concerto no teucro

“Música e baile tradicional” 

16

Luns/Xuño

Universidade de Vigo

A Aula de Música Tradicional do Campus de Pontevedra leva a cabo, ao longo do mes de xuño, unha serie de concertos en diferentes prazas da cidade. Promovido pola Vicerreitoría do campus, coa colaboración do Concello de Pontevedra, o ciclo continúa nesta xornada cunha actuación do seu grupo de gaitas e percusión na praza do Teucro, onde estará acompañado polo Coro Universitario Polifónico do campus.

Ás 20:30 horas
Praza do Teucro, Pontevedra 
De eva a maruxa

“De Eva a Maruxa” 

17

Martes/Xuño

Consello da Muller Nova

Inauguración da exposición de “Eva a Maruxa”.

A inauguración da mostra será o 17 de xuño ás 11:30 horas no mercado municipal de Pontevedra.

Do 17 de xuño ao 10 de setembro
Mercado de Pontevedra 
diagnose do programa de maiores

“Diagnose do programa universitario de maiores” 

17

Martes/Xuño

ASAEXS

Presentación na Casa das Campás a publicación  “Diagnose do Programa Universitario de Maiores na UVigo

Trátase da presentación dun traballo elaborado pola profesora Iria Vázquez Silva, en colaboración cas asociacions de estudantes sénior dos tres Campus, Pontevedra, Ourense e Vigo. 
Participamos os estudantes dos tres campus, en  grupos de debate sobre o PUM, sobre as súas fortalezas, debilidades e suxerencias de mellora.
Foi publicado na  Revista de Investigación en Educación da UVigo,   https://revistas.webs.uvigo.es/index.php/reined
Ás 19:00 horas
Casa das campás, Pontevedra 
diversidade nas aulas

“A diversidade nas aulas” 

17

Martes/Xuño

Diario de Pontevedra

Coloquio “A diversidade nas aulas… Materia pendente?”, que abordará as conclusións dun estudio pioneiro realizado polo Concello de Pontevedra nos insituttos. Interveñen Anabel Gulías, concelleira de Igualdade,  Eva Mejuto, de Pinto e Maragota; e o equipo de Igualdade do IES Valle Inclán. Estará moderado pola xornalista Belén López.

Ás 19:00 horas
3º andar do Teatro principal, Pontevedra 
Altares

“Creación de Altares”

17

Martes/Xuño

La Verbena

OBRADOIRO – “Altares: símbolos, memoria e transformación” 
Duración: 2 horas. Prezo: 20 € (inclúe materiais e recursos teóricos).
Impartido: @elvira_jardon e @paula_vilaseiroa
Os altares foron, desde o comezo da historia humana, unha forma de dar forma ao invisible. Lugares simbólicos onde expresar o amor, o duelo, a gratitude, o desexo, a fe ou o recordo. Este taller é unha proposta para achegarnos ao seu significado profundo e ao seu uso como ferramenta emocional e poética.
O obradoiro constará de dúas partes:
Parte teórica: Historia e contextualización cultural do altar.
Ampliación do concepto: o altar como linguaxe simbólica.
O altar nas nosas vidas: significado, formas e función.
Parte práctica: Como crear un altar persoal: elementos, intención, proceso.
Creación dun altar efémero e colectivo como acto simbólico de despedida: deixaremos atrás o que xa non nos pertence, o que se cumpriu, o que queremos soltar.
Acompañarémolo de pequenas sorpresas e materiais que poderás levar contigo.
Prazas limitadas. Reserva a túa canto antes.
Contacta por privado o al 673 558 463 vía Whatsapp.
Ás 19:00 horas
La Verbena, rúa Charino 29, Pontevedra.
Laura Bugalho

“Laura Bugalho” 

18

Mércores/Xuño

Avante LGBT+ Pontevedra

A activista trans Laura Bugalho falará da discriminación que sofre a xente trans no deporte a través dunha charla “Memoria LGBTIQA+ galega” na Casa das Campás. Será o mércores 18 ás 19:00 horas.

