respiración funcional

“Respiración funcional” 

16,18

Luns,Mércores/Setembro

Como moitos sabedes, a respiración é a maneira máis rápida na que podemos influír sobre o noso sistema nervioso.

Por iso é das primeiras cousas que traballo cos meus clientes e alumnos. En xeral, unha respiración funcional pode mellorar síntomas psicolóxicos, emocionais e físicos. Tamén,facelo de maneira disfuncional mantén síntomas e empeora os diagnósticos.

Por iso e porque nos visita en Pontevedra a marabillosa mochileira Mariu, de @unsuenoviajero , convídoche a que veñas a re-aprender unha habilidade que pode mellorar incriblemente a túa calidade de vida como forma de autocuidado.

 Día 16 de 18:00 a 20:00 horas, Día 18 de 11:00 a 13:00 horas
Andrés Muruais 8, 3ºA Pontevedra
o mal non existe

“O mal non existe” 

17

Martes/Setembro

O MAL NON EXISTE
Aku wa Sonzai Shinai, Ryūsuke Hamaguchi, 2023
Xapón, 106 min., VOSE, +12  Lingua orixinal: xaponés

Takumi e a súa filla, Hana, viven nunha contorna rural próxima a Tokio onde se vai construír un luxoso cámping para atraer o turismo urbanita. A veciñanza decátase axiña de que o proxecto terá un impacto negativo na subministración de auga local e a empresa envía dous representantes para reunirse coa poboación. As súas intencións poñen en perigo o equilibrio ecolóxico do lugar como a súa forma de vida, con consecuencias que afectan profundamente a vida de Takumi.

Gran Premio do Xurado en Venecia 2023
Mellor Filme no London Film Festival 2023

Ás 20:30 horas
Teatro principal. Pontevedra
Rebumbio poético

“Rebumbio poético” 

17

Martes/Setembro

Voltamos! Temos unha conta pendente con Idea Vilariño. Agardamos por vos en @laverbenaclub_ o próximo martes 17 de setembro a partir das 21:10 para falar sobre poesía e corazóns rotos. Moitísimas ganas de estar convosco outra vez!

Ya no será,ya no viviremos juntos, no criaré a tu hijo

no coseré tu ropa, no te tendré de noche

no te besaré al irme, nunca sabrás quien fui

por qué me amaron otros.

No llegaré a saber por qué ni cómo, nunca

ni si era de verdad lo que dijiste que era,

ni quién fuiste, ni qué fui para ti ni cómo hubiera sido vivir juntos,

querernos, esperarnos, estar.

Ya no soy más que yo para siempre y tú

Ya no serás para mí más que tú.

Ya no estás en un día futuro

no sabré dónde vives, con quién

ni si te acuerdas.

No me abrazarás nunca como esa noche, nunca.

No volveré a tocarte. No te veré morir.>>

 Ás 21:10
Charino 29 Pontevedra
Mediarea

“Mediarea” 

18

Mércores/Setembro

Vicerreitoría do campus de Pontevedra e Concello de Pontevedra

No marco do Ciclo de Música para reCREAr, que a Vicerreitoría do campus de Pontevedra promove coa colaboración do Concello, o Teatro Principal acolle un concerto do grupo de música tradicional Mediarea, con entrada libre ata completar a capacidade da sala.

Apertura de portas ás 20.00 horas.

Ás 20:30 horas
Teatro principal. Pontevedra
curso de filosofía

“Curso de filosofía” 

18

Mércores/Setembro

Curso de filosofía aberto a cargo do Dr. en Filosofía e CC.EE. Domingos Antom Garcia Fernandes. Actividade realizada ao abeiro do Programa de voluntariado cultural nas bibliotecas públicas.

Curso académico 2024-2025

Mércores de 19.00 a 20.45 h. no salón de actos

De 19:00 a 20:45 horas
Salón de actos da Biblioteca pública. Pontevedra
Sabina Urraca

“Sabina Urraca” 

18

Mércores/Setembro

 O mércores 18 a escritora Sabina Urraca inicia a xira galega para presentar ‘El celo’ na nosa libraría. 

Conversará con Andrés Fernández Plata

Que luxo ter a Sabina entre nós!

Ás 19:30 horas
Libraría Paz. Pontevedra
Fuxan os ventos

. 50 anos de historia”Fuxan os ventos” 

18

Mércores/Setembro

Concello de Pontevedra

Exposición itinerante ‘Fuxan os ventos. 50 anos de historia’ 

A inauguración será o vindeiro mércores día 18 de setembro ás 19 horas.

Trátase dunha iniciativa que pon en valor a unha das agrupacións máis emblemáticas da música galega a través dunha ampla variedade de formatos que conforman o seu arquivo persoal: fotografías, carteis, instrumentos, poemas, partituras e audios inéditos.

