Nunha versión vistosa e moi emotiva que nos transporta aos sentimentos da maxia e ao espírito do Nadal.

El CASCANUECES

MÚSICA Pyotr Tchaikovsky

LIBRETO Vladimir Beghitchev / Vasili Geletzer

COREOGRAFÍA Marius Petipa

Ás 20:30 horas
Auditorio de Afundación, Pontevedra 
Pablo piñeiro

“Pablo Piñeiro” 

20

Venres/Decembro

Concello de Pontevedra

Lo positivo de fracasar en el amor‘ é unha proposta de monóglogo teatral na que Pablo Piñeiro debulla a súa obra literaria do mesmo nome e desnúdase metaforicamente ante o público para explicar o seu camiño de reconstrución desde un novo “analfabeto emocional” ata converterse nun “gurú do amor” segundo a revista Cosmopolitan.

Ás 21:00 horas
Teatro principal, Pontevedra.
los años nuevos

“Los años nuevos” 

21

Sábado/Decembro

Concello de Pontevedra

O sábado 21 no Teatro Principal,  proxectaranse os cinco primeiros capítulos de ‘Los años nuevos‘ e xusto despois terá lugar unha charla co seu máximo responsable, Rodrigo Sorogoyen.

A entrada é gratuíta a todas as sesións. As invitacións deben retirarse previamente na oficina de Turismo da Praza de España de Pontevedra.

De 11:00 a 14:00 e de 16:00 a 17:30 horas
Teatro principal, Pontevedra.
xoiria de arxila

 “Xoiería de arxila polimérica” 

21

Sábado/Decembro

Xoiería de arxila polimérica Crea as túas xoias para este nadal

 Inscrición aberta  Día 21/12/2024 11:00 a 13:00 Prezo 35€

Rúa Rosalía de Castro 32

De 11:00 a 13:00 horas
Galería Tangram, Pontevedra
Elaine Villar

 “Elaine Villar” 

21

Sábado/Decembro

Libraría Paz

@elainevilarm estará con nós o sábado 21 ás 11h acompañada de @laradopazoruibal
Ás 11:00 horas
Libraría Paz, Pontevedra
Susana Rodriguez

 “Susana Rodríguez Barcia” 

21

Sábado/Decembro

A Santiña

Presentación do libro de Susana Rodríguez Barcia e Bosco Gil de Gárate.Cantos do Mar”
Bosco Gil de Gárate (Madrid, 1980) e Susana Rodríguez Barcia (Vigo, 1977) son un músico e unha lingüista que investigan dende 2018 as orixes na tradición anglosaxoa da lírica do rock e o pop. Ademais de compositor e multinstrumentista nas bandas Family Folks e Lorre, Bosco é tradutor e poeta. Susana é profesora na Universidade de Vigo, onde estuda a relación entre discurso, ideoloxía e sociedade.  Ambos comparten a paixón pola música e a literatura.
Ás 13:30 horas
A Santiña, Pontevedra
Carlos Saburido

“Carlos Saburido” 

21

Sábado/Decembro

Reclamo estudio

Ven a pasar a tarde connosco neste evento que no que se xuntan varias das cousas que máis nos gustan: Colaborar con artistas locais coa exposición SOÑOS de Carlos Saburido , quen nos trae os gravados que leva producindo os últimos anos e que van ver a luz en formato exposición por primeira vez. Ensinarvos as camisetas, calendarios bordados, prints e algunha cerámica que producimos ultimamente na nosa aventura como artistas, ademais de reproducións e obra orixinal de Carlos e que poden ser unha opción estupenda para regalar este nadal Música ambiental en directo, viño e picoteo
Armate o plan, trae aos teus amigxs e ven a pasar unha tarde diferente Entrada libre e garantía de bo rollo.

De 19:00 a 21:00 horas
Reclamo Estudio, rúa Riestra 19, Pontevedra 
David Taboada trio

“David Taboada Trío” 

21

Sábado/Decembro

Seminario permanente de Jazz

Volta Sons de Outono, un festival a pé de rúa que quere achegar as músicas de fusión á cidadanía no mediodía dos fins de semana. Para isto o Seminario Permanente de Jazz de Pontevedra, quere contar con artistas de proximidade.

DAVID  TABOADA  TRIO
Mateo  Sestelo; piano
Yudit Almeida; contrabaixo
David  Taboada; batería
Ás 12:00 horas
Praza da Peregrina, Pontevedra 
Carlos Núñez

“Carlos Núñez” 

21

Sábado/Decembro

Pazo da cultura

Concerto de Carlos Núñez no Pazo da cultura

Ás 21:00 horas
Pazo da cultura, Pontevedra 
queen

“Remember Queen” 

21

Sábado/Decembro

Afundación

Os artistas en Remember Queen coidan o máis mínimo detalle do espectáculo orixinal cunha posta en escena similar á que estes utilizaban na Xira do 86, sendo a última Xira de QUEEN con “Freddie Mercury” en escena. A formación orixinal que apaixonou nos escenarios de todo o mundo.