Ás 19:00 horas
Casa das campás, Pontevedra 
cronopios

“Enrique Vila-Matas”

18

Mércores/Xuño

Librería Cronopios

Presentación do libro “Canon de cámara oscura” de Enrique Vilas-Matas.

Estará acompañado pola xornalista Susana Pedreira de Onda cero

Ás 19:30 horas
Librería Cronopios, Pontevedra.
As historias que nos contaran

“Henrique Egea”

18

Mércores/Xuño

A Pedreira

Henrique Egea apresenta As histórias que nos conta(ra)m… na Galiza e em Portugal
O lançamento da última novidade editorial da Através decorrerá no Centro Social A Pedreira (r/Serra,36), na quarta-feira, dia 18 de junho, às 21h.
O evento contará com a presença do autor, Henrique Egea, que estará acompanhado polo antropólogo Rafael Quintía.
Este ensaio histórico analisa o viés historiográfico e trata de oferecer um outro relato, centrado na realidade galega, útil para rever o que fomos e o que somos.💭
Ás 21:00 horas
C.S. A Pedreira, Pontevedra.
arte en tempos de guerra

“Arte en tempos de guerra”

19,20

Xoves,venres/Xuño

Facultade de Belas Artes

Seminario-obradoiro de filosofía práctica a cargo de Elodie Moreau

Xoves: “Como pode a arte axudar á paz en tempos de guerra?”. Facultade de Belas Artes de Pontevedra, Espazo 14.

Venres : Conversa filosófica “É a arte unha vía de escape do mundo ou un xeito de transformalo?”. Arredor da instalación Barricade, Ruínas de San Domingos.

Inscrición en jofre@uvigo.es, antes do martes 17 de xuño.

Permítense oíntes sen necesidade de matrícula. A actividade desenvolverase en inglés.

Xoves de 10 a 12 h e de 16 a 19 hs  Facultade Belas Artes
Venres ás 12 horas Ruinas de San Domingos 
Carlos Cayón

“Carlos Callón” 

19

Xoves/Xuño

Libraría Paz

Presentación do libro Vidas e historias LGBT da idade media de Carlos Callón. O autor conversará con Nee Barros.

Neste libro analízase a evolución da diversidade LGBT ao longo da Idade Media, centrándose sobre todo en documentación galega e portuguesa, que ofrece información crucial nunha dimensión europea. Abórdanse nas súas páxinas diferentes relatos e retratos que quebran o que podiamos pensar sobre esa etapa: o matrimonio máis antigo entre homes de que conservamos documento na Península (entre Pedro Díaz e Munio Vandílaz, en 1061); o «amor» entre Sancha Pérez e Maria Leve na Compostela do século XIII; 

Ás 19:00 horas
Libraría Paz, Pontevedra 
xerardo en nemonon

“Xerardo Estévez” 

19

Xoves/Xuño

Ateneo de Pontevedra

O Ateneo de Pontevedra organiza o xoves 19 de xuño ás 19:00 horas a conferencia titulada Santiago de Compostela, entre hoxe e mañá“, que será impartida polo recoñecido arquitecto Xerardo Estévez.

O acto, que terá lugar no Espazo Nemonon, contará tamén coa presenza do arquitecto Mauro Lomba, quen acompañará ao relator.

Esta conferencia forma parte do ciclo Rompendo as barreiras do localismo, unha iniciativa que o Ateneo de Pontevedra realiza en colaboración coa Federación de Ateneos de Galicia.

Ás 19:00 horas
Espazo Nemonón, Praza da Ferrería 1, Pontevedra 
Sentir e consentir

“Sentir e consentir”

19

Xoves/Xuño

Únete ao noso programa de xuño en Cambiar Xuntas coa nosa invitada especial Noemí Rodríguez, tamén coñecida como @presenza.de.luz . Podes conseguir o pase mensual e participar en ambos os talleres, que están conectados entre si, ou vir só a un dos dous e comprar a entrada individual (se traes a unha amiga, aforrádesvos 15 euros entre as dúas!).

