“Son Muller”
16
Luns/Marzo
Deputación de Pontevedra
A mostra forma parte do proxecto ‘SONMULLER’, impulsado polo alumnado da materia de Planificación e Deseño de Proxectos Culturais do Conservatorio Superior de Música de Vigo e coordinado pola profesora María Fernández Trillo.
Do 16 ao 31 de marzo
Do 16 ao 31 de Marzo 2026
Vestíbulo do Pazo provincial. Pontevedra
“Taller de Feng Shui”
16
Luns/Marzo
Medicina integrativa
Sénteste estancad@ na túa vida? Ou quizais non acabas de estar cómod@ en casa, non descansas ou tes tanto lío que non sabes por onde empezar… O feng shui é unha arte chinesa que busca a harmonía do individuo coa contorna, que nos ensina como organizar o noso fogar, o lugar de traballo…calquera espazo que habitemos para facelo máis noso, para sentir que descansamos cando chegamos a casa, ou nos concentramos máis se é o que necesitamos. Aprenderemos a usar o “mapa Bagua”, que zona de casa empezamos a traballar segundo o movemento que queiramos notar antes na nosa vida. Será unha boa forma de pechar cousas e preparar o noso fogar para o novo ano. Como me gusta que os meus talleres sexan prácticos se traedes o plano da vosa casa ou lugar de traballo poderemos aplicar o mapa e empezar a facer cambios. O 16 de marzo de 18:00-20:00 Pontevedra Reserva a túa cita mandando wasap ao 604014264
De 18:00 a 20:00 horas
Pontevedra
“Miro e a música”
16
Luns/Marzo
Salón do libro
Sesión de contos e música. Bandullo azul
Espectáculo infantil e familiar no que, a través da historia dun neno cunha especial sensibilidade polos sons, descubrimos que todo o que nos rodea pode converterse en música. Unha proposta que mestura narración oral, teatro, marionetas e música en directo, convidando ó público a escoitar, xogar e crear colectivamente ao ritmo do corazón.
Público familiar. Acceso libre ata cimpletar cabida
Ás 18:00 horas
Salón de actos do Pazo da Cultura de Pontevedra
“Humanist vampire seeking…”
16
Luns/Marzo
Facultade de Comunicación
Humanins vampire seeking consenting suicidal person de Ariane Louis-Seize 2023
Sasha é un novo vampiro cun grave problema: é demasiado sensible para matar. Cando os seus pais deixan de alimentala, a súa vida corre perigo. Por sorte, Sasha coñece a Paul, un adolescente solitario con tendencias suicidas que está disposto a dar a súa vida para salvar á súa nova amiga. Pronto o seu acordo convértese nunha procura nocturna para cumprir, antes de que amenza, os últimos desexos de Paul.
Ás 18:30 horas
Aula de cine da Facultade de Comunicación, Pontevedra
“Orixinais de Castelao”
16
Luns/Marzo
Liceo Casino
O Liceo Casino acollerá na súa Sala de Exposicións do 16 ao 31 de marzo, unha selección de reproducións das obras orixinais de Castelao pertencentes á colección de Roberto Taboada. Unha oportunidade para descubrir e gozar do legado artístico e intelectual dunha das grandes figuras da cultura galega. A inauguración terá lugar o día 16 de marzo ás 19:30 h. A entrada libre e gratuíta.
Do 16 ao 31 de marzo
Liceo Casino, Pontevedra
“Sara Ruíz”
16
Luns/Marzo
Filarmónica de Pontevedra
SARA RUÍZ (viola da gamba)
Telemann: Fantasías para viola da gamba
Presentación en Pontevedra do CD Fantasies pour la basse de violle de Telemann. Primeira grabación en España.
Ás 20:30 horas
Teatro Principal, Pontevedra
“El día de la bestia”
17
Martes/Marzo
Cineclube Belas Artes
Ás 19:00 horas
Salón de actos da Facultade de Belas Artes, Pontevedra
“Volve o servizo militar?”