Creanse tamén dúas instalacións sonoras para que o espectador profundice en dous aspectos fundamentais en ‘Fuxan os Ventos’: por un lado o traballo de recollida da tradición oral e o proceso de transformación destas pezas e, por outro, o traballo coral de voces que caracteriza ao conxunto.

Do 19 de Setembro ao 13 de Novembro 
Pazo da Cultura. Pontevedra
compostaxe

“Obradoiro de compostaxe” 

19

Xoves/Setembro

Seguimos co traballo comunitario de horta, onde as persoas que queiran, o precisen e/ou o desexen poden cultivar os seus propios alimentos a aprender sobre o autoconsumo e autoxestión.

Quéreste anotar a este obradoiro???
manda unha mensaxe ao 698 124 762
De 9:30 a 12:30 horas
Horta comunitaria de Cabanas Salcedo, Pontevedra
ensemble

“Inferni d’amore” 

19

Xoves/Setembro

Infermi d’amore
É un ensemble de música antiga Infermi d’amore, para un concerto que terá lugar o vindeiro xoves 19 de setembro (20.30 horas) no Teatro Principal.

Composta por dous violíns barrocos, violoncelo barroco e clave, Infermi d’amore ofrecerá un programa de música con obras de Vivaldi, Corelli e Veracini.

Trátase dunha formación fundada polo violinista Vadym Makarenko no 2019 a partir do entusiasmo e a paixón pola música antiga “creando un espazo de encontro de talentosos intérpretes de diversas culturas e traxectorias musicais”, destaca a Sociedade Filarmónica.

 Ás 20:30
Teatro principal, Pontevedra
word camp

“Wordcamp” 

20,21,22

De venres a domingo/Setembro

Evento organizado por voluntarios da comunidade WordPress Pontevedra e centrado no xestor de contidos web de software libre máis empregado no mundo, que se desenvolverá entre o 20 e o 22 de setembro na Facultade de Comunicación.
Tras catro edicións de éxito, este ano celebraremos un evento de tres días centrado en WordPress como ferramenta fundamental para calquera proxecto de emprendemento.
Dende ás 09:00 horas
Facultade de Comunicación, Pontevedra
Marcos Maceira

“Marcos Maceira” 

20

Venres/Setembro

Marcos Maceira Eiras visítanos para presentar o seu novo libro editado por laiovento e conversará con Diego Bará Louroe Carme da Silva

Ás 19:30 horas
Libraría Paz. Pontevedra
go home

“GO HOME” 

20

Venres/Setembro

Gala benéfica organizada por AFAPO, con motivo do día mundial do Alzheimer.

“GO HOME” é a nova comedia negra de Tito Asorey protagonizada por David Amor e Josito Porto, escrita por José Prieto, en asociación con grandes nomes da nosa escena como José Faro, Laura Iturralde, Patricia Ferreira ou Xavier Porto.

Trátase dunha peza comprometida coa realidade, que conta a historia de David, un fanático das viaxes que xa experimentou todas as andanzas que as axencias de turismo podíanlle ofrecer. Todas, menos unha. Así empeza, para o noso protagonista, un mundo novo de emocións.

Mercar entradas

Ás 21:00 horas
Auditorio Sede Afundación Pontevedra 
Manuel Rivas

“Manuel Rivas” 

21

Sábado/Setembro

Manuel Rivas e a súa nova novela serán protagonistas do vermú entre libros de setembro!
Conversará con Ramón Rozas
Ás 12:30 horas
Libraría Paz. Pontevedra
Poetas en rede

“Encontro de poetas en rede” 

21

Sábado/Setembro

21 de setembro sábado organiza  “Poetas en rede” na deputacion Pontevedra  XXVIII Encuentro de Poetas en Red PONTEVEDRA

Todo o día
Deputación, Pontevedra
Bus vendimia salnés

“Bus da vendima: O Condado do Tea” 

21

Sábado/Setembro

BUS DE VENDIMA O Condado do TEA 

PROGRAMA: 9.30h Saída de Pontevedra / Hiperxel. Praza de Galicia

11.00h Vendima en Adegas Señorío de Louros – Visita á adega e explicación de proceso elaboración – Vendima coas túas propias mans – Cata de mosto e viños da adega maridados cun aperitivo

14.30h Tempo libre para comer en Ponteareas 17.00h Visita guiada ao Castillo de Sobroso  20.00h Chegada a Pontevedra 

Actividade dirixida para maiores de 18 anos – A comida non está incluída – A organización se reserva ao dereito de anulación, se non se cobren un mínimo de prazas – Os horarios de chegada son aproximados

Inscrición 

 Ás 09:30 horas
Hiperxel, praza de Galicia, Pontevedra
Bus da vendima Rosal

“Bus da vendima: O Rosal” 