Entradas a partir de 34 Euro.

Apúntache ata o 4 de Xuño e asegura o teu pase mensual!

Reservas en: www.speakwithcharlotte.com/cambiarjuntas 

De 20:15 a 22:00 horas
galería TANGRAM, C/Rosalía de Castro 32, Pontevedra.
cata de viños

“Cata de contrastes” 

19

Xoves/Xuño

Gastroteca Kamal

Cata de viños dirixida por Jacobo Rivas na vinoteca Kamal. Xoves 19 ás 20:30 horas.

Prezo 45 Euros, pinchos ao final da cata

Ás 20:30 horas
Kamal, rúa Don Gonzalo 2, Pontevedra 
Camino santiago

“Pepe Varela” 

19

Xoves/Xuño

Deputación de Pontevedra

Inauguración da exposición “O camiño portugués” de Pepe Varela no Palacete das Mendoza.

Na mostra, Pepe Varela, de 88 anos e cunha traxectoria marcada pola paixón e o talento, invítanos a descubrir o Camiño Portugués a través dos seus ollos, percorrendo este itinerario desde unha perspectiva íntima e emocional.

Do 19 de xuño ao 9 de Xullo
Palacete das Mendoza, Pontevedra 
Gervasio Sánchez

“Gervasio Sánchez” 

20

Venres/Xuño

Libraría Paz

O venres 20 dentro do marco da Bienal de Pontevedra, temos visita a libraría de Gervasio Sánchez que firmará os seus libros.

A partir das 18:30 horas
Libraría Paz, Pontevedra 
Gala lírica

“Gala lírica galega” 

20

Venres/Xuño

Concello de Pontevedra

Gala Lírica Galega, ópera e zarzuela.Obras de Donizetti, Freire, Mozart, Verdi.
Venres no teatro principal ás 20:00 horas. Entrada libre
Ás 20:00 horas
Teatro principal, Pontevedra 
microrrelato

“Poesía e Microrrelato” 

20

Venres/Xuño

Poesía e microrrelato Pontevedra

Derradeira sesión de poesía e microrrelato enPontevedra ata despois do verán.

Mercedes Sancho, Javier Santalices, Noemia Veiga e Uxío Torreira encherán de poesía o Forno.

Ao rematar, unha rolda de micro aberto (2 minutos cada unha)

Ás 20:30 horas
Cafetería O Forno, Pontevedra 
Patrice Warrener

“Patrice Warrener” 

20,21,22

Venres,sábado,domingo/Xuño

Bienal

PEREGRINACOLOR Un acontecemento único de luz e de música, unha primicia para Pontevedra. Patrice Warrener proponnos unha “iluminación policromada contemplativa” do santuario da Peregrina de Pontevedra. A intervención desenvolverase os días 20, 21 e 22 de xuño de 2025 desde o anoitecer 23:30 á medianoite (ou a 1 a.m.). En paralelo á escenografía en cor da Peregrina celebrarase, o día inaugural, un concerto de música contemporánea e os días sucesivos o seu desenvolvemento terá un fondo de música sacra, como o gregoriano, e música barroca. A iluminación polícroma da fachada do Santuario será fixa, estática e sen cambios, cunha soa versión. Tras un centenar de iluminacións polícromas en fachadas dos máis prestixiosos edificios, igrexas ou catedrais en Francia, Europa – unha decena delas en España- e no resto do mundo, esta será a primeira vez que a técnica CHROMOLITHE preséntese en Pontevedra. Unha técnica que foi desenvolta por Patrice Warrener a partie de 1987, cuxa única patente posúe o autor. Para obter mellores resultados na intervención é necesario que a Praza da Peregrina estea o máis escura posible.