17
Martes/Marzo
Ateneo de Pontevedra
Ás 19:00 horas
Paraninfo do IES Valle Inclán, Pontevedra
“Paixón dos fortes”
17
Martes/Marzo
Cineclube
PAIXÓN DOS FORTES
John Ford, 1946
EUA, 97 min, VOSE
Lingua orixinal: inglés
A Wyatt Earp (Henry Fonda), antigo shériff de Dodge City, ofrécenlle o posto de comisario da cidade de Tombstone, pero rexéitao porque lle interesa máis o negocio de gandeiro ao que se dedica cos seus irmáns. Mais cando un deles morre asasinado, acepta o posto vacante e nomea axudantes os seus irmáns. Contará tamén coa amizade e a colaboración dun xogador e pistoleiro chamado Doc Holliday (Victor Mature). Paixón dos fortes é a máis célebre das versións que narran o mítico tiroteo en O.K. Corral entre o shériff Wyatt Earp, axudado polo seu amigo Doc Holliday, e os irmáns Clanton.
Ás 20:30 horas
Teatro Principal de Pontevedra
“América Martínez”
18
Mércores/Marzo
CMUS Manuel Quiroga
Ás 17:00 horas
Conservatorio Profesional de Música Manuel Quiroga, Pontevedra
“Rondallas”
18
Mércores/Marzo
Facultade de Comunicación
Ás 16:00 horas
Facultade de Comunicación, Pontevedra
“Obradoiro poético”
18
Mércores/Marzo
Luscofuscoartes
¡Obradoiro poético: Vivir sendo muller!
Para seguir honrando o Día da Muller, Noa Fontán organizou en O Abrigo, para o próximo mércores 18 de marzo, un obradoiro de poesía dirixido a mulleres.
Cunha mirada feminista reflexionaremos sobre o territorio galego a través das súas poetisas. Faremos diferentes exercicios de escritura poética e remataremos cun debate en conxunto. Están convidadas todas as mulleres que formen parte da facultade.
Poden inscribirse desde o QR da foto ou nesta ligazón. Agardámosvos!
Ás 18:00 horas
Espazo O Abrigo da Facultade de Belas Artes, Pontevedra
“Marcia Vascónez”
18
Mércores/Marzo
Salón do libro
Un ano máis estaremos no Salón do libro Infantil e Xuvenial de Pontevedra 2026 !
Nesta nova edición inaugurada o 6 de marzo e que ten como temática “Que non pare a música!”, imos estar o dia 18 de marzo con ‘Perdido‘. Unha historia que nos encanta e que sacamos do caixón para recuperala con moita ilusión.
Narrado en lingua de signos e lingua oral.
Voz e música en directo da man de Marcia Vascónez (Basado no album de Oliver Jeffers)
Ás 18:00 horas
Pazo da Cultura, Pontevedra
“Arte journal e Scrapbooking”
18
Mércores/Marzo
Percalandia
Desarrollar xuntas nosa creatividade a través da arte do JOURNAL 20 Prazas Neste taller será un espazo seguro e creativo onde desenvolver o auto coñecemento a través do papel nunha arte chamada journal e visión board, a demais que compartir un momento agradable e relaxado entre a nosa comunidade
Podes inscribirche Totalmente gratis
@percalandia Taller impartido por @little_journalclub Para todas as idades Necesitas traer un caderno ou unha axenda para decorar. Nun ambiente próximo, respectuoso e creativo. Que veremos? Desenvolvemento da creatividade Técnicas de journal e visión board. Autoconocimiento a través do papel. Consellos prácticos para empezar a traballar co papel pola túa conta.
Ás 18:00 horas
Percalandia, Rúa San Antoniño 2 Baixo, Pontevedra
“Paula Ríos”
18
Mércores/Marzo
Museo de Pontevedra
Neste concerto interpretará a Rosa García Ascot, Ernesto Halffter, Juan José Mantecón, Gustavo Pittaluga, Rodolfo Halffter, Manuel Blancafort e Manuel de Falla.
