a erba errante

“A herba errante!”

17

Luns/Febreiro

Cineclube Pontevedra

A HERBA ERRANTE  Ukigusa 
Yasujiro Ozu, 1959, Xapón, 119 min., VOSE
Lingua orixinal: xaponés

Unha compañía de teatro itinerante chega a unha vila costeira do sur de Xapón. O seu propietario e actor principal, Komajuro, visita a súa antiga amante, Oyoshi, que rexenta un pequeno restaurante na poboación, e o seu fillo ilexítimo, Kiyoshi, que traballa na oficina de correos coa idea de aforrar para os seus estudos universitarios. Kiyoshi cre que Komajuro é o seu tío e á actual moza de Komajuro, a actriz principal da compañía, non lle fai ningunha graza o seu encontro con Oyoshi.

Ás 20:30 horas
Teatro principal, Pontevedra.
Consello da Galiza

“Consello da Galiza” 

18

Martes/Febreiro

Estrea: “Consello de Galiza (goberno galego no exilio) de 45′
Presentación do filme: Xan Leira, Valentín García Gómez
Conversatorio moderado por Guillermo Campos: “Alfonso Castelao, onte, hoxe e mañá” coa participación de Teresa Táboas, Francisco Franco “Chesqui”, Xoán Antón Pérez Lema 

Ás 18:30 horas
Edificio Castelao do Museo de Pontevedra 
Non esperes demasiado do fin do mundo

“Non esperes demasiado da fin do mundo”

18

Martes/Febreiro

Cineclube Pontevedra

NON ESPERES DEMASIADO DA FIN DO MUNDO Nu astepta prea mult de la sfârsitul lumiiaka 
Radu Jude, 2023, Romanía, 163 min., VOSE
Lingua orixinal: romanés / Non recomendada para menores de 18 anos

Angela é axudante de produción audiovisual e conduce por Bucarest durante unha extenuante e inhumana xornada laboral á procura de posibles protagonistas para un anuncio corporativo de prevención de riscos laborais. De casa en casa, entrevista persoas que sufriron accidentes e divírtese de cando en vez facendo viral o seu avatar bigotudo e malfalado. Ao presente de Romanía, contraponlle o director romanés segmentos dun filme pretérito (Angela merge mai departe, 1981) de Lucian Bratu, sobre a vida dunha muller taxista, tamén chamada Angela, na Romanía de Ceaușescu. As dúas épocas chocan e compleméntanse nunha sátira irreverente sobre a sociedade contemporánea, o capitalismo, os medios de comunicación e a publicidade.

Ás 20:30 horas
Teatro principal, Pontevedra.
Ghuassap

“Ghuassap” 

19

Mércores/ Febreiro

Facultade de Comunicación

A Aula de Cine da Facultade de Comunicación acolle unha nova sesión da Máster Class Audiovisual Galego Augal, promovida co patrocinio da Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic), da Xunta de Galicia, e coordinada polos profesores Miguel Anxo Fernández e Paulino Pérez.

Dedicada á serie de televisión Ghuassap, a proxección de capítulos desta serie verase complementada por un coloquio co seu director, Luis Avilés.

Ás 16:00 horas
Facultade de Comunicación, Pontevedra.
sinfonia fantástica de Berlioz

“Olladas musicais” 

19

Mércores/Febreiro

Museo de Pontevedra

Un viaje musical entre el amor, los sueños y la obsesión: la Sinfonía fantástica de Berlioz

A través de charlas interactivas e audicións comentadas, achegaráselle este xénero musical a un público adulto, ao proporcionar un espazo de encontro cultural no que quen participe poida explorar, aprender e gozar de obras clásicas emblemáticas.

O curso será impartido por Sara Domínguez Lloria, licenciada en Música con especialidade en Piano, doutora en Educación pola Universidade de Vigo e cun mestrado en Teatro e Artes Escénicas e outro en Dirección e Xestión de Centros Educativos.

De 19:00 a 20:30 horas
Edificio Castelao do Museo de Pontevedra 
Taller limpieza

“Produtos de limpeza” 

19

Mércores/Febreiro

Pontebrújula

Aprende como facer produtos de limpeza, coidando o teu peto e o planeta! Tes unha oportunidade única para aprender a crear produtos de limpeza caseiros, ecolóxicos e efectivos. Non importa se xa formas parte de Pontebrújula ou se é a primeira vez que nos visitas: este taller é para ti!

Material que necesitas traer: Un pulverizador. Unha cubeta de xeo (do tamaño das pastillas do teu lavalouzas).