Ás 23:30 horas
Praza da Peregrina, Pontevedra 
Marica

“Feira Marica”

21

Sábado/Xuño

Galería Tangram

O orgullo está á volta da esquina e con el chega a feira Marica que será o vindeiro 21 de xuño en Pontevedra
Dende artesanía LGBT até espazos para crianzas todes sodes benvides a desfrutar da diversidade en todas as súas formas
Entidades colaboradoras: Unidade de diversidade da UVigo, Galería Tangram, Avante LGBT+ Pontevedra e Sede Arte
De 10:00 a 21:00 horas
Xardíns de Marescot, Pontevedra.
dia de ioga

“Día internacional do Ioga”

21

Sábado/Xuño

Concello de Pontevedra

Pontevedra celebrará o próximo sábado 21 de xuño de 2025 o Día Internacional do Ioga con actividades gratuitas.
A organización instalará dous escenarios con 12 monitores. Nun chamado «Luna» haberá un ambiente máis relaxado con actividades de meditación e relaxación. E noutro, chamado «Sol», haberá un ambiente máis activo.

Programación do evento

ESCENARIO SOL
-10:00 horas: Ashtanga Yoga con Dani Rodríguez (Sama Yoga)
-11:30 horas: Hatha Yoga con Maite (Yogym)
-13:00 horas: Vinyasa Yoga con Uxía (Bailalúas)
-16:30 horas: Yoga en Familia con Ela (Flow Yoga)
-18:00 horas: Acroyoga con Toni (Flow Yoga)
-19:30 horas: Concerto Mantras con Ana Vidal

ESCENARIO LUNA
-10:00 horas: Yoga Suave con Eloísa (Musggo Yoga)
-11:30 horas: Tao Yoga con Dinorah (Mundo Tao)
-13:00 horas: Yin Yoga Integral + Presentación Libro con Esther Vázquez
-16:30 horas: Meditación con Anxo (Loto Yoga)
-18:00 horas: Yoga Tibetano con Alberto Gil
-19:30 horas: Pranayama Yoga Nidra con Michael (Espaciom)

Paralelamente haberá un mercadillo dedicado á saúde e ao benestar, de 10.00 a 20.30 horas.

De 10:00 a 21:00 horas
Entorno do río Gafos, Pontevedra.
pontevedra poética

“Pontevedra poética” 

21

Sábado/Xuño

Tes bo calzado? Prepárate, que chegan os primeiros paseos de Pontevedra(d)escrita!
Ven connosco seguir as pegadas da poesía en Pontevedra. Os días 21 de xuño (11h e 19h) e 4 de xullo (19h). Inscríbete en: https://apuntate.pontevedra.gal/visitas-guiadas-pontevedra-poetica/ 
De Paio Gomes Charinho, pasando por Filomena Dato e chegando a Fran Cortegoso, daremos unha volta aos oito séculos de intensa e profunda relación entre Pontevedra e a poesía en galego.

Máximo 30 participantes. Duración Hora e media

Ás 11:00 e ás  19:00 horas
Pontevedra 
4ponlas

“Voltar aos mercados e feiras” 

21

Sábado/Xuño

ACUGA

En colaboración coa Federación de Consumidores e Usuarios (#CECU), Amigas da Terra, REAS Galicia e o Sindicato Labrego Galego, a Asociación de Consumidoras e Usuarias Galegas ACUGA organiza un faladoiro sobre alimentación no #Mercado4Ponlas de #Pontevedra (Praza de Barcelos)
Tamén haberá cata de produtos de tempada

Ás 11:00 horas
Praza de Barcelos, Pontevedra 
Lucía Viéitez

“Lucía Viéitez” 

21

Sábado/Xuño

Libraría Paz

Presentación do libro Problemas en el paraíso de Lucía Viéitez. A autora conversará con Cynthia Menéndez.