Ás 19:00 horas
Edificio Castelao do Museo de Pontevedra
“Agrupacións”
18
Mércores/Marzo
CMUS Manuel Quiroga
Ás 20:00 horas
Teatro principal, Pontevedra
“Joklo duo&Alexandre Losada”
18
Mércores/Marzo
Liceo Mutante
Amigues, poñemos roupa de gala, desde a Italia indomable, visítanos o Jooklo Duo.
Alexandre traballa nas marxes das músicas improvisadas, empregando a súa guitarra (preparada ás veces) coma fonte de sons agochados. Nesta busca retorce a guitarra con estrañas técnicas, nun proceso fráxil que non foxe da crudeza ou da enerxía. Fai parte de proxectos como Zunzún ou Hoàn Văng Thái Ensemble
Ás 20:00 horas
Liceo Mutante, Pontevedra
“Poesía por Palestina”
18
Mércores/Marzo
La verbena
No marco do Salón do Libro, organizamos un evento poético solidario con Palestina na Verbena Club.
Comezaremos cun recital no que Ana Corzo, Nila Álvarez e Lira poranlle voz a autories palestines coma Fadwa Tuqqan ou Refaat Alareer. Lerán tamén algunha composición da súa man de denuncia ao xenocidio para dar pé desta maneira ao micro aberto de poesía, onde animamos a todo o mundo a participar, sexa con obras propias ou para ler a algunha poeta que queiran compartir coes demais.
Ás 20:00 horas
La verbena, Rúa Paio Gómez Charino, 29, Pontevedra
“Lluc, crónica dunha pastelería”
18
Mércores/Marzo
Concello de Pontevedra
Continuamos co festival de cine gastronómico no Mercado de Abastos!
Proxectamos: Lluc, Unha crónica da pastelería de Jordi Torra
Un inexperto pasteleiro de vinte e seis anos de idade enfróntase ao maior reto da súa carreira: entrar no olimpo dos grandes pasteleiros gañando o World Chocolate Masters. A preparación física e psicolóxica; as capacidades artísticas e creativas e a finura gastronómica serán analizadas polos mellores pasteleiros mundiais, que non deixarán facilmente que un mozo mortal acceda ao seu reino. A emoción e a vivencia case en primeira persoa están á fronte desta crónica doce.
Entrada libre ata completar aforo
Ás 20:00 horas
Mercado de abastos de Pontevedra
“San Patrick day”
18,22
Mércores a Domingo/Marzo
R.C.P. Mareantes
Unha edición con estrella …
O noso clube está de celebración… #sanpatrickday
Xantares e bebidas típicas desta celebración mundial en Pontevedra
Lugar : Plaza de España – Pontevedra
Fecha de celebración: 18 al 22 de Marzo.
Apertura de 12:00 a 0:00.
Ás 12:00 horas
Praza de España, Pontevedra
“Paco Nogueiras”
19
Xoves/Marzo
Salón do libro
Ás 18:00 horas
Recinto feiral, Pontevedra
“Clara Corbelhe”
20
Xoves/Marzo
Liceo Mutante
Este venres 20 de marzo ás 19.00 acollemos con moita ilusión a presentación do número 5 da revista do Instituto Clara Corbelhe do Estudos Críticos Galegos, referente imprescindible do pensamento galego contempóraneo
E que vai pasar? Xa nolo contan elxs:
“Reuniremos a Adán Solla, Valeria Vázquez e Cibrán Tenreiro, participantes da conversa “A nube non existe: algoritmos, plataformas e alternativas na música galega”. O colóquio será moderado pola Élia Lago, membra do Conselho de Redação. Também haverá uma pinchada de Rea.”