O que che levarás a casa: Pastillas para o lavalouzas feitas por ti. Un limpador xenérico para o teu fogar ou oficina.

O que aprenderás: Receitas fáciles, económicas e ecolóxicas. Como reducir residuos e coidar do planeta con pequenos cambios. A crear produtos prácticos para o teu día a día.

Prezo: 10€.  Reserva a túa praza escribíndonos por redes ou a hola@pontebrujula.com . Prazas limitadas. 

Ás 19:30 horas
Pontebrújula, Michelena 1, Pontevedra 
first cow

“First Cow” 

19

Mércores/ Febreiro

Fundación Cuña-Casasbellas

Ciclo de cine “Outras terras, outros ámbitos

FirstCow de Kelly Reichardt Ano 2019 Duración 121 min. País Estados Unidos  

Narra a historia dun cociñeiro (John Magaro) contratado por unha expedición de cazadores de peles, no estado de Oregón, na década de 1820. Tamén a dun misterioso inmigrante chinés (Orion Le) que foxe duns homes que lle perseguen, e da crecente amizade entre ambos nun territorio hostil.

A entrada é libre e gratuíta, ata completar aforo.

Ás 20:00 horas
Sala Versus, Pontevedra.
cata de viños

“Cata de viños” 

19

Mércores/ Febreiro

Mergúllate nunha experiencia única de sabores.

O 19 de febreiro, ás 20:30h, convidámosche a unha cata exclusiva de tintos onde cada viño estará acompañado da súa maridaxe perfecta. Prazas limitadas: Máximo 15 persoas Prezo: 18€

Reserva a túa praza 646 85 18 45

Vive unha velada especial no Toro Pontevedra, rodeado de bo viño, gastronomía e o mellor ambiente. Apúntaste? Non tardes en reservar!

Ás 20:30 horas
El Toro, rúa Real 18, Pontevedra.
Karin Sanders

“Karin Sanders” 

20

Xoves/Febreiro

Facultade de Belas Artes

Coincidindo coa clausura da súa exposición Kitchen Pieces, a artista alemá Karin Sander protagoniza un coloquio na Sala Universitaria Profesor Manuel Moldes. Aberta ao público, trátase dunha charla centrada no traballo dunha artista formada na Academia de Belas Artes de Stuttgart e no Whitney Museum of American Art de Nova York, que ao longo das últimas tres décadas protagonizou exposicións individuais en espazos como o MoMa de Nova York, a Galería Estatal de Stuttgart, o centro de arte Haus am Waldsee de Berlín ou a Bienal de Arquitectura de Venecia.

Ás 12:00 horas
Facultade de Belas Artes, Pontevedra 
Explorar o amor

“Explorarte no amor” 

20

Xoves/Febreiro

EXPLORARTE NO AMOR Un taller de arteterapia para redescubrir como amas Febreiro é o mes do amor… pero, como inflúen as túas experiencias e crenzas na forma en que che relacionas? Neste taller único, usaremos colaxe e arteterapia para explorar as nosas emocións, vínculos e necesidades no amor. A través de recortes de revistas e xornais, darás forma aos teus sentimentos dunha maneira visual, creativa e poderosa. 
Neste espazo de auto descubrimento poderás:  Reflexionar sobre as túas experiencias e patróns emocionais nas relacións.  Conectar co amor propio como base para construír vínculos sans.  Explorar e expresar as túas emocións a través dunha colaxe persoal. Fomentar a autoaceptación e a autenticidade nas túas relacións.
Imparte: @danielafigueredo.psic Psicóloga especialista en arteterapia. Inclúe: Todo o material, bebidas e snacks Prezo: 30€ por persoa Para todos os públicos. Prazas limitadas, reserva a túa e empeza esta viaxe de autoconocimiento.
De 19:00 a 21:00 horas
Rúa Alfredo García Alén baixo, Pontevedra 
Porteiro

“María Xosé Porteiro” 

20

Xoves/Febreiro

Libraría Paz

Maria Xose Porteiro presenta o seu libro ‘As benfaladas’ acompañada por Paula Cabaleiro

 

Ás 19:30 horas.
Libraría Paz, Pontevedra.
Amnesia
adiado

“Francisco Lorenzo” 

20

Xoves/Febreiro

Cronopios

Francisco Lorenzo xúntase coa booktuber María “Bambú” para presentar o seu novo thriller Amnesia (Roca Editorial). Despois do éxito de El manipulador, o escritor santiagués repite fórmula para contar a historia de Arturo, un home que sofre episodios de olvido e é acusado inxustamente de delitos.