Queen era excepcional porque os seus músicos eran excepcionais, como a súa batería Roger Taylor, recoñecido e destacado músico da historia do rock, que ademais foi compositor de gran parte dos éxitos como “Radio Ga Ga”, “A Kind of Magic”. O batería de Remember Queen Roberto D´Amicis interpreta como ninguén outros éxitos de Queen como “I’m In Love With My Car”.

Ás 21:00 horas
Auditorio de Afundación, Pontevedra 
do final e do comezo

“Do Final e do comezo” 

13

Venres/Decembro

Nova edición de Do final e do comezo, a mostra que cada ano reúne unha selección dos proxectos artísticos desenvolvidos polos novos titulados e titulados e tituladas en Belas Artes como parte dos seus traballos de fin de grao. Comisariada por María Gar e coordinada por Vaciocero, a exposición reúne as creacións de 28 egresados e egresadas e poderá visitarse ata o 12 de xaneiro. 

A exposición pode visitarse de martes a venres de 18.00 a 21.00 horas; os sábados de 12.00 a 14.00 e de 18.00 a 21.00 horas, e os domingos de 12.00 a 14.00 horas.

Sala de exposicións do Pazo da Cultura de Pontevedra.
Do 13 de Decembro ao 12 de Xaneiro 2025
Acislo

“Acislo” 

13

Venres/Decembro

O 13 de Novembro inauguramos no Museo de Pontevedra unha nova exposición “Acisclo en 66 obras

Localización: Edificio Castelao – Comisaria: Beatriz de San Ildefonso

Do 13 de Decembro ao 02 de febreiro 2025
Edificio Castelao do Museo de Pontevedra.
Karin Sander

“Karin Sander” 

4

Mércores/Decembro

Facultade de Belas Artes

O mércores 4 de decembro teremos a sorte de inaugurar unha exposición da artista Karin Sander na Sala Profesor Manuel Moldes da Factultade.

Agardámosvos ás 20 h.
@karin_sander @salaprofesormanuelmoldes
Do 4 de Decembro ao 20 de Febreiro 2025
Sala Manuel Moldes, Facultade de Belas Artes de Pontevedra.
versus

“Galia Blanco” 

3

Martes/Decembro

Liceo Casino

Exposición pictórica de Galia Blanco 𝗗𝗲𝗹 𝟯 𝗮𝗹 𝟮𝟲 𝗱𝗲 𝗱𝗶𝗰𝗶𝗲𝗺𝗯𝗿𝗲 a nosa Sala de Exposicións acollerá esta mostra baixo o nome de “Versus“.

Entrada libre Aforo limitado

Do 3 ao 26 de decembro
Liceo Casino de Pontevedra
é tempo de xogar

“É tempo de xogar” 

29

Venres/Novembro

O 29 de outubro inauguramos no Museo de Pontevedra, edificio Sarmiento, unha nova exposición “É tempo de xogar”. Colección Juan Manuel Alfaya Campo.

Do 29 de Novembro ao 09 de febreiro 2025
Edificio Sarmiento do Museo de Pontevedra.
Exposición en fundación Manuel Moldes

“50 anos dende Tambor” 

19

Martes/Novembro

Fundación Manuel Moldes

A Fundación Manuel Moldes celebra o medio século da inauguración damostra pictórico na Galería Tambor de Madrid dos artistas Manuel Moldes e Mikel Díez Alaba.

Preséntanse algunhas das pezas que foron expostas na galería madrileña e obras posteriores de ámbolos artistas.

Do 19 de Novembro ata marzo 2025
Fundación Manuel Moldes, rúa Javier Puig, Pontevedra 
Jose Benito Otero Baena

“Jose Benito Otero Baena”

8

Venres/Novembro

Museo de Pontevedra

Inauguración da exposición ‘José Benito Otero Baena. Un pintor sen pinceis’, que terá lugar o venres 8 de novembro, ás 19:00 h, no Edificio Castelao do Museo de Pontevedra (rúa Padre Amoedo, 3).

Do 8 de Novembro ao 19 de Xaneiro 2025
Edificio Castelao do Museo de Pontevedra
Vento

“Vento” 

25

Venres/Outubro

O 25 de outubro inauguramos no Museo de Pontevedra unha nova “infiltración” na colección. ‘Vento’, de Alberto Baraya.
Comisariada por Iñaki Martínez Antelo.
Do 25 de outubro ao 2 de marzo 2025
Edificio Castelao do Museo de Pontevedra.
simultánea

“Simultánea” 

9

Mércores/Outubro

Afundación

Afundación, a obra social de Abanca, abre ao público o proxecto expositivo Simultánea, que mostrará, ao mesmo tempo, en sete sedes, a súa colección de arte vista como nunca antes.

Abstraccións e mensaxes cifradas é a mostra deseñada para o Café Moderno, onde o público poderá achegarse ás obras creadas desde Galicia e que exploran as posibilidades da abstracción.

Está conformada por 33 obras que abordan a linguaxe abstracta como ferramenta de comunicación.

Do 9 de outubro ao 25 de Xaneiro 2025
Café moderno, Pontevedra

Xa podes anotarte

máis artigos

♥♥♥ síguenos ♥♥♥