Entrada de balde
Ás 19:00 horas
Liceo Mutante, Pontevedra
“Susana Sánches e Su Garrido”
20
Xoves/Marzo
Libraría Paz
Encontro con Susana Sánches Arins e Su Garrido Pombo guiado pola xornalista Teresa Cuíñas no que se presentará o libro da autora.
O livro Arte Menor recolhe a aventura de sete mulheres d’O Lugar que decidem assistir a aulas de pandeireta e canto tradicionais. O livro é uma reivindicação do trabalho comunitário e das mulheres do rural, de uma tradição viva e dinâmica, que se adapta aos tempos e evolui; uma defesa de que os fios que tronçam podem não ser recuperados, mas sim amarrados e retecidos.
Há também uma vontade de propor uma escrita anti-épica. Há uma referência literária importante: a Odisseia, vista desde as leituras feministas, como oposta à Ilíada. Ambas são obras clássicas nascidas da tradição oral, o que as vincula com a base de fundo da obra: os cantos da tradição oral galega….
Público adulto. Acceso libre ata completar cabida.
Ás 19:00 horas
Libraría Paz, Pontevedra
“Baile tradicional galego”
20
Venres/Marzo
A Pedreira
Queres aprender a bailar? Agardámoste neste taller organizado en colaboración con A Pedreira.
Anótate en: apedreira@riseup.net
Público adulto
Montse Rivera é mestra de baile tradicional galego, traballadora da cultura, integrante de recoñecidas agrupacións artísticas e fundadora de grupos musicais que transcenderon fronteiras como Leilía.
Ás 19:30 horas
O Mercado, Pontevedra
“Cándido Fernández Mazas”
20
Venres/Marzo
Fundación Cuña Casasbellas
Percorrido pola biografía física e espiritual do artista, debuxante e escritor Cándido Fernández Mazas e proxección comentada da súa extraordinaria obraiconográfica e plástica recollida na Exposición do centenario (Ourense 2002) “Cándido Fernández Mazas, Vanguardia, militancia y olvido” un proxecto ideado e creado por Xosé Manuel Bouzas
Ás 19:30 horas
Fundación Cuña-Casasbellas, Xerardo Alvarez Limeses, Pontevedra
“Concerto de primavera”
20
Venres/Marzo
Vicerreitoria do campus de Pontevedra
O Teatro Principal acolle o Concerto de Primavera do campus de Pontevedra, que a Vicerreitoría promove coa colaboración do Concello. A actuación correrá a cargo da formación de música tradicional Tres Pesos, que protagonizará un espectáculo centrado no seu traballo Cantares e contares, dedicado á tradición das cantareiras do rural. O trío integrado por Felisa Segade, Xosé Antón Ferreira e Xoán Porto estará acompañado en varias das pezas polos grupos de baile e música tradicional do campus.
O concerto verase precedido, ás 20.00 horas, por unha actuación conxunta ás portas do teatro das e dos integrantes da aula permanente de música tradicional do campus e da escola de música e baile tadicional do Concello de Outes.
Aberto a toda a cidadanía, as invitacións para asistir a este concerto poden recollerse ata o 18 de marzo nas conserxerías das diferentes facultades e escolas do campus e da sede da Vicerreitoría. De non esgotarse, o propio día do concerto estarán dispoñibles na Casa das Campás, ata as 19.30 horas.
Ás 20:30 horas
Teatro principal, Pontevedra
“Donas do lugar”
20
Venres/Marzo
A Pedreira
Ás 21:00 horas
C.S A Pedreira, Pontevedra
“Noite de poesía”
20
Venres/Marzo
Noitedepoesía
Ás 21:00 horas
Nasantiña, rúa da Santiña 35, Pontevedra
“Taller de IA”
21
Sábado/Marzo
Pontebrújula
Mariem · Sherpa Empresarial @mariem_sherpa_empresarial
Ás 11:00 horas
Pontebrújula, Pontevedra
“Salsas healthy para dippear”
21
Sábado/Marzo
Aromara
Ás 11:00 horas
Aromara, rúa San Román 5, Pontevedra
“O papaventos de Bisán”
21
Sábado/Marzo
Concello de Pontevedra
Estrea! Contos, cantos e xogos para bebés con Bonnie Cooper.