Ás 19:00 horas
Librería Cronopios, Pontevedra 
lago cisnes

“El lago de los cisnes” 

20

Xoves/Febreiro

Afundación

O lago dos cisnes

A Princesa Odette, é victima dun Feitizo lanzado polo malvado feiticeiro Rothbart, que a transforma nun Cisne durante o día. Só na noite pode retomar a súa forma humana xunto ao lago encantado. No primeiro acto o príncipe Sigfrido atópase con Odette na súa forma humana e namóranse. Ela explícalle que só o xuramento de amor verdadeiro de alguén que nunca amou antes pode romper o feitizo.

Ás 20:30 horas
Auditorio de Afundación, Pontevedra 
4x4 Ron lalá

“4×4 Ron Lalá”

20

Xoves/Febreiro

Concello de Pontevedra

Unha viaxe ás catro primeiras obras de Ron Lalá. Un percorrido polas escenas esenciais dos espectáculos que a consolidaron como unha das compañías máis premiadas e aclamadas pola crítica e público: “Mi misterio del interior”, “Mundo y final”,

Time al tiempo” e “Siglo de Oro, siglo de ahora”. Unha ruta teatral e musical, co desafío de revivir as catro propostas e dar conta da evolución creativa e escénica dos “ronlaleiros”. 4 espectáculos nun.

Creación colectiva: Ron Lalá. Dirección: Yayo CáceresDuración: 80 min

Ás 21:00 horas
Teatro principal, Pontevedra.
pinturas negras

“Pinturas negras” 

21

Venres/Febreiro

Museo de Pontevedra

Pinturas Negras

Unha exploración das posibilidades formas e simbólicas do negro, coa serie de Goya como referencia.
Con obra de Acacia Ojea, Alejandra Pardo, Araceli Liste, Erik Balbuena, Fernando Casás, Fruela Alonso, Juan Loeck, Juan Rivas, Julia Huete, Lúa Gándara, Miguel Teixeira, Mónica Cabo e Sol Mussa.
Comisariada por Ignacio Pérez Jofre e Sandra MG.
 Un proxecto de Museo de Pontevedra e Facultade de Belas Artes da Universidade de Vigo.
Do 21 de febreiro ao 6 de Abril 2025
Edificio Sarmiento do Museo de Pontevedra 
poesía e microrrelato

“Poesía e microrrelato” 

21

Venres/Febreiro

Poesía e microrrelato Pontevedra

Poesía e Microrrelato na cafetería O forno Pontevedra

Niña Burbuja, Aarón Franco, Elisabeth Oliveira, Carmen Quinteiro.

Ao rematar haberá unha rolda de micro aberto (2 minutos cada unha).

Entrada libre, unha consumición mínimo.

Ás 20:30 horas
CafeteríaO Forno rúa Riestra, Pontevedra 
Clara Corbelle

“Clara Corbelhe” 

21

Venres/Febreiro

Apresentação da Clara Corbelhe , espaço multidisciplinar de investigação, produção e difusão de pensamento crítico galego criado em 2021, impulsor da revista homónima “Clara Corbelhe” que acaba de publicar o seu número 4 sob o título “Autodeterminação funcional: poder e instituições aquém do Estado”.
Conduzirão o ato Élia Lago e Manuela Nores, membros do Conselho de redação da revista Clara Corbelhe, e autoras do artigo “O amanhá no hoje: a estratégia parainstitucional para a hegemonia do independentismo” publicado no número 4.

Ás 20:30 horas
A Pedreira Rúa Serra, Pontevedra 
La reina de la belleza

“La reina de la belleza” 

21

Venres/Febreiro

Afundación

“La reina de la belleza de Leename”: Martin Mcdonagh

A casa pousada nun outeiro dos arredores de Leenane. Na comarca de Connemara, ao noroeste de Irlanda. A mediados da década de os anos 90. Mag Folan e a súa filla Maureen viven soas dende fai vinte anos. As suas outras dous fillas casadas viven lonxe de Leenane e Maureen, quen queda solteira con máis de corenta anos, ten que facerse cargo de alimentar e coidar da súa nai, con movemento limitado, mesmo malferida nunha man….
Ás 20:30 horas
Auditorio de Afundación, Pontevedra 
Noites de poesia

“Noite de poesía pola diversidade” 

21

Venres/Febreiro

Noites de poesía e Fulanas

“Olá poetas e amiges poéticas, o 21 de febreiro organizaremos unha noite de poesía en Nasantiña dedicada a diversidade, co colaboración do colectivo Fulanas, música de Luís e jacobo, e micro aberto para quien quere compartir. Convidamos a todes a participar, e disfrutar do viño mentres viaxamos no espazo