Problemas no paraíso recolle momentos da vida cotiá. Cunha voz honesta e sen artificios, estes poemas retratan o amor que se desgasta, a rutina que asfixia e os silencios que din máis que as palabras. Hai nostalxia, pero tamén ironía; hai desencanto, pero tamén unha mirada cara ao perdido. Cada verso é unha porta entreabierta ao que se esconde detrás das aparencias: o descoido que rompe a harmonía, o detalle que cambia unha historia, a certeza de que a perfección non existe

Ás 12:30 horas
Libraría Paz, Pontevedra 
Carlos Bunga

“Carlos Bunga” 

21

Sábado/Xuño

Bienal

O traballo de Carlos Bunga (1976, Porto, Portugal) expón unha reflexión sobre a fraxilidade e a transitoriedade das estruturas que habitamos, xa sexan arquitectónicas, sociais ou simbólicas. Por medio de materiais efémeros coma cartón, cinta adhesiva e mobles reutilizados, crea arquitecturas precarias que convidan a imaxinar novas formas de habitar máis abertas, sensibles, sostibles e humanas. A través das súas instalacións, pinturas, esculturas e películas, que inclúen unha dimensión performativa na que se percibe a acción de construír e destruír, Bunga desafía a rixidez das estruturas fixas e propón sistemas máis flexibles, onde a fraxilidade e a inestabilidade son un punto de partida para o cambio. A súa obra é profundamente política, unha invitación para repensar como habitamos e que podemos construír se nos afastamos da monumentalidade e das estruturas permanentes que reflicten o poder para propoñer, no seu lugar, arquitecturas temporais, móbiles e sensibles á contorna.

Nas súas pezas para a Bienal de Pontevedra, Carlos Bunga rescata a experiencia da Ciudad de los Muchachos de Benposta (Ourense), unha cidade-circo autoxestionada que, durante a Ditadura franquista, xurdiu como unha forma de resistencia cotiá.

Ás 17:00 horas
Fundación RAC, Pontevedra 
Raida Adon

“Raida Adon” 

22

Domingo/Xuño

Bienal

Me and My Soul (A miña alma e mais eu): un espectáculo de Raida Adon

O traballo da artista palestina Raida Adon (1972, Acre, Israel) abarca disciplinas coma a pintura, o cinema, o espectáculo e o activismo. Criada nunha familia multiétnica e multirrelixiosa nunha rexión marcada polo conflito, a súa obra eríxese como unha resposta crítica ás estruturas de poder dominantes que oprimen os pobos colonizados e reflicte as tensións identitarias dunha rexión arrasada polo conflito. Adon explora cuestións que xorden da súa propia biografía, coma a guerra, o desprazamento e a pertenza, mentres aborda os efectos devastadores das loitas territoriais e políticas. O seu traballo convértese nunha ferramenta fundamental para desenmascarar a violencia estrutural que subxace tras a causa palestina ao ofrecer unha visión crúa das contradicións inherentes á ocupación.

Ás 12:00 horas
Edificio Castelao do Museo, Pontevedra 
Antón Sobral

“Exposición de poesía e pintura” 

6

Venres/Xuño

Liceo Casino

Exposición de poesía e pintura de Tina Otero, Isabel Ramírez e Manuel Muñoz.

Nodo Resonante, instante que vibra e conecta Cocreando.

Do 6 ao 20 de xuño no Liceo Casino

Do 6 ao 20 de Xuño
Liceo Casino de Pontevedra 
Pontevedra é boa vila

“Filla das ondas”

2

Luns/Xuño

Kalandraka

Ata o 27 de xuño o Espazo Nemonon de Pontevedra acolle a exposición das ilustracións orixinais de Xosé Cobas para a edición renovada do libro “Filla das ondas”, con texto de Fina Casalderrey, 25 anos despois da súa primeira publicación.
As rúas e as prazas da zona monumental, as fontes e os escudos heráldicos, algúns dos recunchos máis emblemáticos e das edificacións históricas máis senlleiras… As abraiantes arquitecturas representadas por Xosé Cobas -cun minucioso estudo da luz, das texturas, do cromatismo terroso das imaxes- cobran vida diante dos nosos ollos nesta privilexiada ubicación, en pleno corazón da Boa Vila.
A mostra pódese visitar de luns a venres entre as 12:00 e as 14:00 horas, e polas tardes con cita previa contactando con Kalandraka Editora no número de teléfono 667 401 563.
Do 2 ao 27 de xuño
Espazo Nemonón, Praza da Ferrería 1, Pontevedra.
Jose Miranda