De 0 a 3 anos
Prezo da entrada: 3 €. Reserva a túa entrada de maneira anticipada para pagala o día da función.
Recadación para crianzas en Palestina a través da ONG Creart
Ás 12:00 horas
A cova dos libros fantásticos. Pazo da Cultura de Pontevedra
“Xesús Fraga e Xerardo Quintiá”
21
Sábado/Marzo
Libraría Paz
Ás 12:30 horas
Libraría Paz, Pontevedra
“Xulio Teixeira”
21
Sábado/Marzo
Museo de Pontevedra
Ás 12:30 horas
Edificio Castelao do Museo de Pontevedra
“Luz Gallego e Manuel Bragado”
21
Sábado/Marzo
O salón do libro
Esta edición tan musical homenaxeamos a Luz Gallego “Nenuca”, libreira moi querida na nosa cidade, con máis de 40 anos á fronte da Libraría Seijas xunto ao seu inseparable Tito. Nenuca de ler a varias xeracións de nenos e nenas sempre cun sorriso e un bo consello lector. Tamén recoñeceremos a Manuel Bragado, mestre, editor, escritor e activista cultural, unha das persoas máis comprometidas co desenvolvemento da LIX galega, a quen temos moito que agradecer.
Actuación músical V de Maceta
Público adulto
Acceso libre ata completar a cabida
Ás 12:30 horas
Salón de actos do Pazo da cultura de Pontevedra
“José Montáns e Marta Barcia”
21
Sábado/Marzo
Ponteverde
Ás 13:00 horas
Ponteverde, Pontevedra
“Camiñada literaria”
21
Sábado/Marzo
Maos
Neste roteiro percorreremos as rúas, prazas e recunchos máis emblemáticos da cidade, mentres exploramos a súa relación coa palabra poética e coas autorías que se inspiraron nela Inscricións en Paseos@PontevedraDescrita.Gal
Ás 17:00 horas
Pontevedra
“Isadora Agio”
21
Sábado/Marzo
Danza Deborah
Ás 17:00 horas
Deborah, Xan Guillerme 25, Pontevedra
“Concerto da BMP”
21
Sábado/Marzo
Banda de Música de Pontevedra
Concerto da Banda de Música de Pontevedra. Ciclo de butaca: “Vento en popa a toda vela”
Concerto ‘Dende a sétima arte’, con pezas de bandas sonoras moi recoñecibles, interesantes para todos os públicos.
Acceso libre ata completar cabida
Ás 20:00 horas
Teatro principal, Pontevedra
“Sempre Xonxa”
21
Sábado/Marzo
C. S. A Pedreira
Sempre Xonxa de Chano Piñeiro
Nunha aldea remota dos montes de Galicia mestúranse a complexidade dos sentimentos e a miseria da emigración, e a realidade confúndese coa fantasía. Esta é a historia dunha muller, Xonxa, e de dous homes, Pancho e Birutas. A película cóntanos as relacións destes tres personaxes desde a súa infancia en 1947 ata a súa madurez en 1986
Sábado 21 de Março ás 21:00h
Ás 21:00 horas
A Pedreira, Pontevedra
“Caligrafía Árabe”
22
Domingo/Marzo
Galería Tangram
Taller de Caligrafía Árabe
Descobre a beleza e a elegancia da caligrafía árabe neste taller creativo. Aprenderás os fundamentos desta forma artística de escritura e experimentarás a harmonía entre letras, ritmo e deseño. Un taller perfecto para amantes da arte, persoas curiosas e quen queira iniciarse na caligrafía.
Prezo: 25 € As prazas son limitadas.