Ás 21:00 horas
Nasantiña, Pontevedra 
taller cerámica

“Taller cerámica” 

22

Sábado/Febreiro

Galería Tangram

Workshop Mensual de Cerámica
Sábado 22 de febrero
10:30 a 13:00
35€ (incluye todo el material)
Ven a crear e decorar a túa propia peza de cerámica con María de @tikismikisartesania
De 10:30 a 13:00 horas.
Galería Tangram, Pontevedra
taller de zentangle

“Algo de cor e moito Tangle” 

22

Sábado/Febreiro

 Algo de cor e moito tangle. Neste taller exploraremos como unha cor pode converterse nunha ponte cara á creatividade e a conexión interior. Sen perder de vista a importancia de concentrarnos no proceso, sen preocuparnos polo resultado final, exploraremos xuntos como a tecnica de maptangling e o estudo a fondo do tangle Well, axúdanos a estar no momento presente. Para quen é este taller? Este taller está pensado para todos: desde quen está dando os seus primeiros pasos en Zentangle ata aqueles que xa levan un tempo practicando e desexan continuar aprendendo. Cada sesión ofrece unha nova oportunidade de explorar tangles, técnicas e enfoques que che permitirán descubrir algo novo e único, sen importar o teu nivel de experiencia. Ademais dos traballos que faremos no taller, levarasche o material e os coñecementos básicos para repetir este labor tantas veces como queiras usando outras cores e tangles. Prezo 40 Euros, Inclúe: O material e unha merenda.
Ás 11:00 horas.
Espacio Arroelo, Pontevedra
dia de rosalia

“Lectura de Rosalía” 

22

Sábado/Febreiro

 O sábado 22 celebraremos a Rosalía como merece, cunha lectura pública dos seus textos que vai ser ben especial! Vai escollendo o teu favorito e anímate a participar! 
Arriba
todas, rapaciñas do lugar!,
que o sol
i a aurora xa vos vén a dispertar.
Arriba!
Arriba, toleirona mocidad!
Ás 12:30 horas.
La verbena, rúa Charino 29, Pontevedra
Ecos dispares

“Ecos dispares” 

12

Mércores/ Febreiro

Estudantes da Facultade de Belas Artes

A Galería Tangram acolle a inauguración de Ecos dispares, unha exposición comisariada pola alumna de Belas Artes Mónica Pérez, que reúne as obras das estudantes da facultade Elena Pérez, Carmen Otero, Rebeca Aurora E.L., Martinna Migliarini, Sofía Neira e da propia Mónica Pérez. Xurdida co obxectivo de proxectar o traballo das artistas que se forman neste centro, trátase dunha mostra sen un fío conector, na que se recollen temáticas como a memoria, o arquivo, a sociedade, o folclore, a cotiandade ou a estética ciberpunk. 

A exposición pode visitarse ata o 12 de marzo, de luns a venres, en horario de 10.30 a 13.30 e de 16.30 a 20.30 horas.

Do 12 de febreiro ao 12 de marzo
Galería Tangram, Pontevedra.
ilustración antirracista

“Ilustración antirracista”

4

Martes/Febreiro

Facultade de Belas Artes

A sala O Abrigo da Facultade de Belas Artes acolle unha exposición que reúne os resultados do obradoiro sobre ilustración antirracista e decolonial impartido neste centro polo artista e ilustrador Augusto Metztli. Xunto a información das cuestións abordadas no taller, a mostra recolle as ilustracións realizadas para os diferentes exercicios do taller por Noela Paz, Iñigo Barreiro, Andrea Sermeno e Youssef El Mouhaddab. 

A exposición poderá visitarse ata o 21 de febreiro en horario de 8.30 a 19.45 horas.

Do 4 ao 21 de febreiro 2025
Sala O Abrigo da Facultade de Belas Artes de Pontevedra.
colon

“Colón descubriu América?”

3

Luns/Febreiro

Liceo casino

Baixo o título Colón descubriu América? Elohim móstranos, do 3 ao 21 de febreiro no Liceo Casino Pontevedra, a súa obra realizada con Intelixencia Artificial . Unha viaxe ao pasado vivindo unha experiencia única con Elohim IA. Descobre as aventuras, mitos e lendas do descubrimento de América, a través de recreacións hiperrealistas creadas con intelixencia artificial de grandes exploradores, príncipes, reis, papas e cartógrafos.

Entrada libre Aforo limitado

Do 3 ao 21 de febreiro 2025
Sala de Exposicións do Liceo Casino de Pontevedra.
Colantes solidarios

“Colantes solidários” 

31

Venres/Xaneiro

Exposiçom artística e de autocolantes solidários de Palestina, Reune um conjunto de obras e autocolantes que fazem reflexom sobre a situaçom palestina mediante diferentes linguagems artísticas e sociais.