“Jose Miranda”

31

Sábado/Maio

C.S. A Pedreira

Exposición de Jose Miranda Espaços de preservaçom”

Estas composiçons som espaços simbólicos
onde se preservam perguntas fundamentais: Quem pode ocupar o poder?
Que corpos ficam à margem? Onde se
guarda a linguagem quando foi arrincado
do sujeito?
Cumha linguagem plástica que oscila entre
o minimalista, o ritual e o concetual,
Miranda oferece-nos umha poética visual
do baleiro, o sacrifício e a exclusom. O sacro já nom está no centro, senom nas margens; o elevado volve-se frágil; o corpo é testemunha e ferida.
Do 31 de Maio ao 1 de agosto
A Pedreira, rúa Serra 36, Pontevedra.
Patricia Maquieira

“Dulce presencia” 

12

Luns/Maio

Exposición de Patricia Maquieira Franco “Dulce presencia” en Confitería Landín na rúa Michelena.

Do 12 de Maio ao …
Confitería Landín, rúa Michelena, Pontevedra 
Exposicion tabula rasa Alfonso sola

“A la intemperie” 

8

Xoves/Maio

Tábula Rasa

Exposición de Alfonso SolaA la intemperie” en Tabula rasa rúa Marquesa 4

Do 8 de Maio ao …
Tábula Rasa, Pontevedra 
arranquismos

“Arranquismos, parcheados” 

4

Venres/Abril

Arranquismos parcheados e sobreinformación” estará aberta ao público de xoves a sábado en horario de 12:30 a 16:30 e de 19:30 a 00:30.
E os mércores e  domingos só en horario de mañá. Proxecto de Mambo Gallery

 Do 4 de abril a Setembro 2025
La Fonda rúa Isabel II 6, Pontevedra.
Camaradas

“Camaradas” 

28

Venres/Marzo

Fundación Manuel Moldes

A Fundación Manuel Moldes presenta Camaradas, unha exposición na que reúne a Manuel Moldes con Mon Vasco, Ignacio Basallo, Luís Borrajo, Guillermo Monroy, Correa Corredoira, Xaime Cabanas, Jorge Barbi e Francisco Mantecón tomando como nexo a amizade que Moldes compartía con cada un deles». Dende a Fundación Manuel Moldes engadiron que «a maioría destes artistas, así como o propio Moldes, foron integrantes de Atlántica (grupo renovador da plástica galega nos anos 80 do pasado século) e deron, e inda dan, forma ó panorama artístico de Galiza». A Voz de Galicia

Do 28 de Marzo a Novembro 2025
Fundación Manuel Moldes, Pontevedra.
Visita as ruinas santo Domingo

“Ruinas de San Domingos” 

15

Sábado/ Marzo

Museo de Pontevedra

 Visita as Ruínas de San Domingos, un dos edificios máis emblemáticos da cidade de Pontevedra, que forma parte do conxunto de sete edificios do noso Museo. Pódense visitar os restos do que foi o convento dominico da cidade, con moito que ver:

➤ A súa cabeceira de cinco ábsidas, única no gótico galego
➤ A serie de capiteis e elementos decorativos
➤ A colección de laudas, sepulcros, escudos e outros elementos escultóricos
Pódese visitar: De martes a sábado: 10h a 14h e 16:00h a 19:30h
Domingos e festivos: 11h a 14h
Desde o 15 de marzo ata o 31 de outubro
Ruinas de San Domingos, Pontevedra.

Proximamente

máis artigos

♥♥♥ síguenos ♥♥♥