Ás 17:00 horas
Galería Tangram, Pontevedra
“Obradoiro musical”
22
Domingo/Marzo
Gaia escola de música
Convidámoste a unha tarde diferente e chea de notas musicais no @salondolibrodepontevedra . Un obradoiro de balde deseñado para que exploren a súa creatividade segundo a súa idade:
Ás 17:00h: Grupos de 3 a 5 anos.
Ás 17:45h: A partir de 6 anos.
Agardámoste o 22 de marzo!
Reserva a túa entrada en salondolibro.gal antes de que esgoten.
Ás 17:00 horas
Sala de exposicións do Pazo da cultura, Pontevedra
“Teresa Cuiñas”
22
Domingo/Marzo
O salón do libro
Concerto Entre letras e notas. Najla Shami de Galiza a Palestina.
Encontro guiado pola xornalista Teresa Cuíñas.
Público adulto. Acceso libre ata completar cabida.
Ás 12:30 horas
Nasantiña, Pontevedra
“Ruínas de San Domingos”
15
Domingo/Marzo
Museo de Pontevedra
15 de marzo ao 31 de outubro 2026
Ruínas de San Domingos, Pontevedra
“Cando falo de corpo“
5
Xoves/Marzo
Facultade de Belas Artes
A Sala Universitaria Profesor Manuel Moldes acolle a inauguración da exposición Cando falo de corpo, que reúne as obras de 17 artistas galegos, conectadas pola idea de corporalidade. Coa investigadora e egresada da Facultade de Belas Artes Cora Novoa como comisaria, esta exposición busca promover un achegamento a prácticas diversas que comparten unha atención común ao corpo como lugar de experiencia, arquivo vivo e medio de relación.
Na mostra preséntanse as creacións de Pablo Agma, Raquel Álvarez, Eva Antelo, Ángel Arias, Lara Castro, Noa Castro, Álvaro Chior, Lois Cid, Andrea Davila, Carlos Fer, Adrián G. Salgueiro, Ana Gesto, Marina González Guerreiro, Uxía González, Alba Mantilla, Mourae e Taro. Poderá visitarse ata o 24 de abril, de luns a venres en horario de 11.00 a 14.00 e de 17.30 a 20.30 horas.
Do 5 de marzo ao 24 de Abril
Facultade de Belas Artes, Pontevedra
“Pontevedra debuxada”
5
Xoves/Marzo
Concello de Pontevedra
Do 5 ao 26 de Marzo 2026
Casa das Campás, Pontevedra
“Un abrigo propio”
4
Mércores/Marzo
Facultade de Belas Artes
Con motivo do Día da Muller, creamos esta exposición chamada “Un Abrigo Propio”, inspirada no libro “Un cuarto propio” de Virginia Woolf. Desde este mércores, 4 de marzo, estades todos convidados a partir das 17:00 a ver as obras expostas. A exposición estará aberta ata o día 18 de marzo.
Esta exposición é posible grazas ás seguintes artistas: Ana Piñeiro, Aroa González, Creep, Dana Latorraca, Guadalupe Díez, Lorena Añón, Marina Saavedra, Mencía Fana, Noa Fontán, Nila, Paula Romay, Rain Ramos, Sara Ricoy, Sofía Sarabia e Victoria Rodríguez.
Do 4 ao 18 de Marzo
Sala O Abrigo da Facultade de Belas Artes, Pontevedra
“Galia Blanco”
2
Luns/Marzo
Pastelería Seara
Obras que celebran o cotián, a natureza e as raíces.
Descubre o traballo de Galia Blanco @galiablanco na nosa nova exposición.
Do 2 de marzo ata
Pastelería Seara, rúa Echegaray 27, Pontevedra
“Ana Vidal“
14
Sábado/Febreiro
C.S. A Pedreira
A exposiçom “𝐏𝐫𝐢́𝐧𝐜𝐢𝐩𝐞” exibe o álbum ilustrado, do mesmo título, de 𝐀𝐧𝐚 𝐕𝐢𝐝𝐚𝐥. Um conto feminista dentro das atividades para o 𝟖𝐌 no centro social 𝐀 𝐏𝐞𝐝𝐫𝐞𝐢𝐫𝐚.