Este projeto conjuga a expressividade artística coa necessidade urgente de visibilizar uma realidade ignorada, convertendo-se num espaço de reflexom coletiva sobre os direitos humanos, a identidade e a memória.

Do 31 de xaneiro ao 21 de marzo 2025
A Pedreira Rúa Serra, Pontevedra 
Michael Ende

“Michael Ende” 

20

Luns/Xaneiro

EOI Pontevedra

Do 20 de xaneiro ao 25 de febreiro podedes visitar a exposición itinerante sobre Michael Ende, en versión alemá e castelá.

Do 20 de Xaneiro ao 25 de Febreiro 2025 
Salón de Actos da EOI , Pontevedra.
Exposición en fundación Manuel Moldes

“50 anos dende Tambor” 

19

Martes/Novembro

Fundación Manuel Moldes

A Fundación Manuel Moldes celebra o medio século da inauguración damostra pictórico na Galería Tambor de Madrid dos artistas Manuel Moldes e Mikel Díez Alaba.

Preséntanse algunhas das pezas que foron expostas na galería madrileña e obras posteriores de ámbolos artistas.

Do 19 de Novembro ata marzo 2025
Fundación Manuel Moldes, rúa Javier Puig, Pontevedra 
Vento

“Vento” 

25

Venres/Outubro

O 25 de outubro inauguramos no Museo de Pontevedra unha nova “infiltración” na colección. ‘Vento’, de Alberto Baraya.
Comisariada por Iñaki Martínez Antelo.
Do 25 de outubro ao 2 de marzo 2025
Edificio Castelao do Museo de Pontevedra.

Xa podes anotarte

cuarteto iberia

“Cuarteto Iberia” 

24

Luns/Febreiro

Sociedad Filarmónica de Pontevedra

Cuarteto Iberia

Marta Peño (violín), Luis Rodríguez (violín), Aurora Rus (viola) y Arnold Rodríguez (violonchelo).

Primer Premio del XI Concurso Internacional de Música de Cámara Antón García Abril (2023).
Cuarteto Residente del Museo Lázaro Galdiano de Madrid y Cuarteto de la Cátedra Sandor Végh de la Universidad Mozarteum de Salzburg.

RAVEL: Cuarteto de cuerda en Fa mayor (1902-1903)
SHOSTAKOVICH: Cuarteto de cuerda nº 3 en Fa mayor, op. 73

Ás 20:30 horas
Teatro principal, Pontevedra 
animais

“Animais nocturnos” 

25

Martes/Febreiro

La Verbena

O próximo 25 de febreiro, Animais Nocturnos regresa cun tema que queima nas entrañas: a VINGANZA.

A vinganza, ese lume que nace do agravio, da dor ou da inxustiza, é unha das pulsións máis antigas e poderosas da humanidade. Unha forza que se alimenta do desexo de reparación, pero que tamén pode consumirnos, deixándonos atrapados nos seus ciclos. Na poesía, na mitoloxía e na literatura, a vinganza é un territorio fértil, cheo de intensidade e sombras, onde as palabras poden ser armas afiadas ou bálsamos para a alma.
Nesta velada, teremos a honra de contar con Silvia Penas como poeta invitada. Co seu talento e sensibilidade, guiaranos a través dos camiños tortuosos deste tema tan complexo e fascinante.

Ás 21:10 horas
La Verbena, Rúa Charino 29 Pontevedra 
pilgrins

#2Pilgrims

27

Xoves/Febreiro

Concello de Pontevedra

Lembrades a Sheyla Fariña e a Guillermo Carbajo? Ela protagonizou a serie Acacias 38, e el foi o neno de Pratos Combinados. Agora as súas carreiras están acabadas. Vivimos nun mundo caótico e imprevisible pero grazas a globalización, ás redes sociais, a Netflix e a un ditador psicópata, quizáis lles quede unha última oportunidade que retornar a ese firmamento de estrelas da TVG. O Camiño de Santiago, a igualdade e as novas masculinidades serán os temas principais do proxecto #2Pilgrims, unha aventura cativadora que poderá catapultar as súas carreiras á actualidade internacional.

Autoría: Fernando Epelde

Dirección: Álex Sampayo. Elenco: Sheyla Fariña e Guillermo Carbajo.

Duración: 70 min

Ás 21:00 horas
Teatro principal, Pontevedra.

máis artigos

♥♥♥ síguenos ♥♥♥