22

Domingo/Setembro

BUS DE VENDIMA O Condado DO TEA 

PROGRAMA: 9.30h Saída de Pontevedra / Hiperxel. Praza de Galicia

11.00h Vendimia en Bodegas Terras Gauda

14.30h Tiempo libre para comer en A Guarda

17.30h Paseo en Barco histórico por el río Miño

20.00h Llegada a Vigo / 20.30h llegada a Pontevedra

Actividade dirixida para maiores de 18 anos – A comida non está incluída – A organización se reserva ao dereito de anulación, se non se cobren un mínimo de prazas – Os horarios de chegada son aproximados

Inscrición 

 Ás 09:30 horas
Hiperxel, praza de Galicia, Pontevedra
pont-up store

“Pont-Up Store” 

21-22

Sábado, Domingo/Setembro

Décimo primeira edición do espazo de emprendemento Pont-Up Store, que se desenvolverá os días 20 e 21 de setembro en diferentes emprazamentos da cidade. Organizado pola Asociación para o Emprendemento e a Innovación Pont-Up Store, trátase dun evento promovido polo Campus de Pontevedra da Universidade de Vigo, coa axuda do Concello de Pontevedra, como patrocinador principal, e o apoio da Deputación de Pontevedra e a Xunta de Galicia. 

Todo o día
Praza de España, Pontevedra
Blanco cicerón

“Ricardo Blanco Cicerón” 

12

Xoves/Setembro

O 12 de setembro, inaguróuse a exposición ‘O gabinete de Ricardo Blanco Cicerón. Do coleccionismo ao Museo’, no Edificio Sarmiento do Museo de Pontevedra.

Esta mostra, que estará aberta ata o 10 de novembro, ofrece unha visión única sobre Ricardo Blanco Cicerón (Tui, 1844 – Santiago de Compostela, 1926), unha figura clave para a historiografía da arte en Galicia.

A exposición contará con pezas nunca antes vistas, incluídas xoias protohistóricas, moedas, medallas e documentos medievais, ademais de mobiliario orixinal e outros obxectos históricos. 

Do 12 de setembro ao 10 de novembro 2024
Edificio Sarmiento do Museo de Pontevedra.
Mito Meijón

“Mito Meijón” 

5

Venres/Setembro

A sala de exposicións do Liceo Casino acolleu o pasado 5 de setembro a mostra pictórica de Mito Meijón que foi presentada por Antón Sobral. Poderase visitar ata outubro.

Do 5 ao 30 de setembro
Liceo Casino, Pontevedra
espazos limilais

“Ana Cancela” 

6

Venres/Setembro

Palacete das Mendoza

A Deputación de Pontevedra abriu o venres 6 de setembro a exposición “Espazos liminais na miña memoria” de Ana Cancela. 

Estará dispoñible na sala de exposicións do Palacete das Mendoza, ata 22 setembro

Na mostra, a artista traballa na busca de novas formas de expresión coa idea de atopar un espazo fronteirizo entre a abstracción e a figuración, buscando ademais unha connotación no universo galego, os seus códigos visuais, o seu mundo simbólico e o seu patrimonio cultural.

A exposición pode visitarse no horario da sala de exposicións do Palacete: de luns a venres en horario continuo de 9:00 a 21:00 horas e os sábados, domingos e festivos entre as 10:00 e as 14:30 e entre as 16:30 e as 20:00 horas.

Do 6 ao 22 de setembro
Palacete das Mendoza, Pontevedra
Entre tanto

“Entre_tanto” 

16

Venres/Agosto

Exposición fotográfica de Sofía Bértolo Blanco no Centro social A Pedreira na rúa Serra en Pontevedra

A Entre tanto, a vida non deixa de pasar. Entre tantas présas e obrigas, ás veces esquecémonos de respirar. Entre tantos medos, prexuízos, consumo… ás veces esquecémonos de conectar.

Entre tanta suposta vida, esquecémonos de vivir o único real: o noso corpo, o afecto, a natureza. As sensacións sentidas na pel, o vento que move as ramas das árbores, as nosas pálpebras, os paxaros, as olladas alleas, a choiva, as bágoas compartidas, os bicos… e, de súpeto, unha sensación de pertenza, un equilibrio perfecto. No día a día agochado, entre tanto.

Sofía Bértolo Blanco

Do 16 de Agosto ao 15 de Outubro
Rúa Serra 36, Pontevedra
A era das fábulas

“A era das fábulas” 

10 

Mércores/Xullo

O mércores 10 de xullo inaugurouse ‘A era das fábulas. A arte e o poder rexenerador da fantasía’

Unha conversa entre as coleccións de Museo de PontevedraFundación María José Jove e Thyssen-Bornemisza Art Contemporary.

Unha exposición en tres actos baixo os epígrafes “Acto I. Imaxinación-mar”, “Acto II. Transformación-terra” e “Acto III. Renacemento-aire”.