Ana Vidal, licenciada em Belas Artes como artista gráfica e docente, escreveu sempre e debuxou sempre, mas nunca junto, até que recentemente, como consequência dessas surpresas que trae a maternidade, começárom primeiro os contos e depois os desenhos… e por isso nomeou os seus trabalhos como “𝐂𝐨𝐧𝐭𝐨𝐬 𝐩𝐚𝐫𝐚 𝐌𝐚𝐭𝐞𝐨”.
Do 14 de Febreiro ao 30 de marzo
C.S. A Pedreira, Pontevedra
“San Sebastián”
30
Venres/Xaneiro
Museo de Pontevedra
Ata o 5 de Abril 2026
Edificio Castelao do Museo de Pontevedra
“Debuxar coa Luz”
19
Venres/Decembro
Museo de Pontevedra
Ata o 5 de Abril 2026
Edificio Castelao do Museo de Pontevedra
“Carlos Bravo”
17
Venres/Decembro
Carlos Bravo
Decembro 2025
Ponteverde, rúa Gorgullón 55, Pontevedra
“Cronofitti”
17
Mércores/Decembro
Mambo Gallery
Decembro 2025
Restaurante La Fonda rúa Isabel II Pontevedra
“Moldes dende a figura”
11
Xoves/Decembro
Fundación Manuel Moldes
Do 11 de Decembro a Marzo do 2026
Fundación Manuel Moldez, Benito Corbal 47, Pontevedra
“Bicos de cine”
3
Mércores/Decembro
Fundación Manuel Moldes
A exposición poderá visitarse os xoves e venres de 18:00 a 21:00 horas, e os sábados de 12:00 a 14:00 horas e de 18:00 a 21:00 horas.
Do 3 de Decembro a Marzo 2026
Sede Fundación Manuel Moldes, Pontevedra
“A Bela Otero”
4
Martes/Novembro
UNED
Do 4 de Novembro a Abril 2026
UNED, Pontevedra
Proximamente
“Manuel Vilas”
23
Luns/Marzo
Librería Cronopios
Estamos felices de comunicarvos que Manuel Vilas vai asistir á nosa reunión do Club de lectura para comentar a súa última novela Islandia. Será o luns 23 ás 19:30h, e por problemas de espazo necesitamos que nos confirmedes canto antes a asistencia, sexades membro do Club de lectura ou non. Encántannos as novas incorporacións e seredes benvidos. Tan fácil como chamarnos por teléfono ou achegarvos á tenda para anotarse ou buscar información. Así de fácil.
Ás 19:30 horas
Rúa Frei Xoán de Navarrete, 5, Pontevedra
“Brais González”
23
Luns/Marzo
Sociedade Coral Polifónca de Pontevedra
Presentamos un dos proxectos máis especiais deste ano do noso centenario.
O vindeiro 23 de marzo de 2026, a Sociedade Coral Polifónica de Pontevedra estreará “Leucoíña. O canto das augas“, unha cantata composta por Brais González especialmente para a nosa coral, que interpretaremos xunto coa Orquestra Sinfónica de Pontevedra.
Unha nova creación musical inspirada na memoria, no mar e na historia da nosa cidade, que comeza o seu camiño cara ao escenario.
Ás 20:00 horas
Auditorio de Afundación, Pontevedra
“Mordy Ferber& SPJ Group”
28
Sábado/Marzo
Concello de Pontevedra
Mordy Ferber & SPJ-Group é un guitarrista norteamericano , todo un referente do jazz actual.
Mordy Ferber: guitarra
Ás 21:00 horas
Teatro Principal, Pontevedra
máis artigos
♥♥♥ síguenos ♥♥♥