Do 10 de xullo ao 29 de setembro 2024
Museo de Pontevedra
cursos a pedreira

“A Pedreira” 

1

Martes/Outubro

Novos cursos no Centro social A pedreira!
Comezan en outubro, podes inscrever-te na seguinte ligaçom:
Inscreve-te
Rúa Serra 36
Pontevedra
conversas en inglés

“Conversas en inglés” 

1

Martes/Outubro

A actividade de Conversas en inglés ten por obxectivo a creación dun espazo dirixido a persoas entusiastas desta lingua estranxeira. Un lugar onde reunirse e dedicar tempo á práctica da lingua inglesa nun ambiente relaxado, tranquilo e de lecer.
Contaremos cun grupo reducido para participar mediante unha metodoloxía práctica e interactiva nunha inmersión natural en inglés para ampliar vocabulario, mellorar a expresión e gañar fluidez na comunicación.

Trátase dunha actividade continuada polo que a non asistencia a máis de tres sesións suporá a baixa na actividade

Horario: martes alternos de 18:00 a 19:30 (de outubro a xuño)

Público destinatario:  xuvenil e adulto

Inscrición previa na web da biblioteca dende o 11 ao 18 de setembro.

Do 11 ao 18 inscrición
Biblioteca pública. Pontevedra
clubs lectura

“Clubs de lectura” 

1

Martes/Outubro

O día 11 de setembro ás 9:00 h. ábrese o prazo de inscrición para os clubs de lectura. A inscrición poderá facerse a través do formulario da páxina web da biblioteca ata o día 18 de setembro.

Este ano contaremos con cinco clubs dirixidos a público xuvenil e adulto:

 Galego : xoves alternos de 19 a 20 h.

Castelán : todos os mércores de 17 a 18 h.

Francés : martes alternos de 19 a 20 h

Voz de muller : luns alternos de 19 a 20 h.

Cómic: Un xoves ao mes

Inscrición previa na web da biblioteca a partir do 11 de setembro ás 9:00 horas ata o 18 de setembro ás 21:00 horas.

É imprescindible ter o carné da biblioteca para poder inscribirse no club.

Cada usuario/a só poderase inscribir nun club, de quedar prazas vacantes podería facelo en calquera outro.

A participación no club conleva a aceptación dunhas normas básicas.

Para máis información podes escribirnos a este correo electrónico biblio.clubdelectura.pontevedra@xunta.gal

Do 11 ao 18 inscrición
Biblioteca pública. Pontevedra

Xa podes anotarte

emocionarte

“EmocionArte e ComunicArte” 

25

Mércores/Setembro

Actividad didáctico-educativa sobre xestión emocional e comunicación
mércoles 25 de setembro  de 17.00 a 20.00
no local da asociación Boa Vida, Rúa Echegaray 10, en Pontevedra
Inscrición obrigatoria e máis info neste enlace
Preguntas ou dúbidas a: ana.delvalle@ticket2europe.eu  

De 17:00 a 20:00 horas
Rúa Echegaray nº 10, Pontevedra
cata da vendima

“Cata de vendima” 

27

Venres/Setembro

O Roteiro do Viño Rías Baixas

CATA DE VENDIMA

 O Roteiro do Viño Rías Baixas, achégache a vendima! Goza catando diferentes variedades de uva, mostos e viños da D.O. Rías Baixas maridados con conservas de ANFACO-CECOPESCA Catador: Nacho Costoya

IMPORTANTE : – Actividade para maiores de 18 anos. – A organización resérvase o dereito de modificar ou cancelar esta acción.

Inscrición

 Ás 20:00 horas
Pazo de Mugártegui, Pontevedra
legacy

“Michael’s Legacy” 

27

Venres/Setembro

Afundación

Michael’s Legacy, avalado por el Club de Fans de Michael Jackson en España como el mejor espectáculo musical totalmente en directo, sobre El Rey del Pop en la actualidad, es un homenaje a Michael Jackson, creado por la compañía Jackson Dance Company.

Michael’s Legacy es el primer homenaje a Michael Jackson que ofrece el concepto de espectáculo que tenía el rey del pop en sus giras, con voces y música en directo. Michael’s Legacy es un espectáculo apto para todas las edades, en el cual se podrá disfrutar de una escenografía muy cuidada, con réplicas exactas de las canciones originales y un toque especial dado por la compañía en sus representaciones, con un gran cuerpo de baile formado por 8 bailarines, una increíble banda de 4 músicos y voces en directo, que nos transmitirán a la perfección los mensajes que el rey del pop nos hacía llegar en cada una de sus actuaciones, haciéndote vivir una increíble historia como si tú fueses el protagonista.

Mercar entradas

Ás 21:00 horas
Auditorio Sede Afundación Pontevedra 

máis artigos

♥♥♥ síguenos ♥♥♥